nosdiario.gal
De 'Xepemighel' a 'plantar un pexegueiro', máis de 400 termos marcan a fala de Vigo
Tras meses de recompilación de léxico diferencial vigués, así como de refráns e frases feitas de moito uso aínda entre as persoas nativas de Vigo que falan galego, o catedrático da Universidade de Vigo (UVigo), Xosé-Henrique Costas vén de presentar 'A fala de Vigo'. Trazos diferenciais da nosa variedade dialectal, libro editado pola Área de Normalización Lingüística da UVigo.