Sign in

Real Academia Galega

@realacademiagalega.bsky.social
1.2K followers 72 following 675 posts

Institución científica que ten como obxectivos fundamentais o estudo, a defensa e a promoción da lingua e da cultura galegas.

PostsRepliesMedia
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 7h
Este venres, 9 de outubro, estaremos en Boimorto cunha nova charla de #Toponimízate. Agardámosvos para falarvos dos nomes da vosa terra e de como colaborardes na súa recolla coa aplicación #GaliciaNomeada.
010
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 7h
Este venres 11 de outubro #Toponimízate fai parada en #Boimorto. A charla, de entrada libre, será a partir das 11 h na Casa da Cultura. Aprenderedes como colaborar con #GaliciaNomeada e a orixe de distintos nomes de lugar do concello. academia.gal/-/toponimiza...
academia.gal
Toponimízate xuntará este venres varias xeracións de Boimorto cos nomes da terra
000
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 12h
📣No ronsel das Irmandades 📣 Continuanos o percorrido pola historia da Academia no sitio do 120 aniversario da institución dispoñible na nosa páxina web. Velaquí unha pequena escolma do que atoparedes sobre o período comprendido entre 1924 e os primeiros meses do 36. academia.gal/120-aniversa...
033
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 03/10/2026
📣Ernesto González Seoane entra na RAG apostando por unha lexicografía que reconcilie a dimensión normativa do dicionario coa descrición do uso real das palabras 🎦 📷🖋️📖 Vídeo, fotos, nova e discurso de entrada do filólogo na Academia 👇 academia.gal/-/ernesto-go...
041
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 03/10/2026
🎦Escoitamos xa a Ernesto González Seoane pronunciando o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega. O académico electo entrou no Paraninfo da USC acompañado dos numerarios de máis recente entrada na institución, Anxo Angueira e @lourenzofpbs.bsky.social. 📌 www.youtube.com/watch?v=K3AF...
020
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 01/10/2026
Ernesto González Seoane ingresará este sábado na RAG. Antón Santamarina daralle resposta ao seu discurso en nome da institución. O catedrático de Filoloxía Galega ocupará a vacante do pasamento de Bernardino Graña. ⌚📍3 de outubro,12 h. Paraninfo da USC academia.gal/-/ernesto-go...
academia.gal
Ernesto González Seoane ingresa na RAG como académico numerario o 3 de outubro
030
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 30/09/2026
No #DíaDaTradución irmandámonos con outras linguas a través de 'Circe ou o pracer do azul' de Begoña Caamaño na tradución de alumnado dos Cursos #GalegoSenFronteiras. 🎦Vídeo completo 👇 youtu.be/EFyiM1HKs8E #LetrasGalegas2026
010
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 30/09/2026
#Taldíacomahoxe, o 30 de setembro de 1906, a Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesán da Coruña acollía a inauguración oficial da Real Academia Galega. Celebramos o noso 120 aniversario cun novo sitio web no que percorremos a nosa historia. 📌 academia.gal/120-aniversa...
023
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 29/09/2026
As Neves acolle este venres unha nova charla de #Toponimízate para aprenderdes como colaborar na recolla dos nomes de leiras, soutos, camiños e outros microtopónimos coa aplicación #GaliciaNomeada. Agardámosvos! academia.gal/-/toponimiza...
academia.gal
Toponimízate amosa este venres nas Neves como participar na recolla dos nomes da terra
042
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 28/09/2026
Celebramos os 120 anos da RAG cun percorrido na Rede pola súa historia. Velaquí a primeira dunha serie de entregas ilustradas con máis de medio milleiro de imaxes do arquivo, da biblioteca e da colección da institución. Rosalía é a estrela que nos guía. 📌 academia.gal/120-aniversa...
academia.gal
120 Aniversario RAG - Real Academia Galega
043
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 25/09/2026
📣“A Academia tamén é a vosa casa, fíxose coa axuda dos galegos da emigración” Foi un pracer, un ano máis, recibir o alumnado do Instituto Apóstol Santiago de Buenos Aires. Sempre, aínda que lonxe, moi preto de Galicia, de nós. 📌 academia.gal/-/a-rag-reci...
academia.gal
A RAG recibe o alumnado do Santiago Apóstol de Buenos Aires: “Esta é tamén a vosa casa”
020
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 23/09/2026
📣 «Aquí tamén se fala! mostra a lingua como elemento de liberdade, algo que se escolle e que se quere. E amosa que a inmigración non é unha ameaza, senón algo que nos vén enriquecer» 📌Entrega do Premio #NaLinguaQueEUFalo na nosa web 👇 academia.gal/-/a-rag-prem...
academia.gal
A RAG premia Aquí tamén se fala, a nova Galicia ideal que xa é presente
0118
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 21/09/2026
Esten venres, 25 de setembro, #Toponimízate chega ao Bolo á procura de novas colaboracións veciñais para salvagardar a riqueza toponímica do noso país a través da aplicación #GaliciaNomeada. Todos os detalles 👇 academia.gal/-/-toponimiz...
academia.gal
'Toponimízate' busca este venres no Bolo axuda veciñal para a recolla dos nomes da terra
010
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 21/09/2026
Aínda que non o pareza, en breve chega o outono! Comezamos a servir os #petiscosdelingua desta estación tan fermosa, tamén no léxico. 🍄 outonía academia.gal/dicionario/-... #dicionario
0119
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 18/09/2026
Ernesto González Seoane ingresará o sábado 3 de outubro na RAG como membro de número. O catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa ocupará a vacante producida polo pasamento de Bernardino Graña. 📍Sábado, 3 de outubro (12 h). Paraninfo da USC 📌Máis información 👇 academia.gal/-/ernesto-go...
academia.gal
Ernesto González Seoane ingresa na RAG como académico numerario o 3 de outubro
032
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 18/09/2026
Os nosos parabéns ao académico Antón Santamarina polo merecido Premio Porteiro Garea da USC á súa contribución á normalización da nosa lingua. academia.gal/-/anton-sant...
academia.gal
Antón Santamarina recolle o Premio Luís Porteiro Garea pola súa traxectoria a prol da lingua
010
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 17/09/2026
📣«Temos moito que aprender de Pardo Bazán como precursora do xénero negro» 🎦📷📖Vídeo, fotos e volume da xornada organizada pola Casa-Museo Emilia Pardo Bazán no 175 aniversario da autora, con Pedro Feijoo, Inma López Silva, Ana Viéitez, Xaquín N. Sabarís e Mario Diz👇 academia.gal/-/-temos-moi...
academia.gal
“Temos moito que aprender de Pardo Bazán como precursora do xénero negro”
020
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 16/09/2026
#Taldíacomahoxe (1851) nacía Emilia Pardo Bazán. Agardámosvos na Fundación Luís Seoane para dialogar sobre ela como pioneira do xénero negro en España con🖋️Pedro Feijoo, Inma López Silva, Ana Viéitez, Xaquín Núñez Sabarís e 🎼Mario Diz. 🎥En directo ás 18 h 👇 www.youtube.com/live/Vrgm9FK...
youtube.com
Emilia Pardo Bazán, pioneira do xénero negro
YouTube video by RealAcademiaGalega
040
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 15/09/2026
✏️ O lapis, os lapis ✏️✏️✏️ #dicionario #PetiscosDeLingua 📌https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/lapis
032
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 14/09/2026
Este 16 de setembro descubre a faceta de Emilia Pardo Bazán como pioneira do xénero negro. Agardámoste na xornada do seu 175 aniversario con Pedro Feijoo, Xaquín Núñez Sabarís, Inma López Silva, Ana Viéitez, Mario Diz e María López-Sández. 📌18 h, Fundación Luís Seoane. youtube.com/shorts/VVi3i...
youtube.com
175 aniversario Emilia Pardo Bazán, pioneira do xénero negro
YouTube video by RealAcademiaGalega
143
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 14/09/2026
🦐🦑🐟 O proxecto ‘Denominación galega da fauna mariña’ foi un dos temas abordados na xuntanza que mantiveron esta mañá o presidente da RAG e a conselleira do Mar. Agardamos poder colaborar nunha ferramenta lexicográfica de referencia da nosa cultura mariñeira. academia.gal/-/a-real-aca...
academia.gal
A Real Academia Galega e a Consellería do Mar abordan novas vías de colaboración sobre o léxico da cultura marítima
031
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 11/09/2026
Afialapis ou aguzalapis! #PetiscosDeLingua #voltaaocole #dicionario 📌 academia.gal/dicionario/-...
051
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 10/09/2026
🥳📣Hoxe estamos de estrea! Xa podedes consultar o 'Dicionario bilingüe castelán-galego' na nosa páxina web (academia.gal) e na aplicación para móbiles do 'Dicionario da Real Academia Galega'. 📌Máis información 👇 academia.gal/-/a-real-aca...
0126
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 10/09/2026
Encerado ou taboleiro! #PetiscosDeLingua #VoltaAoCole #dicionario 📌https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/encerado
030
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 08/09/2026
📖 “Da conciencia do señor Merlín. Viviana”, 'Morgana en Esmelle' (2012) #begoñacaamaño #letrasgalegas2026 #voltaaocole
011
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 07/09/2026
A volta ao colexio tráenos novos #PetiscosDeLingua! #estoxo #dicionario 📌 academia.gal/dicionario/-...
052
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 04/09/2026
Hoxe tivemos o pracer de recibir alumnado do Centro de Estudos Galegos de Kiel. Canda o seu director e o coordinador, Elmar Eggert e Facundo Reyna, e mais o lector Daniel de Toro, coñeceron proxectos da institución, especialmente os que atinxen a lingua. academia.gal/-/o-alumnado...
academia.gal
O alumnado do Centro de Estudos Galegos de Kiel coñece o traballo da RAG
030
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 03/09/2026
O 16 de setembro afondamos no papel de Emilia Pardo Bazán como pioneira do xénero negro en España. 🖋️Agardámosvos na Fundación Luis Seoane con Pedro Feijoo, Inma López Silva, Ana Viéitez, Xaquín Núñez Sabarís e Mario Diz ️🎼 Coordina María López-Sández. academia.gal/-/unha-xorna...
academia.gal
Unha xornada aborda o papel pioneiro no xénero negro de Pardo Bazán no seu 175 aniversario
042
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 02/09/2026
🖋️🎥 O Ano #BegoñaCaamaño continúa. Este venres a Fundación Margarita Ledo Andión proponnos unha tarde arredor da autora das #LetrasGalegas2026 con María Xosé Porteiro. Rematará coa proxección do noso documental sobre a escritora. Unha nova oportunidade para velo en comunidade!
012
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 01/09/2026
Comezamos o setembro de #Toponimízate2026! Agardámosvos este venres en Paradela cunha charla sobre como participardes na recolla dos nomes da terra coa aplicación #GaliciaNomeada. Falarémosvos tamén dos que designan o concello e as súas parroquias. academia.gal/-/-toponimiz...
academia.gal
'Toponimízate' busca este venres en Paradela colaboradores na recolla dos nomes da terra
020
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 14/08/2026
Ler a obra de Begoña Caamaño e escoitar Fillas de Cassandra presta moito. E as dúas cousas van da man no videopódcast das #letrasgalegas2026 ‘Colchas de voces' 😊 🎦https://www.youtube.com/shorts/PVp_qD4dKy0
161
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 12/08/2026
O concello pontevedrés da Caniza xa ten oficialmente restituída a forma galega do seu nome. O académico Gonzalo Navaza explica na serie ‘ O Seminario de Onomástica responde’ os motivos do cambio. www.youtube.com/watch?v=98PV...
youtube.com
O Seminario de Onomástica responde: A Caniza | Gonzalo Navaza
YouTube video by RealAcademiaGalega
022
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 12/08/2026
Chegou o día! Gozade da #eclipse protexendo ben os vosos ollos e lembrade: sexa total ou parcial, sempre substantivo feminino! 📌 academia.gal/dicionario/-... #aeclipse #eclipse #petiscosdelingua #dicionario
0123
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 06/08/2026
📣Alba Rodríguez Saavedra: "Ruth Matilda Anderson desenmascara a Rosalía de Castro a través da tradución" 🎦albars-1980.bsky.social na xornada 'Ruth Matilda Anderson: a ollada nas mulleres' do Grupo de Traballo de Pensamento Ensaio @marilaraleixandre.bsky.social 👇 www.youtube.com/watch?v=wsv-...
youtube.com
Alba Rodríguez. Traducir para visibilizar | Ruth Matilda Anderson. A ollada nas mulleres
YouTube video by RealAcademiaGalega
053
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 06/08/2026
📣Alba Rodríguez Saavedra: "Ruth Matilda Anderson desenmascara a Rosalía de Castro a través da tradución" 🎦Intervención de @AlbaRS_ na xornada 'Ruth Matilda Anderson: a ollada nas mulleres' do Grupo de Traballo de Pensamento e Ensaio @MarilarAleix 👇 www.youtube.com/watch?v=wsv-...
youtube.com
Alba Rodríguez. Traducir para visibilizar | Ruth Matilda Anderson. A ollada nas mulleres
YouTube video by RealAcademiaGalega
000
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 04/08/2026
O académico correspondente Xosé María Lema explica as razóns que levaron á RAG a propor a incorporación do artigo ao nome oficial do Concello do Campo Lameiro. #OSeminarioDeOnomásticaResponde www.youtube.com/watch?v=8wiU...
youtube.com
O Seminario de Onomástica responde: O Campo Lameiro | Xosé María Lema
YouTube video by RealAcademiaGalega
001
Reposted by Real Academia Galega
Dominio PuntoGal @puntogal.bsky.social · 30/07/2026
🥈 Marcos Taracido acadou o 2º premio na categoría de persoas adultas do IX Concurso de Microrrelatos @puntogal.bsky.social coa @realacademiagalega.bsky.social por "O corvo". 📖Todos os relatos, de todas as edicións, en relatos.gal. Os deste ano, no número 153 de @luzes.gal
042
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 28/07/2026
Cales son as razóns que levaron á RAG a propor que o concello de "Cangas de Morrazo" pasase a chamarse oficialmente así? O filólogo Iván Méndez López explícanolas no novo episodio da serie 'O Seminario de Onomástica responde'. #galicianomeada #nomenclátor www.youtube.com/watch?v=K-Y9...
youtube.com
O Seminario de Onomástica responde: Cangas de Morrazo | Iván Méndez López
YouTube video by RealAcademiaGalega
0132
Reposted by Real Academia Galega
Dominio PuntoGal @puntogal.bsky.social · 27/07/2026
🏆 Sonia Corral Franco gañou o 1º premio de persoas adultas do IX Concurso de Microrrelatos de @puntogal.bsky.social coa @realacademiagalega.bsky.social con "Trapos sucios". 📖Todos os relatos, de todas as edicións, en relatos.gal. Os deste ano, no número 153 de @luzes.gal
023
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 25/07/2026
“Que o exemplo de Otero Pedrayo, os seus soños e os seus ideais nos alumen para conseguir un amplo acordo pola lingua” 📌Artigo do presidente da RAG, Henrique Monteagudo, no #DíaNacionalDeGalicia 👇 academia.gal/-/arredor-de...
academia.gal
Arredor de nós
032
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 24/07/2026
Hoxe despedímonos do alumnado da XXXVI edición dos #CursosGalegoSenFronteiras, un antídoto contra a intolerancia que agasalla o mundo coa nosa lingua. Hoxe dicímosvos co corazón que agardamos volver vervos pronto. Esta é a vosa (outra) casa. 📌 academia.gal/-/remata-a-x...
030
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 23/07/2026
Os nosos parabéns á académica Fina Casalderrey polo último recoñecemento á súa traxectoria. A Fundación Insua dos Poetas concedeulle o seu premio da edición 2026 na modalidade de literatura. 📌 academia.gal/-/fina-casal...
academia.gal
Fina Casalderrey recibe o Premio Insua dos Poetas de Literatura
0101
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 22/07/2026
📣 Manuel Rivas nos XXXVI Cursos #GalegoSenFronteiras: "A literatura é unha boca emancipada que non pode ter dono" academia.gal/-/manuel-riv...
academia.gal
Manuel Rivas: “A literatura é unha boca emancipada que non pode ter dono”
061
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 16/07/2026
O presidente da RAG recibe en San Caetano a proposta de actualización do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega academia.gal/-/o-presiden...
academia.gal
O presidente da RAG recibe en San Caetano a proposta de actualización do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega
012
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 14/07/2026
Vicente Feijoo, coordinador técnico do Seminario de Onomástica da RAG, explícanos as razóns que levaron á institución a propor que o ata hai pouco Concello de "Riós" pasase a denominarse "O Riós". #NomenclátorDeGalicia #OSeminarioDeOnomásticaResponde' www.youtube.com/watch?v=wY8i...
youtube.com
O Seminario de Onomástica responde: O Riós | Vicente Feijoo Ares
YouTube video by RealAcademiaGalega
033
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 13/07/2026
Xa podedes inscribirvos na XI Xornada de Onomástica Galega. Agardámosvos o 10 de outubro no Museo de Pontevedra cun programa arredor da relación entre os nomes de lugar e a ecoloxía. academia.gal/-/a-perda-do...
academia.gal
A perda dos nomes de lugar relacionada coa actividade humana centrará a XI Xornada de Onomástica Galega
O encontro afondará o 10 de outubnro en Pontevedra na relación entre a ecoloxía e a toponimia. O prazo de inscrición xa está aberto
033
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 08/07/2026
A RAG acordou hoxe dedicarlle as #LetrasGalegas2027 a Xosé Neira Vilas. A institución reivindicará o vasto legado que deixou. ‘Memorias dun neno labrego’ é sen dúbida o seu gran símbolo, pero abrangue moitas máis dimensións nas que profundaremos. 📌 academia.gal/-/as-letras-...
02313
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 07/07/2026
A Real Academia Galega celebra este mércores o pleno no que se elixirá a figura protagonista do Día das #LetrasGalegas2027. As candidaturas que se formalizaron son dúas: a de Constantino García González e a de Xosé Neira Vilas. academia.gal/-/a-rag-elix...
academia.gal
A RAG elixe este mércores a figura protagonista das Letras Galegas 2027
050
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 06/07/2026
Abafar, abarquiñar, acorar... #petiscosdelingua #dicionario 📌https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/abafar
071
Real Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 03/07/2026
Un ano máis recibimos cos brazos abertos alumnado de todo o mundo nos Cursos #GalegoSenFronteiras, un espazo para compartir a lingua e a cultura de noso e tendermos pontes para o diálogo entre pobos. 📌 academia.gal/-/arrincan-o...
051