Sign in

Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial]

@nosdiario.gal.web.brid.gy
2.8K followers 0 following 23K posts

Nós Diario - Xornal de intereses galegos 🌉 bridged from 🌐 nosdiario.gal: fed.brid.gy/web/nosdiario.gal

PostsRepliesMedia
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 1h
nosdiario.gal
Alerta laranxa por fortes chuvias na Coruña e Lugo
As precipitacións máis intensas agárdanse a partir das primeiras horas da tarde no interior coruñés e no centro e montaña lucenses
010
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 2h
nosdiario.gal
Celta e Deportivo finalizan as súas 'pretempadas' particulares tras o paro
Varios xogadores están xa a recuperar a súa mellor versión física.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 2h
nosdiario.gal
Xosé Manuel González 'Oli' e Natalia Colombo: "O punto canalla e as microhistorias paralelas son o segredo das inesgotábeis aventuras dos ratos"
Natalia Colombo (Bos Aires, 1971) e Xosé Manuel González 'Oli' (Cangas, 1960) son a imaxe e a escrita dos “ratos” de Kalandraka. A editorial vén de sacar á luz a cuarta edición da serie, Ratos no tren, un éxito da literatura infantil galega e en galego que ten na ilusión e o bo facer da ilustradora e o escritor o éxito de futuro asegurado. Oli é avó, mestre de Primaria, tradutor e escritor. A 10.000 quilómetros, Natalia Colombo –arxentina de avó pontevedrés– ilustra e dá imaxe aos ratos máis queridos polo público infantil na Galiza. "Os Ratos" de Kalandraka xa estiveron “na casa”, “na escola” e “de viaxe”... e prometen máis aventuras.
010
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 2h
nosdiario.gal
Mandos, checas nocturnas e anécdotas dun cativerio: o campo de concentración de Rianxo
Entre novembro de 1937 e 1939, a antiga fábrica de salgadura da familia Goday, en Rianxo, deixou de elaborar conservas para converterse nun dos principais campos de concentración franquistas de Galicia, cuns 3.000 prisioneiros republicanos. Entramos na súa vida cotiá: os mandos, entre o paternalismo e a crueldade; a visita do xeneral Millán Astray; as buscas nocturnas das checas falanxistas; e as anécdotas —dun violoncelista catalán a unha voda nacida entre os muros— que humanizan aquel episodio silenciado.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 2h
nosdiario.gal
O circo galego vístese de gala para os Premios Manu Lago
O Teatro Principal de Compostela acolleu esta segunda feira a entrega dos III Premios Manu Lago do Novo Circo Galego. Os espectáculos 'Compaña' e 'Crunch2!', xunto á Asociación Cultural Manicómicos, foron os triunfadores dunha velada na que se celebrou o talento, a arte e a memoria do sector.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 2h
nosdiario.gal
Que está en xogo para Galiza o 29-N?
Tal e como se prevía, os comicios estatais desenvolveranse o 29 de novembro. Pedro Sánchez xógao todo á vivenda, co obxectivo de darlle a volta a un escenario onde o PP e Vox parten como favoritos nas sondaxes para formar Goberno. As semanas de campaña serán chave.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 10h
nosdiario.gal
A Coordinadora da Mocidade Socialista mobilízase en Compostela contra o “réxime de empresarios e rendistas”
A Coordinadora da Mocidade Socialista mobilizouse esta segunda feira en Santiago de Compostela para reivindicar a organización da mocidade traballadora fronte ao que cualifica como “réxime de empresarios e rendistas”.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 13h
nosdiario.gal
Estado como maior capitalista?
Non se trata de substituír mercado por Estado, senón de garantir que a riqueza creada en sectores estratéxicos reverta máis sime-tricamente na sociedade.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 13h
nosdiario.gal
As medidas do mundo
Equal Earth propón unha proxección con intencións igualitarias, pois reduce as escandalosas distorsións nas áreas circumpolares.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 13h
nosdiario.gal
Cambio ou simplemente modernidade?
A elección de El Mansouri non deixa indiferente nin a quen agardaba un cambio de rumbo nin a quen alberga certas esperanzas nun maior protagonismo feminino.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 13h
nosdiario.gal
Anosar e anovar
Un xogo de voces presente no último panorama poético, reflectido entre o impagábel anosar e o imprescindíbel anovar de novas figuras.
010
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 13h
nosdiario.gal
Milleiros de persoas reivindican en Pontevedra o dereito a unha vivenda digna
Arredor de 6.000 persoas saíron esta segunda feira ás rúas de Pontevedra para reclamar o dereito a unha vivenda digna e exixir medidas fronte ao encarecemento dos alugueres e da compra. O Colectivo pola Vivenda reclamou limitar os prezos, ampliar o parque público e frear a especulación.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 13h
nosdiario.gal
Brasil vai a segunda volta, e agora que? Lula demanda mobilización para "definir o futuro" e Bolsonaro proclama "a fin da era do PT"
Non é unha tarefa sinxela remontar nunha segunda volta, tanto que ninguén o conseguiu nunhas presidenciais do Brasil. Con todo, Lula da Silva confía en pasar por riba de Flávio Bolsonaro o próximo 25 de outubro, despois de que o ultradereitista gañase a primeira volta por algo máis de dous millóns de votos.
010
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 13h
nosdiario.gal
Bosnia escolle a súa Presidencia tripartita nunhas eleccións nas que a baixa participación reflicte o desencanto social
Tamén houbo eleccións en Letonia esta fin de semana, concretamente o sábado. Tras elas, o primeiro ministro, o centrista Andris Kulbergs, prometeu cambios e "pór orde" nas finanzas estatais.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 13h
nosdiario.gal
Rusia di que a situación epidemiolóxica é "estábel" tras a morte dunha investigadora nun presunto accidente de laboratorio
As autoridades afirman que puxeron en marcha "medidas exhaustivas".
011
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 13h
nosdiario.gal
O vehículo privado manda na Galiza: Só 3% dos desprazamentos son en transporte público
As queixas polo funcionamento do transporte público por estrada son unha constante na Galiza. Un informe solicitado polo Consello Económico e Social á Universidade da Coruña alerta das eivas na rede de transporte e urxe a Xunta a mellorar a oferta tanto nos ámbitos rurais como nos urbanos.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 14h
nosdiario.gal
O adianto electoral axita a política galega e Rueda non desbota remudas na Xunta
O anuncio de Pedro Sánchez do adianto electoral tamén altera o escenario político galego, até tal punto que o presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, recoñecía esta segunda feira que, se o líder do PP español reclamaba algún membro do seu Goberno —como xa fixo en 2023— para concorrer nas listas populares, el facilitaría a súa marcha. Tería, pois, que face unha remuda no seu Executivo, unha crise de Goberno na Xunta.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 14h
nosdiario.gal
O Festival Galicreques ofrecerá 50 funcións e contará coa presenza de artistas de nove países
Compañías e artistas de Chile, Uruguai, Italia, Brasil, Arxentina, Colombia, El Salvador, India e do Estado español actuarán dentro do programa desta 31ª edición, que se celebra entre o 10 e o 18 de outubro.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 14h
nosdiario.gal
Galiza reivindica o legado de José Suárez e celebra o Premio Ksado
O Salón de Plenos da Deputación acolleu esta segunda feira o acto no que se entregou o premio honorífico de Fotógrafo Histórico ao artista de Allariz
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 15h
nosdiario.gal
Conxemar pon o foco na competitividade global e na intelixencia artificial para afrontar o futuro do sector
O XIV Congreso Internacional Conxemar-FAO-MAPA reuniu esta segunda feira en Vigo representantes institucionais, organismos internacionais e profesionais do sector para analizar os retos da industria pesqueira e da transformación de produtos do mar, desde a competitividade e a trazabilidade até a intelixencia artificial e a innovación.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 15h
nosdiario.gal
Facenda pospón a até 2028 dixitalizar a facturación de empresas e autónomos
A Axencia Tributaria decidiu o aprazamento até implantar o 'Verifactu'.
021
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 16h
nosdiario.gal
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil urxe declarar a Limia "zona vulnerábel"
A entidade de xestión da bacía pide actuar sobre a vertedura de xurros.
020
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 16h
nosdiario.gal
Veciñanza do Carballiño alerta da falta de asistencia a persoas vulnerábeis tras o caso dunha muller que conviviu tres días cun cadáver
A muller, duns 60 anos, atopábase en situación de vulnerabilidade desde había anos e non tiña recursos para afrontar o enterro. A veciñanza foi quen deu a voz de alarma despois de comprobar que permanecía na vivenda xunto ao cadáver do seu marido, falecido esta sexta feira.
020
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 16h
nosdiario.gal
O Consello de Ministros arrinca en clave electoral: "Saímos a gañar e imos gañar"
O presidente do Goberno español aproveitou a reunión extraordinaria desta segunda feira para activar o discurso electoral tras anunciar o adianto das eleccións xerais ao 29 de novembro.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 17h
nosdiario.gal
O calendario das eleccións do 29-N: prazo para o voto por correo, presentación de candidaturas, inicio da campaña e todas as datas chave
O voto por correo poderá solicitarse desde esta mesma terza feira.
020
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 17h
nosdiario.gal
Persoal de Monbus protesta ás portas do Multiusos Fontes do Sar contra os despedimentos no Grupo empresarial
Traballadores e traballadoras de Monbus concentráronse este domingo ás portas do Multiusos Fontes do Sar, en Santiago, coincidindo co partido do Obradoiro, para denunciar os despedimentos na empresa e reclamar a readmisión do persoal afectado.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 17h
nosdiario.gal
Gómez Besteiro desouve as críticas internas ao acordo sobre o galego asinado co PP
O secretario xeral ratifica que o PSdG apoiará mañá no Parlamento o pacto cos populares.
010
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 18h
nosdiario.gal
Compostela aproba destinar un soar á construción de 36 vivendas públicas e aplicará o recargo do IBI a pisos baleiros en mans de entidades bancarias
O Concello de Santiago aprobou a ordenación dunha parcela para construír 36 vivendas públicas na Volta do Castro. A proposta contempla un edificio de baixo e nove plantas na rúa Ildefonso Sánchez Mera. Aliás, o Goberno local iniciou tamén novos expedientes para aplicar a recarga do IBI a 16 vivendas baleiras propiedade de entidades bancarias.
010
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 18h
nosdiario.gal
CCOO afirma que manterá a "tensión na rúa" até as eleccións do 29-N
Unai Sordo atribúe o adianto electoral ao "bloqueo" no Congreso e anuncia mobilizacións para reclamar mellores salarios e medidas contundentes en materia de vivenda.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 19h
nosdiario.gal
Rueda ve "oportunismo" no adianto de Sánchez e non descarta que Feixoo poida "chamar" algún conselleiro para as listas do PP
"Non podiamos seguir así", afirma o presidente da Xunta e líder do PP na Galiza.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 19h
nosdiario.gal
Sumar négase a "debater a través dos medios" sobre primarias abertas mais deixa a porta aberta a Podemos: "Non sobra ninguén"
A formación morada puxera como condición para sumarse á coalición da esquerda estatal a convocatoria de primarias abertas para elixir cabeza de lista os días 14 e 15 de outubro.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 20h
nosdiario.gal
UGT reivindica o "inmenso legado laboral" de Sánchez e non descarta unha folga pola vivenda
O secretario xeral do sindicato, Pepe Álvarez, pide que a campaña do 29-N poña o foco nos problemas da vivenda, os salarios e a situación laboral e avanza que o sindicato manterá as mobilizacións.
020
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 20h
nosdiario.gal
O Sindicato de Inquilinas chama á folga xeral: "Esta loita non vai esperar ningún calendario electoral"
"O que aprendeu o pobo estes días é que a folga xeral é o único modo de garantir que se vai responder ao que o pobo está a pedir. Goberne quen goberne", sinala a súa portavoz, Alicia del Río.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 20h
nosdiario.gal
Lingüistas da Xunta féchanse en San Caetano ante a "nula vontade negociadora" do Goberno de Rueda e a "opacidade" sobre as cargas de traballo
A CIG-Administración Autonómica denuncia que a Xunta da Galiza "bloquea unha negociación efectiva ao non facilitar os datos reais da actividade, das cargas de traballo e de quen as desempeña".
021
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 20h
nosdiario.gal
A CIG chama a trasladar ás urnas a mobilización social para lograr "un cambio de políticas real"
O secretario xeral da central sindical nacionalista, Paulo Carril, considera "moi insuficiente" a actuación do Goberno español e critica que non recuperara dereitos laborais nin avanzara no recoñecemento da realidade plurinacional do Estado.
020
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 20h
nosdiario.gal
Sorteada a primeira rolda da Copa, cun dobre derbi galego: estes serán os enfrontamentos
A primeira rolda da Copa do Rei terá dous derbis galegos e asegurará que polo menos dous equipos do país sigan no torneo. O Deportivo da Coruña visitará Ourense para xogar ante o modesto Auriense, mentres que o Pontevedra vivirá un partido quente ante o Arousa na Lomba. O Celta, pola súa parte, volverá ao Helmántico dous anos despois para xogar ante o Salamanca, mentres que o Coruxo recibirá no Vao o potente Zamora e a UD Ourense irá até Cantabria para medirse á Gimnástica de Torrelavega. Todas as eliminatorias, a partido único, serán na última semana de outubro.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 21h
nosdiario.gal
Ana Pontón: "Imos a por todas o 29-N para darlle máis forza á Galiza e gañar en avances sociais fronte ao PP máis ultra da historia"
A portavoz nacional do BNG reivindica o traballo feito "en favor das maiorías sociais e do país, para o que o Bloque logrou máis avances só cun deputado e unha senadora que as forzas estatais".
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 21h
nosdiario.gal
O Nobel de Medicina 2026 recoñece Karl Deisseroth, Peter Hegemann e Georg Nagel, 'pais' da optoxenética
"A optoxenética ofrece oportunidades para mapear o cerebro dunha forma que antes só podiamos soñar", destacan desde o Comité do Nobel.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 21h
nosdiario.gal
Besteiro ve nas eleccións do 29-N a elección entre "dereita ou dereitos" e sitúa a vivenda no foco
O líder do PSdeG aplaude o adianto electoral de Pedro Sánchez e asegura que os socialistas galegos están preparados para "saír a gañar".
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 21h
nosdiario.gal
Violencia vicaria, asilo e menores e redes sociais: estas son todas as leis que decaerán co adianto electoral
A disolución das Cortes frea diferentes proxectos lexislativos en curso.
020
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 23h
nosdiario.gal
Sumar asegura estar listo para as eleccións e sitúa Frente Amplio como "chave para a esquerda"
A formación organizará esta segunda feira un encontro coas diferentes forzas políticas que integrarán Frente Amplio.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 05/10/2026
nosdiario.gal
Feixoo apela ao "cambio" e di que Sánchez "merece o peor dos castigos"
"Hai que pór fin a esta negra etapa", sostén o líder do PP.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 05/10/2026
nosdiario.gal
Unha última oportunidade para os decretos de vivenda? Así podería aprobalos o Congreso antes da fin da lexislatura
O Goberno prevé aprobar de novo ambos os reais decretos-lei no Consello de Ministros desta terza feira para que lles dea luz verde a Deputación Permanente do Congreso.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 05/10/2026
nosdiario.gal
O BNG, ante as eleccións: "Unha oportunidade para a Galiza reforzar o seu peso político en Madrid e para contribuír a frear as dereitas ultra"
Néstor Rego reivindica os avances logrados durante a lexislatura e sitúa a formación nacionalista como "dique fronte á dereitización" da política estatal.
001
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 05/10/2026
nosdiario.gal
Pedro Sánchez adianta as eleccións estatais ao 29 de novembro
O presidente concluíu após decaeren os dous decretos de vivenda que a falta de apoios no Congreso fai que a lexislatura chegase á súa fin.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 05/10/2026
nosdiario.gal
O ultradereitista Flávio Bolsonaro vence Lula na primeira volta das eleccións presidenciais do Brasil
O candidato do Partido Liberal queda por diante do actual presidente e ambos disputarán a segunda volta o próximo 25 de outubro
001
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 05/10/2026
nosdiario.gal
Que día serán as eleccións estatais? Pedro Sánchez prepárase para anunciar o adianto
O Executivo de Pedro Sánchez aprobou novas medidas para facer fronte á crise de vivenda, mais a falta de apoios parlamentarios impediu que saísen adiante no Congreso. O revés motivará un adianto electoral.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 04/10/2026
nosdiario.gal
Un home agride na Coruña dúas técnicas do 061 e un vixilante do Chuac
Os feitos producíronse de madrugada durante o traslado do home ao hospital. Segundo fontes próximas ao caso, comezou a alterarse tras unha conversa telefónica e golpeou as tres persoas no túnel de Urxencias.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 04/10/2026
nosdiario.gal
Falece aos 90 anos Emilio González Graña, referente do ensino renovador e do nacionalismo durante a Transición
Antigo sacerdote e profesor dos Milagres, foi expulsado da congregación dos Paúles en 1978 por abrir o ensino a mozos con poucos recursos. Foi tamén candidato do BN-PG nas eleccións municipais de Maceda e ao Senado por Ourense nas eleccións estatais de 1979.
000
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 04/10/2026
nosdiario.gal
Estas son as novas obrigas das empresas á hora de informar sobre os contratos
As novas obrigas de información laboral entran en vigor esta segunda feira, 5 de outubro. A norma endurece as condicións dos períodos de proba e obriga as empresas a detallar nos contratos o uso de algoritmos para cuestións como a selección de persoal, os despedimentos ou a asignación de tarefas.
010