Sign in

Maos Innovación Social

@maos.gal
201 followers 217 following 76 posts

Proxectos de proximidade Xestión cultural • Comunicación Deseño gráfico • Edición como @catroventos.gal maos.gal | +34 694 401 505

PostsRepliesMedia
Maos Innovación Social @maos.gal · 22/09/2026
Inauguramos a décima edición de @youtubeiras.gal! 🎂 Toda a información e inscricións: youtubeiras.gal
031
Reposted by Maos Innovación Social
Praza Pública @praza.gal · 31/08/2026
📚☀️ Unha ducia de libros para despedir o verán @xerais.bsky.social @galaxiaeditorial.bsky.social @catroventos.gal @alvarellos.bsky.social @sushibooks.bsky.social @fabulatorio.bsky.social
praza.gal
Unha ducia de libros para despedir o verán de 2026 - Praza Pública
A chuvia nos está a acompañar nestes derradeiros días de agosto, por se alguén precisa de escusas para buscar novas lecturas. As feiras do libro van rematando e aínda queda tempo de verán, a pesar de ...
0159
Maos Innovación Social @maos.gal · 02/09/2026
As palabras atraen, o exemplo convence 🖼️ A partir de hoxe podes visitar a exposición “Cooperativas de Compostela” no CSC O Ensanche. Mostra 17 cooperativas da cidade de distintos sectores. Foi impulsada e coordinada por EspazoCoop en colaboración con Maos, co apoio do Concello de Santiago.
021
Maos Innovación Social @maos.gal · 10/07/2026
✨ Este percorrido está inserido dentro da iniciativa do Concello de Pontevedra PontevedraDescrita.gal, unha especie de mapa literario da cidade con obras, autorías, paseos e espazos de creación. Se non puideches asistir, haberá máis sesións en novembro: fica atente! 👀
pontevedradescrita.gal
Pontevedra (d)escrita • Mapa literario da Boa Vila
Escolla dinámica e diversa de obras, autorías, itinerarios e espazos literarios relacionados con Pontevedra.
000
Maos Innovación Social @maos.gal · 10/07/2026
O pasado venres na Festa dos libros, medimos o pulso da estrofa que tamén é o latexar da Pontevedra 👣 Camiñamos con bandas sonoras da Boa Vila desde o século XIII até a actualidade: de Paio Gomes Charinho a Columna Vegana, pasando por Marthe Lémann, Manuel Quiroga, Casto Sampedro…
100
Reposted by Maos Innovación Social
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 09/07/2026
Buscamos o teu libro! Queres publicalo connosco? 🫣
Queremos a túa obra inédita en lingua galega, en calquera das súas opcións ortográficasBuscamos obras de creación, non de ensaio: novelas, contos, poesía, banda deseñada ou outros estilos que nin imaxinemosEnvíanos sinopse, currículo e obra a propostas@catroventos.gal antes do 31 de xullo
122
Reposted by Maos Innovación Social
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 09/07/2026
Buscamos o teu livro! Queres publicá-lo connosco? 🫣
Queremos a tua obra inêdita em língua galega em qualquer das suas opçons ortográficasBuscamos obras de criaçom, nom de ensaio: romances, contos, poesia, banda desenhada ou outros estilos que nem imaginemosEnvia-nos sinopse, currículo e obra a propostas@catroventos.gal antes do 31 de julho
023
Maos Innovación Social @maos.gal · 03/07/2026
Poderiamos entender a poesía sen as cantigas populares? E detrás de cada canción, non hai un poema? 🕵️ Hoxe, neste percorrido por Pontevedra demostraremos que música e literatura camiñan da man desde hai séculos. Inscríbete en Paseos@PontevedraDescrita.gal
Cartaz de "O pulso da estrofa. Paseo sobre a relación entre a música e a literatura en Pontevedra". Vai ser o venres 3 de xullo ás 19:00. Para inscribirte podes enviar un correo a Paseos@PontevedraDescrita.gal. Aparecen o logo do Concello e da Festa dos Libros. A estética de fondo é xeométrica, coas cores e o estilo de Pontevedra (d)escrita, a iniciativa dun mapa literario da cidade
021
Maos Innovación Social @maos.gal · 29/06/2026
Castelao Insólito é un proxecto do @concellosantiago.bsky.social. A tradución do texto ao inglés para o web foi de Raquel Senra (Árbore Azul) e a locución dos audios da Casa do Rock.
010
Maos Innovación Social @maos.gal · 29/06/2026
O Castelao que danzaba polcas, o Danieliño de 3 anos que veu á romaría do ramo cativo contra o mal de ollo, o Daniel da tuna… Xuntámolos todos neste proxecto: Castelao Insólito. Fixemos 4 sesións por Compostela, mais ti podes realizar o percorrido autoguiado a través de: 👉 CastelaoECompostela.gal
140
Reposted by Maos Innovación Social
Concello de Santiago @concellosantiago.bsky.social · 18/06/2026
➡️O Concello de Santiago amosa o ‘Castelao Insólito’ cun paseo guiado no centenario da publicación de ‘Cousas’ 🚶‍♀️Paseos guiados 🗓️Xoves 25 de xuño ⏰20 h 🗓️Venres 26 de xuño ⏰ 17 e 20 h 🗓️Sábado 27 de xuño ⏰12 h ✍️Inscricións de balde en i.gal/VbgKK 🎧Paseo dixital: i.gal/Hqj8j 🔗 i.gal/TAfFG
142
Reposted by Maos Innovación Social
Concello de Santiago @concellosantiago.bsky.social · 18/06/2026
🗣️A concelleira de Capital Cultural e Memoria Histórica, @miriamlouzao.bsky.social, presentou este proxecto do Concello desenvolvido por @maos.gal que redescobre a Castelao nas rúas compostelás
022
Maos Innovación Social @maos.gal · 18/06/2026
Queres redescubrir o Castelao Insólito alén do mito? Inscríbete nas sesións guiadas deste roteiro o 25, 26 e 27 de xuño! 👉 www.CastelaoECompostela.gal Alí tamén poderás facer o percorrido de forma autoguiada, tanto en inglés como en galego.
Cartaz da iniciativa "Castelao Insólito", realizada pola cooperativa Maos Innovación Social. Son uns paseos por Compostela, do Concello e Compostela é memoria. As sesións serán o 25, 26 e 27 de xuño e podes inscribirte en CastelaoECompostela.gal. Alí tamén podes facer a versión autoguiada.
000
Maos Innovación Social @maos.gal · 11/06/2026
A estética foi obra de Nadina Gráfica
Estética azul, branca e vermella, do encontro
010
Maos Innovación Social @maos.gal · 11/06/2026
👅 Rexenerando contou connosco para o II Encontro de profesionais de normalización lingüística do eido local, da área de lingua da Deputación Foi un pracer escoitar a Natalia Cea, Gabino S. Vázquez (Modo Galego), Marcos Abalde (Brincarmos) e Oskar Bikuña (HIGA-Gasteiz). Con coloquio e prototipado!
As persoas participantes no exterior do Pazo de Mariñán
Conversa entre persoas participantesOlga, de Rexenerando, modera o espazo de prototipadoMesa redonda no encontro
120
Reposted by Maos Innovación Social
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 26/05/2026
Dietas de 1000 calorías para un corpo sinalado. Un corpo que foi capaz de recoñecer iguais, soster afectos e loitar. Disto e máis fala Antonella Rodríguez Acosta en “Razóns de peso”. 👉 Xa dispoñíbel en ebook e formato físico a través de www.catroventos.gal, ou na túa libraría máis próxima
“Non lembro o día exacto no que me decatei de que era gorda. Lembro, iso si, que a miña familia o dicía a miúdo, con esa verborrea afiada que empregaban para destacar as miñas carnes.

(...)

Non houbo un momento exacto, quizais dende sempre fun gorda. Quen sabe, quizais o doutor, no lugar de anunciar «vai ser nena» ou «vai ser neno» —seguindo a charramangueira tradición de revelación de xénero— dixo «Vai ser gorda» e condenoume daquela á perdición. Sempre fun gorda.““Un día, sentei en clase a carón dunha poeta gorda e namorei. Namorei porque cada unha das súas palabras era como unha aperta á alma. Deslicei polas redes e coñecín unha activista que falaba do noso dereito a existir como gordes. Lin textos que poñían nome ao que pasara toda a vida sen saber dicir. Vin unha película cunha protagonista non normativa. Vin mulleres gordas amar, crear, ocupar espazo sen pedir permiso. Escoitei risas que non falaban de dietas. Habitei espazos onde o meu corpo non era un problema a resolver. E decateime, por primeira vez, de que non estaba soa.“
143
Reposted by Maos Innovación Social
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 21/05/2026
Onte desbordamos a Lila cunha presentación moi especial para nós, nunha libraría que é fogar de moitos libros e iniciativas referentes. Unha libraría que é referente e acubillo en si mesma! 💖
A libraría Lila de Lilith chea nunha presentación do libro “Razóns de peso”. Falan as coordinadoras: Andrea Nunes e Leticia Citoula, e a editora: Xiana IglesiasAndrea Nunes recita de pé o poema que dá titulo ao libroDespois da presentación, encontros agarimosos coa xenteAs coordinadoras co libro: “Razóns de peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas”.
041
Maos Innovación Social @maos.gal · 11/05/2026
Acabamos de enviar o noso boletín bimensual! Se ti aínda non o recibes, inscríbete aquí: gal.us5.list-manage.com/subscribe?u=...
Boletín informativo
Carta náutica
A singradura de Maos navega por océanos descoñecidos. Dentro do noso buque, hai algo a incubarse. Non é un virus: son visitas comentadas, roteiros, presentacións literarias e un compás que apunta a proxectos futuros. Como parte do grupo de pacientes cero, tes dereito a coñecelas antes que ninguén!
000
Reposted by Maos Innovación Social
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 11/05/2026
20 de maio, garda a data! 🌈✨ Estaremos na libraría Lila de Lilith presentando “Razóns de peso”. Será un encontro coas coordinadoras, Andrea Nunes e Leticia Citoula, e a editora, Xiana Iglesias.
Cartaz da presentación de "Razóns de peso: desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas" na libraría Lila de Lilith. Vai ser o día 20 de maio ás 19:00, e estarán as coordinadoras (Andrea Nunes e Leticia Citoula) e a editora (Xiana Iglesias)
121
Maos Innovación Social @maos.gal · 06/05/2026
🤳🏼 A nosa compañeira Xiana foi comisaria das Residencias Artísticas Mariñán de Creación de Contidos da Deputación da Coruña! As persoas residentes puideron desfrutar de tempo, espazo e formacións para levaren a cabo os seus proxectos nas redes sociais en galego.
As persoas residentes nunha foto final de familiaAs persoas da residencia de creación de contidos (Yeray Folgar, Sons de Cande, Laura Villar e Leti A do Chinto), xunto con Xiana e a deputada Natividade nunha conferencia de prensaYeray Folgar, Sons de Cande, Laura Villar e Leti A do Chinto revisando un vídeo gravadoCarlota Ghatos traballando nun guión
010
Maos Innovación Social @maos.gal · 05/05/2026
✨ Queres pasear connosco este sábado 9/5? Como Castelao desde Buenos Aires, pousaremos o noso pensamento en Pontevedra visitando 8 espazos, con marxe para a esperanza. A pesar das atrocidades, o exilio non calou e a literatura foi unha das súas ferramentas máis poderosas. 👉 apuntate.pontevedra.gal
Cartaz do roteiro do Concello de Pontevedra co título“Mañá será outro día”, un paseo sobre a literatura e o exilio en Pontevedra. Haberá unha sesión o sábado 9 de maio ás 12:00. Inscríbete en Apuntate.Pontevedra.Gal
000
Maos Innovación Social @maos.gal · 27/04/2026
Grazas á organización e á Área de Igualdade e Dereitos Civís da Deputación da Coruña por crear esta xornada tan necesaria ✨
000
Maos Innovación Social @maos.gal · 27/04/2026
🌹 Participamos na 2a edición das xornadas de formación para profesorado “Fai Memoria!” Compartimos 8 pistas prácticas para deseñar roteiros. E lembrade: en i.gal/RoteirosMaos tendes máis de 25 roteiros, algúns co texto e o percorrido en aberto, outros que podedes contratar.
Nee Barros, presentando nas xornadas “pistas para a construción de roteiros”O programa das xornadas, no centro sociocultural Maruxa e CoraliaUns cravos, pola Revolução portuguesa, do 25 de abril, e o logo das xornadas “Fai memoria!”Carlos Rodríguez Pérez, do CAFI, falando doutros roteiros
110
Maos Innovación Social @maos.gal · 23/04/2026
👀 Tes plan hoxe? Maos e a biblioteca Ánxel Casal ofrecémosche un roteiro gratis! Ven descubrir connosco a Concha Castroviejo, unha muller pioneira no xornalismo compostelán e na crítica literaria a nivel estatal. 👉 Podes retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca desde 30 minutos.
Cartaz do Día do Libro.
Na parte de arriba lese: “celebra o día do libro con Concha Castroviejo”.
No centro hai unha foto antiga de Concha Castroviejo sorrindo mentres sostén unha felina xunto á cara. A imaxe ten aspecto vello e algo desgastado. Na esquina aparece a data: “23.4”.
Debaixo lese: “18:30 na Biblioteca Ánxel Casal”.
Ao final: “Paseo que celebra a máis grande escritora que deu Compostela no século XX segundo Borobó”.
031
Reposted by Maos Innovación Social
Maos Innovación Social @maos.gal · 18/03/2026
🗓️ Este sábado en Pontevedra! Percorreremos os recunchos máis emblemáticos da cidade mentres exploramos a súa relación coa palabra poética e coas autorías que se inspiraron nela. Do século XIII á actualidade ✍️ 👉 Inscricións gratis en Paseos@PontevedraDescrita.Gal
SÁBADO 21 DE MARZO
17.00 h
CAMIÑADA LITERARIA POLA CIDADE
Pontevedra poética
Maos
Público adulto | Inscricións no correo-e:
paseos@pontevedradescrita.gal
052
Maos Innovación Social @maos.gal · 18/03/2026
🗓️ Este sábado en Pontevedra! Percorreremos os recunchos máis emblemáticos da cidade mentres exploramos a súa relación coa palabra poética e coas autorías que se inspiraron nela. Do século XIII á actualidade ✍️ 👉 Inscricións gratis en Paseos@PontevedraDescrita.Gal
SÁBADO 21 DE MARZO
17.00 h
CAMIÑADA LITERARIA POLA CIDADE
Pontevedra poética
Maos
Público adulto | Inscricións no correo-e:
paseos@pontevedradescrita.gal
052
Maos Innovación Social @maos.gal · 07/03/2026
En marzo do 68, mentres París preparaba as súas revoltas, Compostela xa estaba en loita. Agora, podes viaxar no tempo cun paseo guiado polos lugares onde aconteceu todo. Hai 4 sesións: 
👉 Xoves 12 ás 19.00
👉 Venres 13 ás 19.00
👉 Sábado 14 ás 12.00 e 16.30 🎟 A inscrición é gratuíta en marzo68.gal
Cartaz co lema "VENCEREMOS NÓS, O 68 EN COMPOSTELA" anunciando un paseo guiado en Compostela os días 12, 13 e 14 de marzo. Máis información e inscricións en marzo68.gal
011
Maos Innovación Social @maos.gal · 06/03/2026
Como foi o marzo do 68 compostelán? Pasea a cidade connosco para descubrilo! 🚶‍♂️ Teremos 4 sesións guiadas onde falaremos de asembleas, libros prohibidos, peches na facultade... Serán: 👉 O xoves 12 ás 19.00 👉 O venres 13 ás 19.00 👉 O sábado 14 ás 12.00 e ás 16.30 Inscríbete en marzo68.gal ✨
041
Reposted by Maos Innovación Social
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 16/02/2026
MOITAS GRAZAS! 🫂🩷✨ Co apoio de quen achegastes, Razóns de peso vai ser realidade en abril deste ano! Tamén poderemos remunerar as autorías e facer un evento festivo de presentación. Mais aínda restan recompensas en 👉 i.gal/RazonsDePeso *O diñeiro extra usarémolo para imprimir máis exemplares
i.gal
Participa en el Crowdfunding "Razóns de Peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas" en Verkami
Libro coral sobre activismo gordo, con 19 autorías e enfocado en Galiza
073
Reposted by Maos Innovación Social
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 15/02/2026
GALERÍA DA GALA - Vol. 7 Quen gañou Youtubeiras+ nesta edición? Neste fío, alén de verlles as caras brillando, tamén etiquetamos os seus proxectos para que poidas axexalos 🫣 Moitos parabéns a todas as persoas que recibistes algún galardón 💖
Persoas gañadoras de Youtubeiras+ no escenario da gala
151
Reposted by Maos Innovación Social
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 14/02/2026
GALERÍA DA GALA - Vol. 6 Non podiamos imaxinar un mellor equipo para a IX gala de Youtubeiras+! 🥹 Moitas grazas a todas as persoas que subistes ao escenario e a quen gozastes da gala no público 💖
O escenario da gala de Youtubeiras+ e Carlos Vieito e Leila Fernández presentando nuns sofás formato pódcastPrimeiros planos de Carlos e LeilaDetalle da mesa central, con bolachas do exército mekemeke e o cadro do faiado pódcast. Tamén detalle dos premios físicos de rabuda cerámicaPrimeiro plano de David e Raquel de En Lingua de Signos signando
151
Reposted by Maos Innovación Social
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 12/02/2026
GALERÍA DA GALA | Vol. 3 Sabemos que o faciades de xeito autoxestionado, mais neste ano tivemos unha quiniela oficial! E con bote... ben doce 😋 Tivemos 3 estupendas gañadoras con 6 respostas correctas: Sara Seco, Leti da Taberna e Érica Pereiro. 💬 Ti cantas acertaches?
As quinielas de Youtubeiras+ nunha urna. Unha persoa cubrindo unha.ChutenMeme caracterizado de alcalde excéntrico votando, como nunhas elecciónsUnha persoa completa unha quiniela apoiada na parede do Teatro JofreLeila Fernández e Carlos Vieito no escenario, resolvendo quen gañou. Suben Sara Seco e Leti da Taberna, recollen dous diplomas e dous botes de lambetadas
061
Reposted by Maos Innovación Social
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 11/02/2026
GALERÍA DA GALA - Vol. 2 🤯 Con que persoa creadora ficarías no medio dos Ancares despois dun accidente de avión? Antes de entrar, Gabri Fuentes puxo a proba as persoas finalistas nun directo cheo de preguntas imposíbeis, risas e confesións. Podes velo enteiro no noso instagram 😉 📸 La Diapo
Carlota Ghatos sendo entrevistada en directo por Gabri Fuentes na entrada do Teatro Jofre, na previa da gala dos premios Youtubeiras+. As súas amizades tíranlle fotos emocionadasDiego Aux e Mai Ínsua de Prendidísima sendo entrevistades no directoNuria Grandío de Konachadas e Leti a do Chinto sendo entrevistadas no directoO móbil emitindo o directo e neeumatiko, como parte da organización, controlando que todo sae ben
161
Reposted by Maos Innovación Social
Praza Pública @praza.gal · 08/02/2026
🖋️🎭🎶 'Porque así somos': o Festival Rosalía celebra a creación artística en galego coa poeta sempre presente 🗓️ Os días 21 e 22 de febreiro o Festival Rosalía conmemora o 189º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro dende Compostela cunha vintena de actividades  praza.gal/cultura/porq...
praza.gal
'Porque así somos': o Festival Rosalía celebra a creación artística en galego coa poeta sempre presente - Praza Pública
Os días 21 e 22 de febreiro o Festival Rosalía conmemora o 189º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro dende Compostela cunha vintena de actividades 
0105
Reposted by Maos Innovación Social
Praza Pública @praza.gal · 08/02/2026
🏆📺 Os Premios @youtubeiras.gal xa teñen gañadoras e gañadores para a súa novena edición A Mellor Canle foi para Rodri Míguez, o premio á Creación de Contidos para Konachadas e Fóra de mapa gañou o de Mellor Podcast praza.gal/falase?de=f9...
praza.gal
Fálase de Os Premios Youtu... - Praza Pública
Os Premios Youtubeiras+ xa teñen gañadoras e gañadores para a ...
1143
Maos Innovación Social @maos.gal · 08/02/2026
Obrigades sempre 🥹💖 Nós encantades de facer o noso traballo cunha iniciativa e unha comunidade tan lindas, e tan bo recibimento 🥰
011
Maos Innovación Social @maos.gal · 08/02/2026
Moitas grazas!! Esperamos que desfrutásedes da gala e dese máis que merecido premio 💙
110
Reposted by Maos Innovación Social
Fóra de Mapa @forademapa.bsky.social · 08/02/2026
Pois va que nos deron onte o premio ó mellor podcast no @youtubeiras.gal. Parabéns a @maos.gal, o @carlosvieito.gal e máis a Leila do Faiado por coordinaren e presentaren unha gala tan fantástica.
5185
Maos Innovación Social @maos.gal · 06/02/2026
A data será acordada entre as persoas mecenas. Haberá un máximo de 2 sesións, cun mínimo de 5 asistentes e un máximo de 30.
020
Maos Innovación Social @maos.gal · 06/02/2026
2x1! Coñece a Emilia Pardo Bazán e apoia un proxecto pioneiro con 10 € 💖 A Pardo Bazán fixéronlle caricaturas rindo da súa gordura. Nós imos redescubrila como muller polifacética, envolta na polémica, case sempre por ser muller escritora con opinión propia. 👉 Consigue praza en i.gal/RazonsDePeso
Interésache a figura de  Emilia Pardo Bazán? Por 10 € podes asistir a un roteiro por espazos de Compostela vinculados coa súa vida e obra. O diñeiro será destinado á publicación dunha antoloxía de activismo gordo. Máis info en i.gal/RazonsDePeso
174
Reposted by Maos Innovación Social
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 03/02/2026
🎁 SORTEO!! 🌈 Estamos a traballar na primeira antoloxía contra a gordofobia en galego! Podes reservala en i.gal/RazonsDePeso ✨ Se participas antes do 10/2, entras no sorteo de 5 libros contra a gordofobia (e máis)
Queres entrar no sorteo deste pack de 5 libros contra 
a gordofobia e máis?Participando en i.gal/RazonsDePeso antes do 10 de febreiro entras no sorteo dun pack de libros de autorías de Razóns de peso: Mapa da estría de Andrea Nunes, Anatomía de Violen Maroto, Más puñaladas da el hambre de Adriana Guede, Stop gordofobia y las panzas subversas de Magda Piñeyro, 10 gritos contra la gordofobia de Magda Piñeyro. E axudas á publicación da primeira antoloxía contra a gordofobia en galego!
132
Reposted by Maos Innovación Social
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 03/02/2026
Xa están as entradas da gala dispoñíbeis! 💥 👉 Se queres asistir á gala de Youtubeiras+, podes reservar as túas entradas de balde en i.gal/GalaYT Desvelaremos os proxectos gañadores, haberá quiniela, photocall, directo previo con Gabri Fuentes, música con RUSS e algunha sorpresa máis 👀
143
Maos Innovación Social @maos.gal · 03/02/2026
Nesta edición decidimos falar con Rosalía. 146 anos despois do seu poema, continuamos a crear, a traballar e a convivir en galego, coa constancia do reloxo, conscientes de que cada segundo é novo e irrepetíbel, como os seus versos. E ben, por que? Ela deunos a resposta, porque así somos.
000
Maos Innovación Social @maos.gal · 03/02/2026
Ben sei que non hay nada Novo en baixo d'o ceo, Qu'antes outros pensaron As cousas qu'ora eu penso. E ben, ¿para qu'escribo? E ben, por qu'asi semos, Relox que repetimos Eternamente ó mesmo. — Rosalía de Castro en Follas Novas (1880)
110
Maos Innovación Social @maos.gal · 03/02/2026
Outro ano máis, Maos deseñamos a estética do Festival Rosalía! 🎨 Terá lugar a fin de semana do 21 e 22 de febreiro en Santiago de Compostela. O programa xa está dispoñíbel en i.gal/FestivalRosalia Haberá artesanía, xogos, conversas, teatro, poesía... non o perdas! ✨
Xiana, socia de Maos, sostén o cartaz do festival rosalía deste ano.O cartaz do festival rosalía deste ano, que vai ser os días 21 e 22 de febreiro en Santiago de Compostela baixo o lema “porque así somos”
110
Reposted by Maos Innovación Social
VINTE @vinte.praza.gal · 02/02/2026
🏅 PREMIOS YOUTUBEIRAS+ | Ana Blanco, creadora da conta '@miradenovo' (en Instagram), asegura que non esperaba a boa aceptación do público para uns contidos “tan de nicho”, nin ser finalista dos Premios @youtubeiras.gal , na categoría de Revelación vinte.praza.gal/artigo/conta...
074
Reposted by Maos Innovación Social
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 01/02/2026
Axúdasnos a publicar o noso primeiro libro, sobre activismo gordo? 🩷 👉 Achega e espalla o crowdfunding, onde xa podes comprar o libro ou outras recompensas variadas: 🔗 i.gal/RazonsDePeso E se participas nos primeiros días… podes gañar algún detalle extra 👀
152
Reposted by Maos Innovación Social
Praza Pública @praza.gal · 01/02/2026
📱 Unha ducia de finalistas da novena edición de Youtubeiras+ praza.gal/ducias/final...
praza.gal
Unha ducia de finalistas da novena edición de Youtubeiras+ - Praza Pública
O vindeiro venres 7 de febreiro o Teatro Jofre de Ferrol acolle gala de entrega da novena edición dos premios Youtubeiras+, o certame organizado polos servizos de normalización de concellos, universid...
093
Reposted by Maos Innovación Social
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 30/01/2026
Axúdasnos a publicar o noso primeiro libro, sobre activismo gordo? 🩷 Para que vexa a luz, precisamos do voso apoio e difusión: 👉 Achega e espalla o crowdfunding, con recompensas variadas 🔗 i.gal/RazonsDePeso E se participas nos primeiros días… podes gañar algún detalle extra 👀
Se tanto somos unha editora... haberá que publicar un libro! En i.gal/RazonsDePeso podes axudarnos a financiar un libro de activismo gordo, con 19 autorías e enfocado en Galiza. Nesta imaxe vemos a Leticia Citoula e Andrea Nunes, persoas gordas felices, coordinadoras da antoloxíaUnha composición cos nomes de todas as persoas autoras: Adriana Guede, Ailén Kendelman, Areta Bolado, Alba Cobo, Andre Bosque, Andrea Nunes, Andrea Rico Adega (Mané), Angelly Ferreiro Silva, Antonella Rodríguez Acosta, Aranxa Vicens, Iván Folgueira Pérez, Leticia Citoula, Lucía Aldao, Magda Piñeyro, María von Touceda, Mercè Nebot Ventura, Vanesa de Sousa García, Vanessa Glemsel, Violeta Maroto RomeroDesde 3€ podes conseguir: agradecementos, ebook, libro, merenda literaria, almorzo riquiño, obradoiros variados, sesión de asesoramento de imaxe, cea concerto, durmida, e libro, 10 libros e presentación

E como engadidos: chapas, agradecementos, audios, vídeos, bolsas de tea, sinaturas, ebooks, botes de mel, conversas, rutas, libros, camisolas, fanzines, carpetas, partituras, espazos, fotos, láminas, broches, brincos, cazadoras, roupas

En i.gal/RazonsDePeso

Se participas antes do 10 de febreiro entras no sorteo dun pack de libros de autorías da antoloxía
155