adetroitviguesa.wordpress.com
O proxecto Youtubeiras+ lanza un novo galardón honorífico á traxectoria na creación dixital para celebrar a décima edición dos seus premios
Youtubeiras+, o proxecto impulsado polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña, celebra este ano a súa décima edición baixo o lema «Dez anos en rede». O certame, destinado a promover o talento e a creación de contidos en galego nas redes sociais, incorpora como principal novidade un premio honorífico para distinguir a traxectoria de persoas ou iniciativas vinculadas á creación dixital na lingua galega. As bases da nova edición xa están dispoñibles na web do proxecto e o prazo de inscrición permanecerá aberto…