Sign in

Maos Innovación Social

@maos.gal
201 followers 217 following 76 posts

Proxectos de proximidade Xestión cultural • Comunicación Deseño gráfico • Edición como @catroventos.gal maos.gal | +34 694 401 505

PostsRepliesMedia
Maos Innovación Social @maos.gal · 22/09/2026
Inauguramos a décima edición de @youtubeiras.gal! 🎂 Toda a información e inscricións: youtubeiras.gal
031
Maos Innovación Social @maos.gal · 02/09/2026
As palabras atraen, o exemplo convence 🖼️ A partir de hoxe podes visitar a exposición “Cooperativas de Compostela” no CSC O Ensanche. Mostra 17 cooperativas da cidade de distintos sectores. Foi impulsada e coordinada por EspazoCoop en colaboración con Maos, co apoio do Concello de Santiago.
021
Maos Innovación Social @maos.gal · 10/07/2026
O pasado venres na Festa dos libros, medimos o pulso da estrofa que tamén é o latexar da Pontevedra 👣 Camiñamos con bandas sonoras da Boa Vila desde o século XIII até a actualidade: de Paio Gomes Charinho a Columna Vegana, pasando por Marthe Lémann, Manuel Quiroga, Casto Sampedro…
100
Maos Innovación Social @maos.gal · 03/07/2026
Poderiamos entender a poesía sen as cantigas populares? E detrás de cada canción, non hai un poema? 🕵️ Hoxe, neste percorrido por Pontevedra demostraremos que música e literatura camiñan da man desde hai séculos. Inscríbete en Paseos@PontevedraDescrita.gal
Cartaz de "O pulso da estrofa. Paseo sobre a relación entre a música e a literatura en Pontevedra". Vai ser o venres 3 de xullo ás 19:00. Para inscribirte podes enviar un correo a Paseos@PontevedraDescrita.gal. Aparecen o logo do Concello e da Festa dos Libros. A estética de fondo é xeométrica, coas cores e o estilo de Pontevedra (d)escrita, a iniciativa dun mapa literario da cidade
021
Maos Innovación Social @maos.gal · 29/06/2026
O Castelao que danzaba polcas, o Danieliño de 3 anos que veu á romaría do ramo cativo contra o mal de ollo, o Daniel da tuna… Xuntámolos todos neste proxecto: Castelao Insólito. Fixemos 4 sesións por Compostela, mais ti podes realizar o percorrido autoguiado a través de: 👉 CastelaoECompostela.gal
140
Maos Innovación Social @maos.gal · 18/06/2026
Queres redescubrir o Castelao Insólito alén do mito? Inscríbete nas sesións guiadas deste roteiro o 25, 26 e 27 de xuño! 👉 www.CastelaoECompostela.gal Alí tamén poderás facer o percorrido de forma autoguiada, tanto en inglés como en galego.
Cartaz da iniciativa "Castelao Insólito", realizada pola cooperativa Maos Innovación Social. Son uns paseos por Compostela, do Concello e Compostela é memoria. As sesións serán o 25, 26 e 27 de xuño e podes inscribirte en CastelaoECompostela.gal. Alí tamén podes facer a versión autoguiada.
000
Maos Innovación Social @maos.gal · 11/06/2026
A estética foi obra de Nadina Gráfica
Estética azul, branca e vermella, do encontro
010
Maos Innovación Social @maos.gal · 11/06/2026
👅 Rexenerando contou connosco para o II Encontro de profesionais de normalización lingüística do eido local, da área de lingua da Deputación Foi un pracer escoitar a Natalia Cea, Gabino S. Vázquez (Modo Galego), Marcos Abalde (Brincarmos) e Oskar Bikuña (HIGA-Gasteiz). Con coloquio e prototipado!
As persoas participantes no exterior do Pazo de Mariñán
Conversa entre persoas participantesOlga, de Rexenerando, modera o espazo de prototipadoMesa redonda no encontro
120
Maos Innovación Social @maos.gal · 11/05/2026
Acabamos de enviar o noso boletín bimensual! Se ti aínda non o recibes, inscríbete aquí: gal.us5.list-manage.com/subscribe?u=...
Boletín informativo
Carta náutica
A singradura de Maos navega por océanos descoñecidos. Dentro do noso buque, hai algo a incubarse. Non é un virus: son visitas comentadas, roteiros, presentacións literarias e un compás que apunta a proxectos futuros. Como parte do grupo de pacientes cero, tes dereito a coñecelas antes que ninguén!
000
Maos Innovación Social @maos.gal · 06/05/2026
🤳🏼 A nosa compañeira Xiana foi comisaria das Residencias Artísticas Mariñán de Creación de Contidos da Deputación da Coruña! As persoas residentes puideron desfrutar de tempo, espazo e formacións para levaren a cabo os seus proxectos nas redes sociais en galego.
As persoas residentes nunha foto final de familiaAs persoas da residencia de creación de contidos (Yeray Folgar, Sons de Cande, Laura Villar e Leti A do Chinto), xunto con Xiana e a deputada Natividade nunha conferencia de prensaYeray Folgar, Sons de Cande, Laura Villar e Leti A do Chinto revisando un vídeo gravadoCarlota Ghatos traballando nun guión
010
Maos Innovación Social @maos.gal · 05/05/2026
✨ Queres pasear connosco este sábado 9/5? Como Castelao desde Buenos Aires, pousaremos o noso pensamento en Pontevedra visitando 8 espazos, con marxe para a esperanza. A pesar das atrocidades, o exilio non calou e a literatura foi unha das súas ferramentas máis poderosas. 👉 apuntate.pontevedra.gal
Cartaz do roteiro do Concello de Pontevedra co título“Mañá será outro día”, un paseo sobre a literatura e o exilio en Pontevedra. Haberá unha sesión o sábado 9 de maio ás 12:00. Inscríbete en Apuntate.Pontevedra.Gal
000
Maos Innovación Social @maos.gal · 27/04/2026
🌹 Participamos na 2a edición das xornadas de formación para profesorado “Fai Memoria!” Compartimos 8 pistas prácticas para deseñar roteiros. E lembrade: en i.gal/RoteirosMaos tendes máis de 25 roteiros, algúns co texto e o percorrido en aberto, outros que podedes contratar.
Nee Barros, presentando nas xornadas “pistas para a construción de roteiros”O programa das xornadas, no centro sociocultural Maruxa e CoraliaUns cravos, pola Revolução portuguesa, do 25 de abril, e o logo das xornadas “Fai memoria!”Carlos Rodríguez Pérez, do CAFI, falando doutros roteiros
110
Maos Innovación Social @maos.gal · 23/04/2026
👀 Tes plan hoxe? Maos e a biblioteca Ánxel Casal ofrecémosche un roteiro gratis! Ven descubrir connosco a Concha Castroviejo, unha muller pioneira no xornalismo compostelán e na crítica literaria a nivel estatal. 👉 Podes retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca desde 30 minutos.
Cartaz do Día do Libro.
Na parte de arriba lese: “celebra o día do libro con Concha Castroviejo”.
No centro hai unha foto antiga de Concha Castroviejo sorrindo mentres sostén unha felina xunto á cara. A imaxe ten aspecto vello e algo desgastado. Na esquina aparece a data: “23.4”.
Debaixo lese: “18:30 na Biblioteca Ánxel Casal”.
Ao final: “Paseo que celebra a máis grande escritora que deu Compostela no século XX segundo Borobó”.
031
Maos Innovación Social @maos.gal · 18/03/2026
🗓️ Este sábado en Pontevedra! Percorreremos os recunchos máis emblemáticos da cidade mentres exploramos a súa relación coa palabra poética e coas autorías que se inspiraron nela. Do século XIII á actualidade ✍️ 👉 Inscricións gratis en Paseos@PontevedraDescrita.Gal
SÁBADO 21 DE MARZO
17.00 h
CAMIÑADA LITERARIA POLA CIDADE
Pontevedra poética
Maos
Público adulto | Inscricións no correo-e:
paseos@pontevedradescrita.gal
052
Maos Innovación Social @maos.gal · 07/03/2026
En marzo do 68, mentres París preparaba as súas revoltas, Compostela xa estaba en loita. Agora, podes viaxar no tempo cun paseo guiado polos lugares onde aconteceu todo. Hai 4 sesións: 
👉 Xoves 12 ás 19.00
👉 Venres 13 ás 19.00
👉 Sábado 14 ás 12.00 e 16.30 🎟 A inscrición é gratuíta en marzo68.gal
Cartaz co lema "VENCEREMOS NÓS, O 68 EN COMPOSTELA" anunciando un paseo guiado en Compostela os días 12, 13 e 14 de marzo. Máis información e inscricións en marzo68.gal
011
Maos Innovación Social @maos.gal · 06/03/2026
Como foi o marzo do 68 compostelán? Pasea a cidade connosco para descubrilo! 🚶‍♂️ Teremos 4 sesións guiadas onde falaremos de asembleas, libros prohibidos, peches na facultade... Serán: 👉 O xoves 12 ás 19.00 👉 O venres 13 ás 19.00 👉 O sábado 14 ás 12.00 e ás 16.30 Inscríbete en marzo68.gal ✨
041
Maos Innovación Social @maos.gal · 06/02/2026
2x1! Coñece a Emilia Pardo Bazán e apoia un proxecto pioneiro con 10 € 💖 A Pardo Bazán fixéronlle caricaturas rindo da súa gordura. Nós imos redescubrila como muller polifacética, envolta na polémica, case sempre por ser muller escritora con opinión propia. 👉 Consigue praza en i.gal/RazonsDePeso
Interésache a figura de  Emilia Pardo Bazán? Por 10 € podes asistir a un roteiro por espazos de Compostela vinculados coa súa vida e obra. O diñeiro será destinado á publicación dunha antoloxía de activismo gordo. Máis info en i.gal/RazonsDePeso
174
Maos Innovación Social @maos.gal · 03/02/2026
Outro ano máis, Maos deseñamos a estética do Festival Rosalía! 🎨 Terá lugar a fin de semana do 21 e 22 de febreiro en Santiago de Compostela. O programa xa está dispoñíbel en i.gal/FestivalRosalia Haberá artesanía, xogos, conversas, teatro, poesía... non o perdas! ✨
Xiana, socia de Maos, sostén o cartaz do festival rosalía deste ano.O cartaz do festival rosalía deste ano, que vai ser os días 21 e 22 de febreiro en Santiago de Compostela baixo o lema “porque así somos”
110
Maos Innovación Social @maos.gal · 13/12/2025
🧩 Queres descubrir a figura de Concha Castroviejo dunha forma máis amena e divertida? Este xogo de pistas é para ti! Está pensado para todos os públicos pero especialmente para rapazada de 12 a 16 anos e para o aproveitamento en centros de ensino.
120
Maos Innovación Social @maos.gal · 03/12/2025
🐈‍⬛ 30 anos con Concha. Un paseo en homenaxe a Concha Castroviejo, polo 30 aniversario do seu falecemento. Transformemos o esquecemento nunha merecida reivindicación Mércores 10 ás 18.30 h Venres 12 ás 18.30 h Sábado 13 ás 12 h 🔗 Inscríbete antes de ficar sen praza en i.gal/Concha
041
Maos Innovación Social @maos.gal · 12/11/2025
🎓 Este martes 18 estaremos en Lugo, na Facultade de Humanidades, impartindo un obradoiro co alumnado de Xestión Cultural. Falaremos de proxectos como @youtubeiras.gal ou o Festival Rosalía, e traballaremos na ideación de novas propostas culturais. 🕓 16:30-19:30 h 📍 Laboratorio de Linguas @usc.gal
Cartaz informativo do Obradoiro de proxectos de Xestión Cultural impartido por Maos. Innovación Social – Sociedade Cooperativa Galega. O obradoiro terá lugar o martes 18 de novembro, de 16:30 a 19:30 horas, na Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, concretamente no Laboratorio de Idiomas. Inclúe o logotipo de Maos e o da USC (Universidade de Santiago de Compostela).
040
Maos Innovación Social @maos.gal · 02/11/2025
Queres saber a relación de Pontevedra coa poesía? Pontevedra poética camiña de novo 👣 Coa biblioteca pública, organizamos 2 sesións deste paseo que percorre 8 séculos de poesía en galego 🗓️ 5 e 6 de novembro, 17:00 🔗 Inscricións: bibliotecas.xunta.gal/gl/pontevedra…
Foto da ponte dos tirantes de Pontevedra co poema: “Canto a Pontevedra”. Di así:

“Alá na tarde, cando o sol desmaia e cos raios da lus a sombra loita:
cando lonxe... moi lonxe... alá na praia
o alalá malencólico se escoita”

Foi escrito por Enrique Labarta Pose en 1886Foto dun mapa de Pontevedra do século XIX co poema: “Pontevedra, século XIX”. Di así:

“No dondo colo do vento quedouse a choiva durmida.
Lonxe as casas da cidade baixan a beber na ría.
Dos beizos escoa a copra
Pontevedra é boa vila.”

Este poema aparece recollido no libro “O galo”, publicado en 1927, escrito por Luís Amado CarballoFoto de Francisco Cortegoso co seu poema “Proxecto escultural para o Malecón de Pontevedra, campo da feira”. Di así:
“CAMELIA queda intacta
única carne pregada a si
peso cor anica
mais permanece sen remisión.
Escoita.
Caída.
Como unha froita, sen se repregar. Extensa.
Vitoria. Inverno.”

Este poema forma parte do libro “Memorial e danza” publicado en 2014Pontevedra poética
PASEO SOBRE A HISTORIA DA POESÍA NO CONCELLO
Mércores 5 de novembro ás 17.00 h
Xoves 6 de novembro ás 17.00 h
con saída da Biblioteca Pública de Pontevedra
INSCRÍBETE NA WEB DA BIBLIOTECA
012
Maos Innovación Social @maos.gal · 30/10/2025
Queres saber máis sobre literatura e exilio en Pontevedra? Xa podes inscribirte nos roteiros gratuítos que ofrecemos da man do concello! Sábado 15/11 ás 16:30 Sábado 22/11 ás 12:00 e 17:00 Inscríbete en apuntate.pontevedra.gal E para + info sobre literatura en Pontevedra: pontevedradescrita.gal
Mañá será outro día
PASEO SOBRE A LITERATURA E O EXILIO EN PONTEVEDRA
Sábado 15 de novembro | sesión ás 16.30 h
Sábado 22 de novembro | sesións ás 12.00 h e ás 17.00 h
INSCRÍBETE EN APUNTATE.PONTEVEDRA.GAL
011
Maos Innovación Social @maos.gal · 30/10/2025
Quen seguiu a Castelao e Virxinia na súa estancia nos Estados Unidos? a) Un fan desesperado b) Dous axentes do franquismo c) Unha comitiva antifascista d) Unha espía da CIA
Quen seguiu a Castelao e Virxinia na súa estancia nos Estados Unidos?
A espía da CIA María Docampo, tradutora e secretaria coruñesa.
Castelao viaxara á URSS e eloxiara o comunismo, acudindo tamén a actos antifascistas nos Estados Unidos.
110
Maos Innovación Social @maos.gal · 30/10/2025
Que exiliado pontevedrés se reuniu coa actriz de Hollywood Joan Crawford? a) Castelao b) Manuel Portela Valladares c) Ramón de Valenzuela d) Valentín Paz-Andrade
Que exiliado pontevedrés se reuniu coa actriz de Hollywood Joan Crawford?
Castelao. Estivo en Hollywood en 1939 entrevistándose con artistas que axudaban á república española. Non coñeceu a Chaplin porque ese día estaba doente e non asistiu á reunión.
110
Maos Innovación Social @maos.gal · 30/10/2025
Que pontevedrés estivo exiliado dúas veces, unha escapando do bando republicano e outra do bando franquista? a) Valentín Paz-Andrade b) Filgueira Valverde c) Manuel Portela Valladares d) Joaquín Maquieira
Que pontevedrés estivo exiliado dúas veces, unha escapando do bando republicano e outra do bando franquista?
Foi Manuel Portela Valladares. Durante o inicio da guerra escapou de Barcelona para Niza. Despois volveu a Valencia e acabou exiliado en Francia.
110
Maos Innovación Social @maos.gal · 30/10/2025
Pon a proba os teus coñecementos con este pequeno test de curiosidades sobre o exilio, a literatura e Pontevedra! Abrimos fío 👇
Canto sabes sobre o exilio, a literatura e Pontevedra?
Compróbao no test que deixamos neste fío! 

Tres imaxes:
1. A reunión dos participantes do primeiro congreso da emigración galega en Buenos Aires, 1956
2. ⁠A delegación española na reunión da UNESCO de 1946 en París, con caras coñecidas como Castelao ou Picasso 
3. ⁠Castelao ante o cadro “A derradeira leición do mestre” e un busto a Bóveda, rodeado por Antón Alonso Ríos, Xesús Canabal, Manuel Puente, Fernado Iglesias “Tacholas” ou Maruxa Boga, entre outros. 1945.
112
Maos Innovación Social @maos.gal · 25/10/2025
🗣️ Fechamos o ciclo Novas ferramentas para facer antropoloxía hoxe III co obradoiro “Transferencia e co-creación de ciencia no eido rural. Investigando xuntas desde o ecofeminismo”, impartido por Bibiana Martínez Álvarez. 🎥 Así foi esta última sesión no Museo do Pobo Galego.
040
Maos Innovación Social @maos.gal · 20/10/2025
Xa é público o informe do @consellocultura.bsky.social para activar medidas que reforcen o galego Nós participamos na mesa de economía, turismo e deporte. O informe destaca Maos polo uso da lingua na identidade corporativa Continuamos a traballar para que o galego sexa valorado en todos os eidos!
Cartel en fondo azul co logotipo do Consello da Cultura Galega na esquina superior esquerda. Destaca unha gran letra “g” negra sobre unha forma diagonal branca con símbolos xeométricos claros. Na parte inferior lese: “Un país coa súa lingua · Foro participativo” e, en vertical á dereita, o ano “2025”.Páxina dun documento titulado “M.05 Economía, turismo e deporte” co subtítulo “Un país coa súa lingua” e a numeración “114/155” no canto superior esquerdo. No centro superior aparece “5.3 / Experiencias inspiradoras” en letra grande e negra.

Debaixo hai un bloque de texto cunha banda verde claro na parte superior. O encabezado dese bloque di:
“Maos S. Coop. Galega — Santiago de Compostela — maos.gal”.
Segue un parágrafo longo que describe a cooperativa: a súa sede, os servizos que ofrece (etnografía, xestión cultural, comunicación, edición, deseño gráfico), a perspectiva feminista e comunitaria, a adhesión ao código de boas prácticas en 2019, a presenza en directorios como Mercado Social e Galegoempresas, o uso central do galego e a colaboración con proxectos culturais.

Na metade inferior esquerda da páxina hai unha grella de siluetas simples de persoas representadas con liñas curvas, en cor verde claro, dispostas en filas.

Á dereita desa ilustración aparece o título “Fila 0 / Diálogo estruturado” seguido dunha lista de nomes e cargos:

Pepe Formoso, fundador do hotel Bela Muxía

Rosana Prieto Florines, guía de turismo en GalSenTur

Adrián Dios, presidente do club de baloncesto ADB Fontiñas

Silvia Carregal, xornalista deportiva e directora do medio As Nosas

Emi Candal, responsable de Urdime

Óscar Senra, integrante de Maos Innovación Social (o seu nome aparece resaltado cun fondo verde claro)

A composición mantén marxes amplas e ton principalmente branco, cun uso puntual de verde para destacar elementos gráficos e texto.
072
Maos Innovación Social @maos.gal · 14/10/2025
O 15 imos á folga en apoio ao pobo palestino, que está a sofrer un xenocidio coa complicidade da comunidade internacional. Esiximos o embargo de armas a Israel e a fin da complicidade institucional. O alto ao fogo non detén a colonización. A loita continúa até que Palestina sexa libre do río ao mar
Cartaz que di "Estamos en folga en apoio ao pobo palestino. 15 O". Asinan: Aqueladas, Arabías, Árbore Azul, Illa Bufarda, MAOS e Mulime. Aparece unha sandía e o patrón dunha keffiyeh
072
Maos Innovación Social @maos.gal · 03/10/2025
📚 Do 22 ao 30 de setembro impartimos na @udc.gal un curso de atención ao público en lingua galega para o persoal técnico de xestión, administración e servizos. ✨ Ao longo das 7 sesións traballamos a acollida en galego, linguaxe non binaria, accesibilidade, dereitos lingüísticos e moito máis!
Nunha aula da UDC, ao redor de 30 persoas asisten a unha aula de lingua galega e administración. Atenden a Xiana, que explica, e hai un encerado con post-its laranxas e amarelos.Un detalle dos post-its con experiencias na atención ao público.Nee explica outra parte do curso, sobre a accesibilidade como un proceso constante.

Unha diapositiva que explica por que usar o galego na atención ao público: porque é un dereito das persoas usuarias, porque é un compromiso institucional da UDC, porque é unha mostra de respecto e profesionalidade e porque contribúe á calidade do servizo: atención personalizada e contextualizada.
051
Maos Innovación Social @maos.gal · 02/10/2025
4 estacións do ano, 4 puntos cardinais, 4 patas dun banco, 4 fases da lúa... e agora en Maos tamén somos 4! 🥳 Coa chegada de outubro, desvelamos a primeira novidade deste novo curso: Nee Barros Fernández incorpórase a Maos como socie. Benvinde! E esta non é a única sorpresa destes meses 👀
As catro persoas socias de Maos, nun banco, relaxadas e sorrindo. Detrás do banco están Zaira e Nee, e sentan nel Óscar e Xiana.Os seus perfís no web maos.gal. Aparecen en fotos individuais mirándose e sorrindo.

Zaira Caamaño Remuiñán: Historiadora da arte que aposta por transformar a sociedade a través da cultura.
Nee Barros Fernández: Xestor cultural coa diversidade como terra e a divulgación como semente.
Xiana Iglesias Villaverde: Cociñeira comunicativa, con xornalismo,
artes gráficas e sen mandil.
Óscar Senra Gómez: Multiplataforma e multimodal como o seu título en Ciencias Sociais.
051
Maos Innovación Social @maos.gal · 22/05/2025
Apoiamos a economía popular palestina? 🫂 Maos fixemos unha doazón para a campaña "Soster a vida en Palestina, oficio a oficio" da Fundación Coop57. Anímaste? 🔗 Colabora e axúdanos a difundir: summum.coop57.coop/gl/economiap... #ResilienciaPalestina #EconomiaPalestina #OficioaOficio #Palestina
Cartel que inclúe unha imaxe dun artesán no seu obradoiro, ligazón á campaña e texto en árabe e en galego sobre fondo verde. En galego di "Soster a vida en Palestina. Oficio a Oficio. Fortalezamos as ferramentas da economía popular fronte á ocupación".
021
Maos Innovación Social @maos.gal · 12/05/2025
👣 Iter habemus! Ou sexa, temos paseo! O 16 de maio percorreremos a historia do Día das Letras Galegas, con especial atención ás persoas relacionadas con Compostela. 👉 Organiza @bpsanxelcasal.bsky.social . +info: bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
Iustración en branco e negro que representa tres mulleres lendo libros. O autor é Laxeiro e foi publicada en 1963, ano do primeiro Día das Letras Galegas, pola Irmandade Galega de Buenos Aires.
043
Maos Innovación Social @maos.gal · 09/05/2025
😊 Estamos moi contentes porque a Deputación da Coruña nos encargara o deseño da imaxe gráfica do #DíaDasLetrasGalegas 2025. Grazas por confiar en nós! Que vos parece? 📸 Contamos coa colaboración e o estudio do amigo Xaime Fandiño ❤️
Cartel do Día das Letras Galegas 2025 co título "Poesía Popular Oral" que mostra diferentes obxectos distribuídos sobre un fondo branco. Vemos unha fotografía coloreada dunhas pandereteiras, unha culler vella, unha fita, un micrófono, unha partitura, unha botella de anís, unha foto cun verso tatuado nunha perna ou un anaco de pano tradiconal vermello.
153
Maos Innovación Social @maos.gal · 31/03/2025
🥰 Levamos anos colaborando con Morreu o Demo 👹 con obradoiros de recuperación da memoria en diferentes centros e vilas. 🤓 Fixéronse entrevistas, mapas emocionais, fanzines... E até un podcast! Aquí unha pequena escolma de imaxes coa rapazada de IES Cacheiras e CIFP Lleixa.
001
Maos Innovación Social @maos.gal · 27/03/2025
Aviso! Habemus paseo! 👣 O 1 de abril ás 18h30 guiaremos para a @bpsanxelcasal.bsky.social un roteiro sobre Isaac Díaz Pardo, a quen se dedica este ano o #DíadasArtesGalegas. Sesión única! +info: i.gal/paseoIsaac Fotografía: 1936, fotografía familiar na casa das Carretas. Fonte: Galiciana
074
Maos Innovación Social @maos.gal · 21/03/2025
010
Maos Innovación Social @maos.gal · 21/03/2025
30 de xullo, 1936, a revista 'Vida Gallega' non tivo tempo de eliminar esta foto, só puido riscar o pé de foto: "Santiago. En los aledaños de la ciudad acudieron los elementos populares a votar el Estatuto. Foto #Ksado". A que andaremos? #MaosEnProceso Fonte: Galiciana
010
Maos Innovación Social @maos.gal · 07/03/2025
👣 Chegamos ao top dos paseos! E o máis guiado por Maos até o de agora é.... 1️⃣ COMPOSTELA E AS ORIXES DA LINGUA. Paseo lingüístico sobre as orixes de Santiago de Compostela e a súa relación coa lingua galega. 🖍 Interésache organizar unha sesión para un grupo? Escribe a maos@maos.gal
Imaxe medieval do bispo Teodomiro e un anxo sobre o suposto sartego do apóstolo Santiago, e información sobre o paseo.
050
Maos Innovación Social @maos.gal · 06/03/2025
👣 Case rematados co top 5 de paseos! 2️⃣ COMPOSTELA (D)ESCRITA. PASEO POLA COMPOSTELA LITERARIA. Paseo sobre a relación entre literatura e universidade en Compostela, desde “A Casa da Troia” até finais do século XX. 🖍 Interésache organizar unha sesión para un grupo? Escribe a maos@maos.gal
Imaxe de Uxío Novoneyra, Ramón Piñeiro, A. Bonet, Pura Vázquez, Manuel María e Carlos Maside, na Alameda de Compostela en 1952.
020
Maos Innovación Social @maos.gal · 05/03/2025
👣 Continuamos co top 5! 3️⃣ EMILIA PARDO BAZÁN E ESTELA. Paseo que percorre espazos da cidade relacionados coa vida e obra de Emilia Pardo Bazán. 🖍 Interésache organizar unha sesión para un grupo? Escribe a maos@maos.gal
010
Maos Innovación Social @maos.gal · 04/03/2025
👣 Continuamos co top 5! 4️⃣ SCÓRPIO E CARVALHO CALERO EN COMPOSTELA. Paseo homenaxe a Ricardo Carvalho Calero a través do seu romance ‘Scórpio’ (1987) percorrendo espazos da cidade relacionados co autor, a obra e o seu tempo. 🖍 Interésache organizar unha sesión para un grupo? Escribe a maos@maos.gal
Imaxe de Carvalho Calero, Fernádez del Riego e Álvaro Cunqueiro con texto informativo na parte inferior sobre o paseo.
020
Maos Innovación Social @maos.gal · 03/03/2025
5️⃣. RUTH E O LEVIATÁN. Este paseo as rúas de Compostela para coñecer Ruth Matilda Anderson de preto e as súas estancias na cidade e en Galiza. 🖍 Interésache organizar unha sesión para un grupo? Contacta connosco en maos@maos.gal e falamos!
010
Maos Innovación Social @maos.gal · 20/02/2025
Maos apoia a manifestación deste domingo porque #QueremosGalego
050
Maos Innovación Social @maos.gal · 12/02/2025
🎉 Un ano máis chega o Festival Rosalía, e Maos creamos a nova estética e o lema. Que che parecen? 📣 O Festival está organizado pola Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Santiago e a Fundación Rosalía de Castro. 🎊 Todo o programa en: i.gal/FestivalRosa...
Cartel do Festival Rosalía cunha fotografía con elementos diversos, un caderno de notas, un café, unha pandeireta, un lapis, un anel de dous dedos feito en latón coa sinatura de Rosalía, unha cocada comezada e unha pequena rede azule e otura vermella. Ten tamén o lema, Sen pombas nin flores, e o nome dos espectáculos.Cartel do Festival Rosalía cunha fotografía de Rosalía de Castro cun triángulo vermello sobre un dos ollos e o lema, Sen pombas nin flores.
052
Maos Innovación Social @maos.gal · 05/02/2025
Un ano máis, Maos desenvolvemos o certame @youtubeiras.bsky.social para as entidades organizadoras. Na gala formamos equipa con Javi Sánchez, @neeumatiko.bsky.social, En Lingua de Signos, Toxío, Aqueladas, Alberto Ramos, Gabri Fuentes, Albahaca, De Ninghures e Charanga Alxibeira. Unha marabilla! 😍
092
Maos Innovación Social @maos.gal · 04/02/2025
🥰 Maos tivemos a grande sorte de que e amigue Nee Barros (@neeumatiko) fixera connosco as prácticas dos seus estudos. Quen aprendeu de quen? 🤔 Sen dúbida deixou pegada na nosa cooperativa e oxalá continuemos colaborando en futuros ben próximos! Grazas Nee! 💜
Fotografía de Nee Barros acompañade das tres persoas socias de Maos Innovación Social, no fotocall da gala de Youtubeiras+.
021
Maos Innovación Social @maos.gal · 09/01/2025
Ofertas! Ofertas! Quen non gosta de ofertas! Pois nós temos dúas ben fresquiñas 🥶 acabadas de saír do forno 🥵 ✍️ Servizos editoriais 👣Paseos guiados culturais - Compostela en proximidade Consúltaos en detalle aquí: maos.gal/ofertas/
012
Maos Innovación Social @maos.gal · 09/12/2024
✨ Estes meses estamos a guiar as visitas á expo "Humor líquido. Xaquín Marín" tanto para persoas adultas como para crianzas, neste caso terminando co obradoiro 'Historia malfeita' de @odarrot.bsky.social 🔥 Reserva! www.compostelacultura.gal/espectaculos... @compostelacultura.bsky.social
Persoas mirando un cadro de Xaquín Marín coa personaxe Gaspariño.Persoas mirando de costas unha pequena figura representando a Xaquín Marín.Imaxe dunha mesa con obxectos do obradoiro de Afra Torrado e mans.Primeiro plano de Afra Torrado impartindo o obradoiro, con cadros de Xaquín Marín de fondo.
062