Sign in

Xerais

@xerais.bsky.social
461 followers 84 following 725 posts

#Xerais (Desde 1979) Editora en lingua galega. Facendo historia(s).

PostsRepliesMedia
Reposted by Xerais
Cristina Novoa @novoa5.bsky.social · 01/10/2026
O Ameixeiras @diegoameixeiras.bsky.social ataca de novo. Por veces fáltame o aire, e iso que leo ao sol. @xerais.bsky.social
272
Xerais @xerais.bsky.social · 01/10/2026
Un libro de relatos sorprendente, cheo de enxeño e xogos de palabras, que celebra a imaxinación📖✨
000
Xerais @xerais.bsky.social · 01/10/2026
🌈Eva Mejuto e Nee Barros lévannos de viaxe polo 'Universo Diverso': «A diversidade fai o mundo máis amplo para que caibamos todes» www.farodevigo.es/faroeduca/20...
farodevigo.es
Eva Mejuto e Nee Barros lévannos de viaxe polo 'Universo Diverso': «A diversidade fai o mundo máis amplo para que caibamos todes»
A editorial Xerais publica este libro ilustrado onde Eva e Nee percorren a galaxia LGTBIQA+ para divulgar entre a mocidade as diferentes realidades do colectivo, sen tabús e con moito humor
011
Xerais @xerais.bsky.social · 30/09/2026
Unha historia onde se entrecuzan crime, desexo e amoralidade nun medio natural inquietante. Escrita con aromas de «noir» clásico e guiada pola mellor tradición do xénero. @diegoameixeiras.bsky.social
011
Xerais @xerais.bsky.social · 29/09/2026
A receita da novela de intriga perfecta combina estes tres ingredientes e o resultado é unha novela completamente adictiva.
022
Xerais @xerais.bsky.social · 28/09/2026
Mañá, en Santiago de Compostela 👇 @diegoameixeiras.bsky.social @franalonso-gal.bsky.social
022
Xerais @xerais.bsky.social · 24/09/2026
«Só para adultos» afonda, con crueza e tenrura á vez, na adolescencia actual atravesada polas pantallas, o contido sexual e as redes sociais. @iriamisa.bsky.social
020
Xerais @xerais.bsky.social · 23/09/2026
Esta obra reconstrúe as claves do debate lingüístico recente dende a propia mirada crítica do autor, que defende a necesidade de políticas compensatorias para o galego que revertan á súa situación de desigualdade nun momento tan crítico para o idioma como o actual.
021
Reposted by Xerais
Hemeroteca Ateneo @biblioateneo.bsky.social · 22/09/2026
#BIBLIOTECA "A defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza contemporánea" de Daniela Fernández Pérez. Edita @xerais.bsky.social #LGBT #IdentidadeSexual #franquismo #Galiza
021
Xerais @xerais.bsky.social · 22/09/2026
Mañá 👇 @ceciliafsantome.bsky.social @franalonso-gal.bsky.social
022
Xerais @xerais.bsky.social · 22/09/2026
Unha aventura divertida e entrañable sobre a identidade, a valentía e o valor do artesanal. Porque tradición e modernidade non están rifados.🧵✂️👗 @mariasolar.bsky.social  e ilustracións de Xiana Teimoy.
100
Xerais @xerais.bsky.social · 21/09/2026
«Sacrificáronse por min. O océano estaba furioso aquela noite, precisaba segar vidas. Eles caeron antes ca min e o mar acougou así a súa sede de morte». "Onde bate o mar" de Raquel Fernández.
000
Reposted by Xerais
PidroGalego #NemEnceNaRiaNemAltriNaUlloa ✊🏽 @pidroso.bsky.social · 18/09/2026
Hoje, aproveitando que ando por Compostela, passei pola Livraria Pedreira e merquei "Nos, os tolos" de Tania Castelo, editado por @xerais.bsky.social Lim a primeira página e aquí estou num banco dos Basquinhos totalmente enghanchado. Que livro tam necesário! 📖📚🥼👁️👂🏻🫂 #Galiza #LerÉViver #LerÉAprender
081
Reposted by Xerais
Praza Pública @praza.gal · 13/09/2026
ENTREVISTA | @ceciliafsantome.bsky.social: "Esta novela é o meu gabinete particular de curiosidades" 📚'Boundaries Road' @xerais.bsky.social recibiu o XLIV Premio Blanco-Amor de Novela praza.gal/cultura/esta...
praza.gal
"Esta novela é o meu gabinete particular de curiosidades" - Praza Pública
Cecilia F. Santomé sorpréndenos con Boundaries Road (Xerais, 2026), a novela coa que gañou o XLIV Premio Blanco-Amor, e coa que volve transitar as crises de identidade, a soidade e a gran tea de…
123
Xerais @xerais.bsky.social · 16/09/2026
Humor, misterio, amizade e moita maxia científica mestúranse nesta aventura trepidante que gañou o XIX Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil🩲💫🐑 @antiay.bsky.social @paulacheshire.bsky.social
062
Xerais @xerais.bsky.social · 15/09/2026
«Por que me dedico a isto? Boa pregunta. (…) Porque se cadra tamén me salvo un pouco a min mesma. E porque, vaia por diante, ás veces as visitas non son só para eles: son para min tamén. E para ti, se decides quedar». "Nós, os tolos" de Tania Castelo.
023
Reposted by Xerais
Praza Pública @praza.gal · 11/09/2026
🎉 Chegamos á fin de semana 📖 Cunha entrevista con Cecilia F. Santomé sobre 'Boundaries Road' (@xerais.bsky.social, 2026), a novela coa que gañou o XLIV Premio Blanco-Amor 💧 E cunha ducia de encoros galegos 👉🏻 praza.gal
032
Xerais @xerais.bsky.social · 11/09/2026
«Ardía de amor e de odio, no paradoxo dun mesmo sentimento con dúas faces que se remexía dentro de min ata me toldar a ollada». "O derradeiro gimlet" de @diegoameixeiras.bsky.social
131
Xerais @xerais.bsky.social · 11/09/2026
📰Valeria Gutierrez Caneda, unha nova e brillante voz. Por @ramonnicolasr. www.lavozdegalicia.es/noticia/fuga...
lavozdegalicia.es
Valeria Gutierrez Caneda, unha nova e brillante voz
Que alguén, como é o caso, consiga estruturar unha proposta narrativa con acerto, que teña cousas que contar e o faga con contención, que adopte ademais unha perspectiva que faga cooperar, e pensar, á...
042
Xerais @xerais.bsky.social · 10/09/2026
Temos novidades!😉 Estes son os títulos que chegan ás librarías en setembro📚
011
Xerais @xerais.bsky.social · 07/09/2026
Mentres o frío da Fabricante de Invernos avanza en silencio e os corazóns se conxelan, Kiran terá que decidir quen é realmente.  Porque en Lunaria amar pode ser máis perigoso que matar🗡️🖤 #Xacantanascarricantas @lediciacostas.bsky.social
031
Xerais @xerais.bsky.social · 04/09/2026
A culpa, de María Solar (@mariasolar.bsky.social), chega ao teatro en novembro 🎭 www.xunta.gal/notas-de-pre...
xunta.gal
O Centro Dramático Galego presenta ‘A culpa’, un espectáculo coproducido con estudo momento que integra teatro e música sinfónica - Xunta de Galicia
011
Xerais @xerais.bsky.social · 03/09/2026
A volta á rutina sempre é un pouco máis doada cun bo libro.📖 Se os pequenos e as pequenas da casa xa están preparando o regreso ás aulas, aquí tedes libros perfectos para comezar o novo curso con moitas ganas de ler📏✏️🖌️
042
Xerais @xerais.bsky.social · 02/09/2026
«Pero volvamos a ti, ao teu corpo espido que se achega, a min que desespero, que rebento. Que vai pasar con nós cando isto acabe, cando ti cos teus dedos me sinales de sur a norte coma quen sacrifica?» "Trece maneiras de mirar un almanaque" de X. L Mosquera.
011
Reposted by Xerais
Praza Pública @praza.gal · 01/09/2026
📖 'As esquinas' (@xerais.bsky.social), de Miguel Calvo Marques, galardoada co Premio Pinto e Maragota pola diversidade sexual e de xénero; e 'A muller de mentira' (@galaxiaeditorial.bsky.social), de Iria Collazo López, gañadora do Premio García Barros están nesta ducia praza.gal/ducias/libro...
044
Xerais @xerais.bsky.social · 01/09/2026
De que novela acompañariades este café?📖☕️
111
Reposted by Xerais
Praza Pública @praza.gal · 31/08/2026
📚☀️ Unha ducia de libros para despedir o verán @xerais.bsky.social @galaxiaeditorial.bsky.social @catroventos.gal @alvarellos.bsky.social @sushibooks.bsky.social @fabulatorio.bsky.social
praza.gal
Unha ducia de libros para despedir o verán de 2026 - Praza Pública
A chuvia nos está a acompañar nestes derradeiros días de agosto, por se alguén precisa de escusas para buscar novas lecturas. As feiras do libro van rematando e aínda queda tempo de verán, a pesar de ...
0159
Xerais @xerais.bsky.social · 31/08/2026
«Que felices eramos contándonos, ocultándonos nas sombras, sendo celosos da nosa intimidade. O meu mundo facíano moitos amigos. Algúns apenas son nomes agora, nomes cos que dicilos». "Ventre de madeira" de José Carou.
021
Xerais @xerais.bsky.social · 27/08/2026
«Así é como se arranxa todo. As pantasmas da Casa Grande deixarán de ser espectros que enfeitizan os vivos e converteranse en memoria». "A Casa Grande" de Olaia Sendón.
021
Xerais @xerais.bsky.social · 24/08/2026
Estas son algunhas das impresións dos lectorxs de "A parte fácil". Ademais, o relato «A lebre», incluído nesta obra, foi distinguido co prestixioso Premio O. Henry 2026, convertendo a Ismael Ramos no primeiro autor do Estado español en recibir este recoñecemento. @ismaelramosc.bsky.social
051
Xerais @xerais.bsky.social · 21/08/2026
«O faro, este mundo extraodinario que algún día amei, había alumear as miñas últimas horas rodeado de bestas bravas, o océano e os toxos». "A noite das cebolas" de Rosa Aneiros.
022
Reposted by Xerais
Praza Pública @praza.gal · 20/08/2026
📖 "As fronteiras de verdade son aquelas que manteñen aos pobres apartados do pastel". Esta frase, tan punzante aínda a día de hoxe, advirte a quen le do tipo de libro que ten nas mans Debullamos 'O lapis do carpinteiro' con Manuel Rivas @xerais.bsky.social
praza.gal
'O lapis do carpinteiro' e a forza do afecto - Praza Pública
"Quixen que a historia comezara no presente porque xustamente é a maneira na que quería enfocar esa Memoria do que pasou e que segue a afectar a unhas persoas no momento no que se conta a súa…
095
Xerais @xerais.bsky.social · 17/08/2026
Este verán tamén hai tempo para a poesía.☀️ Se vos apatece ler novas voces ou reencontrarvos con este xénero, aquí tedes 5 poemarios que son unha moi boa opción📖
021
Xerais @xerais.bsky.social · 14/08/2026
Non prometemos que con estas lecturas non caia algunha bágoa...💧 Manuel Esteban, @mariabesteiros.bsky.social Abil Camino e Irene Lourido.
042
Xerais @xerais.bsky.social · 11/08/2026
Non sempre é necesario coller un avión para viaxar, ás veces chega con abrir un libro 📖 Viaxamos?😊 @antoniomfraga.bsky.social @ceciliafsantome.bsky.social e Xabier Quiroga.
023
Xerais @xerais.bsky.social · 07/08/2026
Se buscades libros curtos que poidades levar a calquera parte, aquí tedes 5 lecturas perfectas🏖️ @diegogiraldez.bsky.social @mariabesteiros.bsky.social @manuelrivas.bsky.social José Carou e Olaia Sendón.
053
Xerais @xerais.bsky.social · 05/08/2026
«As consecuencias do acto xa as tes metidas entre as capas da túa pel e, por moito que te metas baixo a auga e que tentes eliminalo, unha parte de ti vai quedar impregnada desa palabra. O primeiro era asumir a palabra». "Goma de borrar" de Valeria G. Caneda.
021
Xerais @xerais.bsky.social · 31/07/2026
As mellores recomendacións veñen sempre das lectoras e dos lectores📖 Aquí tedes as recensións de lectorxs que seguen gozando da historia de Chus e Isabel❤️
011
Xerais @xerais.bsky.social · 24/07/2026
«Ser escritor sempre foi o meu soño» afirma o novelista Óscar Guzmán, autor de 'Só os mortos saben a verdade'. Nesta entrevista para @farodevigo.es, o autor fala da súa última obra, coa que gañou o XXXII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey. www.farodevigo.es/ourense/2026...
farodevigo.es
«Ser escritor sempre foi o meu soño» afirma o novelista Óscar Guzmán, autor de 'Só os mortos saben a verdade'
O autor ourensán presenta este xoves na libraría Nobel a obra coa que acadou o XXXII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey
010
Reposted by Xerais
Santiago Lopo @santiagolopo.bsky.social · 22/07/2026
Se queredes saber algo máis sobre #ALinguaDosGrifóns, podedes ler a entrevista de hoxe en @nosdiario.bsky.social. Moitas grazas a Sergio Casal. www.nosdiario.gal/articulo/cul... @xerais.bsky.social
nosdiario.gal
Santiago Lopo, escritor: "A chamada lingua morta, a piques de desaparecer, será clave para o renacer da cultura"
Santiago Lopo (Vigo, 1974) logra o premio Jules Verne 2026 con A lingua dos grifóns (Xerais), unha novela xuvenil de fantasía épica nun mundo distópico. A tr...
043
Xerais @xerais.bsky.social · 23/07/2026
En palabras da autora, «os personaxes desta obra teatral afrontan conflitos dos que se chaman eternos e procuran horizontes de liberdade persoal relativos ao afán de coñecemento, a paixón, a ruptura co estabelecido, nun ambiente de tenrura e fraternidade».
000
Xerais @xerais.bsky.social · 22/07/2026
«O tipo de relación pode variar, e as persoas poden afastarse e recuperar o contacto, non sei. A vida hanos levar por camiños diferentes. Mais a rede de amor que nos conecta nunca se quebrará. Nós constuímola. E ela construíunnos a nós». "Heartstopper 6" de @aliceoseman.bsky.social
021
Reposted by Xerais
Lois Pérez @loisperez.bsky.social · 21/07/2026
Ola. Mañá presentamos «Hoxe toca Leiva?» de @xerais.bsky.social nas #uxíadas , no continente de Arousa, coa Uxía e co Carlos Blanco. E co concerto do Julián Maeso. Posibelmente o pasemos ben. Adeus💜
033
Xerais @xerais.bsky.social · 21/07/2026
Hoxe é o #DíaMundialdoCan  e para celebralo recomendámosvos historias divertidísimas cos cans máis aventureiros do mundo🐶 Cal é o voso favorito?😊 @lediciacostas.bsky.social Marta Villar, Eva Mejuto, Alicia Borrás.
010
Xerais @xerais.bsky.social · 17/07/2026
Os poemas deste libro xiran arredor desa idea de resto: árbores mortas ou catalogadas, amores en entretempo, xeracións esgotadas, linguaxes saturadas.
021
Xerais @xerais.bsky.social · 16/07/2026
Non leades estes libros se...📚🤐
000
Xerais @xerais.bsky.social · 14/07/2026
Nova edición de "O lapis do carpinteiro"📖 É o momento de reler esta novela imprescindible da nosa literatura. E, se aínda non a coñecedes, non sabemos a que estades agardando😉 @manuelrivas.bsky.social
0146
Xerais @xerais.bsky.social · 13/07/2026
«O noso foi unha historia de película, un poema de Neruda escrito na area da praia e borrado polas ondas dun temporal chamado destino». "Só os mortos saben a verdade" de Óscar M. Guzmán.
000
Xerais @xerais.bsky.social · 10/07/2026
Cando o detective Alfredo Torres aparece na residencia, Secundino Santalices descobre que o pasado sempre espera a súa oportunidade e que, ás veces, só os mortos saben a verdade.
011
Xerais @xerais.bsky.social · 09/07/2026
A aparición dun mozo inconsciente nunha reserva de aves a noite do Samaín coincide cunha serie de fenómenos estraños que se empezan a dar na vila. Celeste, a filla do ornitólogo e mais dunha investigadora da mitoloxía das aves, vai tentar descubrir que hai detrás de todo o que está a pasar
011