Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 16/01/2026👂✨ Tes as orellas preparadas? Este sábado temos "Contos para orellas abertas" na Choiva de contos! 👶 Para nenos/as de 3 a 8 anos. 🕛 12:00 h. 📍 Salón de actos. 🎟 De balde (ata completar aforo). bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... 110
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 12/01/2026🥰Ficamos agradecidas pola vosa resposta na celebración do Día da usuaria e o usuario: as bolsas sorpresa esgotáronse en 20 minutos e volvestes encher o salón de actos ata ateigalo no concertazo de @pakolas_pacocerdeira 🤘 *Etiquetádenos nas vosas fotos coas novas bolsas! 📷 000
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 05/01/2026🔮Despedimos esta edición da Choiva de contos de Nadal co espectáculo Maxia entre liñas de Dani García. Un espectáculo de maxia de peto que mestura o asombro co encanto das bibliotecas, onde os libros e a imaxinación se converten nos mellores aliados para sorprender ás crianzas. 010
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 30/12/2025Despois de arredor de 500 actividades, despedimos o 2025 con Pulpiño Viascón, músico, performance e multiintrumentista galego, que nos vai contar a historia do Apalpador a partir dunha banda sonora aventureira creada cos seus instrumentos máxicos. Ás 12h no salón de actos. 020
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 29/12/2025Continúa a Choiva de contos de Nadal esta semana cos seguintes espectáculos: · Hoxe 29/12 Hotel Paraíso a cargo de Galeatro · 30/12 O Apalpador con Pulpiño Viascón · 02/01 Do lobo un pelo con Celso F. Sanmartin ·03/01 Estrafalaria con Xarope Tulú Todos os días ás 12h! 000
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 26/12/2025Velaí van algunhas imaxes das primeiras sesións da Choiva de contos de Nadal! Lembrade que hoxe temos a Bea Campos con Un Nadal de Rizos de Ouro!🧸 bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... Agardámosvos ás 12h no salón de actos! 000
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 23/12/2025O equipo da Biblioteca Pública Ánxel Casal deséxavos que pasedes unhas felices festas! bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... 110
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 23/12/2025⛵Canta, Buguina, canta! Soprando a buguina, comezaremos a nosa viaxe nun Barquiño de Pau hoxe ás 12h. Barquiño de Pau é un espectáculo de teatro de obxectos, narración oral e música para que nenas/os de 0 a 3 anos exploren os sentidos dunha maneira amena. bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... 000
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 22/12/2025📚🎄Desde hoxe e ata o 5 de xaneiro teremos un programa especial de Choiva de contos de Nadal todos os días non festivos ás 12h. Acompañádenos e gozade das Festas na vosa biblioteca! bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... 000
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 09/12/2025💪A que non tedes un plan mellor para hoxe que unha tarde de teatro na biblio? Bravas, con Isabel Risco ás 19h con entrada libre. Animádevos! bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... 000
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 04/12/2025Esta tarde temos na #biblioteca unha clase mestra con @javierpenalopez.bsky.social sobre como escribir un podcast 📝 🕡18.30 h - recollida de entradas a partir das 18h 📍salón de actos 👥a partir de 16 anos - 30 prazas @culturagalega.bsky.social @culturausc.bsky.social @compostelacultura.bsky.socialbibliotecas.xunta.galEscribir un podcast como unha novela | Biblioteca PúblicaEste obradoiro consiste nunha clase mestra de 2 horas máis a participación das persoas asistentes a través das súas preguntas e intervencións. A tese do obradoiro é que para escribir unha novela e un ... 000
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 14/11/2025Esta tarde adéntrate no Galiverso desde a #biblioteca! Conmemoramos o Día Internacional do #Patrimonio Mundial con esta experiencia inmersiva e de realidade virtual 🕔 de 17 - 19h 👉 público a partir de 8 anos 🎟️recollida de convites a partir das 16:30h bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... 000
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 07/11/2025Comezamos mañá coas actividades do Mes da Ciencia en Galego cun espectáculo no que o mago Paco mestura dúas disciplinas, a Ciencia e a Maxia, que a priori non teñen nada en común, pero acabará demostrando o moito que se parecen e todo o que comparten bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... 000
Reposted by Biblioteca Pública de Santiago Ánxel CasalManuel Gago @magago.bsky.social · 17/10/2025Aquí tedes máis info por se queredes ler ou compartir. Xa sabedes que non hai inscrición previa: o acceso é por rigorosa orde de chegada á @bpsanxelcasal.bsky.social. bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... 171
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 08/10/2025Nas #bibliotecas públicas defendemos o dereito á liberdade a ler e posicionámonos contra a #censura Nesta infografía realizada polas compañeiras e compañeiros do Consejo de Cooperación Bibliotecaria resúmese o que significa a censura nas bibliotecas e as ferramentas que empregamos para combatila 💪 031
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 06/10/2025O 7 de outubro ás 8.30h abrimos o prazo para inscribirse no Obradoiro de iniciación á historia da Filosofía e na Aula de maiores na #biblioteca Toda a info na nosa web: bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...bibliotecas.xunta.galActividades | Biblioteca Pública 000
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 12/09/2025Mañá ás 12h na Choiva de contos teremos “As lendas do Conde Breixo”, unha peza de teatro en teatro de papel en clave de contacontos, narrada a través de Emakis e Kamishibai tradicional xaponés. Agardámosvos! bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... 000
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 10/09/2025⏰Lembrade que o luns 15 ás 8:30h comeza a inscrición! www.lavozdegalicia.es/noticia/sant...lavozdegalicia.esLa biblioteca Ánxel Casal tendrá ocho clubes de lectura al sumar el de portuguésEl día 15 de este mes se abre la inscripción 000
Reposted by Biblioteca Pública de Santiago Ánxel CasalMarta Otero Mayán @oterotuitea.bsky.social · 07/09/2025Se transcender significa algo, seguro que é algo semellante a isto ❤️🍀 'O trevo de catro follas', xa nas librarías www.laopinioncoruna.es/sociedad/202...laopinioncoruna.esO legado literario de MaríaDaniel Ugarte, compostelán residente en Bruxelas, publica ‘O trevo de catro follas’, (Ed. Morgante) coescrito coa súa muller, falecida en 2022, e promove o premio literario Trevo na súa memoria 02912
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 05/09/2025👩🍳No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Búscase unha persoa que saiba guisar e asar para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as condicións... Mañá ás 12h comeza un novo curso da Choiva de contos con Iago López e o Cociñeiro Martiño! 010
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 02/09/2025Mirade cantas actividades temos programadas xa para os vindeiros meses: contacontos, concertos, roteiros, obradoiros... bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... Comezamos o sábado ás 12 con Iago López e O cociñeiro Martiño na Choiva de contos! 010
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 29/08/2025📢Información sobre os Clubs de lectura 2025 - 2026. O vindeiro 15 de setembro ás 8:30 comeza a inscrición para os clubs de lectura 2025/2026. Toda a info na nosa web: bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... 010
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 22/08/2025Despedimos a semana cunha rolda de imaxes das nenas e nenos participantes na 5ª quenda do Campamento cultural de verán 👋 000
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 19/08/2025Velaí van algunhas imaxes da mostra / exposición A liña e o vento: lembrando a Carlos Taboada, que oranizamos na sala infantil como homenaxe polo seu pasamento. 021
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 18/08/2025📚🇵🇹 Anunciamos a creación dun novo Club de lectura en portugués para o curso 25/26. ✍️A inscrición ábrese o luns 15 de setembro ás 8:30 horas. 📍As sesións realizaránse en xoves alternos ás 19:30 nas salas de traballo do terceiro andar. bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... 041
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 11/08/2025📚💔 Adeus a Manuel Lourenzo Marchou unha voz única da nosa literatura, pero quédanos a súa palabra. Sirva esta mostra para acompañar o recordo, a lectura e a gratitude por todo o que nos deixou. Achegádevos a compartir esta homenaxe a un creador imprescindible para Galicia. 030
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 07/08/2025🤔Queredes revisar todas as novidades da nosa colección dos últimos tres meses? 🥰Pois velaí van 104 páxinas coas novas novelas, revistas, libros de coñecemento, literatura infantil, audiovisuais... www.calameo.com/read/0078866... 020
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 31/07/2025🥲Hoxe foi o último día da bolsa de formación en biblioteconomía de Inés, Paz, Roi e Alberto. 🥰Agárdalles un marabilloso futuro ben sexa vinculado ao mundo das bibliotecas ou ao que eles escollan. 👨👩👧Para nós, serán parte sempre da tribo da BPS! 010
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 30/07/2025📚✨ No campamento cultural da #BibliotecaÁnxelCasal, as crianzas descobren que ler é xogar, soñar e aprender. Historias que nacen cedo e duran toda a vida. ❤️ A lectura vive aquí. E ti? #VeránLector #LecturaTemprá #BibliotecasGalegas #Santiago 010
Reposted by Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal 𝔹𝕒𝕞𝕚𝕕𝕒𝕝𝕒 🌵💬🐴 #comics #zines @bamidala.bsky.social · 30/07/2025Qué guay. Ojalá más y más secciones de fanzines en todos lados 🔥🔥🔥 061
Reposted by Biblioteca Pública de Santiago Ánxel CasalO Calviño @kalvinger.bsky.social · 29/07/2025Aí hai polo menos 3 fanzines de Baixo Terra👀👀 071
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 29/07/2025📢 Estreamos sección de Fanzines na biblioteca! A Biblioteca Pública Ánxel Casal amplía o seu fondo coa incorporación dunha nova sección dedicada aos fanzines, publicacións independentes e autoeditadas que reflicten a creatividade máis libre e diversa. bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... 03821
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 24/07/2025⚠️ Lembrade que a biblioteca non abre mañá pola festividade do Apóstolo. Desfrutade das festas, das comparsas dos cabezudos e dos concertos e vémonos o vindeiro luns! 010
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 16/07/2025Onte despedimos á cativada da 2ª quenda do Campamento cultural de verán e hoxe xa comeza a terceira! 010
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 15/07/2025A Editorial Galaxia leva acompañándonos 75 anos e queremos conmemoralo cunha mostra bibliográfica que amose as coleccións e as autoras e autores que interviron no seu éxito editorial. Podedes visitar a exposición Un mar de estrelas no vestíbulo ata o mes de setembro. 100
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 08/07/2025🌞Veña! Imos compartir algunhas imaxes da 2ª quenda do Campamento Cultural do verán! 000
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 02/07/2025⚡️Renovamos as mostras bibliográficas para o verán! Todos os boletíns coas obras incluídas no noso perfil de Calameo: sites.google.com/view/bps-bol... @exposliterarias.bsky.socialmedia.tenor.coma person is pushing a stack of books on a table and one of the books has the letter t on itALT: a person is pushing a stack of books on a table and one of the books has the letter t on it 131
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 01/07/2025Co mes de Xullo chega o horario de verán: · De luns a venres de 08:30 a 14:30 · O préstamo remata ás 14.15h bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... 000
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 30/06/2025❤️🌈Na biblioteca Ánxel Casal sumámonos un ano máis á celebración do Día do Orgullo cunha escolma variada de ítems de temática LGBT na mostra que podedes visitar no 2º andar: Ama con orgullo bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... 020
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 27/06/2025Mañá despedimos a Choiva de contos ata setembro coa historia de Garavanciño da man de Sara Cruz. Acompañádenos na última contada do curso! bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... 000
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 24/06/2025🌞Onte comezou o Campamento Cultural de Verán da BPS! Un proxecto de 53 días, divididos en 6 quendas, que ofrecerá lecer e cultura en galego a nenas e nenos de 120 familias facilitando así a súa conciliación durante as vacacións! #PlanCorresponsables 000
Reposted by Biblioteca Pública de Santiago Ánxel CasalReal Academia Galega @realacademiagalega.bsky.social · 20/06/2025A RAG dedicaralle as #LetrasGalegas2026 a Begoña Caamaño (1964-2014). O vindeiro 17 de maio celebraremos a narradora que revisitou os mitos desde a ollada feminista e mais a xornalista, nun momento en que urxe reivindicar o xornalismo en galego. academia.gal/-/a-real-aca...academia.galA Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña CaamañoA institución celebraránbspo ano que vén unha autora que cultivou a literatura e o xornalismo como instrumentos para a reflexión e a acción 15222
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 20/06/2025👦🐕😺🐓Mañá na Choiva de contos mergullámonos no @FestAtlantica da man de Paula Carbonell con "Un neno, un can, un gato e un pito" *Contacontos en castelán. Ás 12h no salón de actos. Agardámosvos! 000
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 13/06/2025Mañá sábado na Choiva de contos, Marisa Irimia traenos os Contos lareteiros: contos de sabores, olores e sons, contos chegados doutros lares, contos doutros tempos e outras falas, contos de risas e cancións, contos.. bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... 000
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 13/06/2025Hoxe cedemos o espazo á Asociación ROGA Colectiva para realizar unha xornada na que se abordará o fenómeno do éxodo rural en Galicia desde diversas perspectivas, recoñecendo tamén a relevancia e o impacto do mundo urbano nas nosas vidas. bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... 010
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 12/06/2025Co segundo roteiro sobre a muralla de Compostela, rematamos a programación de actividades para persoas adultas ata a volta do verán. Cargade as pilas para a volta, que xa estamos a traballar nun cuatrimestre ben completo! 010
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 11/06/2025Repetimos hoxe ás 18:30h o roteiro Compostela, cidade amurallada tralo éxito da pasada semana. Lembrade: 🎟️ entradas dispoñibles desde ás 18h para as persoas que estean na cola 🚶♀️ unha entrada por persoa (non é posible reservar prazas) bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... 000
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 10/06/2025Formularios abertos desde as 8:30: QUENDA 1 (23 AO 30 DE XUÑO): bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... QUENDA 2 (DO 1 AO 15 DE XULLO): bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... QUENDA 3 (DO 16 AO 31 DE XULLO): bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...bibliotecas.xunta.galFormulario de inscrición na 1º quenda do Campamento cultural de verán. Do 23 ao 30 de xuño (6 días) | Biblioteca Pública 100
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 09/06/2025📢Mañá ás 8.30h abrimos os seis formularios para cada unha das quendas do Campamento cultural do verán! 📌As prazas serán outorgadas por estrita orde de chegada ☎️ Confirmaremos telefonicamente as prazas obtidas e mediante mail as da lista de agarda bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/... 000
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal @bpsanxelcasal.bsky.social · 06/06/2025🐈Mañá na Choiva de contos recibimos a @solefelloza.bsky.social e os "Contos Michiños" do seu gato Nuno; as súas pequenas trapalladas convertidas en contos cheos de humor, tenrura e algunha que outra reflexión miúda sobre o mundo dos humanos. 020