Sign in

Leticia (ptdiletante noutras redes)

@letibe.bsky.social
140 followers 154 following 324 posts

Mestra de infantil (tardía e novata) sen vocación e antisistema (educativo). Nai (histérica) de tres alumnos dos que abren furados nel -para que entre o aire e a luz-. Anticapacitista: a inclusión non se fai soa.

PostsRepliesMedia
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 30/09/2026
Seguimos para bingo: despois de reclamación e conversa con asistencia social, alta domiciliaria con asistencia ambulatoria. Onte. Hoxe crise de axitación, e a médico de urxencia a manda de novo ao hospital porque non está para asistencia ambulatoria. Insisto, a unha paciente terminal de 94 anos.
120
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 29/09/2026
"Non é infradotación, é inhumanidade", capítulo n: despois de ofrecer hospitalización domiciliaria, solicitar enderezo e tempo para a xestión, probar a reacción aos parches de fentanilo, ... onte alguén informou á familia que nunca fora candidata a tal cousa e que entenderamos mal e que para casa.
160
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 20/09/2026
Un mes despois houbo que volver a urxencias por dor insoportable (aínda sen o TAC prescrito no 1o ingreso, que ía ser en 10 días): sospeita de tumor linfático inoperable. Todo o que lle pautan para a dor é paracetamol e ibuprofeno. Síntoo, pero iso non é privatización, é xerontofobia e inhumanidade.
184
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 18/09/2026
Levo máis de hora e media escribindo e mandando Abalares ás familias. Menos mal que teño unha titoría pequeniña.
220
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 31/08/2026
Miña nai tivo un así, ao que ía con medo de que lle rifase. Aínda hoxe non conseguín convencela de que se non as trataba ben non era non médico, por moito que o seu criterio clínico fose bo.
040
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 24/08/2026
Highlights do verán: a eclipse e conseguir meter a familia enteira (dous adultos, dous adolescentes xigantes, un preadolescente) nin fotomatón e saír todos na foto (máis ou menos).
120
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 21/08/2026
Non me facedes caso: ollo aí a esa camisa (e ese pichi) cun estampado que tanto se levaba en Eaton Place en 1910 como nas tapizarías da lista de voda de meus pais en El Pote hai 50 anos.
Fotograma de Elizabeth en Upstairs Downstairs onde se aprecia un estampado de camisa op-art en patrón de lunares e raias blancos e laranxas.
031
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 19/08/2026
Humildade cero: adoita pasarme coa maioría do que escribo pasado o tempo (de feito, adoito alucinar de que eu fose quen de escribir iso). Por iso teño tanto medo a que sexa unha merda gordísima: non serei eu quen o detecte.
111
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 18/08/2026
Pois finalmente non me resistín a reler La noche del eclipse: enganchoume como aos doce ano e fascinoume case tanto (iso si, nivel de vocabulario moi exixente). Non sei a que espera Netflix para facer a seriaza de fantasía que hai aí.
020
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 18/08/2026
Teño tres fillos, un deles dependente. Asumín o risco de non traballar ata que o pequeno tivo 6 e saíume ben (de casualidade). Desde que traballo temos máis cartos, pero vivimos ben peor, e iso que as necesidades de crianza minguaron moito. Creo foi correcto pero non llo recomendaría a ninguén.
120
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 14/08/2026
Da saturación de urxencias, nada que non saibades: máis de cinco horas de espera para ver o médico unha persoa de 93 anos con convulsión e perda de conciencia (e ningunha dignidade na espera). Pero é incrible como se dá por feito que todo paciente ten alguén que o acompañe e se faga cargo.
272
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 12/08/2026
Todo o hype da eclipse era pouco.
020
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 12/08/2026
Espero só isto nas vosas cestas de picnic para esta tarde.
Portada do libro "La noche del eclipse" de Joan Manuel GisbertBandexa de medias noites.
010
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 12/08/2026
Non hai moito puxen unha reclamación porque estando nunha exposición cos meus fillos (10 e 12 anos) o garda de seguridade dedicouse a perseguilos a un metro de distancia por toda a instalación sen que eles estivesen facendo nada diferente ao resto do publico. Pero a "niñofobia" non existe.
110
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 08/08/2026
Isto sempre: o STEM máis accesible e o máis infravalorado do mundo.
010
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 05/08/2026
Sei que non é o crucial, pero habería que ver as cifras da evolución das medidas disciplinarias neses centros. Se eses métodos "funcionasen", as medidas serían cada vez menos necesarias, non? E non só porque marche o alumnado que non pode cumprilas. (Ou sexa, se imos á evidencia imos con todo)
031
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 31/07/2026
Hoxe roubo de bebés e tráfico de influencias!
000
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 30/07/2026
Por unha serie de acontecementos, estamos vendo en familia Arriba e Abaixo, a serie do 71 (por desgraza sen dobraxe galega). Levamos oito capítulos e: suicidio, adulterio feminino, homosexualidade, espionaxe, embarazo e aborto clandestino. E aínda quedan catro tempadas e media!
161
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 30/07/2026
O carriño de xeado é Hagen Dazz enteira, as fábricas, os almacéns e as tendas todas.
000
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 30/07/2026
Exactamente a isto me refería o outro día, aplicándoo ao sistema educativo pero moi consciente de que vale en xeral para todo: o contexto e as condicións teñen que facer doado facelo ben. O contrario non se sostén.
022
Reposted by Leticia (ptdiletante noutras redes)
Colectivo DIME+ @colectivodime.org · 28/07/2026
"El Premio Nacional de Discapacidad Reina Letizia de defensa de los derechos humanos de las personas con discapacidad ha recaído en Rubén Calleja, por constituir un ejemplo paradigmático del mejor activismo de defensa del derecho a la Educación inclusiva. ¡Enhorabuena, Rubén!" (Quererla es Crearla)
043
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 16/07/2026
Moito que dicir sobre isto de @dadedo.bsky.social: elpais.com/educacion/20... En primeiro lugar, a norma en Galicia e en primaria di que se escolle nivel (que non grupo) por antigüidade cando non hai acordo coa proposta de xefatura de estudos.
elpais.com
¿Quién decide quién le da clase a tu hijo?
La rueda por escalafón como sistema de reparto y otras formas de poner el corporativismo por encima de la pedagogía
241
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 12/07/2026
Que bonito -e que certo- isto que di Fernández Savater da necesidade de inventarmos nas escolas espazos e tempos para conspirar no sentido de respirarmos xuntos. www.elsaltodiario.com/pensamiento/...
elsaltodiario.com
Amador Fdez-Savater: “No cambiamos porque nos expliquen lo que está bien, cambiamos cuando algo toca el deseo”
Este `filósofo pirata` madrileño ha publicado `La batalla del pensamiento`, un compendio de ideas, reflexiones y textos de agitación que recorren los últimos años de militancias y conspiraciones (en p...
000
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 11/07/2026
"Non abonda, logo, con cambiar o discurso nin pedirlle ao profesorado que asuma individualmente unha transformación que é sistémica. Cómpre cambiar as condicións, as estruturas e as culturas profesionais que fan posible, ou imposible, este novo propósito educativo", por escoller unha cita.
000
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 11/07/2026
A todo isto, pretendo engadir ao club de lecturas docentes un cineclub para compartir co outro centro educativo do concello. Agradécense tamén propostas de pelis sobre educación, profes, alumnado e demais parentes que dean para debate compartido entre primaria e secundaria! #ComEdu
143
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 30/06/2026
Agora necesito o estudo que refute a miña teoría de que a piña sabe a pis.
110
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 16/06/2026
Todo este fío, pero sobre todo iso: discapacidade intelectual e trastorno mental son al últimas fronteiras da humanidade, esas que serven para reafirmar a túa propia (e de feito as ese capacitismo non escapa nin o propio mundo disca).
020
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 05/06/2026
O primeiro que lle dixen á avoa en canto comuniquei o meu primeiro embarazo: "vas ter un bisneto e o bebé non se vai bautizar". Miroume asustadísima, sabendo que non había negociación posible, pero sen querer renderse: "Pero nome poñeredeslle algún?".
000
Reposted by Leticia (ptdiletante noutras redes)
Elena Ferro @eferro.bsky.social · 25/05/2026
L’aposta per una escola inclusiva és una decisió ètica, no tècnica. #eduCat secundariaxatothom.wordpress.com
01511
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 25/05/2026
"Más del 70% de las familias considera que sus aportaciones no son tenidas en cuenta." O outro 30% xa non facemos achegas de pura frustración e impotencia. (Iso si, non podía faltar na nova, que é demoledora, que a solución pasa pola "liberdade de renunciar ao dereito á educación inclusiva")
041
Reposted by Leticia (ptdiletante noutras redes)
Elena Ferro @eferro.bsky.social · 23/05/2026
5/7 Podem discutir com ho fem, quin ho fa, quan i on, què convé més, però no és acceptable sacrificar alegrement el futur i el benestar d'una part de l'alumnat. L'escola no pot ser un entorn tan hostil que obligui a moltes famílies a acceptar que sí, millor separats a un altre lloc. 🥺
153
Reposted by Leticia (ptdiletante noutras redes)
Praza Pública @praza.gal · 08/05/2026
👶🏻🟡 'Marea amarela' pola educación infantil ata os tres anos: "A gratuidade non pode construírse sobre a precariedade" 📢 🙋‍♀️ Folga e mobiliacións das educadoras das escolas infantís en Galicia para exixir "condicións dignas" e unha "rede pública de calidade" praza.gal/acontece/fol...
praza.gal
Folga na educación infantil ata os tres anos: "A gratuidade non pode construírse sobre a precariedade" - Praza Pública
O primeiro ciclo de Infantil vive unha xornada de folga para "exixir condicións dignas e unha rede pública de calidade". O paro, convocado por CCOO en todo o Estado e impulsado tamén pola Plataforma…
062
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 08/05/2026
Non me fagades demasiado caso, pero facédeme un pouco de caso. www.nosdiario.gal/articulo/cul...
nosdiario.gal
Leticia Barbadillo, escritora: "A infancia vive nun mundo no que todo é raro, polo que non hai ese xuízo inicial ao diferente"
Leticia Barbadillo (A Coruña, 1983) constrúe en Timbrol e a pega (Xerais) unha obra que reivindica a diferenza e pon en valor a identidade como un elemento e...
000
Reposted by Leticia (ptdiletante noutras redes)
Xerais @xerais.bsky.social · 21/04/2026
Isto é mañá!
011
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 20/04/2026
Na educación física vese claramente todo o que vai mal na avaliación e calificación escolar. Porén, iso é exactamente así para todas as asignaturas, que dependen do noso capital cultural tanto como do noso potencial cognitivo e por iso hai que eliminar os estándares e procurar o progreso individual.
120
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 11/04/2026
Acabo de descubrir que o meu fillo de trece anos escribe traxedia grega por pracer e cun xeito apirolante: a vocación (no meu caso frustrada e secreta) de dedicarse á filoloxía clásica como maldición familiar. Quen contaba?
000
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 24/03/2026
E aquí unha das chaves de todo, especialmente no de discapacidade intelectual e trastornos psiquiátricos graves, fronteiras infranqueables da otredade.
020
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 26/02/2026
Hoxe en "a escola pública non sabe venderse" mestras de infantil en mandilón limpando a cristaleira da sala de usos múltiples onde se fan as portas abertas.
010
Reposted by Leticia (ptdiletante noutras redes)
Manuel F. Herrador @manuelfherrador.eurosky.social · 23/02/2026
Por un ensino público e de calidade! Manifestación na Coruña, sábado 28 de febreiro ás 11, dende a praza de Ourense ata o Parrote
Cartel da manifestación por un ensino público digno e de calidade
28 de febreiro / A Coruña
Saída praza Ourense / 11:00
Percorrido: ata o paseo do Parrote

QUÉ ESTÁ A PASAR?
Aulas masificadas con ratios excesivas.
Profesorado sobrecargado e sen recursos suficientes.
Falta de especialistas e persoal de apoio e coidados.
Atención insuficiente ao alumnado con NEE e NEAE.
Instalacións avellentadas e perigosas.
Problemas de limpeza e salubridades.
Graves carencias de accesibilidade nos centros.

MOBILIZÁMONOS PORQUE:
As ratios legais non garanten atención educativa nin inclusión real.
Os recursos humanos son insuficientes e inestables.
O alumnado con NEE e NEAE non recibe apoios suficientes.
O mantemento depende da urxencia, non da planificación.
Familias e profesorado están asumindo responsabilidades que corresponden ás administración.

VÉMONOS NA RÚA. Defendamos a escola pública.

NON PEDIMOS PRIVILEXIOS. ESIXIMOS DEREITOS. A EDUCACIÓN PÚBLICA É FUTURO.

ANPAs. Federación Provincial de Centros Públicos de A Coruña.
11913
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 18/02/2026
Pois non sei a de veces que teño visto O segredo da pirámide e é as primeiras vez que vexo o epílogo que fai que toda a peli sexa a xénese de Moriarty. (Tamén, de todos os filmes da miña infancia e xuventude que estou revisando coa prole, é das que mellor soportan o paso do tempo con diferenza).
010
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 04/02/2026
Hai unha araña desas con pelos nas patas instalada desde hai dous días na xunta do teito coa parede da bañeira. Púxenlle de nome Ariadna para que saiba que lle teño lei e non me ataque mentres me ducho.
100
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 31/01/2026
A escola neutral está ao servizo do mal.
010
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 23/01/2026
Pequeno lembrete de que, como familia, tes toda a potestade do mundo para non mandar as crianzas á escola se consideras que hai risco malia que non se suspendan clases. Cinco ou seis sesións sen xustificar (e está por ver, que ás veces non hai xeito de chegar) son máis asumibles que unha desgraza.
110
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 14/01/2026
Non por hate, que o fío é necesario, pero é importante matizar que tamén se pode ter AACC e ter éxito académico (de feito o talento académico esta tipificado, como o artístico ou o deportivo). Que ás veces, por ter que eliminar uns estereotipos creamos outros.
010
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 04/01/2026
Estame molando tantísimo o proxecto que estou escribindo que teño moitas dúbidas de que sexa unha merda gordísima. Así, mentres o mundo tal e como o coñecemos cae ao cachos. Hoxe fun nadar, que diría Kafka.
241
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 30/12/2025
Unha das cousas máis divertidas que me pasan cando escribo é que descubro que sementei cousas que non sabía para que estaba sementando pero despois resulta que eran útiles. Un pouco como o chiste da guillotina e a ferramenta sorpresa que nos axudará máis tarde.
110
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 22/12/2025
E esencialmente un falabarato.
000
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 20/12/2025
Mediano (13) pediu de agasallo unha edición específica de Crime e castigo porque segundo ChatGPT encaixa no estudo sobre patróns narrativos que está elaborando porque si. Pequeno (10) anda a escribir unha "distopía postapocalíptica". Se ademais fixesen a cama, pensaría que mallei a maternidade.
010
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 17/12/2025
Facendo contas, este trimestre deixei de gañar pola folga 425€. A iso hai que engadirlle 58€ en croasáns para facilitarlles a vida as compañeiras (porque esquirois si, pero non querería facer eu dúas xornadas de garda na semana antes de vacacións) e 10€ en candeas. Hai quen deixa menos en drogas.
010
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 08/12/2025
Río/choro en mestra de infantil.
051