Sign in

Leticia (ptdiletante noutras redes)

@letibe.bsky.social
141 followers 154 following 331 posts

Mestra de infantil (tardía e novata) sen vocación e antisistema (educativo). Nai (histérica) de tres alumnos dos que abren furados nel -para que entre o aire e a luz-. Anticapacitista: a inclusión non se fai soa.

PostsRepliesMedia
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 16h
Sei que o velorio público ten unha función, pero non me decido se é a de fixar o relato da vida e morte da persoa a base de contalo mil veces ou a de levar o corpo e a cabeza dos familiares ao esgotamento para vencer os bloqueos e deixar saír a tristura toda.
110
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 03/10/2026
Moltes gràcies!
000
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 03/10/2026
Morrer é feo sempre. Morrer nun contexto de turbocapitalismo que desmantela a sanidade e produce que a única maneira de sobrevivir como profesional nela sexa a deshumanización absoluta e desprofesionalización é infame.
101
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 03/10/2026
Unha máis: onte a médico plantea sedación se hai máis atragantamentos, alteracións ou necesidade de medicamento inxectado nun. Deixa esas instrucións. Consentimos. Prodúcense as tres cousas. A médico de hoxe decide agardar. Dúas horas despois ten un afogo coa flema. O de evitar sufrimento, xa tal.
100
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 03/10/2026
Non pasou polo CHUAC máis que para Urxencias, estivo no Materno que tamén é cómodo e tranquilo, se ben foi onde se decidiu -contra a nosa opinión- darlle un alta ambulatoria cando ao día seguinte resultou que necesitaba paliativos e dous días despois a médico viu claro que o mellor era sedala.
010
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 02/10/2026
Pois despois de todas as non profesionais inhumanas que atopamos polo camiño, hoxe por fin alí demos cunha profesional humana. Grazas por preguntares.
110
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 02/10/2026
La hija única, de Guadalupe Nettel. 😬
110
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 01/10/2026
Dixéronnos que non cumpría criterios (pensamos que por non ter nese momento medicación intravenosa). Agora está en paliativos e a ver se alí consiguen que polo menos estea tranquila.
120
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 30/09/2026
Seguimos para bingo: despois de reclamación e conversa con asistencia social, alta domiciliaria con asistencia ambulatoria. Onte. Hoxe crise de axitación, e a médico de urxencia a manda de novo ao hospital porque non está para asistencia ambulatoria. Insisto, a unha paciente terminal de 94 anos.
230
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 29/09/2026
Do de que "lle chegase" con paracetamol pero o seguinte nivel sexa o fentanilo xa falamos outro día.
031
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 29/09/2026
Preciso: que non exista praza nese servizo para quen o necesita é infradotación. Facerlle luz de gas á filla dalguén que está morrendo para ocultar esa infradotación é inhumanidade: como non tes abondo con que túa nai estea morrendo sen que poidamos aliviarlle a dor ímoste facer sentir imbécil.
130
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 29/09/2026
"Non é infradotación, é inhumanidade", capítulo n: despois de ofrecer hospitalización domiciliaria, solicitar enderezo e tempo para a xestión, probar a reacción aos parches de fentanilo, ... onte alguén informou á familia que nunca fora candidata a tal cousa e que entenderamos mal e que para casa.
160
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 20/09/2026
Un mes despois houbo que volver a urxencias por dor insoportable (aínda sen o TAC prescrito no 1o ingreso, que ía ser en 10 días): sospeita de tumor linfático inoperable. Todo o que lle pautan para a dor é paracetamol e ibuprofeno. Síntoo, pero iso non é privatización, é xerontofobia e inhumanidade.
184
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 18/09/2026
O meu home cando me ve así sempre me di: a titora dos nosos fillos non mandaba tantos Abalares. O que se ven traducindo en: es unha matada.
110
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 18/09/2026
Eu son de infantil e intento despois da primeira semana de curso informar as familias como vai indo a rentrée. É un xeito de construír confianza e darlles tranquilidade. Moitas fan explícito o seu agradecemento. Pero cunha hora de atención á familias a semana xa me sae a devolver nun grupo de 12.
110
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 18/09/2026
Levo máis de hora e media escribindo e mandando Abalares ás familias. Menos mal que teño unha titoría pequeniña.
220
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 08/09/2026
Xa que estaba púxenme a fisgar e nos centros de emprego entre 100 e 300 traballadores é obrigada a presenza de persoal de enfermería 18 horas á semana. Con máis de 300, tamén persoal médico. Neses dous rangos andarán o 90 por cen dos centros de ensino, pero as crianzas non teñen dereitos laborais.
031
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 08/09/2026
Hai anos, o meu preparador de opos (alguén metido na pomada da formación) contounos -non sei con canta fiabiliadae- que estaba estudado o custo de implantar enfermeiras escolares e era relativamente asumible, que o que no quería asumir as Consellería era o risco de que non houbese volta atrás.
231
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 06/09/2026
Concordo: a miña percepción (absolutamente subxectiva) é que entre os mestres, o comezo do cambio metodolóxico comeza case sempre pola transformación en matemáticas (ben, e por infantil).
030
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 02/09/2026
Eu co pequeno, entre o ano e os tres, que tiña un gorro de praia de flores coral e laranxa, mil veces: chámase ..., é un neno. E mil veces a resposta: "É tan guapo que parece unha nena" 🤔
010
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 31/08/2026
Miña nai tivo un así, ao que ía con medo de que lle rifase. Aínda hoxe non conseguín convencela de que se non as trataba ben non era non médico, por moito que o seu criterio clínico fose bo.
040
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 24/08/2026
Agora que o penso case é máis apirolante que conseguisemos saír do propio fotomatón que na foto. 😅
010
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 24/08/2026
Highlights do verán: a eclipse e conseguir meter a familia enteira (dous adultos, dous adolescentes xigantes, un preadolescente) nin fotomatón e saír todos na foto (máis ou menos).
120
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 24/08/2026
E non saíu o de que os uniformes das nenas teñen que ter saia "porque a ellas les gusta más"? (Tiven demasiadas veces esa discusión na antiga escola -pública pero con uniforme voluntario para parecer concertada- dos meus fillos, nunca houbo maneira)
110
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 21/08/2026
Non me facedes caso: ollo aí a esa camisa (e ese pichi) cun estampado que tanto se levaba en Eaton Place en 1910 como nas tapizarías da lista de voda de meus pais en El Pote hai 50 anos.
Fotograma de Elizabeth en Upstairs Downstairs onde se aprecia un estampado de camisa op-art en patrón de lunares e raias blancos e laranxas.
031
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 21/08/2026
O meu sogro (certo que estaba enfermo) directamente deixou avisado que había unha carpeta no ordenador coas cousas que se podían precisar cando morrese. Un dos arquivos era o texto da esquela xa escrito (o que facilitou moito saber se quería misa ou non e a quen quería mencionar).
010
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 21/08/2026
En Galiza xa levamos dous cursos con instrucións de "neutralidade ideolóxica", outra cousa é que as ninguén lle interese o que pasa aquí.
110
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 21/08/2026
Pois grazas ao ambos os dous pola explicación o os exemplos!
020
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 20/08/2026
Pois teño dúbidas xusto con ese exemplo de liaison, ao tratarse o en final galego dun ene velar (fóra daquí acusábanme de dicir "camióng" e "jamóng") que corta a esa continuidade -e diría que os paleofalantes non a fan-. E das sílabas e acentos, nin idea.
220
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 19/08/2026
In my case I'm only able to write it if it's goog enough in my head 😅, but not as in "now its ready to be written" but as in "I know where I'd like to go: let's write to there". I'm not sure that makes sense.
010
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 19/08/2026
Humildade cero: adoita pasarme coa maioría do que escribo pasado o tempo (de feito, adoito alucinar de que eu fose quen de escribir iso). Por iso teño tanto medo a que sexa unha merda gordísima: non serei eu quen o detecte.
111
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 18/08/2026
Pois finalmente non me resistín a reler La noche del eclipse: enganchoume como aos doce ano e fascinoume case tanto (iso si, nivel de vocabulario moi exixente). Non sei a que espera Netflix para facer a seriaza de fantasía que hai aí.
020
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 18/08/2026
Teño tres fillos, un deles dependente. Asumín o risco de non traballar ata que o pequeno tivo 6 e saíume ben (de casualidade). Desde que traballo temos máis cartos, pero vivimos ben peor, e iso que as necesidades de crianza minguaron moito. Creo foi correcto pero non llo recomendaría a ninguén.
120
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 17/08/2026
E ademais desas perlas (e de ter que explicarlles aos fillos quen foi Valerio Lazarov) mola moito ver como a moda dos setenta de cola no vestiario de principios de século: eses botóns, esas solapas, eses vestidos laranxas e amarelos con estampados psicodélicos...
020
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 17/08/2026
A primeira mellor frase da serie, xa que preguntades, é: "Hemorroides, meu amigo! Esas foron as verdadeiras heroínas de Waterloo. Foron as hemorroides que sufría Napoleón o que determinou a batalla"
120
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 17/08/2026
Hoxe (grazas a un atentado sufraxista) puidemos escoitar a segunda mellor frase da serie, un home dicindo "Non teño ningún interese personal no asunto (o asunto era sacar as sufraxistas do cárcere para poder ligar cunha delas), eu xa teño dereito ao voto".
120
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 17/08/2026
A resposta a "Hai déficit de prazas (de aparcamento)" sempre debería ser: hai exceso de vehículos privados.
040
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 14/08/2026
Efectivamente, está deseñado (e financiado) tan en mínimos que só funciona con recursos humanos extraordinarios, co custo que iso ten (sobre todo en calidade asistencial para quen non conta con eles).
020
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 14/08/2026
É terrible. Neste caso o peor foi a espera en urxencias: que lle a poñan a alguén unha cuña diante de toda unha sala de espera, que despois pidas catro veces que lla quiten e tarden máis de corenta minutos e por iso estea toda mollada ata que alguén ten a sensibilidade de cambiala. Un horror.
020
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 14/08/2026
Menos mal de #miabuelamaruja sendo tan si mesma como sempre. "Letuchiña, para hacerme el TAC me metieron la cabeza en un horno, pero poquito".
120
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 14/08/2026
Tamén vos digo que para unha vez que trasnoito en lustros, xa me proe que sexa pra estar no CHUAC. Que desperdicio!
120
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 14/08/2026
Da saturación de urxencias, nada que non saibades: máis de cinco horas de espera para ver o médico unha persoa de 93 anos con convulsión e perda de conciencia (e ningunha dignidade na espera). Pero é incrible como se dá por feito que todo paciente ten alguén que o acompañe e se faga cargo.
272
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 12/08/2026
Todo o hype da eclipse era pouco.
020
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 12/08/2026
Espero só isto nas vosas cestas de picnic para esta tarde.
Portada do libro "La noche del eclipse" de Joan Manuel GisbertBandexa de medias noites.
010
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 12/08/2026
E aínda así a min si me preocupa que haxa espazos cuxa promoción sexa explicitamente a ausencia de crianzas. Existen moitas exclusións en moitos tipos de locais, a inmensa maioría por poder adquisitivo, pero non se toleraría que se publicitasen como "Pobres free", aínda que fose un só no mundo.
000
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 12/08/2026
Non hai moito puxen unha reclamación porque estando nunha exposición cos meus fillos (10 e 12 anos) o garda de seguridade dedicouse a perseguilos a un metro de distancia por toda a instalación sen que eles estivesen facendo nada diferente ao resto do publico. Pero a "niñofobia" non existe.
110
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 10/08/2026
Sinto que non haxa gana de entender: non podo insistir máis en que non xulgo os usuarios senón os perigos do modelo. É a miña perspectiva, distinta da túa, sen máis. Por certo, son mestra de infantil e nai de familia numerosa, non creo que haxa moito que explicarme do que poden saturar os nenos.
100
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 10/08/2026
Socialmente problemático: transmite as idea de que a infancia é inherentemente molesta e de que as súa atención é opcional.
100
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 10/08/2026
Discrepo no de que non fai dano a ninguén: o seu modelo de negocio (é claramente hai un sector de mercado, por moito que sexa minoritario) non é outro que a ausencia de infancia. A min iso paréceme socialmente problemático, por moito que poida entender decisións individuais ao respecto.
201
Leticia (ptdiletante noutras redes) @letibe.bsky.social · 10/08/2026
Por iso falaba de exclusión explícita. Outra cousa é que o xeito do sitio non convide a ir con nenos, igual que non levaría á miña avoa de 93 a un parque multiaventura.
100