Sign in

o Marcos Tesouro Montecelo

@omtesouro.bsky.social
28 followers 45 following 79 posts

De como un rapaciño de Ourense acaba vivindo da meteoroloxía ou nas nubes, vai ti a saber...

PostsRepliesMedia
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 08/10/2026
Deixounos Beiras 😪 Un referente politico para min que me inspirou para entrar en política no seu momento e, quizais, me volva a inspirar para saír desta excedencia na que estou para defender o que el defendeu en vida e polo hai que loitar hoxe en dia Que a terra lle sexa leve!
030
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 07/10/2026
Todas e todos somos MariCarmen!!! Que a terra lle sexa leve
000
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 01/10/2026
Ala foi setembro e creo que se nota que estiven de vacacións, non si? Porque, como podes ver, o número de páxinas lidas non é despreciable, asi que, se queres, botar un rato ti tamén con elas podes preguntar polo que queiras e xa che conto para leres... #ler #lectura #libros #literatura #cultura
000
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 18/09/2026
Ah, e como podes supoñer, algún libro caeu (e marcapáxinas e imáns), tanto en agasallados recibidos coma feitos; sen esquecer o autoagasallo dun par de libros antigos relacionados coa meteoroloxía e que pasarán a formar parte da miña colección particular da especialidade...
001
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 18/09/2026
Polo tanto, eu de ti, sexas lectora ou lector ou non, non perdería a oportunidade e iría a pasar o día por alí nalgún momento...
100
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 18/09/2026
E si, o que les, feito inédito, e onde cada unha delas ten a súa especificidade e encanto; completándose a súa oferta local con museos máis que interesantes...
100
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 18/09/2026
Seguimos aproveitando as vacacións e non se podía deixar pasar a oportunidade de facer un turismo distinto, de interior, na planicie castelá, e achegarse a visitar unha "cidade" medieval dentro da muralla e que destaca por ter dentro dela máis librarías que bares e restaurantes...
120
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 03/09/2026
Rematou agosto e para min comeza o meu descanso vacacional, pero no que non descanso é na miña lectura, como podes ver coa boa colleita deste mes que me permitiu levalo un pouco mellor e da cal podes tomar nota do que consideres oportuno... #ler #lectura #libros #literatura #cultura
000
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 08/08/2026
Dame a min que xa teño vistas para a eclipse deste mércores...
000
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 02/08/2026
Comezado un novo mes, nada mellor que resumirche as miñas lecturas do anterior, xullo, coas que puiden evadirme un pouco da rutina e viaxar por outros lares, sobre todo o que rematou en Olar a conta do Rey Gudú, e das que podes tomar nota se che apetece... #ler #lectura #libro #cultura
010
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 25/07/2026
DÍA DA PATRIA GALEGA!!! DÍA DA MATRIA GALEGA!!! youtu.be/hmXAB9rvFWE?...
youtu.be
Himno de Galicia (Subtitulado)
YouTube video by OLaioDosEirin
031
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 09/07/2026
Pasou o día e pasou a romeria, seica, mais non para min porque, despois dunhas cantas horas, aínda manteño no corpo todo o agrado producido polos #IronMaidenlPasou no seu concerto de Lisboa, a pesar do tute de viaxe para gozar deles, pero como se soe dicir, "sarna con gusto non pica"
000
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 01/07/2026
Foise xuño e con el outro lote de libros lidos e que aquí che mostro por se tes a ben ler algo neste verán e che apetece coller ideas E se me permites unha recomendación apunta #Amarga, da miña gran compi destriper @juliagebhard.bsky.social porque merece moito a pena #ler #lectura #libros #cultura
031
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 20/06/2026
Un pracer coñecer a @miguelrobledo.bsky.social, felicitalo polo seu gran traballo en @airaeditorial.bsky.social , entre outros, e que che asine a lámina agasallo de @airadasletras.bsky.social E con isto, ata o ano que ven, a ver se un chisco mellor e menos calor...
000
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 20/06/2026
Non podía faltar o saudar e pasar un bo rato charlando de libros e escritura coa grande e simpatiquísima #MartaVillar, que ali estaba coa súa Ferruchi e demáis libros
100
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 20/06/2026
2.- A #CarnePicada de #AdrianBokas de @airaeditorial.bsky.social que me chamou a atención cando o vin o outro día no #Leocho da #Galega 3.- O #PactoDeSilencio de #AnaVieitez de @xerais.bsky.social ao que ía a pé feito mercar dado o ben que se está a falar del
110
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 20/06/2026
e asi o fixen para ver que se cocía por alí, nunca mellor dito con este día tan ourensán; e, como non, traerme algo de lectura para casa, como se non tivera nada que ler 😂: 1.- A recomendación que desde a @librariacartabon.bsky.social me fixeron con #AGranNovelaGalega de @cequelinhos.bsky.social
100
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 20/06/2026
Non podía deixar sen pasarme pola #FeiraDoLibro de #Ourense das @librariasgal.bsky.social a botar unha ollada, malia o pobre que me parecía en canto a programa e participación de librerias locais este ano (si, tiña que dicilo)
110
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 13/06/2026
e máis tendo en conta que non ía con moita motivación e coa cabeza un pouco distraída, fora do meu mellor momento... Volvo comprobar, de novo, que podo competir con rivais dun alto nivel cando eu son un simple afeccionado... #xadrez #ajedrez #chess #deporte
000
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 13/06/2026
Por 2° ano consecutivo tocou participar nun torneo de #xadrez, neste caso outra vez na Copa Galicia, XIX edición, e saín moi contento co resultado obtido de 3 victorias e 3 derrotas (tiveron que sudalas) e mellorando con respecto ao ano pasado (2-4)
130
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 03/06/2026
E, se me permites, eu non me perdería nin o de #XaboerQuiroga, nin o de @mariasolar.bsky.social, nin o de #NereaPallares . #ler #lectura #cultura
000
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 03/06/2026
Si, xa sei que pasaron uns dia de xuño, pero andiven algo liadiño na #FeriaDelLibro de #Zamora e ata hoxe non puiden facerche a miña recopilación de lecturas de maio, pero aquí a tes para que, se o estimas oportuno, te decidas por algún para pasar un rato lendo
110
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 28/05/2026
e porque, ademais, é un 🌞 de persoa á que nun agosto pasado "fixen" ler, sen querelo, un libro en galego e o fixo sen laiarse nadiña... Alédome moito por ti, "que lo sepas"!!! Ah, e mentalízate que #Amarga será carne de destripe 😂 #ler #lectura #cultura #libros #librerías
010
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 28/05/2026
Son moitas as presentacións ás que teño acudido, pero ningunha tan especial como a de #JuliaGebhard na #LibreriaEixo de #Ourense porque é amiga e compañeira "destriper" coa que cada mes intercambio opinións, xunto co resto de "destripers" ao redor do libro que toque...
100
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 16/05/2026
Agradecer ás e aos mestres dos colexios e instituto do barrio do Couto polo seu traballo como xurado e na organización e, sobre todo, á AVV Loureiro por seguir apostando por este tipo de iniciativas que fomentan a cultura e a nosa lingua, o galego #ler #lectura #escritur #galego #cultura
000
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 16/05/2026
Non, este ano non fun o gañador do Certame Literario da AVV Loureiro, pero moi contento igualmente ao quedar entre as e os finalistas e de que o premio quedase na casa nas mans da gañadora, moi merecidamente, de Noe
100
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 03/05/2026
Ah, se me permites suxerencia, apunta #Askja de @antoniomfraga.bsky.social porque merece moito a pena... #ler #lectura #libros #literatura #cultura
030
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 03/05/2026
E si, a casualidade (prometo que non houbo predeterminación ningunha pola miña parte) fixo que dous "bos amigos" como @perezreverte.bsky.social e #DavidUclés fosen un tras do outro 😂
100
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 03/05/2026
Rematando esta ponte de maio e a piques de que a rutina diaria nos volva a atrapar, deixoche a escolma de libros que durante abril me permitiron enganar á miña rutina e liberarme por uns instantes dela...
110
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 18/04/2026
Un pracer coñecer a @mariasolar.bsky.social na presentación do seu novo libro #AsMalasIdeas na #LibreríaEixo, que ten pinta de ser tan bo como os anteriores, e departir con ela contándonos como o ideou e anécdotas varias para pasar un rato do máis entretido #ler #lectura #cultura #libros #librerías
000
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 01/04/2026
Alá foi marzo e con el outra tanda das miñas lecturas que me tiveron entretido ao longo de varias horas, asi que aquí cha deixo para, se queres, tomar nota por se che apetece ler algún deles nestes días libres que veñen por diante, ou noutro momento... #ler #lectura #libros #literatura #cultura
030
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 24/03/2026
Hoxe uníanse 3 das miñas paixóns: #basket @cobsad.bsky.social e a #lectura e a mestura non puido sair mellor porque gozamos e aprendemos moito na presentación da nova edición do libro #DosMasUno do amigo @millanou.bsky.social onde nos ensina moitas cousas, tanto no deportivo como no educativo...
010
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 16/03/2026
Xa facía ben tempo, moitos moitos meses, que non enzoufaba as mans de fariña, auga e "masa madre" e, por fin, o puiden facer e sacar este bolo de pan caseiro, metade trigo galego, metade centeo zamorano que tan ben me saiu e mellor sabe... #pan #pancaseiro #senfiltros
041
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 24/12/2025
BO NADAL!!! youtu.be/B-3yGVVmn4U?...
youtu.be
YouTube
Share your videos with friends, family, and the world
000
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 29/10/2025
Un pracer o rato compartido á conta d'A lei do mar...
010
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 20/08/2025
Acabouse o que se daba, se non choveu xa no #tempoGZ, ata a vindeira semana nada, salvo polo norte mañá... E aínda que volva a calor, non volverá ao tolo como estes días pasados 😌
000
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 17/08/2025
Polo menos algo de "boa noticia" no #tempoGZ, especialmente por #Ourense (exemplo a cidade) onde a partir de mañá comezan a baixar as temperaturas dun xeito importante... O da chuvia xa é outro conto, hai que ir véndoo 👀
020
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 16/08/2025
Outro día máis non podo co anoxo que teño enriba!! De novo #Ourense (foto desde o barrio do Couto da cidade) respirando fume, así que segue os consellos e non saias se non é imprescindible... Moitos azos a toda esa que segue a loitar contra o lume xogándose a vida #chapeau #LUMESNUNCAMÁIS
010
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 15/08/2025
Pois temos a cidade e a provincia de #Ourense afumada onde entre a calor abafante e o fume é imposible sair ao aire libre sen que che afecte a saúde sen contar á toda esa xente que se está a deixar a vida, literalmente, apagando nesta vaga de lumes que nos asola #LUMESNUNCAMÁIS
022
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 12/08/2025
#LUMESNUNCAMÁIS
000
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 09/08/2025
efectivamente, pero, por desgraza, agora sae un bocachanclas calquera polas redes sociais e/ou parlamento e xa se lle fai caso; de nada vale a ciencia... Hai un problema importante de educación, penso eu
010
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 08/08/2025
Fiel á miña cita de verán acudín a #Oira #Ourense a contarlle ás nenas e nenos que están alí coas actividades de verán que é iso do #CambioClimático para que se conciencien, conciencien e dicirlles que poden facer para mitigalo para que este noso planeta non se nos vaia a pique...
030
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 03/08/2025
Por se te queres entreter un ratiño de nada, aquí che deixo o meu #RelatoDeVerán publicado hoxe en @vozdegalicia.bsky.social Espero que che guste!!! www.lavozdegalicia.es/noticia/info...
000
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 25/07/2025
Feliz Día da Patria/Matria Galega!!! youtu.be/YnYKpdFx1vI?...
youtu.be
Los Suaves - Himno galego (e solo) [Ourense, 18/09/10]
YouTube video by Alberto Fdez Mtnez
130
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 07/06/2025
Polo menos vexo que podo competir cando non daba un peso por min... . #xadrez #ajedrez #chess #deporte
010
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 07/06/2025
Contento, pero á súa vez un pouco amolado porque puido sair mellor. Aínda así non me podo queixar de como me foi no meu 1° torneo de #Xadrez (XVIII Copa Galicia de Ajedrez) con 2 victorias (puideron ser 2 máis, pero paguei a novatada) e 4 derrotas dentro dun nivel alto dos participantes...
140
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 05/06/2025
Pois si, xa van 25 anos que unhas/uns compañeiras/os crearon #MeteoGalicia e aí aparecemos outras/os polo camiño e todas/os xuntas/os mantemos en pé a casa e vos informamos do que pasa na atmosfera e no mar cada día neste o noso país galego... www.g24.gal/-/meteogalic...
g24.gal
MeteoGalicia celebra 25 anos de servizo rigoroso e trato humano - G24
160 estacións e 25 traballadores teñen monitorizado todo o territorio para predicir o tempo 
020
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 29/05/2025
Quería #PedroFeijoo estar á miña altura física, esforzouse, pero eu nunca estarei á súa altura literaria e menos despois da estupenda presentación do seu novo libro #OndeNacenAsBestas en #Ourense onde nos contou a concepción do libro, anécdotas e a súa integración en #Rebordechao
000
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 05/04/2025
Hoxe tocou a quenda de poder coñecer a #MaríaOruña na presentación de #ElAlbatrosNegro #OAlbatrosNegro e charlar con ela un rato a conta, sobre todo, de #ElBosqueDeLosCuatroVientos e traerme para casa ambos os libros asinados de recordo e aumentar a miña colección particular... #ler #cultura
000
o Marcos Tesouro Montecelo @omtesouro.bsky.social · 24/03/2025
Se non recordas o que é non chover varios días seguidos no #tempoGZ, halo recordar a partir de mañá...
000