Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 05/10/2026📚 Nesta edición: Elvira Ribeiro Tobío (Galiza) Xabier Cordal (Galiza) Liliana Velandia Calderón (Colombia) Merche Llop Alfonso (Aragón) Shahd Wadi (Palestina) Os seus poemarios? Na Aira das letras 😉 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 02/10/2026Buscando a Dalia, de Miguel Anxo Fernández (Galaxia) Un cadáver cun versículo na boca, unha investigadora desaparecida e a sospeita de que hai máis mulleres que nunca volverán á casa. 100
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 01/10/2026Todas as noites, todas as cidades, de Dolores Redondo (Aira) Dolores Redondo recupera a psicóloga forense Nash Elizondo nun novo thriller no que realidade e imaxinación se entrecruzan e nada é exactamente o que parece. Unha homenaxe aos grandes clásicos do xénero, pero con novas regras de xogo. 100
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 25/09/2026Para ler o artigo completo, preme nesta ligazón f.mtr.coolBeatriz Cabaleiro: "O tríatlon é un deporte complexo e encaixa coa historia de Zahira, a protagonista da novela"Beatriz Cabaleiro (O Porriño, 1992) publica A liberdade que me habita (Aira), novela que explora o camiño de Zahira, posíbel primeira triatleta en representa... 001
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 24/09/2026A triloxía xa está completa. Finalmente chega 'Santiago'! Aventuras, batallas, odio extremo e amor puro. O Camiño de Santiago como nunca o imaxinaches. 001
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 22/09/2026Sarela, de Marga Tojo (Positivas) Marga Tojo constrúe unha trama chea de personaxes, sospeitas e fíos dos que tirar, nunha novela negra onde nada é tan sinxelo como parece… e onde os homes necios, por desgraza, abundan. 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 20/09/2026O elixido, de Catherine Perreault (Aira) A nai dun neno autista enfrontada ao conflicto entre o coidado e a supervivencia. Unha novela sobre o amor incondicional. Éxito de crítica e público tanto no Canadá coma en Francia. #NovidadesAira 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 19/09/2026‘O peculiar’ de Érica Esmorís @ericaesmoris (Cuarto de Inverno @cuartodeinverno) Un libro cheo de humor e aventura sobre unha nena, un bar e os seus clientes, e todo o que pode pasar cando o que máis queres está a piques de desaparecer. 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 18/09/2026O 23 de setembro en librarías. A última aventura da Triloxía de Compostela 😱😱😱 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 14/09/2026Comeza un novo ano escolar e aínda non tes a túa axenda? Aproveita esta súper promo! Ao mercar a primeira Axenda ilustrada da @AiraEditorial, levas de regalo un saco da edición limitada de Frankenstein. 🖤 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 12/09/2026Esto é hoxe!!! Vémonos alá 🏃♀️ 📍 Casa da Cultura 📅 Sábado 12 🕛 12:00 h 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 11/09/2026José Antonio Martín Pallín, maxistrado emérito do Tribunal Supremo, vai presentar na Casa da Cultura de #Allariz o seu máis recente libro, 'Visto para sentencia'. 📍 Casa da Cultura 📅 Sábado 12 🕛 12:00 h 011
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 10/09/2026Ide preparando caderno e lapis, porque José Antonio Martín Pallín, maxistrado emérito do Tribunal Supremo, vai dar cátedra na presentación do seu libro 'Visto para sentencia'. 📍 Casa da Cultura 📅 Sábado 12 🕛 12:00 h 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 09/09/2026Este sábado imos ter en Allariz a un maxistrado emérito do Tribunal Supremo!!! 😱👀 José Antonio Martín Pallín chega á Casa da Cultura de #allariz para presentar o seu libro máis recente, 'Visto para sentencia'. Así que ide facendo sitio na axenda... Despois non digades que non avisamos!!! 😉🔥 022
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 06/09/2026Ide preparando caderno e lapis, porque José Antonio Martín Pallín, maxistrado emérito do Tribunal Supremo, vai dar cátedra na presentación do seu libro 'Visto para sentencia'. 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 05/09/2026Un anaquiño da presentación do libro 'As malas ideas', de María Solar, no @BenComun, no marco da IX edición do Festival Internacional de Curtas de Comedia Festival RiR 2026. 🎬😂 E pendentes, que o sábado que vén tamén temos presentación... Á mesma hora e polo mesmo canal. 🤭😂 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 04/09/2026No @BenComún temos un encontro moi especial... ✨ Acercádevos mañá, a partir das 12 do mediodía, para conversar coa autora de *'As malas ideas'*, María Solar 💜 #FestivalRiR 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 30/08/2026Comeza un novo ano escolar e aínda non tes a túa axenda? Aproveita esta súper promo! Ao mercar a primeira Axenda ilustrada da @AiraEditorial, levas de regalo un saco da edición limitada de Frankenstein. 🖤 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 29/08/2026Los días de vídrio de Nicoletta Verna (Duomo) Redenta nace o mesmo día que Italia entra nun dos períodos máis escuros da súa historia. A súa vida quedará marcada pola violencia, o fascismo e a brutalidade, pero tamén por unha confianza teimuda na humanidade. 100
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 28/08/2026Cambiar el agua de las flores de Valérie Perrin (Duomo) Violette Toussaint coida un pequeno cemiterio de Borgoña e converte a súa casa nun refuxio para quen precisa unha conversa, un café ou simplemente un pouco de calor. 100
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 21/08/2026Do 30 de agosto ao 5 de setembro, Allariz énchese de risas e bo humor coa IX edición do Festival Internacional de Curtas de Comedia Festival RiR 2026. 🎬😂 Para ver a programación, preme nesta ligazón 👇 f.mtr.cool/dzwuydomfo 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 19/08/2026Xa temos na @airadasletras a historia máis recente de Rita Doallo! Novas personaxes, novas aventuras e o mesmo agarimo e coidado de sempre. 💜📚 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 18/08/2026Ursula K. Le Guin en banda deseñada... marabilla! 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 10/08/2026Pintiñas perdeu as súas pintiñas. Coa axuda da Clínica Parchís e da súa terapia de cores, recuperará aquelas cualidades que a axudan a ser feliz. 100
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 06/08/2026As prazas son limitadas, reserva a túa chamando ao 📞 Teléfono: 609 474 976 ou escribindo ao ✉️ Correo electrónico: turismo@xeitura.com 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 04/08/2026'O miradoiro' de Isa Fernández (Aira) A e B soben os douscentos corenta e oito chanzos que levan ao miradoiro, ese lugar no que atopan a perspectiva idónea para reflexionar sobre as súas vidas, sobre a súa relación, sobre os seus medos e esperanzas. 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 03/08/2026Aínda estás a tempo de aproveitar esta promo! 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 02/08/2026'Goma de borra' de Valeria G. Caneda (Xerais) Unha novela intensa e conmovedora que aborda as consecuencias da violencia sexual desde unha escrita íntima e fragmentaria. Un relato valente sobre a memoria, o silencio e a necesidade de nomear as feridas para poder reconstruírse. 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 01/08/2026'Yesteryear' de Caro Claire Burke (AdN) Que pasaría se a vida ideal das redes sociais se convertese, de súpeto, nunha realidade do século XIX? Unha novela intelixente, adictiva e chea de ironía que cuestiona os estereotipos arredor da feminidade e o éxito. 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 31/07/2026Para ler o resto da entrevista preme nesta ligazón f.mtr.cool/pmwywgddhn 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 27/07/2026Para ler o resto do artigo, preme aquí 👇👇👇 f.mtr.cool/hlqtyasrxu 152
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 26/07/2026'A língua estranxeira' de Brais Lamela (Galaxia) Unha novela ambiciosa e polifónica que entrelaza pasado e presente para reflexionar sobre a memoria, o colonialismo e o poder da linguaxe. Unha lectura esixente e fascinante para quen goza das historias que deixan pegada. 010
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 24/07/2026🎁 Parabéns para @adoslibros Gañaches un exemplar asinado de 'O clan das barbies' 🥰😍❤️ Escríbenos por privado cos teus datos e ven recollelo cando poidas. 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 22/07/2026'Siete casas vacías' de Samanta Schweblin (Páginas de Espuma) Sete relatos que converten o cotián en algo inquietante. Cunha prosa precisa e unha tensión constante, Samanta Schweblin lévanos até ese lugar onde o familiar se converte en estraño. 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 20/07/2026'O mapa da túa sexualidade' de Laura Veiga e María Montes (Xerais) Unha guía próxima, clara e respectuosa para descubrir a sexualidade sen medos nin prexuízos. Un libro pensado para acompañar a mocidade nunha etapa chea de preguntas, cambios e descubrimentos. 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 19/07/2026Koldo Concejo, un dos convidados ao FLAZ 2026, fai un reconto e reflexiona sobre o que foi esta VI edición do Festival Literario de Allariz... Grazas @koldo_cf Continúa a lectura aquí 👇 💜 f.mtr.cool/ezzrorrdgg 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 16/07/2026'As malas ideas' de María Solar (Xerais) Humor, intriga e personaxes inesquecibles danse a man nesta novela onde o caos acaba por poñelo todo patas arriba. Unha historia tan divertida como emotiva sobre as segundas oportunidades e o difícil que é empezar de novo. 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 15/07/2026'Una casa sola' de Selva Almada (Random House) E se fose unha casa quen contase a súa propia historia? Selva Almada constrúe unha novela poética e hipnótica sobre o paso do tempo, a memoria e a forza coa que a natureza reclama o seu lugar. 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 14/07/2026'El viaje' de Paco Roca (Astiberri) Paco Roca volve emocionar cunha novela gráfica sobre o amor, a perda e a memoria compartida. Un relato íntimo e delicado que nos lembra que ás veces a mellor forma de seguir adiante é revisitar o camiño percorrido. 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 13/07/2026'Dominga habla sola', de Elisabeth Justicia (Aguilar) Co seu humor afiado e unha tenrura infinita, Dominga ponlle voz a todo aquilo que tantas veces queda silenciado. Unha lectura divertida, crítica e necesaria sobre a vellez, a amizade e a vida sen filtros. 000
Aira das letras @airadasletras.bsky.social · 12/07/2026Solito de Javier Zamora (Random House) Con só nove anos, Javier Zamora emprendeu unha viaxe de máis de cinco mil quilómetros ata os Estados Unidos para reencontrarse cos seus pais. 100