Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 30/08/2026Eis un resumo da última xornada da última das Feiras do Libro deste 2026. Marchamos cun sorriso na cara e con moitas ganas de volver atoparnos en 2027. Grazas, Monforte, por poñerlle un peche de altura a esta tempada de feiras! 💙📘📘📘 010
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 26/08/2026Logo desta xornada un pouco pasada por auga, só nos queda agradecer toda a participación e o agarimo que recibimos neste primeiro día da #FeiradoLibro de Monforte de Lemos. Moitas grazas! 💙📘📘📘 Seguimos mañá, e deixamos aquí o programa para que nos acompañes a abrir a porta a universos infinitos! 010
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 25/08/2026Mañá comeza a Feira do Libro de Monforte de Lemos! 💙📘📘📘 A Rúa do Cardeal abre as súas casetas para dar comezo á última Feira do Libro de Galicia deste 2026, con pregón a cargo da xornalista monfortina Yolanda Álvarez. 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 24/08/2026Foz pecha a súa Feira do Libro e só podemos dicir: grazas! 💙📘📘📘 Catro días nos que a Praza de Conde Fontao se encheu de libros, presentacións, sinaturas e espectáculos. E a nós aínda nos queda unha última parada esta semana: a Feira do Libro de Monforte de Lemos. Aló imos! 020
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 23/08/2026Un sábado para lembrar na Feira do Libro de Foz 💙📘📘📘 A terceira xornada trouxo á Praza de Conde Fontao voces, historias e propostas para todas as idades. Un día no que os libros compartiron protagonismo coa música, as conversas e, sobre todo, cun público que volveu responder. 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 22/08/2026Chegamos á última parada das Feiras do Libro de Galicia deste 2026! 💙📘📘📘 E facémolo cunha cita moi especial: a Feira do Libro de Monforte de Lemos, o peche dun percorrido que durante todo o ano levou os libros por toda Galicia, conectando lectoras e lectores e abrindo portas a universos infinitos. 110
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 22/08/2026Terceira xornada da Feira do Libro de Foz! 💙📘📘📘 Hoxe sábado continuamos cunha tarde chea de literatura, música, propostas para os pícaros e encontros con autoras e autores nas casetas das librarías. 010
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 21/08/2026Este foi o ambiente de onte aquí, na #FeiradoLibro de Foz. De verdade vas deixar pasar a oportunidade de gozar con este evento único? 💙📘📘📘 Pasa pola feira, coñece as túas autoras e autores favoritos, pasea polas nosas casetas e leva para a casa o teu libro con desconto! 020
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 21/08/2026As dúas obsesións de Abril Camino estiveron onte moi presentes no pregón da #FeiradoLibro de Foz: os libros e a vila, e a relación que teñen entre ambos os dous. Un vencello profundo que chega desde a infancia 💙📘📘📘 Longa vida á Feira do Libro de Foz! youtu.be/NG7ZczyplHoyoutu.bePregón de Abril Camino - Feira do Libro de FozYouTube video by Librarías de Galicia 010
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 20/08/2026Imos recollendo por hoxe, pero mañá é venres na #FeiradoLibro de Foz e vén cargado cun programa cheo de sorpresas, actividades… e coma sempre, todos os libros cun 10% de desconto! 💙📘📘📘 Estamos desexando que nos acompañes e abras connosco esta porta única a universos infinitos! 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 19/08/2026Atención, que mañá comeza a #FeiradoLibro de Foz co pregón da escritora Abril Camino, que dará inicio a este evento único! 💙📘📘📘 Pasa pola Praza de Conde Fontao até 23 de agosto. Existe alí unha porta a universos infinitos! 010
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 17/08/2026Pechamos Viveiro, mais xa temos todo preparado para a #FeiradoLibro de Foz, que comeza xoves 20! 💙📘📘📘 📅 20 ao 23 de agosto 📍 Praza de Conde Fontao 🕐 17:30 - 22 h 📣 Pregón de Abril Camino 📒 Programa: www.librarias.org/gl/evento/EV... Achégate e abre connosco a porta a universos infinitos! 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 17/08/2026Viveiro despediu onte a súa Feira do Libro cunha gran afluencia de público, mesmo nunha fin de semana de choiva 💙📘📘📘 Grazas ás librarías, ás autoras e autores e a todas as persoas que vos achegastes e fixestes posible estes catro días de feira. E seguimos! Este xoves 20 vémonos en Foz. 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 15/08/2026Mañá, domingo 16 de agosto, chegamos á última xornada da Feira do Libro de Viveiro 💙📘📘📘 Última oportunidade para achegarse aos Xardíns de Noriega Varela, descubrir novas lecturas e aproveitar o 10 % de desconto na compra de libros durante a feira. 010
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 15/08/2026Así transcorreu a segunda xornada da Feira do Libro de Viveiro 💙📘📘📘 O venres deixounos unha tarde chea de vida nos Xardíns de Noriega Varela: teatro familiar, presentacións que abriron novas lecturas e faladoiros arredor dos libros. 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 14/08/2026Vén celebrar o feirado a Viveiro. Mañá, sábado 15 de agosto, continuamos a Feira do Libro nos xardíns de Noriega Varela con de actividades para todos os públicos 💙📘📘📘 Organiza Librarías de Galicia co apoio de Cultura da Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Concello de Viveiro e Deleite. 010
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 14/08/2026Así transcorreu a primeira xornada da Feira do Libro de Viveiro. Unha xornada marcada polos encontros coa literatura, as presentacións e a participación do público nos Xardíns de Noriega Varela. Revive neste reel algúns dos momentos que nos deixou o primeiro día de feira. 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 13/08/2026Mañá seguimos abrindo portas a novos universos na Feira do Libro de Viveiro 💙📘📘📘 Unha tarde de teatro, literatura e conversa. 📍 Xardíns de Noriega Varela 🕐 Feira aberta de 12:00 a 14:00 h e de 18:00 a 22:00 h 020
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 13/08/2026Hai un libro para cada persoa. Así nolo lembrou a nosa pregoeira infantil, Carla Casabella, na apertura da Feira do Libro de Viveiro: deixémonos guiar polas libreiras e libreiros. 💙 #FeiraDoLibroDeViveiro #APortaAUniversosInfinitos 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 13/08/2026Hoxe comezou a Feira do Libro de Viveiro! 💙📘📘📘 Do 13 ao 16 de agosto os libros toman os Xardíns de Noriega Varela. Catro días para atoparnos arredor da literatura e seguir abrindo portas a universos infinitos. 010
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 13/08/2026Tristes porque rematou a #FeiradoLibro? Alégrate, porque xa ven aquí a #FeiradoLibroAntigo e de Ocasión da Coruña! Estamos nos Xardíns até 30 de agosto: non podes faltar! 💛📙📙📙 Libros de vello, exemplares raros, xoias descatalogadas e até algún artigo de coleccionismo que non podes deixar escapar! 030
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 11/08/2026Que fermosa a xornada de peche da #FeiradoLibro da Coruña de onte, luns 10 de agosto! 💙📘📘📘 Quédanos apenas agradecer a todas as que fixeron posible esta Feira: as entidades colaboradoras, as editoriais , as propias librarías, as autoras, as artistas e poetas… e as persoas que vos achegastes! 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 10/08/2026Deixamos por aquí unha escolma das fotos das actividades e sinaturas de onte (domingo 9) na #FeiradoLibro da Coruña! 💙📘📘📘 Lembra que esta tarde recollemos: pasa a abrir a porta a universos infinitos nos Xardíns. É a última oportunidade! 020
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 10/08/2026Agora si, chegamos á última xornada da #FeiradoLibro da Coruña, mais non fica espazo para a tristura, porque temos actividades de luxo para este peche! 💙📘📘📘 Espectáculo de ilusionismo, presentacións, xogos de roles e un evento de poesía a micro aberto da man de Branca Trigo. Pódese pedir máis? 010
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 10/08/2026A Feira do Libro continúa o seu camiño 💙📘📘📘 Hoxe rematan os 10 días da Feira do Libro da Coruña e nós xa estamos preparando a seguinte cita: Viveiro. 📍 Xardíns de Noriega Varela 📅 13–16 de agosto 🕐 12:00–14:00 h e 18:00–22:00 h 100
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 09/08/2026Vén cargado de actividades este domingo da #FeiradoLibro da Coruña! 💙📘📘📘 Presentacións feministas, actividades para as crianzas, conversas sobre novela romántica e libros senlleiros da literatura galega actual presentados polas súas autoras e autores. Para non perder! 010
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 08/08/2026Moita atención, porque mañá é domingo 9 de agosto, o penúltimo día da #FeiradoLibro da Coruña. Se non pasaches, tes as últimas oportunidades! 💙📘📘📘 Temos un programa completo hoxe: déixamolo por aquí para que non perdas nada. Acompáñamos nos Xardíns! 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 08/08/2026Pasou un día máis desta #FeiradoLibro da Coruña na que nos estamos sentindo tan ben acompañadas! 💙📘📘📘 Xa queda moi pouquiño! Non deixes de pasar e abrir connosco esta porta a universos infinitos! 010
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 08/08/2026Arranca esta fin de semana na #FeiradoLibro da Coruña con actividades únicas! 💙📘📘📘 Diálogos poéticos, obradoiro para iniciación ao cómica, unha homenaxe a Syra Alonso e outra que recupera a figura de Otero Pedrayo; presentacións varias e varias conversas sobre ficcións, realidades e fantarías. . 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 07/08/2026Mañá entramos xa na última fin de semana da #FeiradoLibro da Coruña: de verdade vas perder o evento literario do ano? 💙📘📘📘 Pasa mañá a partir das 11, que temos un programa cheo de actividades, presentacións e sinaturas. Ábrese nos Xardíns unha porta a universos infinitos! 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 06/08/2026Atención, que xa só quedan 4 días da #FeiradoLibro da Coruña! 💙📘📘📘 Pasa mañá a partir das 11, coñece as túas autoras e autores favoritos, leva os teus libros con desconto… abre connosco esta porta a universos infinitos! 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 06/08/2026Cada xornada é unha chea de sorpresas e experiencias aquí, na #FeiradoLibro da Coruña: aínda non pasaches a abrir a porta a universos infinitos? 💙📘📘📘 Xa van quedando poucas oportunidades: non o deixes para máis! #FeiradoLibrodaCoruna #aportaaUniversosInfinitos 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 06/08/2026Unha xornada máis de actividades na #FeiradoLibro da Coruña! 💙📘📘📘 Teatro para familias con Pedras de Cartón, conversas literarias sobre o peso da memoria social e privada, presentacións de libros imprescindibles e un encontro de poesía escénica con Samuel Merino e Lucía Aldao. 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 05/08/2026A piques de rematar outra xornada intensa da #FeiradoLibro da Coruña: unha con moita participación, moitas actividades e moita paixón pola lectura! 💙📘📘📘 Volvemos mañá ás 11, para seguir abrindo esta porta a universos infinitos. Non faltes! 111
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 05/08/2026Onte pasamos unha marabillosa xornada na #FeiradoLibro da Coruña: a que esperas para visitarnos e gozar deste evento cultural único? 💙📘📘📘 Todos os días, de aquí até 10 de agosto, abrimos nos Xardíns unha porta a universos infinitos! 010
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 05/08/2026Atención, porque hoxe temos un programa de actividades intenso e, sobre todo, moi interesante na #FeiradoLibro da Coruña! 💙📘📘📘 Contos, humor e música para toda a familia, faladoiros, conversas literarias sobre a novela negra galega e sobre os novos códigos narrativos para nomear as violencias... 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 04/08/2026Imos pechando por hoxe, mais quedan moitos días ainda da #FeiradaCoruña. Non o vaias perder! 💙📘📘📘 Mañá teremos un día completo, con sinaturas, conversas, roteiros, música e contos: unha porta aberta a universos infinitos Velaquí o programa 👇 011
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 04/08/2026Imos pechando por hoxe, mais quedan moitos días ainda da #FeiradaCoruña. Non o vaias perder! 💙📘📘📘 Mañá teremos un día completo, con sinaturas, conversas, roteiros, música e contos: unha porta aberta a universos infinitos Velaquí o programa 👇 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 03/08/2026Alá foi outra xornada de Feira, mais nos vos preocupedes, que aínda queda #FeiradaCoruña para moito! 💙📘📘📘 Volvemos mañá aos Xardíns, abrindo esta porta a universos infinitos con presentacións, teatro, poesía, conversas sobre novela negra, lembranzas do bravú e moitas sorpresas. Non faltes! 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 03/08/2026Todo isto aconteceu onte na #FeiradoLibro a Coruña! Aínda non pasaches a gozar dos libros como só se pode facer nunha feira? 💙📘📘📘 Xa sabes: actividades, presentacións, conversas e todos os libros con desconto. Que máis se pode pedir? Hai nos Xardíns unha porta aberta a universos infinitos! 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 02/08/2026Pechamos este primeiro fin de semana da #FeiradoLibro da Coruña con máis ganas que nunca de seguir abrindo esta porta a universos infinitos! 💙📘📘📘 Lembra que queda por diante máis dunha semana de feira Deixamos por aquí o programa de actividades para luns 3 de agosto 👇 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 02/08/2026Que grande xornada inaugural tivemos onte na #FeiradoLibro a Coruña! Que ledicia contar con tanta participación, tantas personas apaixonadas polos libros e tantas actividades! 💙📘📘📘 A que esperas: ven abrir connosco portas a universos infinitos! Seguimos nos Xardíns até o día 10! 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 02/08/2026Canto gozamos co pregón de Bea Lema que deu inicio hoxe á #FeiradoLibro Coruña! Unha ollada á relación que teñen a costura e a creación literaria, a arte de tecer e o proceso de escritura! 💙📘📘📘 #FeiradoLibrodaCoruña #aportaaUniversosInfinitos youtu.be/m4lktvRnJKUyoutu.bePregón de Bea Lema - Feira do Libro da CoruñaYouTube video by Librarías de Galicia 000
Reposted by Librarías de GaliciaBoadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 01/08/2026Xa estamos abertos na Feira do Libro da Coruña! Dende hoxe ata o día 10 de agosto! @librariasgal.bsky.social 052
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 01/08/2026Quédanos por hoxe so agradecer toda a participación e o agarimo que recibimos neste primeiro día da #FeiradoLibro da Coruña. Moitas grazas! 💙📘📘📘 Xa sabes, seguimos nos Xardíns até o 10 de agosto, así que aproveita para abrir connosco #aportaaUniversosInfinitos Eis o programa 👇 010
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 31/07/2026A #Feiradolibro da Coruña está tamén pensada para as persoas máis cativas da casa! Achégate e participa en familia! 💙📘📘📘 📅 1 de agosto, 17:30 📍 Feira do Libro da Coruña ⚠️ Prazas limitadas: inscrición en www.librarias.org/gl/evento/EV... Non faltes: faite con todos! #APortaaUniversosInfintos 010
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 29/07/2026Este sábado comeza o mes de agosto e con el, como cada ano, a #FeiradoLibro da Coruña, a máis grande do país! 💙📘📘📘 📅 Do 1 ao 10 de agosto 📍 Xardíns de Méndez Núñez 🕐 11 - 14: h | 17:30 - 21:30 h 📣 Pregón a cargo da ilustradora Bea Lema 📒 Programa: www.librarias.org/es/evento/EV... A 55ª edición! 020
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 27/07/2026Hai feiras que rematan... E outras que continúan en cada libro que marcha para a casa 💙📘📘📘. Grazas a todas as persoas que fixestes posible esta edición da Feira do Libro de Rianxo. Vémonos moi pronto na seguinte parada: a Feira do Libro da Coruña! 010
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 25/07/2026💙📘📘📘 A Feira do Libro de Rianxo chega mañá á súa última xornada. Aínda estás a tempo de vivir a última xornada da feira. Agardámoste! Organiza Librarías de Galicia co apoio de @culturaxunta, @depucoruna, @concelloderianxo e @deleitegalego #feiradolibroderianxo #aportaauniversosinfinitos 000
Librarías de Galicia @librariasgal.bsky.social · 25/07/2026Así foi a xornada de onte venres na feira do Libro de Rianxo. Aínda quedan horas do sábado por diante e todo o día de mañá. Aproveita e achégate para mercar cun 10% de desconto. Organiza Librarías de Galicia co apoio de Cultura de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Rianxo e Deleite. 000