Sign in

Campus Industrial de Ferrol

@ciferrol.bsky.social
80 followers 48 following 677 posts

O Campus Industrial de Ferrol, pertencente á Universidade da Coruña, está especializado no ámbito da Enxeñaría, e ademáis, comprende estudos de Humanidades, Ciencias do Traballo e da Saúde. www.campusindustrial.udc.es

PostsRepliesMedia
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 11h
#CIFaoDía (2/2) Deste hoxe, venres 9, e ata o domingo 11/OUTUBRO, o público asistente ao evento poderá visualizar os trailers e probar as demos destes tres proxectos nados como Traballo Fin de Máster (TFM) no stand da Universidade da Coruña (UDC) @udc.gal
000
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 11h
#CIFaoDía (1/2) O alumnado do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, presenta os xogos "Purgatory Hoops", "Néboa’s Hut" e "Splash on Contact" na primeira edición do SAGA Barcelona Game Fest en Fira Barcelona Montjuïc @udc.gal
100
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 06/10/2026
#CIFaoDía (3/3) Farano baixo o lema “25 anos de vocación, docencia e servizo á sociedade” e no marco do XII Outubro UDC Saudable @udc.gal
000
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 06/10/2026
#CIFaoDía (2/3) cun acto no que se celebrarán os 25 anos da primeira promoción de titulados e tituladas en Podoloxía (1998 – 2001) e os 26 anos de traxectoria da Clínica Universitaria de Podoloxía @udc.gal
100
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 06/10/2026
#CIFaoDía (1/3) A Facultade de Enfermaría e Podoloxía da Universidade da Coruña (UDC) conmemora, este venres 9/OUTUBRO, de 12:00 a 14:00 horas, no Salón de Actos do Hospital Naval de Ferrol, o Día Internacional da Podoloxía #8OUTUBRO @udc.gal
100
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
Universidade da Coruña @udc.gal · 05/10/2026
🩷 Chega o XII Outubro UDC Saudable! Durante todo este mes, a UDC promove actividades sobre benestar, saúde mental, inclusión e hábitos saudables, nunha edición marcada polo 40 aniversario de Ciencias do Deporte, que é anfitrioa baixo o lema "40 anos movendo saúde". +info: bit.ly/OutSaud26
021
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
Universidade da Coruña @udc.gal · 05/10/2026
📢 A partir de mañá abre o programa de préstamo de bicicletas da UDC para o curso 2026/2027! 📅Solicitudes do 6 ao 12 de outubro. 🚲Convencionais, pregables ou eléctricas para facilitar unha mobilidade máis sustentable. 🔗Máis info: bit.ly/PrBicis26
043
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 05/10/2026
#CIFaoDía (3/3) Toma o relevo da tamén profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Ana Álvarez García, quen a codirixiu deste o seu nacemento en 2017 @udc.gal @navantiaoficial.bsky.social
000
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 05/10/2026
#CIFaoDía (2/3) Exercerá esta función xunto con Rafael Morgade, responsable de Transformación Dixital e Industrial en Navantia Ría de Ferrol e codirector desde o curso 2025/26 @udc.gal @navantiaoficial.bsky.social
100
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 05/10/2026
#CIFaoDía (1/3) A profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Alicia Munín Doce, vén de ser nomeada codirectora da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos, impulsada pola Universidade da Coruña (UDC) e máis por Navantia @udc.gal @navantiaoficial.bsky.social
102
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 01/10/2026
#CIFaoDía A vicerreitora do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social, Ana Ares, visitou, este xoves 1/OUTUBRO, ao alumnado aloxado na Residencia Universitaria do Campus Industrial de Ferrol para darlle a benvida neste novo curso 2026/27 @udc.gal
001
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 29/09/2026
#CIFaoDía (2/2) A intervención está impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial, promovida pola UDC xunto co Concello de Ferrol, e conta co apoio económico da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude @udc.gal
001
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 29/09/2026
#CIFaoDía (1/2) O Castro de Esmelle acolle do 28/SETEMBRO ao 9/OUTUBRO unha quinta intervención arqueolóxica, a segunda no que vai de ano. Os traballos darán continuidade á campaña realizada durante o mes de xullo e centraranse no estudo dun edificio localizado na zona de acceso ao castro @udc.gal
101
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 28/09/2026
#CIFaoDía Nova Conferencia da Cátedra Jorge Juan Universidade da Coruña + Armada, impartida polo catedrático de Ingeniería Hidráulica y vicerrector Investigación y Transferencia da UDC, Jerónimo Puertas @udc.gal 📅 Xoves 1/OUTUBRO 🕖 Ás 19:00 horas 📍 Sala Carlos III - Exponav
000
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
Universidade da Coruña @udc.gal · 23/09/2026
⏳Conta atrás para a G-Night!  ⚗️O 25 de setembro, máis de 40 actividades gratuítas na Coruña e Ferrol: visitas, obradoiros, experimentos e divulgación para todos os públicos baixo o lema "Conciencias creativas".Deixámosche o programa! A Coruña: gnight.gal/cidades/a-coruna
113
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 24/09/2026
#CIFaoDía (2/2) No 2º semestre, achegaranse á construción sostible e a eficiencia enerxética na Universidade do Minho, e na UDC, no Campus Industrial de Ferrol, da man do profesorado da Escola Politécnica de Enxeñaría e da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos @udc.gal
000
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 24/09/2026
#CIFaoDía (1/2) A 1a promoción do Máster Erasmus Mundus RESCO inicia oficialmente os seus estudos. A Budapest University of Technology and Economics acolleu estes días o 1º encontro presencial entre o estudantado e representantes das universidades académicas que forman parte do consorcio @udc.gal
111
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 23/09/2026
#CIFaoDía (2/2) Participaron a responsable de RRHH en ARMACON, Cristina Castro; a Experienced Senior en Deloitte, Andrea Vieites; a consultora laboral no Grupo Atlante, Rebeca Enríquez; a xestora de persoas en Leche Celta, Cynthia García, e os graduados en RRLL e RRH José Zar e Iván Montero @udc.gal
000
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 23/09/2026
#CIFaoDía (1/2) Éxito de participación na xornada “Experiencias do estudantado egresado” organizado polo Plan de Acción Titorial (PAT) da Facultade de Ciencias do Traballo. A actividade estivo dirixida ao alumnado do primeiro curso do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos @udc.gal
110
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 22/09/2026
#CIFaoDía (2/2) Proceden de Alemaña, Arxentina, Cambodia, Corea do Sur, Italia, México, Países Baixos, Polonia, Romanía, Turquía e de Ucraína. Benvidos/as á Universidade da Coruña! @udc.gal
000
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 22/09/2026
#CIFaoDía (1/2) A adxunta de Mobilidade e Convenios da Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización, Carmen Garcimartín, recibiu na Fac. de Humanidades e Documentación, aos primeiros 36 estudantes estranxeiros que se incorporan neste 1º cudrimestre ao Campus Industrial de Ferrol @udc.gal
100
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
Universidade da Coruña @udc.gal · 18/09/2026
🫂A UDC, USC, UVigo e Sergas poñen en marcha un protocolo de acompañamento psicolóxico ao estudantado. A iniciativa, que ten como xérmolo o programa da UDC Afrontemos, permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá e garantir a continuidade asistencial. +info: bit.ly/Prtcl26
023
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 21/09/2026
#CIFaoDía (2/2) no marco dunha reunión para a posta en marca dun protocolo común de acompañamento psicolóxico ao estudantado das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG), desenvolvido en colaboración co Servizo Galego de Saúde (SERGAS) @udc.gal @usc.gal @uvigo.bsky.social
020
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 21/09/2026
#CIFaoDía (1/2) A vicerreitora do #CampusFerrol, Igualdade e RS, Ana Ares, e o director do Programa Afrontemos, Valentín Escudero, recibiron, o 18/SETEMBRO, no Campus Industrial de Ferrol, aos representantes dos servizos de atención psicolóxica da USC e da UVigo @udc.gal @usc.gal @uvigo.bsky.social
121
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 17/09/2026
#OLAUDC Menudo comezo de curso! Este xoves 17/SETEMBRO, de 11:00 a 14:00 horas, tivo lugar a nosa Xornada de Benvida á UDC e foi un verdadeiro pracer compartir este día con todos e todas vós. Somos Campus Industrial de Ferrol. Grazas por formar parte desta comunidade ❤️❤️❤️ @udc.gal
020
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
Universidade da Coruña @udc.gal · 14/09/2026
🌍O @ciferrol.bsky.social acolle desde hoxe o 21st International Ship Stability Workshop #ISSW, organizado polo CITENI. 🚢A cita, que ten lugar por primeira vez en España, reunirá a especialistas internacionais para abordar os avances na estabilidade dos buques. 🔗 Máis info: bit.ly/inISSW26
021
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
Universidade da Coruña @udc.gal · 11/09/2026
📚A UDC acolle o 22 de outubro a IV Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente, no que profesorado da UDC, USC e UVigo compartirá experiencias e boas prácticas, con especial atención á IA nas aulas.  📢Inscricións abertas! 🔗Máis info: bit.ly/XIGAID26
031
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
Universidade da Coruña @udc.gal · 10/09/2026
📢Xa está aberto o prazo de inscrición para os obradoiros de cultura da UDC! 📅Ata o 17/09 poderás matricularte nos obradoiros de escritura, música, teatro..., que serán impartidos en Normal, no Campus da Coruña e no Centro Cultural do campus de Ferrol. 🔗 +info: bit.ly/ObrNrml
031
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 10/09/2026
#CIFaoDía Inscríbete no obradoiro de Teatro Musical que oferta a Área de Cultura da UDC no Campus Industrial Ferrol ➡️ acortar.link/3ckg4v @udc.gal 📅 do 23/SETEMBRO ao 16/DECEMBRO 🕖 de 19:00 a 21:00 horas (mércores) 📍 Centro Cultural Universitario ☎️ 881 01 3697 📧 cultura.ferrol@udc.es
011
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 08/09/2026
#CIFaoDía (3/3) O programa, deseñado polo equipo de Gazapo, incluíu diversas actividades relacionadas coa ciencia, a experimentación, a arte, a construción, a lóxica e a creatividade @udc.gal
000
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 08/09/2026
#CIFaoDía (2/3) A iniciativa, impulsada por 1a vez no Campus Industrial de Ferrol pola Oficina para a Igualdade de Xénero, naceu co obxectivo de favorecer a conciliación das familias nos últimos días do verán, ofrecéndolle aos nenos e nenas un espazo de aprendizaxe e tamén de diversión @udc.gal
100
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 08/09/2026
#CIFaoDía (1/3) A vicerreitora do #CampusFerrol, Igualdade e RS, Ana Ares, e a directora da Oficina para a Igualdade de Xénero, María José Abad, despediron aos 15 nenos e nenas que participaron, do 31/AGOSTO ao 8/SETEMBRO, na primeira edición do campamento de verán “Todas as Ideas Contan” @udc.gal
111
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 08/09/2026
#CIFaoDía (2/2) Participan, Cristina Castro Barcala (ARMACOM), Andrea Vieites Estraviz (Deloitte), Rebeca Enríquez Allegue (Grupo Atlante), Cynthia García Ramonde (Leche Celta) xunto con José Zar Varela e Iván Montero Barros (Universidade da Coruña). Mércores 23/SETEMBRO, ás 11:00 horas @udc.gal
001
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 08/09/2026
#CIFaoDía (1/2) Xornada organizada polo Plan de Acción Titorial (PAT) "Experiencias do estudantado egresado da Facultade de Ciencias do Traballo", dirixida ao alumnado do 1o curso do grao en RRLL e RRHH, así como aos demais integrantes da comunidade universitaria e público xeral interesado @udc.gal
100
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
Universidade da Coruña @udc.gal · 02/09/2026
🔬 O @ciferrol.bsky.socialacolle desde hoxe #IBEREO2026, o Encontro Ibérico de Reoloxía. 📊 Preto de 80 contribucións científicas e participantes de 12 nacionalidades daranse cita no campus da #UDC ata o venres para compartir os últimos avances nesta disciplina. bit.ly/3TdNYrr InvestigaciónUDC
021
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 02/09/2026
#CIFaoDía (2/2) A cita está organizad conxuntamente polo Grupo Español de Reoloxía (GER) e a Sociedade Portuguesa de Reoloxía (SPR), baixo a coordinación dos grupos de Polímeros e PROTERM do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña (UDC) @udc.gal
000
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 02/09/2026
#CIFaoDía (1/2) O Campus Industrial de Ferrol acolle, do 2 ao 4/SETEMBRO, o Encontro Ibérico de Reoloxía (IBEREO 2026), no que se presentarán preto de 80 contribucións científicas, entre 40 comunicacións orais e 39 pósteres, e que reúne a case un centenar de persoas de 12 nacionalidades @udc.gal
100
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 01/09/2026
#CIFaoDía (2/2) Iván Montero Barros, graduado en Relacións Laborais e Recursos Humanos, aplica o concepto de employee journey e analiza as oportunidades e os retos éticos do uso da psicoloxía, a neurociencia, a análise de datos e a intelixencia artificial na xestión das persoas @udc.gal
000
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 01/09/2026
#CIFaoDía (1/2) O soldo xa non o é todo. Un TFG defendido o pasado mes de xullo na Facultade de Ciencias do Traballo estuda como o recoñecemento, o desenvolvemento profesional, a confianza no liderado e o sentimento de pertenza inflúen na decisión de permanecer nunha organización @udc.gal
100
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 25/08/2026
#CIFaoDía (2/2) así como varios dos proxectos de investigación e de transferencia desenvolvidos nos ámbitos da protección do medio mariño, da valorización de residuos, da economía circular, dos novos materiais sostibles e da conservación dos ecosistemas costeiros @udc.gal
000
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 25/08/2026
#CIFaoDía (1/2) A participación do Campus Industrial de Ferrol no Abanca Pantin Classic Galicia Pro complétase cun stand divulgativo no que as persoas asistentes poderán coñecer a oferta académica da Universidade da Coruña (UDC) na cidade departamental @udc.gal
100
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 25/08/2026
#CIFaoDía (2/2) Detrás desta proposta están o profesor da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), Pablo Fernández Galdo, e o técnico especialista en fabricación aditiva do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), Juan Carlos Becerra Permuy @udc.gal
001
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 25/08/2026
#CIFaoDía (1/2) O Campus Industrial de Ferrol deseña e fabrica os 8 trofeos da categoría QS 6000 do Abanca Pantin Classic. As pezas, inspiradas nunha onda no momento de romper, foron creadas mediante impresión 3D con filamento PLA e incorporan area que simboliz a praia de Pantín (Valdoviño) @udc.gal
101
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 07/08/2026
#CIFaoDía (2/2) O público asistente ao evento poderá coñecer iniciativas como a UDC Saudable, o programa Espazo Compartido, a Clínica Xurídica, o programa Afrontemos ou a Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) @udc.gal
000
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 07/08/2026
#CIFaoDía (1/2) A UDC está a participar na 35ª edición de Equiocio Ferrol, do 6 ao 9/AGOSTO, no Campo das Cabazas (Covas), cun stand no que amosa a súa oferta académica, a actividade investigadora e innovadora do Campus Industrial Ferrol, así como parte dos seus programas e servizos de RS @udc.gal
101
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 07/08/2026
#CIFaoDía (2/2) O estudo está liderado pola doutoranda Ana Ortega e o profesor Alberto Arce, do grupo SISTER, e combina técnicas avanzadas de optimización inspiradas no comportamento dun enxame de abellas para identificar as condicións de funcionamento máis eficientes @udc.gal
000
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 07/08/2026
#CIFaoDía (1/2) O Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), situado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC), investiga como xerar máis electricidade aproveitando a calor residual da industria @udc.gal
100
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
Universidade da Coruña @udc.gal · 03/08/2026
🔬 Unha tese do #CITENI abre novas vías para desenvolver unha electrónica orgánica máis resistente e flexible. ⚡📱O traballo de Jesika Asatryan, desenvolvido no Laboratorio de Polímeros Funcionais, achega novas claves para crear dispositivos máis fiables e duradeiros.  🔗+info: bit.ly/JAsCTN
021
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
Universidade da Coruña @udc.gal · 02/08/2026
Como desfrutar da eclipse con seguridade? 🌘 Ollo cos “visores” caseiros e cos consellos sen contrastar de Internet. Para observala, emprega sempre protección homologada e evita improvisacións. +info:https://udc.gal/gl/unidade_divulgacion_cientifica/eclipse/ #Eclipse #DivulgaciónCientífica #UDC
033
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
Universidade da Coruña @udc.gal · 06/08/2026
⚙️♻️ O CITENI investiga como xerar máis electricidade aproveitando a calor residual da industria. O estudo, publicado na revista Energy, está liderado por Ana Ortega e Alberto Arce, do Grupo de Investigación de Sistemas Térmicos #SIRTER. 🔗Máis info: bit.ly/CTNSister
011