
#CIFaoDía (1/2) O soldo xa non o é todo. Un TFG defendido o pasado mes de xullo na Facultade de Ciencias do Traballo estuda como o recoñecemento, o desenvolvemento profesional, a confianza no liderado e o sentimento de pertenza inflúen na decisión de permanecer nunha organización @udc.gal 
#CIFaoDía (2/2) Iván Montero Barros, graduado en Relacións Laborais e Recursos Humanos, aplica o concepto de employee journey e analiza as oportunidades e os retos éticos do uso da psicoloxía, a neurociencia, a análise de datos e a intelixencia artificial na xestión das persoas @udc.gal