
#CIFaoDía (1/3) A vicerreitora do #CampusFerrol, Igualdade e RS, Ana Ares, e a directora da Oficina para a Igualdade de Xénero, María José Abad, despediron aos 15 nenos e nenas que participaron, do 31/AGOSTO ao 8/SETEMBRO, na primeira edición do campamento de verán “Todas as Ideas Contan” @udc.gal 
#CIFaoDía (2/3) A iniciativa, impulsada por 1a vez no Campus Industrial de Ferrol pola Oficina para a Igualdade de Xénero, naceu co obxectivo de favorecer a conciliación das familias nos últimos días do verán, ofrecéndolle aos nenos e nenas un espazo de aprendizaxe e tamén de diversión @udc.gal 
#CIFaoDía (3/3) O programa, deseñado polo equipo de Gazapo, incluíu diversas actividades relacionadas coa ciencia, a experimentación, a arte, a construción, a lóxica e a creatividade @udc.gal