
#CIFaoDía (1/2) O Castro de Esmelle acolle do 28/SETEMBRO ao 9/OUTUBRO unha quinta intervención arqueolóxica, a segunda no que vai de ano. Os traballos darán continuidade á campaña realizada durante o mes de xullo e centraranse no estudo dun edificio localizado na zona de acceso ao castro @udc.gal 
#CIFaoDía (2/2) A intervención está impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial, promovida pola UDC xunto co Concello de Ferrol, e conta co apoio económico da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude @udc.gal