Sign in

Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela

@buscusc.bsky.social
729 followers 140 following 593 posts

A BUSC é, pola riqueza dos seus fondos bibliográficos, unha das máis importantes bibliotecas universitarias españolas. Síguenos tamén en @buschorarios.bsky.social‬, Instagram e Tiktok: @busc_usc

PostsRepliesMedia
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 23h
📢 Se es estudante, PDI ou PTXAS da Facultade de Filoloxía tes ata o 6 de outubro podes presentar a túa propostas á convocatoria de Proxectos Colaborativos 2026-2027. Remite a túa proposta a través do seguinte formulario: 📝https://forms.cloud.microsoft/e/Q70SVjWMe
021
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 29/09/2026
Ata o 7 de outubro de 2026 a comunidade da Facultade de Filoloxía (estudantado, PDI e PTXAS) estades a tempo para enviar as vosas propostas ao Programa Converxencias 𝒜 ℯ𝓂𝒾ℊ𝓇𝒶𝒸𝒾ó𝓃. ℒ𝒾𝓉ℯ𝓇𝒶𝓉𝓊𝓇𝒶, 𝒸𝓊𝓁𝓉𝓊𝓇𝒶, 𝓁𝒾𝓃ℊ𝓊𝒶, que se desenvolverá os días 2 e 3 de decembro na facultade
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 28/09/2026
lamoncloa.gob.es
Diana Morant anuncia que el Gobierno ha iniciado los trámites para lanzar la primera convocatoria del nuevo Sexenio de Transferencia
La ministra ha reafirmado el compromiso del Gobierno de España con las universidades públicas, con más recursos, más profesorado y nuevas medidas para reforzar la calidad del sistema universitario.
012
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 28/09/2026
Do 28 de setembro ao 2 de outubro ten lugar a iTERRA Talent Week, deseñada para dar a coñecer como se investiga no Campus de Lugo e entrar en contacto cos grupos do instituto iTERRA. Podes inscribirte dende o 16 ao 23 de setembro a través do espazo web do evento
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 27/09/2026
Nas pezas da exposición 𝕍𝕚𝕤𝕦𝕒𝕣𝕚𝕠. 𝔻𝕚𝕔𝕚𝕠𝕟𝕒𝕣𝕚𝕠 𝕧𝕚𝕤𝕦𝕒𝕝 𝕘𝕒𝕝𝕖𝕘𝕠 es estudantes de Fotografía da EASD Mestre Mateo reinterpretan o dicionario galego mediante imaxes tratando de transmitir o seu significado máis aló do literal. Podes ler-ver estes traballos ata o mércores na Facultade de Filoloxía.
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 26/09/2026
Este sábado 26 de setembro, celébrase a VIII Feira das Emprendedoras, que ten os obxectivos de visibilizar, recoñecer e impulsar o talento e os proxectos liderados por mulleres. Podes pasarte a visitala á Praza de Mazarelos entre as 10:00 e as19:00h
010
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 25/09/2026
O venres próximo remata o prazo de solicitude das axudas para teses doutorais da Fundación Ramón Areces. Podes consultar toda a info en: www.usc.gal/gl/servizos/...
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 25/09/2026
Neste 25 de setembro a Aula de Produtos Lácteos está a levar a cabo unha xornada de transferencia con profesionais do sector lácteo. Nela se están a abordar cuestións tan importantes como a microbioloxía e a hixiene nas instalacións, elaboración de leites fermentados, fundamentos da queixería...
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 25/09/2026
Hoxe celebrarase por quinta vez en Galicia 𝘼 𝙉𝙤𝙞𝙩𝙚 𝙚𝙪𝙧𝙤𝙥𝙚𝙖 𝙙𝙖𝙨 𝙥𝙚𝙧𝙨𝙤𝙖𝙨 𝙄𝙣𝙫𝙚𝙨𝙩𝙞𝙜𝙖𝙙𝙤𝙧𝙖𝙨, cunha chea de actividades nas que o persoal investigador das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña e dos organismos de investigación galegos darán a coñecer o seu traballo á cidadanía 🧫🔭
010
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 24/09/2026
Aínda estás a tempo de matricularte nos cursos de competencias en información: 📙 Básico: para o estudantado dos primeiros cursos I mañá é o 𝗱𝗲𝗿𝗿𝗮𝗱𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗱í𝗮 📚 Avanzado: pensado para aqueles que ides comezar o voso TFG I 𝟮 𝗱𝗲 𝗼𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼 último día
011
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 23/09/2026
Este xoves e venres, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, celébranse as Xornadas 'Marx en Compostela: Novas voces na crítica da economía política', organizadas polo IDEGA. A entrada é libre, así que xa sabes :-)
010
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 23/09/2026
O prazo de solicitude das bolsas para estudantes con discapacidade remata o vindeiro martes. Tes a info en: www.usc.gal/gl/servizos/...
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 23/09/2026
Este mércores 23 de setembro o Consello do Estudantado desvelaranos todos os segredos dos Campus da USC en Santiago de Compostela. Saímos ás 19:00 da Biblioteca Concepción Arenal (aka. a Conchi) 🚶‍♀️🚶‍♀️
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 22/09/2026
🧠 Lembra que hoxe ás 23:00 remata o prazo para matricularse no curso de competencias en información para a docencia e a investigación. www.usc.gal/gl/usc/insti...
011
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 22/09/2026
Que non se vos pase a data! Hoxe é o derradeiro día para solicitar as bolsas de colaboración en departamentos para o curso académico 2026-2027 🔬🔬
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 22/09/2026
Unha parada inescusable do 𝗽𝗿𝗼𝗴𝗿𝗮𝗺𝗮 𝗱𝗲 𝗯𝗲𝗻𝘃𝗶𝗱𝗮 deste ano: a primeira sesión deste curso do 𝒸𝒾𝒸𝓁ℴ 𝒹ℯ 𝒸𝒾𝓃ℯ𝓂𝒶 𝒻𝒾𝓁ℴ𝓈ó𝒻𝒾𝒸ℴ. Hoxe ás 17:00 proxectan 🄻🄾🅂🅃 🄷🄸🄶🄷🅆🄰🅈, de David Lynch. Recomendámosche ir un anaquiño antes para botar un ollo á mostra de libros que temos na biblio 📚️ 📚️
011
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 22/09/2026
Última chamada para PDI: hoxe remata o prazo de matrícula para realizar o curso de 𝓒𝓸𝓶𝓹𝓮𝓽𝓮𝓷𝓬𝓲𝓪𝓼 𝓮𝓷 𝓘𝓷𝓯𝓸𝓻𝓶𝓪𝓬𝓲ó𝓷 para a docencia e a investigación
010
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 21/09/2026
A Facultade de Filosofía acollerá mañá as 12h a conferencia ‘O cerebro humano: a gran fronteira da ciencia contemporánea’, na que o científico Juan Lerma abordará algúns dos grandes retos actuais para comprender o funcionamento do cerebro e os mecanismos que están na base da actividade neuronal.
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 21/09/2026
A Facultade de Formación do Profesorado acolle hoxe un espazo de encontro e aprendizaxe para intercambiar ideas co obxectivo de poñer en valor o emprendemento cooperativo e a economía social como motor para un desarrollo sostible 🌏️ 🌱
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 21/09/2026
Os días 21, 24 e 25 de setembro ás 17h, dentro do marco das 𝖃𝖔𝖗𝖓𝖆𝖉𝖆𝖘 𝖉𝖊 𝖎𝖓𝖎𝖈𝖎𝖔 𝖉𝖊 𝖈𝖚𝖗𝖘𝖔, realizaranse roteiros nos que poderedes coñecer os edificios máis emblemáticos da USC. Un deles, o Pazo de Fonseca, acolle á cabeceira do noso sistema de bibliotecas: a Biblioteca Xeral. Vémonos?
021
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 20/09/2026
Mañá da comezo a Semana de Cine de Lugo. Este ano a ℂ𝕒𝕤𝕒 𝕕𝕠 𝕊𝕒𝕓𝕖𝕣 acolle algunhas das súas proxeccións e actividades. Podes consultar a programación en semanadecinedelugo.com/gl
002
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 20/09/2026
O terceiro sábado de cada setembro conmemórase o día da liberdade de software, un dos compoñentes fundamentais da ciencia aberta. Este movemento foi iniciado por Richard Stallman, a quen tivemos a sorte de acoller na USC en 2009. Aquí tedes a ligazón a súa conferencia: tv.usc.es/serial/index...
034
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 19/09/2026
𝑶𝒔 𝒐𝒍𝒍𝒐𝒔 𝒗𝒆𝒓𝒅𝒆𝒔 arrancou un ano máis. Neste ciclo as compañeiras da Numax apréndennos películas diferentes, arriscadas e anovadoras. Así que xa sabes: este curso os luns tes unha cita. E é que, ademais, podes conseguir un crédito ECTS! Consulta as condicións para obtelo na súa web 😉
011
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 18/09/2026
Isto é un aviso para es xornalistas noveis que nos seguides: ate o 30 de setembro podedes inscribirvos na XI edición da Bolsa Nacho Mirás. Tedes toda a info nas bases da convocatoria: www.xornalistas.gal/web/uploads/...
000
Reposted by Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 08/09/2026
Bo inicio de ano lectivo! 🎒📚 Non é que esteamos a incentivar o absentismo escolar 😂, pero é que o mapa de "latar" do ALGa é unha auténtica xoia que tiñamos que compartir. E vós como lle dicides? Podedes escribir nos comentarios. 👇👇 @usc.gal
012
Reposted by Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 17/09/2026
🏆 Antón Santamarina recibe o IX Premio Luís Porteiro Garea da USC! 🏛️ O Paraninfo da @usc.gal acolleu onte o emotivo acto de entrega a unha figura esencial do ILG. O investigador Xosé L. Regueira foi o encargado de ler a laudatio, destacando a súa xenerosidade. Parabéns ao noso querido Antón! 👏🗣️
031
Reposted by Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 17/09/2026
O luns 21 é o #DíaInternacionaldoAlzhéimer e presentamos novo vídeo de Ciencia á Feira. Nas redes e nun acto aberto ao público na Casa do Saber da USC en Lugo, ás 16.30 horas. Moi ben acompañadas pola boa xente de #AFALU. @usc.gal @campusterrausc.bsky.social
159
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 18/09/2026
🟣Descubre o universo de Begoña Caamaño a través dunha exposición que reivindica o legado dunha autora que fixo da palabra unha ferramenta de defensa da lingua galega, do feminismo e da transformación social. 📍 Ata o 30 de setembro na Biblioteca Intercentros de Lugo. 🔗 www.usc.gal/gl/servizos/...
usc.gal
'As voces de Begoña Caamaño'
A Biblioteca Intercentros de Lugo acolle a exposición As voces de Begoña Caamaño, unha mostra que achega á comunidade universitaria e á sociedade a figura dunha das creadoras máis destacadas da cultura galega contemporánea. Xornalista, escritora e activista feminista, Begoña Caamaño destacou polo seu firme compromiso coa lingua galega, coa igualdade e coa defensa dos dereitos sociais, deixando unha fonda pegada tanto no ámbito da comunicación como no da creación literaria.A exposición percorre as distintas etapas da súa traxectoria vital e profesional, desde os seus primeiros pasos no xornalismo ata a súa consolidación como unha das voces máis relevantes do feminismo galego. Un dos eixos centrais da exposición é a súa contribución á literatura galega, especialmente a través das novelas Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle. Nestas obras, Caamaño revisita personaxes femininas da tradición clásica e medieval para ofrecer novas lecturas afastadas dos discursos tradicionais, converténdoas en protagonistas da súa propia historia e reivindicando a súa voz.A mostra tamén pon o foco no seu labor como articulista e comunicadora, destacando o seu posicionamento en favor dos dereitos das mulleres, da defensa dos servizos públicos, da memoria democrática e da participación cidadá. A súa produción xornalística constitúe un valioso testemuño do seu compromiso coa transformación social e coa construción dun pensamento crítico.Con esta exposición, a Biblioteca Intercentros de Lugo súmase á homenaxe dedicada a Begoña Caamaño con motivo das Letras Galegas 2026 e invita o público a redescubrir unha autora cuxo legado intelectual, literario e humano continúa plenamente vixente.
011
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 17/09/2026
Onte inaugurouse a mostra bibliográfica “A democracia en perigo. Libros para comprendela, defendela e fortalecela”, que, impulsada polo equipo decanal, foi comisariada polo profesor Ramón Máiz contando boa colaboración da BUSC. Podes visitala na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais 📚🌎
011
Reposted by Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 15/09/2026
🦋🔬 A Mostra 'Wallace e a orixe das especies', unha exposición organizada polo Campus Terra da @usc.gal, será formalmente inaugurada este xoves coa celebración dun acto de entrada libre no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) ás 19:50 horas www.usc.gal/gl/xornal/ev...
usc.gal
Mostra 'Wallace e a orixe das especies'
A mostra 'Wallace e a orixe das especies', organizada pola USC, pode visitarse do 17 de setembro ao 31 de xaneiro no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). A mostra, que xa foi exhibida no Muse...
012
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 16/09/2026
⏰Continúa aberto o prazo de presentación aos Premios de Investigación Rafael Crecente! Estes premios buscan recoñecer propostas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a sustentabilidade ambiental e a xestión do territorio. Bota un ollo! laborate.usc.es/premios-rafa...
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 15/09/2026
O 13 de novembro terá lugar o II Congreso de Novas Investigacións en Humanidades, dirixido a difundir as investigacións do estudantado pre e postdoutoral que investigue en torno a humanidades dixitais, uso das TIC e a IA, a xestión cultural... Aínda estás a tempo de enviar a túa proposta! 👩‍🎓
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 15/09/2026
Todo o que precisas para comezar! Achégate ao mostrador de préstamo para informarte ou accede á nosa páxina web para coñecer todo o que a túa biblioteca che pode ofrecer 😊 www.usc.gal/es/servicios...
010
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 11/09/2026
Hoxe celebramos o acto de Apertura do Curso Académico 26-27 no Salón Nobre do Colexio de Fonseca 🧑‍🎓 ▶️ Podedes seguilo nesta ligazón a partir das 12: youtube.com/live/HWNFQ88... 🚪📚 Acceso á Biblioteca Xeral pola Travesa de Fonseca (Lateral de Correos). Desfrutade da xornada! 💙
youtube.com
Acto institucional de apertura do curso 2026-2027
YouTube video by Universidade de Santiago de Compostela
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 08/09/2026
📢📅Xa está aberto o prazo de matrícula do Curso Básico de Competencias en Información para o estudantado de 1º e 2º grao. Neste vídeo atoparedes a explicación de como facer a inscrición: www.youtube.com/watch?v=v2sh...
011
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 07/09/2026
As vacacións estiveron ben, pero... que sería de nós sen os vosos clásicos setembrinos "onde fago a TUI para sacar un libro?" ou "podo usar esta biblioteca?"😵‍💫? Dámosvos a benvida a este novo curso! Despegamos! 🚀
static.klipy.com
GTA San Andreas: Okay, Here We Go Again
Alt: GTA San Andreas: Okay, Here We Go Again.
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 31/08/2026
🧭🌀Sabemos que levades todo agosto á deriva nun mare magnum de dúbidas... Xa está actualizada a guía de Iacobus con tódalas novidades para sacarlle todo o partido ao catálogo! rebusca.usc.gal/iacobus-guia...
rebusca.usc.gal
reBUSCa: Iacobus - Guía rápida: Mapa da guía
Guía rápida sobre as novidades e funcionalidades do Catálogo Iacobus
021
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 25/08/2026
Na BUSC temos máis "series" que en calquera outra plataforma! 📺 😜 📰 Buscas prensa histórica, revistas especializadas ou noticias do pasado? Accede ás nosas publicacións seriadas tanto en formato físico como en liña. O teu maratón investigador comeza aquí! 🧵👇 iacobus.usc.gal/nde/jsearch?...
iacobus.usc.gal
PrimoVeNde
011
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 18/08/2026
📢As bibliotecas de centro volven estar abertas ao público, agás a de Xeografía e Historia, que permanecerá pechada por labores de mantemento ata o 24 de agosto.
000
Reposted by Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
CSIC @csic.es · 11/08/2026
🗓️ Mañana, 12 de agosto, es el eclipse solar total, que será visible en España 🌑 ¿Sabías que este fenómeno se convertirá en un laboratorio natural para hacer ciencia? 🔭 Desde el #CSIC te contamos algunas de nuestras investigaciones: de la corona solar al comportamiento animal
13627
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 06/08/2026
📚 Nunca é tarde para recuperar un libro! ☝️ Pero lembrade que o préstamo de verán remata o 8 de setembro. noticiastrabajo.huffingtonpost.es/sociedad/un-...
noticiastrabajo.huffingtonpost.es
Un jubilado de 77 años devuelve un libro a la biblioteca con 150 años de retraso y calculan que la multa ascendería a 17.100 euros
El ejemplar apareció dentro de una caja de té empotrada en una chimenea durante la reforma de una vivienda y ahora será expuesto para evitar que vuelva a desaparecer.
010
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 05/08/2026
🔥🚨 As imaxes da vaga de lumes deste verán amosan unha das peores tempadas de incendios da historia en España. Para comprender o desafío ao que nos enfrontamos, é imprescindible consultar información científica rigorosa. 🧐💡
111
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 04/08/2026
😎Pensando no eclipse do día 12? Entre as coleccións destacadas de agosto da #BNEDigital atópanse narracións e pronósticos de eclipses lunares e solares 👇
010
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 31/07/2026
Atopastes xa a calma para ler que levabades buscando todo o curso? Ou segue a ser a vosa odisea particular? 😉📖 Dedicarlle tempo ás historias sempre foi parte de nós. Un bo exemplo é «A Odisea», atribuída a Homero, que non naceu para ser lida, senón para ser recitada. 🗣👂
static.klipy.com
Poetry Snaps Meme
Alt: Un rapaz con lentes de sol chasca os dedos. Debaixo, aparece escrito: «Poetry snaps».
121
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 31/07/2026
📢Lembra que do 3 ao 14 de agosto as bibliotecas de centro pechan por vacacións. Manteranse abertas a Biblioteca Xeral, a Biblioteca Concepción Arenal e a Intercentros de Lugo, de luns a venres en horario de 9 a 15h.
011
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 24/07/2026
🌎📚 Sabedes que a Biblioteca América da @usc.gal naceu do soño dun emigrante galego? O proxecto impulsado por Gumersindo Busto, e recoñecido internacionalmente, abrangue unha das coleccións máis senlleiras sobre o continente americano.
Fotografía do interior da Biblioteca América. Aparecen librarías cheas de libros, bustos de personalidades latinoamericanas e outras pezas de gran valor.
1123
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 22/07/2026
📣🫡 Fondo bibliográfico! FIIIIIIIIIRMES! Durante o verán, adoitamos ter menos movemento de préstamos nas bibliotecas universitarias e, por iso, aproveitamos para someter a exame á colección. Exemplar a exemplar, comprobamos que cada documento estea no seu sitio. 🧐
120
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 20/07/2026
🤍🩵 Nós somos do CISUG! Do CISUG! Do CISUG! 🎶🥳 Formamos un grande equipo coa @udc.gal e a @uvigo.bsky.social , o Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG).
131
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 17/07/2026
#DíaDoEmoji Os emojis teñen antepasados. Moito antes dos móbiles, os manuscritos iluminados xa enriquecían o texto con pequenas imaxes e símbolos. No noso fondo, conservamos un magnífico exemplo xa coñecido por vós: 📖🕑🫅🦁 Sabedes cal é?
Miniatura pertencente ao 📖🕑🫅🦁 dun personaxe deitado sobre o texto.Miniatura pertencente ao 📖🕑🫅🦁 dun personaxe deitado sobre o texto.Miniatura pertencente ao 📖🕑🫅🦁 dun personaxe pendurando dunha barra horizontal.Miniatura pertencente ao 📖🕑🫅🦁 dun personaxe visiblemente canso coa cabeza apoiada nunha letra C.
043
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 15/07/2026
🌞🧴É o momento da crema solar, a gorra e a busca da sombra, imprescindibles para evitar queimaduras e reducir o risco de cancro. 🛡 Coma nós, os libros tampouco son amigos dos raios ultravioletas: a luz acelera o envellecemento do papel, vólveo fráxil e amarelo.
Imaxe de dúas librarías en penumbra.
121