Sign in

Instituto da Lingua Galega

@ilgusc.bsky.social
357 followers 67 following 308 posts

Conta oficial do Instituto da Lingua Galega (USC)

PostsRepliesMedia
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 8h
📍Vigo acolle o 'XXII Encontro de Morfólogos' os días 1️⃣ e 2️⃣ de outubro! Baixo o lema “Tecer morfoloxías”, a cita homenaxea ao prof. Antonio Rifón e contará coa presenza dos membros do ILG Francisco Dubert, María Álvarez de la Granja e Reyes Rodríguez. encontro.morfoloxia.2026.webs.uvigo.gal
000
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 29/09/2026
🎓 O vindeiro 3 de outubro, ás 12 h, o noso investigador Ernesto González Seoane ingresará na @realacademiagalega.bsky.social. 📍 O acto será no Paraninfo da USC, onde pronunciará o discurso "Reflexións arredor da prescrición e a descrición no dicionario (académico)". 🔗 www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
Ernesto González Seoane ingresará na RAG como académico numerario | Universidade de Santiago de Compostela
O catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela Ernesto González Seoane (O Barqueiro, 1962) ingresará o sábado 3 de outubro na Real Academia Galega como membro...
030
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 28/09/2026
O fútbol galego xoga a prol do idioma! ⚽️🗣️ Nun momento crítico para a lingua, Celta e Deportivo lideran un "novo derbi" comunicativo. @gciencia.bsky.social faise eco do estudo de Estela Fidalgo e Miguel Guisantes (ILG) sobre o uso do galego en ambos os clubs dentro do proxecto IDEOLINGAL. 👇
022
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 18/09/2026
📸 O ILG viaxa a Picuote (Miranda do Douro)! A vindeira semana as nosas investigadoras Marta Negro e Reyes Rodríguez participarán na IV Fiesta de las Lhénguas. Dámoslle as grazas por convidarnos á Associação Frauga, que leva 30 anos a traballar en defensa do patrimonio mirandés! ✨ @usc.gal
032
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 17/09/2026
🏆 Antón Santamarina recibe o IX Premio Luís Porteiro Garea da USC! 🏛️ O Paraninfo da @usc.gal acolleu onte o emotivo acto de entrega a unha figura esencial do ILG. O investigador Xosé L. Regueira foi o encargado de ler a laudatio, destacando a súa xenerosidade. Parabéns ao noso querido Antón! 👏🗣️
031
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 15/09/2026
Parabéns a Matilda Alves e Clara Bernard, galardoadas co premio Agabones grazas aos seus brillantes expedientes na disciplina de Lhéngua i Cultura Mirandesa! Viaxaron a Galicia para coñecer o galego e visitaron o noso centro. A vindeira semana o ILG estará na Fiesta de las Lhénguas en Picuote. 🇵🇹🤝
031
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 10/09/2026
Bo día! 📢 Novo artigo dispoñible en liña no número en curso de 'Estudos de Lingüística Galega'! Nesta ocasión, Patricia Fernández Martín (@uam.es) analiza a onomástica no discurso relixioso 🙏 feminino a través de textos do século XVII. 🔗 doi.org/10.15304/elg... #ELG @usc.gal
020
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 08/09/2026
Bo inicio de ano lectivo! 🎒📚 Non é que esteamos a incentivar o absentismo escolar 😂, pero é que o mapa de "latar" do ALGa é unha auténtica xoia que tiñamos que compartir. E vós como lle dicides? Podedes escribir nos comentarios. 👇👇 @usc.gal
012
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 06/09/2026
Mapa de 'toupa' do 'Patrimonio léxico da Gallaecia'! 🗺️ Sabías que a toupa 🕳️ e a ra 🐸 fixeron un trato coas súas partes do corpo? No 'Dicionario de dicionarios' encontramos algunha referencia onde se di que a toupa lle cambiou á ra os ollos polo rabo. 👁️🔄🪱 Escoitarades algunha vez esta historia?👂
110
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 02/09/2026
Hoxe presentamos 2️⃣ traballos de xeolingüística na Amazonia brasileira que se poden ler en ELG. Marilucia Oliveira cartografa os haxiotopónimos en comunidades quilombolas do Pará. Matheus Santos e Romário Sanches analizan a variación lexical para o íten Vía Láctea no Atlas Linguístico do Amapá. 👇
111
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 01/09/2026
A revista ELG presenta 8️⃣ traballos!! Os vindeiros días daremos a coñecer estes estudos. Hoxe presentamos o realizado por Jan-André Diederich, Sarah Buschfeld e Elena Seoane. Confirman que o español segue a ser a lingua maioritaria nos carteis da cidade de Vigo. doi.org/10.15304/elg...
000
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 31/08/2026
📢 Que tipo de oración escoitas? Avaliación de 2️⃣ modelos de síntese de voz en galego. No ILG e no CiTIUS, dentro do @nos.gal Nós, estamos a analizar os patróns prosódicos de enunciados producidos por modelos de síntese de voz en galego. 🎧 Anímate a participar neste breve test perceptivo! 👇
111
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 28/08/2026
O noso punto de igualdade apareceu onte engalanado con estas bonitas pólas de castiñeiro. 🧡 Ti como lle chamas á casca de espiñas que contén as castañas? 🌰 #AtlasLingüísticoGalego #ALGa #castiñeiro #ourizo #dialectoloxía @usc.gal
121
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 21/08/2026
Antón Santamarina, Premio Luís Porteiro Garea!!🏆 O xurado destacou o feito de ser "unha das figuras máis destacadas da lingüística galega contemporánea, que xogou un papel esencial no coñecemento do estado da lingua galega e das súas variantes, e tamén no establecemento da súa forma culta actual".
110
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 14/07/2026
O espectáculo 'Tres vellas na romaría', con Celso Sanmartín, Guti e Quico Cadaval, no VIII CIDS, organizado polo ILG e o Projeto ALIB. 📅14/07, 19 h 📍Salón de actos da Fac. de Filoloxía Entrada libre ata completar a capacidade da sala. Actividade financiada pola Secretaría Xeral da Lingua.
020
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 14/07/2026
Onte comezou o VIII CIDS, organizado polo ILG e o Projeto ALIB, que reúne a máis de 200 congresistas de diversos países na Facultade de Filoloxía da @usc.gal. No primeiro día homenaxeouse a Aparecida Izquierdo (UFMS), directora científica do Comité Nacional de Coordinación do proxecto ALIB.
020
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 15/06/2026
📢 O Centro de Estudos Galegos da @uniheidelberg.bsky.social organiza a 'III Xornada de novas investigacións en lingua galega', en que participan os membros do ILG Iván Arias e Estela Fidalgo. 📅18/06 ⌚A partir das 15:30 h 📎Acceso á xornada: teams.microsoft.com/meet/3107181... @usc.gal
032
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 15/06/2026
Que papel xogan a experiencia e a adaptación na comprensión bilingüe? Se queredes saber a resposta, asistide á conferencia de Hanna G. Treadway, da Universidade de Florida, na Facultade de Filoloxía da @usc.gal.
010
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 12/06/2026
📢 Conversa sobre Begoña Caamaño con María Reimóndez, escritora e tradutora, e María Xesús Nogueira, investigadora do ILG. 📅 16 de xuño ⌚ 18:00 h 📍 Sala de divulgación do ILG 🔗 Inscrición: forms.cloud.microsoft/e/pyEX8teGi4 #BegoñaCaamaño #MaríaReimóndez #MaríaXesúsNogueira @usc.gal
020
Reposted by Instituto da Lingua Galega
Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento @iegps.bsky.social · 29/05/2026
O noso compañeiro @miguelgcia-fdez.bsky.social presentou esta mañá a comunicación "As virtudes e desafíos do Escritorio Galego-PortuguésAntigo (EGPA) como fonte para o estudo da lingua e da historia no período medieval", en coautoría con Ricardo Pichel @uneduniv.bsky.social @ilgusc.bsky.social.
111
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 02/06/2026
✍ Hoxe deixámosvos 2️⃣ artigos de Vítor Míguez. 🧐"Large language models as first-pass filters for corpus annotation: semantic disambiguation of Galician pobo" 👉 doi.org/10.1515/opli... 🧐"Los complementos con en del gallego: una alternancia transitivo/oblicuo" 👉 doi.org/10.1075/rro.... @usc.gal
010
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 29/05/2026
Dolores Vilavedra, membro do noso centro, foi elixida nova presidenta do Consello da Cultura Galega. Queremos transmitirlle os nosos parabéns e desexarlle azos e unha boa andaina nesta etapa. Tamén queremos recoñecer o gran labor de Rosario Álvarez ao longo destes anos. 📸CCG @usc.gal
010
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 29/05/2026
Podedes saber máis sobre o proxecto IDEOLINGAL, dirixido por Carme Silva e Xosé Luís Regueira, membros do ILG, no Xornal da @usc.gal.
010
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 21/05/2026
🏃‍♂️Xurde, que este venres 2️⃣2️⃣ remata o prazo para inscribirse na III Xeira CLARIAH-GAL!! 💻 A xornada terá lugar o 29/05 na Fac. de Filoloxía e está dedicada ás Humanidades Dixitais e ás tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais. 👉 ilg.usc.gal/gl/actividad...
000
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 20/05/2026
📢 Acaba de saír do prelo na revista 'Isogloss' o artigo "Prosodic and intonational patterns in Mirandese: An instrumental analysis of a minority language in Portugal", de Elisa Fdez. Rei, investigadora do ILG, e Pedro Oliveira, da Université Jean Moulin Lyon III. 🤓 revistes.uab.cat/isogloss/art...
020
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 18/05/2026
Hoxe rendémoslle homenaxe a Begoña Caamaño, muller fondamente comprometida coa lingua galega. "Non sabería escribir, nin querería escribir doutra maneira, que desde o galego e desde o feminino; eu son muller, galega." Os mapas poden consultarse na Cartografía dos apelidos de Galicia. @usc.gal
010
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 11/05/2026
✍ Artigo "O papel (des)cortés do humor na produción do piropo galego", de Estela Fidalgo, na revista 'Galicia 21'. 🧐 Fidalgo analiza as diferenzas xeracionais e de xénero á hora de empregar elementos humorísticos na produción do piropo. 👉 www.galicia21journal.org/N/index.php
042
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 08/05/2026
📢Conferencia da investigadora do ILG M.ª Xesús Nogueira no Ateneo de Santiago sobre "As mil vidas vividas de Begoña Caamaño"! 📆11/05 ⌚19:30 h 📹Transmitirase en directo no web do Ateneo e na súa canle de Youtube 🎟️Entrada libre Esta actividade está organizada polo Ateneo en colaboración co ILG.
000
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 06/05/2026
📢 Resolución definitiva da asignación de axudas para estadías no ILG!! As persoas seleccionadas foron: 👉Leticia-Tian Zhang (Beijing Foreign Studies University) 👉Manuel Delicado Cantero (Australian National University) 🎉Parabéns!! 🤝Grazas ás persoas que se presentaron!! ilg.usc.gal/gl/novidades...
000
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 01/05/2026
Na vosa terra hai a tradición de colocar esta noite ramallos de xestas nas portas e nos coches para protexerse? Esta tradición está moi viva nas Rías Baixas, como hoxe nos contaba Francisco Fdez. Rei, que escoitou desde pequeno que a xesta escorrenta as meigas por ter propiedades máxicas.
071
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 23/04/2026
📕Feliz Día Internacional do Libro!! 🤓Podedes dicirnos nos comentarios que libro en galego recomendades ler. Lembrámosvos que temos unha biblioteca á que podedes vir consultar calquera libro dos nosos fondos. #ilgusc @usc.gal #DíadoLibro #DíaInternacionaldoLibro
010
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 22/04/2026
🎭 Teatro na Fac. de Filoloxía da @usc.gal!! 'Mala vida e pior morte do rei Ricardo III' A obra, protagonizada polo actor e dramaturgo Evaristo Calvo, rebate o relato da vida do defunto rei de Inglaterra dramatizado por Wiliam Shakespeare. 📆23/04 🕡18:30 h Entrada libre!! @filoloxiausc.bsky.social
010
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 20/04/2026
📢 A investigadora do ILG Teresa Amado presenta o proxecto colaborativo 'Falas grego e non o sabes! Helenismos no galego', xunto a outros proxectos colaborativos, na Fac. de Filoloxía da @usc.gal o 21/04, ás 12 h. A seguir, inaugurarase unha exposición con todos os traballos.
130
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 17/04/2026
Xornada 'A IA xerativa tamén en galego. Dereitos lingüísticos e boas prácticas para a docencia tecnolóxica', da @uvigo.bsky.social. Adina Vladu e Manuel Glez. participarán na mesa redonda "Recursos lingüísticos e terminolóxicos para a docencia en galego no ámbito tecnolóxico". iax.webs.uvigo.gal
031
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 16/04/2026
Un grupo do ILG fomos onte ver a obra 'Hamlet' do CDG, con adaptación do texto de Vanesa Sotelo e Tito Asorey e dirixida por este último. Gozamos moito desta proposta escénica e queremos transmitirlle os nosos parabéns a todo o equipo. Viva o teatro galego en galego!!
010
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 15/04/2026
📢Mañá xoves estará connosco Oumar Seydi, da Université Assane Seck de Zinguichor (Senegal), para falarnos da lingua pulaar e o ensino. 🎉Estades convidadas e convidados a asistir!! 📆16 de abril ⌚12:00 h 📍Instituto da Lingua Galega #ilgusc #pulaar #Senegal #OumarSeydi #conferencia @usc.gal
021
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 12/04/2026
📢Ciclo de conferencias do Grupo Gramática do Español no mes de abril. O día 1️⃣3️⃣será a quenda de Oumar Seydi, da Université Assane Seck (Senegal), e de Carmen Parafita, colaboradora do ILG. O día 1️⃣6️⃣, ás 12 h, Seydi tamén falará no ILG sobre a lingua pulaar. gramatica.usc.es/es/events @usc.gal
010
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 08/04/2026
🗣O @consellocultura.bsky.social organiza a xornada 'Recoller a memoria oral desde a escola: experiencias e retos'. 📼Francisco Fdez. Rei falará sobre as gravacións realizadas polo alumnado dos cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega dirixidos ao profesorado de EXB. 📆9/4 ⌚16:30 📍CCG
consellodacultura.gal
Recoller a memoria oral desde a escola: experiencias e retos
9 de abril de 2026
011
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 05/04/2026
Dito recollido no 'Dicionario de dicionarios'. ilg.usc.gal/ddd #ilgusc #DicionariodeDicionarios @usc.gal
010
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 01/04/2026
👥O 26/03 recibimos a visita de alumnado de primaria e de secundaria do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel. 🧐Puideron coñecer a través da nosa xincana algúns dos nosos proxectos relacionados. Foi un auténtico pracer recibilas e recibilos! ilg.usc.gal/gl/queres-vi... @usc.gal #VisitasEscolaresILG
010
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 25/03/2026
🎥 Xa podes ver o vídeo do noso seminario “Las publicaciones académicas en lingüística: una introdución paso a paso”, impartido por Josep Ausensi. 📚 Unha guía práctica para entender todo o proceso de publicación académica. ▶️ Accede ao vídeo aquí: youtu.be/Dtv2rS_NGsA?...
youtu.be
Seminario de formación. Las publicaciones académicas en lingüística: una introducción paso a paso
YouTube video by Instituto da Lingua Galega - USC
011
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 17/03/2026
🗣️O 29 de maio chega á Facultade de Filoloxía (USC) a III Xeira CLARIAH-GAL sobre humanidades dixitais. 📢Queres presentar un póster do teu proxecto? Envía un resumo (máx. 500 palabras) a ilgsec@usc.gal
001
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 16/03/2026
🗣️ Queremos darlle os nosos parabéns á primeira reitora na historia da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras. Desexámoslle moitos éxitos nesta nova etapa á fronte da USC e confiamos en que o seu mandato contribúa a fortalecer a presenza e uso da lingua galega dentro da Universidade.
000
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 13/03/2026
A @usc.gal acolleu hoxe o 'II Encontro Luso-Galaico de PNL', impulsado polo proxecto @nos.gal no marco da iniciativa #ALIA, promovida polo Goberno central. Persoal investigador, empresas e institucións reuníronse para avanzar no desenvolvemento de tecnoloxías da linguaxe para o galego-portugués. 👇
120
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 12/03/2026
🗣️ Xa está aberto o prazo de preinscrición para a XXXVI edición de Galego sen fronteiras, o curso de verán de lingua e cultura galegas que terá lugar do 3 ao 24 de xullo en Santiago de Compostela. 🗓️ Podes inscribirte ata o 6 de abril. 👉 Para máis info escanea o QR #GalegoSenFronteiras #ILG #USC
000
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 11/03/2026
🫱🏾‍🫲🏾🗣️ Onte inauguramos no ILG o noso Punto de Igualdade. 🟰 Un novo espazo creado pola Comisión de Xénero e Igualdade do Instituto, pensado para ofrecer información, apoio e protección a todas as persoas do centro e da USC. Agradecémoslle a presenza a Sonia Esperanza Rodríguez Boente. #ilgUSC #USC8M
200
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 06/03/2026
📢 Últimos días para inscribirse con tarifa reducida no CIDS 2026! ⏰ Lembrade que o prazo para realizar o pagamento con tarifa reducida remata o 9 de marzo. 🔗 Máis información e inscrición en 👉 ilg.usc.gal/cids2026
ilg.usc.gal
Presentación - VIII CIDS 2026
O VIII Congreso Internacional de Dialectoloxía e Sociolingüística (CIDS 2026), organizado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela en parcería co Projeto Atlas Linguís...
000
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 05/03/2026
⏳ Ampliación de prazo! Amplíase ata o 15 de marzo de 2026 o prazo para o envío de propostas ao coloquio internacional sobre prácticas heteroglósicas nos espazos hispano-lusófonos, que se celebrará en París en 2026 e no que participa o ILG como coorganizador. 🔗 ℹ️: pratheterogloss.sciencesconf.org
010
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 04/03/2026
📚✨ O alumnado do CEIP López Ferreiro achegouse ao ILG para coñecer a que foi residencia de Rosalía de Castro entre 1863 e 1865… e acabou descubrindo tamén todo o que se fai hoxe dentro do Instituto!
010
Instituto da Lingua Galega @ilgusc.bsky.social · 02/03/2026
📢 Carsten Sinner falará o día 3, ás 11 h, no ILG sobre contacto galego e castelán en América. 🗣️ Abordará a cuestión de por que o galego apenas espertou o interese da lingüística hispánica. Ademais, presentará exemplos concretos de influencias lingüísticas do galego sobre o castelán do Uruguai. 👇
110