Sign in

Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela

@buscusc.bsky.social
734 followers 139 following 602 posts

A BUSC é, pola riqueza dos seus fondos bibliográficos, unha das máis importantes bibliotecas universitarias españolas. Síguenos tamén en @buschorarios.bsky.social‬, Instagram e Tiktok: @busc_usc

PostsRepliesMedia
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 08/10/2026
▶️Arranca a primeira edición do Curso Avanzado de Competencias en Información. Se estás matriculada ou matriculado e tes algunha dúbida, contacta coa túa biblioteca de referencia. Podes consultar cal é en: view.genially.com/665093d53201...
011
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 02/10/2026
Último día da exposición 'As linguas unen' na Biblioteca de Filoloxía. Que non se che pase!
020
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 01/10/2026
Hoxe arranca a primeira edición do Curso Básico de Competencias en Información. Se estás matriculade e tes algunha dúbida, contacta coa túa biblioteca de referencia. Podes consultar cal é en: view.genially.com/665093d53201...
011
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 30/09/2026
📢 Se es estudante, PDI ou PTXAS da Facultade de Filoloxía tes ata o 6 de outubro podes presentar a túa propostas á convocatoria de Proxectos Colaborativos 2026-2027. Remite a túa proposta a través do seguinte formulario: 📝https://forms.cloud.microsoft/e/Q70SVjWMe
021
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 29/09/2026
Ata o 7 de outubro de 2026 a comunidade da Facultade de Filoloxía (estudantado, PDI e PTXAS) estades a tempo para enviar as vosas propostas ao Programa Converxencias 𝒜 ℯ𝓂𝒾ℊ𝓇𝒶𝒸𝒾ó𝓃. ℒ𝒾𝓉ℯ𝓇𝒶𝓉𝓊𝓇𝒶, 𝒸𝓊𝓁𝓉𝓊𝓇𝒶, 𝓁𝒾𝓃ℊ𝓊𝒶, que se desenvolverá os días 2 e 3 de decembro na facultade
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 28/09/2026
Do 28 de setembro ao 2 de outubro ten lugar a iTERRA Talent Week, deseñada para dar a coñecer como se investiga no Campus de Lugo e entrar en contacto cos grupos do instituto iTERRA. Podes inscribirte dende o 16 ao 23 de setembro a través do espazo web do evento
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 27/09/2026
Nas pezas da exposición 𝕍𝕚𝕤𝕦𝕒𝕣𝕚𝕠. 𝔻𝕚𝕔𝕚𝕠𝕟𝕒𝕣𝕚𝕠 𝕧𝕚𝕤𝕦𝕒𝕝 𝕘𝕒𝕝𝕖𝕘𝕠 es estudantes de Fotografía da EASD Mestre Mateo reinterpretan o dicionario galego mediante imaxes tratando de transmitir o seu significado máis aló do literal. Podes ler-ver estes traballos ata o mércores na Facultade de Filoloxía.
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 26/09/2026
Este sábado 26 de setembro, celébrase a VIII Feira das Emprendedoras, que ten os obxectivos de visibilizar, recoñecer e impulsar o talento e os proxectos liderados por mulleres. Podes pasarte a visitala á Praza de Mazarelos entre as 10:00 e as19:00h
010
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 25/09/2026
O venres próximo remata o prazo de solicitude das axudas para teses doutorais da Fundación Ramón Areces. Podes consultar toda a info en: www.usc.gal/gl/servizos/...
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 25/09/2026
Neste 25 de setembro a Aula de Produtos Lácteos está a levar a cabo unha xornada de transferencia con profesionais do sector lácteo. Nela se están a abordar cuestións tan importantes como a microbioloxía e a hixiene nas instalacións, elaboración de leites fermentados, fundamentos da queixería...
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 25/09/2026
Hoxe celebrarase por quinta vez en Galicia 𝘼 𝙉𝙤𝙞𝙩𝙚 𝙚𝙪𝙧𝙤𝙥𝙚𝙖 𝙙𝙖𝙨 𝙥𝙚𝙧𝙨𝙤𝙖𝙨 𝙄𝙣𝙫𝙚𝙨𝙩𝙞𝙜𝙖𝙙𝙤𝙧𝙖𝙨, cunha chea de actividades nas que o persoal investigador das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña e dos organismos de investigación galegos darán a coñecer o seu traballo á cidadanía 🧫🔭
010
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 24/09/2026
Aínda estás a tempo de matricularte nos cursos de competencias en información: 📙 Básico: para o estudantado dos primeiros cursos I mañá é o 𝗱𝗲𝗿𝗿𝗮𝗱𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗱í𝗮 📚 Avanzado: pensado para aqueles que ides comezar o voso TFG I 𝟮 𝗱𝗲 𝗼𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼 último día
011
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 23/09/2026
Este xoves e venres, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, celébranse as Xornadas 'Marx en Compostela: Novas voces na crítica da economía política', organizadas polo IDEGA. A entrada é libre, así que xa sabes :-)
010
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 23/09/2026
O prazo de solicitude das bolsas para estudantes con discapacidade remata o vindeiro martes. Tes a info en: www.usc.gal/gl/servizos/...
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 23/09/2026
Este mércores 23 de setembro o Consello do Estudantado desvelaranos todos os segredos dos Campus da USC en Santiago de Compostela. Saímos ás 19:00 da Biblioteca Concepción Arenal (aka. a Conchi) 🚶‍♀️🚶‍♀️
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 22/09/2026
🧠 Lembra que hoxe ás 23:00 remata o prazo para matricularse no curso de competencias en información para a docencia e a investigación. www.usc.gal/gl/usc/insti...
011
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 22/09/2026
Que non se vos pase a data! Hoxe é o derradeiro día para solicitar as bolsas de colaboración en departamentos para o curso académico 2026-2027 🔬🔬
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 22/09/2026
Unha parada inescusable do 𝗽𝗿𝗼𝗴𝗿𝗮𝗺𝗮 𝗱𝗲 𝗯𝗲𝗻𝘃𝗶𝗱𝗮 deste ano: a primeira sesión deste curso do 𝒸𝒾𝒸𝓁ℴ 𝒹ℯ 𝒸𝒾𝓃ℯ𝓂𝒶 𝒻𝒾𝓁ℴ𝓈ó𝒻𝒾𝒸ℴ. Hoxe ás 17:00 proxectan 🄻🄾🅂🅃 🄷🄸🄶🄷🅆🄰🅈, de David Lynch. Recomendámosche ir un anaquiño antes para botar un ollo á mostra de libros que temos na biblio 📚️ 📚️
011
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 22/09/2026
Última chamada para PDI: hoxe remata o prazo de matrícula para realizar o curso de 𝓒𝓸𝓶𝓹𝓮𝓽𝓮𝓷𝓬𝓲𝓪𝓼 𝓮𝓷 𝓘𝓷𝓯𝓸𝓻𝓶𝓪𝓬𝓲ó𝓷 para a docencia e a investigación
010
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 21/09/2026
A Facultade de Filosofía acollerá mañá as 12h a conferencia ‘O cerebro humano: a gran fronteira da ciencia contemporánea’, na que o científico Juan Lerma abordará algúns dos grandes retos actuais para comprender o funcionamento do cerebro e os mecanismos que están na base da actividade neuronal.
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 21/09/2026
A Facultade de Formación do Profesorado acolle hoxe un espazo de encontro e aprendizaxe para intercambiar ideas co obxectivo de poñer en valor o emprendemento cooperativo e a economía social como motor para un desarrollo sostible 🌏️ 🌱
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 21/09/2026
Os días 21, 24 e 25 de setembro ás 17h, dentro do marco das 𝖃𝖔𝖗𝖓𝖆𝖉𝖆𝖘 𝖉𝖊 𝖎𝖓𝖎𝖈𝖎𝖔 𝖉𝖊 𝖈𝖚𝖗𝖘𝖔, realizaranse roteiros nos que poderedes coñecer os edificios máis emblemáticos da USC. Un deles, o Pazo de Fonseca, acolle á cabeceira do noso sistema de bibliotecas: a Biblioteca Xeral. Vémonos?
021
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 20/09/2026
Mañá da comezo a Semana de Cine de Lugo. Este ano a ℂ𝕒𝕤𝕒 𝕕𝕠 𝕊𝕒𝕓𝕖𝕣 acolle algunhas das súas proxeccións e actividades. Podes consultar a programación en semanadecinedelugo.com/gl
002
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 20/09/2026
O terceiro sábado de cada setembro conmemórase o día da liberdade de software, un dos compoñentes fundamentais da ciencia aberta. Este movemento foi iniciado por Richard Stallman, a quen tivemos a sorte de acoller na USC en 2009. Aquí tedes a ligazón a súa conferencia: tv.usc.es/serial/index...
034
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 19/09/2026
𝑶𝒔 𝒐𝒍𝒍𝒐𝒔 𝒗𝒆𝒓𝒅𝒆𝒔 arrancou un ano máis. Neste ciclo as compañeiras da Numax apréndennos películas diferentes, arriscadas e anovadoras. Así que xa sabes: este curso os luns tes unha cita. E é que, ademais, podes conseguir un crédito ECTS! Consulta as condicións para obtelo na súa web 😉
011
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 18/09/2026
Isto é un aviso para es xornalistas noveis que nos seguides: ate o 30 de setembro podedes inscribirvos na XI edición da Bolsa Nacho Mirás. Tedes toda a info nas bases da convocatoria: www.xornalistas.gal/web/uploads/...
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 17/09/2026
Onte inaugurouse a mostra bibliográfica “A democracia en perigo. Libros para comprendela, defendela e fortalecela”, que, impulsada polo equipo decanal, foi comisariada polo profesor Ramón Máiz contando boa colaboración da BUSC. Podes visitala na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais 📚🌎
011
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 16/09/2026
⏰Continúa aberto o prazo de presentación aos Premios de Investigación Rafael Crecente! Estes premios buscan recoñecer propostas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a sustentabilidade ambiental e a xestión do territorio. Bota un ollo! laborate.usc.es/premios-rafa...
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 15/09/2026
O 13 de novembro terá lugar o II Congreso de Novas Investigacións en Humanidades, dirixido a difundir as investigacións do estudantado pre e postdoutoral que investigue en torno a humanidades dixitais, uso das TIC e a IA, a xestión cultural... Aínda estás a tempo de enviar a túa proposta! 👩‍🎓
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 15/09/2026
Todo o que precisas para comezar! Achégate ao mostrador de préstamo para informarte ou accede á nosa páxina web para coñecer todo o que a túa biblioteca che pode ofrecer 😊 www.usc.gal/es/servicios...
010
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 08/09/2026
📢📅Xa está aberto o prazo de matrícula do Curso Básico de Competencias en Información para o estudantado de 1º e 2º grao. Neste vídeo atoparedes a explicación de como facer a inscrición: www.youtube.com/watch?v=v2sh...
011
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 18/08/2026
📢As bibliotecas de centro volven estar abertas ao público, agás a de Xeografía e Historia, que permanecerá pechada por labores de mantemento ata o 24 de agosto.
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 31/07/2026
📢Lembra que do 3 ao 14 de agosto as bibliotecas de centro pechan por vacacións. Manteranse abertas a Biblioteca Xeral, a Biblioteca Concepción Arenal e a Intercentros de Lugo, de luns a venres en horario de 9 a 15h.
011
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 24/07/2026
🌎📚 Sabedes que a Biblioteca América da @usc.gal naceu do soño dun emigrante galego? O proxecto impulsado por Gumersindo Busto, e recoñecido internacionalmente, abrangue unha das coleccións máis senlleiras sobre o continente americano.
Fotografía do interior da Biblioteca América. Aparecen librarías cheas de libros, bustos de personalidades latinoamericanas e outras pezas de gran valor.
1123
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 17/07/2026
#DíaDoEmoji Os emojis teñen antepasados. Moito antes dos móbiles, os manuscritos iluminados xa enriquecían o texto con pequenas imaxes e símbolos. No noso fondo, conservamos un magnífico exemplo xa coñecido por vós: 📖🕑🫅🦁 Sabedes cal é?
Miniatura pertencente ao 📖🕑🫅🦁 dun personaxe deitado sobre o texto.Miniatura pertencente ao 📖🕑🫅🦁 dun personaxe deitado sobre o texto.Miniatura pertencente ao 📖🕑🫅🦁 dun personaxe pendurando dunha barra horizontal.Miniatura pertencente ao 📖🕑🫅🦁 dun personaxe visiblemente canso coa cabeza apoiada nunha letra C.
043
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 15/07/2026
🌞🧴É o momento da crema solar, a gorra e a busca da sombra, imprescindibles para evitar queimaduras e reducir o risco de cancro. 🛡 Coma nós, os libros tampouco son amigos dos raios ultravioletas: a luz acelera o envellecemento do papel, vólveo fráxil e amarelo.
Imaxe de dúas librarías en penumbra.
121
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 14/07/2026
020
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 14/07/2026
📢O catálogo Iacobus incorpora Syndetics, ferramenta para descubrir mellor os recursos da BUSC❗ Este servizo permite consultar, cando están dispoñibles, contidos adicionais como imaxes das portadas, resumos, biografías de autores, índices, etc. que facilitan o descubrimento dos recursos.
130
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 09/07/2026
📢 Queres sacar partido ao impacto da túa investigación con ORCID ou afondar no Journal Citation Reports❓ 👉 Inscríbete co correo institucional nas seguintes formacións en liña: 14.07.2026 | 13.00h-14.00h: Maximizando o impacto da túa investigación con ORCID (nivel básico) goo.su/Q110z
110
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 03/07/2026
Esta mañá, na Biblioteca Xeral, acollimos un curso de verán sobre as Cantigas de Santa María de Alfonso X O Sabio 🫅📚 Do século XIII, a obra reúne máis de 400 composicións en galaicoportugués dedicadas á Virxe. Poesía, música e miniaturas convértena nunha das grandes xoias da Idade Media.
Miniatura das Cantigas de Santa María.
140
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 02/07/2026
📅16 de xullo, de 13.00h a 14.00h: Nova sesión sobre a Web Of Science, pero desta vez SÓ PARA PERSOAL BIBLIOTECARIO E ADMINISTRADORES DAS INSTITUCIÓNS que forman parte da licenza nacional de WoS. Se é o teu caso, rexístrate co correo instucional: goo.su/Uo7AMs9
100
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 01/07/2026
📜 Pensando en facer unha investigación de verán? Lembrade que o Arquivo Histórico Universitario da USC muda o seu horario nos meses de xullo e agosto. 📌 Como xa sabedes, na Casa Simeón de 09.30 a 14:00 h. www.usc.gal/gl/servizos/...
Interior do Arquivo Histórico Universitario da USC.
110
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 30/06/2026
📢Queres mellorar a visibilidade do teu perfil de investigador en WoS❓ O vindeiro 9 de xullo terá lugar unha formación presencial na aula Luisa Cuesta da Biblioteca Concepción Arenal, en horario de 10 a 13 horas. Para participar é necesario inscribirse a través deste formulario: goo.su/A7wAME
101
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 30/06/2026
📢O repositorio Minerva xa volve estar operativo e agora con nova imaxe❗ Que vos parece❓
020
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 29/06/2026
🚨 Esta tarde, a partir das 16:00 horas, o repositorio Minerva non estará operativo. Se non xorde ningún inconveniente, o servizo restablecerase mañá pola mañá. Desculpade as molestias!
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 26/06/2026
Na #bibliotecadotempo viaxamos á Asiria do século VII a. C., onde o Rei Asurbanipal levou o imperio ao seu máximo esplendor cultural. Reuniu en Nínive a maior biblioteca coñecida da antiga Mesopotamia, con máis de 20.000 táboas e fragmentos de arxila con escritura cuneiforme 🧀
O Rei Asurbanipal representado nun relevo durante a caza do león, no Palacio Norte de Nínive (Museo Británico).
No cinto do rei pódese ver un obxecto alongado semellante a un lapis. Chegouse á conclusión de que se trata dun estilete empregado para escribir.

Licenza  CC BY-SA 2.0

Sculpted reliefs depicting Ashurbanipal, the last great Assyrian king, hunting lions, gypsum hall relief from the North Palace of Nineveh (Irak), c. 645-635 BC, British Museum /Por Carole Raddato.

https://www.flickr.com/photos/carolemage/16722368932/
130
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 19/06/2026
No Día do Paseo compartimos un impreso do 1600 que demostra que esta afección vén de lonxe. "A gran guía dos camiños para ir e vir por todo o Reino de Francia, [...] ampliada coa viaxe a Santiago, Roma e Venecia" Non garantimos a vixencia da información 😉 #camiñodesantiago bit.ly/4viM8n5
Fotografía na que aparece, nun primeiro plano, unha páxina do libro citado que contén un debuxo dun peregrino medieval. Ademais, ao fondo da imaxe á esquerda, está a Berenguela, unha das torres da Catedral de Santiago de Compostela.
020
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 18/06/2026
📢Dispoñible a edición 2026 do Journal Citation Reports❗ Esta edición permite consultar as métricas de 22.463 revistas repartidas en 254 categorías. Tamén se observa unha expansión gradual do acceso aberto (AA), cun aumento do 6% ata acadar as 6.703 revistas desta tipoloxía. goo.su/RX4dg
000
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 17/06/2026
📚 Cando queremos ordenar unha biblioteca, unha das opcións máis seguras para a colección é a ordenación por número currens. Segundo ingresan os libros, asígnaselles un número secuencialmente. 1, 2, 3, 4, 5... todo seguido ata o infinito e máis aló! 😵‍💫
Representacion dunha biblioteca infinita. No punto central, está escrito «N+1», en referencia ao sistema de ordenación currens.
020
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela @buscusc.bsky.social · 12/06/2026
😀 As subdirectoras da BUSC, María Cana e Ana González, están a participar nas XXIII Jornadas Expania en Granada. Dous días de sesións sobre xestión de bibliotecas universitarias, ferramentas e servizos dixitais. Última 📷: segunda e terceira pola esquerda xunto ás compañeiras de Salamanca e Deusto.
011