Sign in

XuvenCiencia | USC 🎓🌟

@xuvenciencia.bsky.social
276 followers 426 following 140 posts

Promovemos a paixón pola ciencia na mocidade a través de obradoiros e actividades! Organizamos o mellor campamento científico de Galicia. Proxecto Ciencia á Feira, da convocatoria FECYT - Ministerio de Ciencia e Innovación 🧪🔬 xuvenciencia.org

PostsRepliesMedia
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 21/09/2026
Hoxe é o Día Internacional do Alzhéimer e desde Ciencia á Feira presentamos a fronte multidisciplinar contra esta demencia que funciona dese o @campusterrausc.bsky.social da @usc.gal. Agradecidas a AFALU Lugo pola súa xenerosidade.
143
Reposted by XuvenCiencia | USC 🎓🌟
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 21/09/2026
🧠🔬 Con motivo da conmemoración do Día Internacional do Alzhéimer, o proxecto de divulgación científica Ciencia á Feira estreará hoxe ‘Alzhéimer: coñecer para previr e acompañar’, a primeira produción da cuarta edición desta iniciativa de @xuvenciencia.bsky.social 👉 www.usc.gal/gl/xornal/ev...
001
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 20/09/2026
Moitas grazas a María Piñeiro e a @elprogresodelugo.bsky.social por esta información. No @campusterrausc.bsky.social da @usc.gal abórdase o alzhéimer desde as disciplinas da bioquímica, a física-química, a intelixencia artificial e a etoloxía veterinaria. En Ciencia á Feira contámolo.
151
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 18/09/2026
Regresa a G-Night a Lugo o venres 25 de setembro, con obradoiros e exhibicións no soto da Praza de Abastos e no Mercado Municipal Quiroga Ballesteros. Será de 18.00 a 22.00 horas e haberá actividades para toda a familia. @usc.gal @campusterrausc.bsky.social @repowersic.bsky.social
153
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 17/09/2026
O luns 21 é o #DíaInternacionaldoAlzhéimer e presentamos novo vídeo de Ciencia á Feira. Nas redes e nun acto aberto ao público na Casa do Saber da USC en Lugo, ás 16.30 horas. Moi ben acompañadas pola boa xente de #AFALU. @usc.gal @campusterrausc.bsky.social
159
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 15/09/2026
Este verao deixounos ducias de concellos que aínda están en prealerta por seca. Damos por feito que en Galicia sempre chove, pero termos auga de calidade non é tan doado como que caia do ceo. Ciencia á Feira explica o ciclo urbano da auga. #FECYT #ViceDepuLugo @usc.gal @campusterrausc.bsky.social
022
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 10/09/2026
Xa estamos de volta e a traballar en Ciencia á Feira 2026/2027. Estivemos inmersas na gravación de novos materiais con Afalu Alzheimer. Estaremos de estrea nas vindeiras semanas, así que estade á espreita Ciencia á Feira desenvólvese co apoio da FECYT e de Medio Rural da Deputación de Lugo.
010
Reposted by XuvenCiencia | USC 🎓🌟
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 01/07/2026
🟨 XUVENCIENCIA | Nova edición do campus de verán en Lugo | 95 estudantes de ensino medio experimentan a ciencia dunha maneira práctica e coñecen as posibilidades académicas da Universidade de Santiago | @orestesc.bsky.social | Imaxe: Dani Pais | rtve.es/play/videos/...
093
Reposted by XuvenCiencia | USC 🎓🌟
Universidade de Santiago de Compostela @usc.gal · 29/06/2026
🥳 O Campus de Verán @xuvenciencia.bsky.social 2026 arranca en Lugo con 95 participantes!!! Esta iniciativa divulgativa achega o mundo da universidade e da investigación científica á rapazada de entre 14 e 18 anos. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
031
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 01/07/2026
O Campus de Verán é o primieiro proxecto que botamos a andar desde XuvenCiencia e ano tras ano é unha ledicia ver chegar a estas mozas e estes mozos investigadores, que entran nas facultades, nos laboratorios e nos centros de investigación do Campus de Lugo da USC.
020
Reposted by XuvenCiencia | USC 🎓🌟
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 23/06/2026
🔬💡 Contribuír á comprensión dos grandes desafíos que afronta o territorio galego. Ese foi o obxectivo da terceira edición de Ciencia á Feira, o proxecto de ciencia comunitaria interxeracional de @xuvenciencia.bsky.social que chega á súa fin 👇 www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
Ciencia á Feira debulla en trinta vídeos os retos do rural galego | Universidade de Santiago de Compostela
O grupo de innovación docente XuvenCiencia da USC pecha a terceira edición do seu proxecto Ciencia á Feira coa elaboración dunha trintena de vídeos e materiais audiovisuais que debullan algúns dos des...
002
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 20/06/2026
Este luns convidámosvos a acompañarnos no peche de Ciencia á Feira 2025/2026. Ciencia á Feira é un proxecto interxeracional de ciencia comunitaria de XuvenCiencia, financiado pola FECYT e pola área de Medio Rural, Mar da Deputación de Lugo. NON FALTEDES!!!! @campusterrausc.bsky.social @usc.gal
053
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 14/06/2026
Seguro que escoitaches moitas veces que Galicia é unha terra de minifundio, pero o certo é que temos tamén montes veciñais que superan as 200 hectáreas. Ciencia á Feira achégase nesta edición ao país das comuneiras.
121
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 10/06/2026
Moitos parabéns a Azucena, a quen agradecemos a xenerosa colaboración dela e do seu equipo no noso proxecto Ciencia á Feira.
100
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 04/06/2026
Carrachas e velutinas: dúas razóns para observar a primavera con ollos científicos na provincia de Lugo. En XuvenCiencia dedicámoslles unha atención especial ás unhas e ás outras grazas a Ciencia á Feira, financiado pola FECYT e a área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo.
142
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 29/05/2026
🧐Estamos a matricular para o Campus de Verán 2026. ⏳O SEGUNDO prazo remata o domingo 31 ás 23:59. BÚSCATE na SEGUNDA LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS, na nosa web. 🤞Se non tiveches sorte, lembra que abrimos un novo prazo para os postos vacantes. xuvenciencia.org/campus/gl/ #XC2026 #XuvenCiencia2026
001
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 26/05/2026
Estamos en plena tempada de velutinas. O ciclo vital da velutina comeza na primavera, cando unha raíña funda unha nova colonia. #CienciaáFeira desenvólvese co apoio da FECYT e a área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidnecia da Deputación de Lugo. @usc.gal @campusterrausc.bsky.social
151
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 26/05/2026
Vimos de abrir a segunda quenda de matrícula para o Campus de Verán XuvenCiencia 2026. Búscate na listaxe na nosa web. O prazo está aberto ata o domingo 31 de maio ás 23:59. Que non se che pase a data. @usc.gal @campusterrausc.bsky.social @culturausc.bsky.social #XuvenCiencia2026 #XC2026
121
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 23/05/2026
Lembrade que este domingo 24 de maio ás 23:59 remata o primeiro prazo de matrícula do Campus de Verán XuvenCiencia 2026. O luns 25 de maio abrimos unha quenda nova coas vacantes. Se fixeches a preinscrición, búscate na listaxe publicada na web: xuvenciencia.org/campus/gl/ Apura!!!! VÉMONOS EN LUGO?
001
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 21/05/2026
🧐Estamos a matricular para o Campus de Verán XuvenCiencia 2026. ⏳O primeiro prazo remata o domingo 26 ás 23:59. Busca o teu nome na listaxe na nosa páxina web. 🤞Se non tiveches sorte, o luns 27 de maio abrimos un novo prazo de matrícula para postos vacantes. xuvenciencia.org/campus/gl/in...
000
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 17/05/2026
No grupo de innovación docente XuvenCiencia, no campus de Lugo da USC, vimos de áreas de coñecemento moi distintas e chegamos desde lugares afastados. Mais hai algo que nos une: a convicción de que o galego é unha lingua irrenunciable para facer ciencia, compartila e construír comunidade.
121
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 17/05/2026
Aínda estás a tempo para reservar a túa praza no Campus de Verán XuvenCiencia 2026. ✨ 16 proxectos + 19 actividades para elixir 📍 Campus Universitario de Lugo 🗓️ Do 28 de xuño ao 4 de xullo de 2026
101
Reposted by XuvenCiencia | USC 🎓🌟
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 11/05/2026
🧪☀️ O Campus de Verán @xuvenciencia.bsky.social, que chega a súa décima cuarta edición, vén de abrir o seu prazo de inscrición, que se manterá aberto ata o vindeiro domingo 17 de maio. A iniciativa celebrarase entre o 28 de xuño e o 4 de xullo no noso campus 👇 www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
O Campus de Verán XuvenCiencia 2026 oferta 95 prazas para estudantado de 3º e 4º de ESO, BAC e ciclos medios de FP | Universidade de Santiago de Compostela
O Campus de Verán XuvenCiencia do Campus de Lugo da USC chegará a súa décima cuarta edición entre o 28 de xuño e o 4 de xullo de 2026. A inscrición poderá realizala mocidade de ata 19 anos de terceiro...
011
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 04/05/2026
O prazo de preinscrición para o Campus de Verán #XuvenCiencia2026 abre este venres, 8 de maio ás 15:30, e pechará o 17 de maio. Ofertamos 95 prazas para alumnado de 3º e 4º de ESO, BAC e ciclos medios de FP. xuvenciencia.org/campus/gl/ @usc.gal @culturausc.bsky.social @campusterrausc.bsky.social
135
Reposted by XuvenCiencia | USC 🎓🌟
Gonzalo Rhytidome @carpaceiras.bsky.social · 29/04/2026
🎉🎉🎉 Un ano máis chega o Pint of Science a #Lugo!! 🧪✨🧠 Tres días para desfrutar da ciencia que se fai na nossa cidade #Pint26LUG #Pint26 #Pint26ES 📅 18 de maio, 18:00 h – Mesón do Forno 📅 19 de maio, 18:00 h – Ho! Gruf 📅 20 de maio, 18:00 h – FaCeLa Bar
153
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 25/04/2026
Enxertar lembra un chisco a encaixar pezas de Lego. Neste caso, á peza de enriba chamámoslle puga e á de embaixo, padrón. #CienciaáFeira @campusterrausc.bsky.social @usc.gal @efervesciencia.org
183
Reposted by XuvenCiencia | USC 🎓🌟
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 14/04/2026
🧪🌱 Con motivo da celebración do Día Internacional das Universidades para a Infancia, @xuvenciencia.bsky.social vén de estrear a peza audiovisual ‘Os microenxertos son unha pasada!’, realizada no marco do proxecto Ciencia á Feira 2025/2026 👇 www.youtube.com/watch?v=i10c...
youtube.com
Os microenxertos son unha pasada!!!
YouTube video by XuvenCiencia
012
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 10/04/2026
XuvenCiencia apréndeche os segredos dos microenxertos con motivo da celebración do Día Internacional das Universidades para a Infancia este 11 de abril. #IDCU2026 é unha iniciativa impulsada pola Rede Europea das Universidades para a Infancia (EUCU.NET), da que formamos parte desde o inicio.
110
Reposted by XuvenCiencia | USC 🎓🌟
Universidade de Santiago de Compostela @usc.gal · 20/03/2026
💧O 97% da auga está no océano. Só o 2,5% é terrestre e doce e só o 0,078% serve para consumir. Ciencia á Feira, o proxecto de ciencia comunitaria de @xuvenciencia.bsky.social, explícache que cada pinga importa con motivo do #DíaDaAuga o 22 de marzo. ▶️ www.youtube.com/watch?v=2fdy...
001
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 20/03/2026
A quen vivimos en Galicia parécenos que a auga é un recurso inesgotable. Que o trebón non te confunda!!!! #DíadaAuga #WaterDay #CienciaáFeira @campusterrausc.bsky.social @usc.gal
143
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 06/03/2026
En vésperas do #8M é tan importante levedar vocacións nas nenas como apoiar as carreiras das moitas mulleres que xa están nas disciplinas STEM. Esta é unha proposta de Ciencia á Feira, proxecto financiado pola FECYT e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo. @usc.gal @campusterrausc.bsky.social
152
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 04/03/2026
De cara ao Día Internacional das Mulleres #8M #InternationalWomensDay, desde o proxecto Ciencia á Feira preparamos este vídeo para visibilizar que a ciencia e as disciplinas STEM tamén nos pertencen e que resulta esencial que ningunha de nós quede polo camiño. www.youtube.com/watch?v=x3AS...
youtube.com
Mulleres STEM: a ciencia tamén é nosa!!!
YouTube video by XuvenCiencia
031
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 03/03/2026
As micorrizas constitúen unha rede de comunicación que permite o intercambio de información entre plantas e fungos. Ciencia á Feira desenvólvese co apoio da FECYT e da área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. @usc.gal @campusterrausc.bsky.social
141
Reposted by XuvenCiencia | USC 🎓🌟
aure 🌰🍂 @maureviv.eurosky.social · 18/02/2026
Moi interesante sobre a micorriza Lembrai se levades unha planta dun solo, recoller tamén unha boliña de solo preto da planta
163
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 18/02/2026
Sabías que as plantas e os fungos son quen de desenvolver un sistema de comunicación agochado? Explicámosche que son as micorrizas. Ciencia á Feira é un proxecto FECYT co financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. @campusterrausc.bsky.social @usc.gal @efervesciencia.org
163
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 11/02/2026
No Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, polas que somos e polas que serán. Polo fomento das vocacións temperás e para que ningunha de nós quede polo camiño na súa carreira. @usc.gal @campusterrausc.bsky.social
021
Reposted by XuvenCiencia | USC 🎓🌟
CISPAC @cispac.bsky.social · 14/01/2026
📣 ACTIVIDADE | "Formación e saber local: impulsando novas oportunidades para o rural", no marco do programa público do Laboratorio Ecosocial do Barbanza 👥 Contará coa participación de Luis García (EFA) e Helga Peral (XuvenLab). Modera Esperanza Álvarez (USC) 📅 Mércores 14, 18h 📍 Casa RIA
001
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 31/12/2025
060
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 30/12/2025
Despedimos 2025 con carrachas!! Tranquilidade: contámosvos que son, que doenzas transmiten e como evitar e tratar as picadas no proxecto Ciencia á Feira, que é posible grazas á Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo e á FECYT. Seguimos en 2026 @usc.gal @campusterrausc.bsky.social
143
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 27/11/2025
Moitas grazas a Código Cero por facerse eco do arranque do noso proxecto Ciencia á Feira 2025/2026.
020
Reposted by XuvenCiencia | USC 🎓🌟
Pedro Vilheira @pvilheira.eurosky.social · 27/11/2025
Grande projeto: "Ciencia à Feira" que leva a investigação e o conhecimento científicos à população!
111
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 26/11/2025
Sabías que as carrachas poden causar unha chea de doenzas? Ciencia á Feira cóntacho. Estreamos o primeiro vídeo do proxecto Ciencia á Feira 2025/2026, financiado pola FECYT de @cienciagob.bsky.social e a Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo. www.youtube.com/watch?v=B2SW...
youtube.com
Sabías que as carrachas poden causar unha chea de enfermidades?
YouTube video by XuvenCiencia
010
Reposted by XuvenCiencia | USC 🎓🌟
Universidade de Santiago de Compostela @usc.gal · 26/11/2025
🐙 Ciencia á Feira aposta polo audiovisual e as redes sociais para achegar á cidadanía o coñecemento que xera o @campusterrausc.bsky.social O proxecto comunitario e interxeracional de @xuvenciencia.bsky.social chega á súa terceira edición 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
013
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 30/09/2025
Tivemos máis de 5.000 (CINCO MIL!!!!) visitas aos obradoiros, presentacións e actividades da G-Night en Lugo. Gracísimas. www.usc.gal/gl/xornal/no... @campusterrausc.bsky.social @usc.gal @repowersic.bsky.social
031
Reposted by XuvenCiencia | USC 🎓🌟
a martuca: innecesaria y regional 🌰🦊🐉🦁🐺🍉 @mvizaguirre.bsky.social · 26/09/2025
En que G-Night podes converterte nun porco celta? Na de Lugo, por suposto.
233
Reposted by XuvenCiencia | USC 🎓🌟
TodoMal @todomal.eurosky.social · 26/09/2025
Galician Furries be like:
051
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 18/09/2025
Na G-Night de Lugo, o venres 26 de setembro desde ás 18.00 horas na Praza de Abastos e no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros, poderás converterte nun porco celta que funciona como unha desbrozadora de tracción animal nun sistema agroforestal da man do proxecto af4eu.eu
141
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 15/09/2025
O venres 26 organizamos a G-Night luguesa no Mercado Quiroga Ballesteros e na Praz Abastos desde as 18.00 horas. Actividades para todas as idades.
011
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 01/07/2025
O Campus de Verán #XuvenCiencia2025 #XC2025 marcha sen pausa. Levamos feitas xa unha chea de cousas, como a xincana de recoñecemento do @campusterrausc.bsky.social da @usc.gal, coa colaboración da Intercentros da @buscusc.bsky.social, do Centro de Linguas Modernas e de AgroMar
152
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 30/06/2025
Vai moita calor e comezamos moi forte. Feliz XuvenCiencia 2025. #XC2025
010