AGPTI @agpti.org · 8h🏴☠️ Netflix estreou «Lego One Piece», coa tradución para subtítulos en galego pola nosa socia Ana María Fernández Fernández. #QuenSubtitula #AudiovisualEnGalego 010
AGPTI @agpti.org · 03/10/2026🩵 Prime Video estreou «A hipótese do amor», coa tradución para subtítulos en galego pola nosa socia @mariasuareztrad.bsky.social. #QuenSubtitula #AudiovisualEnGalego 020
AGPTI @agpti.org · 02/10/2026📣 Convocatoria do IX Premio Xela Arias Como ramo á semana do Día Internacional da Tradución, abrimos o prazo de recepción de candidaturas para a nova edición do Premio Xela Arias, que estará aberto ata o venres 30 de outubro. 112
AGPTI @agpti.org · 30/09/2026📣 Hoxe convocamos a primeira folga galega no sector da tradución e da interpretación. ✊️ Reivindicamos unhas condicións laborais dignas no noso sector. 💪 Contra a substitución do traballo humano: organización e unidade! 12515
AGPTI @agpti.org · 29/09/2026📝 Defender o noso traballo é defender unha sociedade humana. 📣 A un día da primeira folga galega no sector da tradución e da interpretación, presentamos un decálogo sobre a importancia de defender o traballo humano digno no noso ámbito. 1105
AGPTI @agpti.org · 21/09/2026Es estudante ou docente de Tradución e Interpretación? ✊️ Convocámosvos á folga do vindeiro 30 de setembro, Día Internacional da Tradución, para loitarmos polos dereitos laborais de todas. 🤝 Ante a precariedade: unidade! 📍 Ás 12:00 nas escaleiras do Museo MARCO de Vigo. 057
AGPTI @agpti.org · 17/09/2026Estivemos difundindo a xornada de loita na @uvigo.bsky.social. Vémonos o día 30 na concentración de Vigo! 📣 048
AGPTI @agpti.org · 14/09/2026📢 [Defender o noso traballo é defender unha sociedade humana] Convocamos a todas as tradutoras e intérpretes á folga para defendermos as nosas condicións de traballo, rexeitarmos a «IA» e as súas nefastas consecuencias, así como esixirmos o recoñecemento da nosa profesión. ✊ 11614
AGPTI @agpti.org · 10/09/2026📝 Imaxe da mesa redonda sobre a importancia da tradución de libros organizada pola @editorasgalegas.bsky.social, moderada pola nosa socia Celia Recarey e na que participou a nosa presidenta Beatriz Fariñas. 010
AGPTI @agpti.org · 09/09/2026📣 Mañá a nosa presidenta Beatriz Fariñas participará no simposio da @editorasgalegas.bsky.social para falar sobre a importancia da tradución de libros. 052
AGPTI @agpti.org · 05/09/2026📣 Esta noite á 01:30 a @tvgalicia.bsky.social repón «A magnificencia dos Amberson», coa tradución para subtítulos pola nosa socia Ana M. Fernández. #QuenSubtitula #AudiovisualEnGalego 000
AGPTI @agpti.org · 28/08/2026🎬 Hoxe Netflix estrea «The Whisper Man», coa tradución para subtítulos en galego pola nosa socia Lucía Vázquez. #QuenSubtitula #AudiovisualEnGalego 121
AGPTI @agpti.org · 07/08/2026🏴☠️ Xa dispoñibles os primeiros 108 capítulos de «One Piece», traducidos ao galego pola nosa socia Iria Carballo. #QuenTraduce #MangaEnGalego 11714
AGPTI @agpti.org · 31/07/2026🦊 Hoxe a @tvgalicia.bsky.social estrea «O raposo» á 01:40, coa tradución para dobraxe pola nosa socia @tradulage.bsky.social. #QuenTraduce #AudiovisualEnGalego 010
AGPTI @agpti.org · 30/07/2026✈️ Hoxe Netflix estrea «The Bombing of Pan Am 103», coa tradución para subtítulos en galego pola nosa socia Lucía Vázquez. #QuenTraduce #AudiovisualEnGalego 120
AGPTI @agpti.org · 24/07/2026👮🏻♂️🚨 Xa dispoñible en Netflix a serie «GIGN», con subtítulos en galego traducidos pola nosa socia Ana M.ª Fernández. #QuenSubtitula #AudiovisualEnGalego 100
AGPTI @agpti.org · 23/07/2026🕵♀️🕵♂️ Hoxe a @tvgalicia.bsky.social estrea «Unha cita co pasado» á 01:45 da noite, coa tradución para dobraxe polo noso socio @josergtrad.bsky.social. #QuenTraduce #AudiovisualEnGalego 031
AGPTI @agpti.org · 16/07/2026📖 A semana pasada saíu do prelo «Effi Briest», do destacado autor alemán Theodor Fontane, traducida ao galego pola nosa socia María Alonso Seisdedos (@maseisdedos.bsky.social) e editada por Irmás Cartoné. #quentraduce 085
AGPTI @agpti.org · 15/07/2026🖥️ Esta noite a @tvgalicia.bsky.social estrea «A rede social» ás 01:35, coa tradución para dobraxe pola nosa socia Rosa M.ª Camiña. #QuenTraduce #AudiovisualEnGalego 040
AGPTI @agpti.org · 14/07/2026Dende hai uns días xa anda polas librarías «O estudio fotográfico», da autora inglesa Amy Levy, traducida ao galego pola nosa socia María Reimóndez e editada por Hugin e Munin. #quentraduce 050
AGPTI @agpti.org · 01/07/2026💅 Hoxe Prime Video estrea «Elle», coa tradución para subtítulos pola nosa socia Yolanda Casás. #QuenSubtitula #AudiovisualEnGalego 120
AGPTI @agpti.org · 01/07/2026🧐 Hoxe Netflix estrea a 3.ª tempada de «Enola Holmes», coa tradución para subtítulos en galego pola nosa socia @mariasuareztrad.bsky.social. #QuenSubtitula #AudiovisualEnGalego 120
AGPTI @agpti.org · 26/06/2026🤔 Esta noite ás 00:50 a @tvgalicia.bsky.social repón «O dilema», coa tradución para dobraxe polo noso socio @josergtrad.bsky.social. #QuenTraduce #AudiovisualEnGalego 021
AGPTI @agpti.org · 16/06/2026📚 Hai uns días saíu do prelo «Gobernadores do resío», do escritor haitiano Jacques Roumain, traducida do francés ao galego pola nosa socia Beatriz Fariñas e editado por Irmás Cartoné. #quentraduce 042
AGPTI @agpti.org · 12/06/2026📝 Esta noite ás 00:30 a @tvgalicia.bsky.social estrea «Club dos poetas mortos», coa tradución para dobraxe pola nosa socia Ana M. Fernández. #QuenTraduce #AudiovisualEnGalego 000
AGPTI @agpti.org · 10/06/2026📝 Xa dispoñible na plataforma dixital da @tvgalicia.bsky.social «Vémonos en Kosovo!», coa tradución para dobraxe e subtítulos polo noso socio @josergtrad.bsky.social. #QuenTraduce #AudiovisualEnGalego 121
AGPTI @agpti.org · 10/06/2026📢 No marco da II Xornada de Tradución Literaria Alemán-Galega, na que colaboramos, este sábado terá lugar o acto «A tradución, a vida» en Pontevedra. 011
AGPTI @agpti.org · 07/06/2026🎬 Onte a @tvgalicia.bsky.social repuxo «Esta terra é miña», coa tradución para subtítulos pola nosa socia Ana M. Fernández. #QuenSubtitula #AudiovisualEnGalego 020
AGPTI @agpti.org · 21/05/2026📣 O próximo 13 de xuño terá lugar a II Xornada de Tradución Literaria Alemán-Galego na Casa das Campás, en Pontevedra. O prazo de inscrición é até o 25 de maio. 121
AGPTI @agpti.org · 20/05/2026🔫 Prime Video estreou «Jack Ryan de Tom Clancy: Guerra encuberta», coa tradución para subtítulos en galego pola nosa socia Yolanda Casás. #QuenSubtitula #AudiovisualEnGalego 110
AGPTI @agpti.org · 17/05/2026Presentes na mobilización polo Día das Letras Galegas de @queremosgalego.gal e @amesa.gal. Avante o Proceso Lingua Vital Xa. Desde o sector da tradución e da interpretación: queremos vivir e traballar en galego! 073
AGPTI @agpti.org · 14/05/2026🕵️♂️ Netflix estreou «Nemesis», coa tradución para subtítulos pola nosa socia Noelia Surribas e a revisión polo noso socio @adiaztrad.bsky.social. #QuenSubtitula #AudiovisualEnGalego 141
AGPTI @agpti.org · 13/05/2026Aínda estás a tempo de te apuntares ao Obradoiro de transcreación: exercita o músculo da creatividade, que impartirá Marta Pastoriza o venres 22 de maio en liña. 122
AGPTI @agpti.org · 10/05/2026🏅 A nosa socia María Alonso Seisdedos (@maseisdedos.bsky.social) gañou a categoría de obra traducida dos Premios Follas Novas por «A máis recóndita memoria dos homes» de Mohamed Mbougar Sarr, traducida para @airaeditorial.bsky.social. 3198
AGPTI @agpti.org · 09/05/2026🎉 A nosa socia @maseisdedos.bsky.social recibiu o premio á mellor tradución dos Premios Follas Novas para @airaeditorial.bsky.social. Parabéns! 2102
AGPTI @agpti.org · 08/05/2026🐙 Hoxe Netflix estrea «Remarkably Bright Creatures», coa tradución para subtítulos pola nosa socia Lucía Vázquez. #QuenSubtitula #AudiovisualEnGalego 120
AGPTI @agpti.org · 07/05/2026🎞️ Xa podes ver «Os Bolechas: As miñas primeiras Letras Galegas» no @xabarin.gal, cos subtítulos accesibles pola nosa socia Ana M. Fernández. #QuenSubtitula #AudiovisualEnGalego 111
AGPTI @agpti.org · 28/04/2026🥳 A AGPTI fixo 25 anos e celebrámolo cun acto público no MARCO de Vigo! 🤝 Unha xornada de convivio entre socias, onde botamos a vista atrás para reivindicarmos todos estes anos de asociacionismo. 131
AGPTI @agpti.org · 27/04/2026Abrimos o prazo de preinscrición para o Obradoiro de transcreación: exercita o músculo da creatividade, que impartirá Marta Pastoriza o venres 22 de maio de 16:00 a 19:00. 122
AGPTI @agpti.org · 24/04/2026☠️ Tamén dende hoxe está dispoñible en Netflix a serie «Garigo» (If Wishes Could Kill), coa tradución para subtítulos da nosa socia Noelia Surribas. #Quensubtitula #Audiovisualengalego 120
AGPTI @agpti.org · 24/04/2026🐷 Xa dispoñible a serie «Cochinas» na plataforma Prime Video, con tradución para subtítulos da nosa socia Yolanda Casás. #Quensubtitula #Audiovisualengalego 120
AGPTI @agpti.org · 21/04/2026📝 Xa podedes ler na nosa web a crónica do acto polo 25.⁰ aniversario da AGPTI. 🥳 Unha xornada emocionante de unión, de repaso da nosa historia e de posta en común doa valores que nos unen como asociación. 265
AGPTI @agpti.org · 20/04/2026📲 Podedes seguir a mesa redonda desde o directo: www.youtube.com/live/Qy5BYOZ... 021
AGPTI @agpti.org · 18/04/2026📝 Agora a nosa presidenta Beatriz Fariñas pasa á intervención oficial do día! 020
AGPTI @agpti.org · 18/04/2026👥️ Conversa coas socias fundadoras: Saleta Fernández, Lara Santos e non nos pode acompañar hoxe María Reimóndez. 220
AGPTI @agpti.org · 18/04/2026🎥 Proxectamos o documentario sobre os 25 anos de loita asociacionista! 110
AGPTI @agpti.org · 17/04/2026🛠 Xa podes ver a miniserie «Wallace e Gromit: inventos sorprendentes» no @xabarin.gal, coa tradución para dobraxe polo noso socio @josergtrad.bsky.social. #QuenTraduce #AudiovisualEnGalego 183
AGPTI @agpti.org · 16/04/2026📚 Hai unhas semanas viu a luz _Terra delas_, de Charlotte Perkins Gilman, traído ao galego pola nosa socia Raquel Senra a través do seu proxecto editorial Árbore Azul. ♀️ 020
AGPTI @agpti.org · 15/04/2026⚽️ Ademais, hoxe Prime Video estrea «Balls Up», coa tradución para subtítulos en galego pola nosa socia Yolanda Casás. #QuenSubtitula #AusiovisualEnGalego 120