Sign in

Youtubeiras+

@youtubeiras.gal
277 followers 147 following 332 posts

📲 Iniciativa para a promoción do talento en galego nas redes ✨ 10ª edición 🔗 youtubeiras.gal

PostsRepliesMedia
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 06/10/2026
Nas redes en galego existe moita creación! Conseguiremos superar eses 126 proxectos? 💥 Para axudarnos, inscríbete en youtubeiras.gal. Lembra que entran a concurso… todas as redes sociais (tamén bluesky!) E podes propor un vídeo doutra persoa para o premio do público!
021
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 02/10/2026
Creas en galego, en calquera rede social? Temos 7.500 € e 3 formacións gratuítas para ti 💖 Inscríbete xa para que non pase o prazo! 😽 ✨ youtubeiras.gal 1️⃣ Narrativa audiovisual con @prado_rua 2️⃣ Estratexia con @konachadas 3️⃣ Redes en galego (para as aulas e máis alá) con @neeumatiko
031
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 30/09/2026
🎙️ Para quen di que non hai pódcasts en galego, hoxe traemos 10 recomendacions polo Día Internacional do Pódcast! E nós queremos dar 1.000 € ao mellor pódcast! Para gañalos, só tes que inscribir o teu proxecto no noso concurso e conquistar o xurado 😌 Faino xa en 👉 youtubeiras.gal
000
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 29/09/2026
asdfghjklrrrRrrrRrrrRRR 🐾 Perdón! A gatubeira ficou dormida no teclado 😔 O que quería dicirvos é que ten 7.500 €. Quere repartilos entre persoas creadoras en galego, mais para iso precisa que inscribas o teu proxecto antes do 15 de novembro! 🐱 Faino en youtubeiras.gal
Ola! Son a GATUBEIRA.
Desliza para coñecer a nova mascota de Toutubeiras+!Nome: Gatubeira

Tipo: Gatiña ASCII de interior, só saio se hai cobertura.

Cor: Azul ligzón

Idade: Teño 7 vidas e 0 paciencia cos comentarios que din que o galego “non serve”.

Favoritas:

Comida: ratos
Xoguete: cables enguedellados
Número: 01101 101 01101001 01100001 01110101 01110101Un desexo
Celebrar os 10 anos de YouTubeiras+ rodeada de novas e vellas persoas creadoras, con moito talento en galego!
Incribete xa en YouTubeiras.gal
Cumpre o desexo da Gatubeira e leva 7.500 € en premios!
10 anos en rede
030
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 28/09/2026
será? ou non? 🫣
010
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 28/09/2026
Quen merece un premio honorífico pola súa traxectoria? 👀 O proxecto vencedor podería ser algún destes ou outro. Déixanos un comentario coa túa proposta 💬
142
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 23/09/2026
Unha vez reunidas todas as candidaturas, crearemos un formulario de votación que estará aberto do 23 de novembro ao 4 de decembro 🫣
Paso 3: selecciona os vídeos. Insire 1 ou 2 ligazóns de vídeos do Youtube en galego, de proxectos nunca galardoados nesta categoría, de despois do 16/11/2025Paso 4: revisa o correo. Ao longo da semana recibirás a confirmación da proposta ou exclusión e motivos da mesmaPaso 5: espera para votar. Con todas as candidaturas crearase unha votación,  en  youtubeiras.gal do 23 de novembro ao 4 de decembro de 2026.Comodín! Tes preguntas? Escríbenos a premios@youtubeiras.gal e tentaremos resolver as túas dúbidas
000
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 23/09/2026
Tes un vídeo do Youtube en galego favorito? Podes propolo ao premio do público até o 15 de novembro 💖 Garda este fío para saberes como facelo, ou faino xa para non esquecelo!
Como propor un vídeo para o premio do público paso a paso en Youtubeiras+Paso 1: entra no formulario. A través de Youtubeiras.galPaso 2: cubre os teus datos. As preguntas con asterisco son obrigatorias
100
Reposted by Youtubeiras+
Maos Innovación Social @maos.gal · 22/09/2026
Inauguramos a décima edición de @youtubeiras.gal! 🎂 Toda a información e inscricións: youtubeiras.gal
031
Reposted by Youtubeiras+
Universidade da Coruña @udc.gal · 22/09/2026
🎥 Queres crear contido en galego? @youtubeiras.gal trae 3 formacións en liña para aprender a comunicar nas redes con María Rúa, Nuria Grandío e Nee Barros. 📅 7, 14 e 21 de outubro, ás 19:00 h. Descubre trucos, estratexias e referentes. 🔗Inscríbete aquí: youtubeiras.gal/formacion
022
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 21/09/2026
Garda este fío para que sexa máis fácil, e faino xa para non esquecelo!
Paso 4: define o teu proxecto. Descríbeo en menos de 400 caracteres e envía unha foto (se queres)Paso 5: revisa o correo. Ao longo da semana recibirás a confirmación ou instrucións para corrixires as incidenciasComodín! Tes preguntas? Escríbenos a Premios @ Youtubeiras.gal e tentaremos resolver as túas dúbidas
000
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 21/09/2026
Queremos premiarte! 🏅 Se creas contido nas redes sociais en galego, inscríbete en youtubeiras.gal antes do 15 de novembro Neste fío explicámosche como facelo 👀
Como inscribirse paso a paso en Youtubeiras+Paso 1: entra no formulario a través de youtubeiras.galPaso 2: cubre os teus datos. As preguntas con asterisco son obrigatorias e, se es menor de idade, debes enviar autorizaciónPaso 3: selecciona 3 exemplos. Insire 3 publicacións para que o xurado lles preste máis atención
111
Reposted by Youtubeiras+
Praza Pública @praza.gal · 18/09/2026
📲🎂 Youtubeiras fai dez anos celebrando o talento galego en redes e reivindicando as persoas pioneiras praza.gal/cultura/yout...
praza.gal
Youtubeiras fai dez anos celebrando o talento galego en redes e reivindicando as persoas pioneiras - Praza Pública
O certame chega á súa décima edición como "referente imprescindible para a promoción e normalización do galego entre a mocidade e no ámbito dixital" e incorpora un premio honorífico á traxectoria de…
031
Reposted by Youtubeiras+
Código Cero @codigocero.com · 17/09/2026
Youtubeiras+ celebrará a súa 10ª edición cun novo galardón honorífico á traxectoria na creación dixital
codigocero.com
Youtubeiras+ celebrará a súa 10ª edición cun novo galardón honorífico á traxectoria na creación dixital
Youtubeiras+, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística dez concellos galegos, das tres universidades e da Deputación da Coruña co obxectivo de promover o talento en galego nas redes sociais, lanza un novo premio honorífico para distinguir a traxectoria de persoas e iniciativas no eido da creación dixital na nosa lingua. Esta é a gran […]
022
Reposted by Youtubeiras+
Rubens Rocha⁴ @ilcanallarubens.bsky.social · 17/09/2026
O proxecto Youtubeiras+ lanza un novo galardón honorífico á traxectoria na creación dixital para celebrar a décima edición dos seus premios Youtubeiras+, o proxecto impulsado polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña,…
adetroitviguesa.wordpress.com
O proxecto Youtubeiras+ lanza un novo galardón honorífico á traxectoria na creación dixital para celebrar a décima edición dos seus premios
Youtubeiras+, o proxecto impulsado polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña, celebra este ano a súa décima edición baixo o lema «Dez anos en rede». O certame, destinado a promover o talento e a creación de contidos en galego nas redes sociais, incorpora como principal novidade un premio honorífico para distinguir a traxectoria de persoas ou iniciativas vinculadas á creación dixital na lingua galega. As bases da nova edición xa están dispoñibles na web do proxecto e o prazo de inscrición permanecerá aberto…
011
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 18/09/2026
Comeza a 10ª edición de Youtubeiras+ baixo o lema 10 anos en rede ✨ Despois de dez anos a apoiar a creación de contidos en galego, esta nova edición reivindica as persoas pioneiras na Internet en galego á par que celebra os novos perfís. Por máis anos que festexar! 🖥️🎨 Un deseño da Illa Bufarda
Cartaz da 10ª edición de Youtubeiras+, co lema "10 anos en rede" preséntanse os premios de 2026. O prazo vai do 17 de setembro ao 15 de novembro e xa podes inscribirte en youtubeiras.gal . A estética é rosa, azul e amarela, con monigotes que imitan o ASCII. De fondo, un código binario sutil que repite 10 10 10. Aparecen os logos das entidades que organizan o certame: concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago, deputación da Coruña, USC, UDC e UVigo.
000
Reposted by Youtubeiras+
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua @ctnl.gal · 18/09/2026
📱 "10 anos en rede", en marcha unha nova edición de @youtubeiras.gal. 📅 Prazo aberto ata o 15 de novembro. youtubeiras.gal/youtubeiras-...
032
Reposted by Youtubeiras+
Nós Diario @nosdiario.bsky.social · 17/09/2026
Youtubeiras+ lanza un novo galardón honorífico á traxectoria na creación dixital para celebrar a décima edición dos seus premios
nosdiario.gal
Youtubeiras+ lanza un novo galardón honorífico á traxectoria na creación dixital para celebrar a décima edición dos seus premios
A organización aspira a manter o crecemento rexistrado nas últimas convocatorias.
031
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 17/09/2026
Inauguramos a décima edición de Youtubeiras+✨ 📝 As inscricións no certame fican abertas até o 15 de novembro, vai ao noso web para consultar toda a info. 🔗 youtubeiras.gal 🤭 Quen debería levar ese premio honorífico?
033
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 16/09/2026
Creas contidos en calquera rede social en galego? Queremos premiar os teus proxectos! 🫵 Youtubeiras+ fai 10 anos con 7+1 categorías. Inscríbete do 17 de setembro ao 15 de novembro en 👉 youtubeiras.gal Alí podes consultar as bases e moito máis 💖
010
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 14/09/2026
Sabías que Youtubeiras+ xa leva dez anos en rede? 🎂 Se creas en galego, este é o teu lugar. A partir do 17 de setembro, este é o teu momento. Presta atención! 👀
10 anos en redemonigotes tipo ascii, un cun bolo de aniversario e outro salta a unha piscina
inscríbete do 17 de setembro ao 15 de novembro
031
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 12/09/2026
Queres descubrir o potencial das redes sociais en galego? Neeumatiko axúdate a descubrir o potencial das redes sociais e o ecosistema dixital en galego como recurso educativo 🕵️‍♂️ 🗓️  Será en liña o mércores 21 de outubro ás 19h 👉 Inscríbete xa en youtubeiras.gal/formacion
Conecta en galego: diversidade, talento e redes sociais

con Nee Barros

Coñece o potencial das redes sociais e o ecosistema dixital en galego como recurso educativo.

Data: 21 de outubro de 2026 ás 19 h
022
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 10/09/2026
Queres sentar ou repensar as bases da túa comunicación en redes e facela sostible no tempo? Konachadas comparte contigo os seus truquis para comunicar nas redes sociais de xeito máis estratéxico 🤳 🗓️  Será en liña o mércores 14 de outubro ás 19h 👉 Inscríbete xa en youtubeiras.gal/formacion
Crear contido con estratexia: das ideas ás redes sociais

con Nuria Grandío

Formación para sentar ou repensar as bases da nosa comunicación en redes e facela sostible no tempo.

Data: 14 de outubro de 2026 ás 19 h
010
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 08/09/2026
Queres comezar a facer vídeos nas redes sociais pero non sabes como darlle forma ao que queres contar? Prado Rúa comparte contigo os seus xeitos de tecer narrativa para vídeos de formato curto! 📹 🗓️  Será en liña o mércores 7 de outubro ás 19 h 👉 Inscríbete xa en youtubeiras.gal/formacion
Como ser unha “turras” sen parecelo

con María Rúa

Consellos para tecer unha narrativa audiovisual axeitada para as túas redes sociais.

Data: 7 de outubro de 2026 ás 19 h
022
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 17/08/2026
Xa resta ben pouco… ⏰
021
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 12/08/2026
Oxalá unha eclipse así todos os días! E unhas redes en galego con todo o amor que merecen 💖
061
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 04/08/2026
Coa referencia da reportaxe de elDiario.es, quixemos levar a cabo unha investigación para comprobar se as persoas influenciadoras en galego tamén tiñan grandes fortunas ocultas. O que descubrimos sorprenderache! 😱🤯
040
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 28/07/2026
A nosa proposta de deseños para os novos billetes de euro: iconas das redes sociais en galego! 💶 Esperamos que o Banco Central Europeo os valore... Ou deberiamos crear un país propio para utilizalos como moeda? 🤔
051
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 21/07/2026
Imos ter que apostar polo poliamor nestas redes sociais en galego 💖
030
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 14/07/2026
Non importa o tristes que esteamos, que abrimos o móbil e aparecen ✨ elas ✨. A rede en galego é ben linda! E iso que aquí faltan moitas caras 🫣
020
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 08/07/2026
Relatos eróticos, novas, libros electrónicos e máis en galego na Internet dos 90! Pensamos que a rede en galego é moi nova, mais ten xa 30 anos. En Youtubeiras+ queremos coñecer a súa historia, axúdasnos? Para saber máis sobre Vieiros, hai información no xornal @praza.gal e na Galipedia.
031
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 26/06/2026
E ti? Coñeces algún outro proxecto coa diversidade no centro? Recoméndao nos comentarios!
000
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 26/06/2026
🏳️‍🌈🏳️‍⚧️ O Orgullo LGBTIQA+, tamén en galego, tamén nas redes! Para reivindicalo, traemos 6 recomendacións:
130
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 17/06/2026
🩰 Teñen moito ritmo as nosas persoas premiadas! Haxa ou non haxa vídeos, nas redes sociais calquera cousa é posíbel (tamén en galego). Sobre todo coas fotos de La Diapo 🥸
010
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 12/06/2026
000
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 12/06/2026
Medio cheo ou medio baleiro? As respostas recollidas nesta publicación son ficticias e calquera semellanza coa realidade é pura coincidencia 🫣 Esta tendencia do vaso aprendémola de Prado Rua 💖 E ti, como o ves?
121
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 03/06/2026
Youtubeiras+, mencionada no informe, é unha iniciativa de máis dunha ducia de organismos públicos: os concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo, a Deputación da Coruña e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
Youtubeiras+ (Youtubeir@s ata 2024), a día de hoxe o programa de referencia de apoio a novos/as creadores/as de contido. Posto en marcha en 2015 polos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (Alingua), a Deputación da Coruña e as universidades para promover e visibilizar o uso do galego nas redes sociais baseadas no audiovisual, premia canles autoproducidas nas redes sociais con galardóns que oscilan entre os 1000 e os 1200 euros e coa súa gala anual contribúe á súa visibilización e a crear comunidade de creadores/as.

informe completo en: consellodacultura.gal
000
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 03/06/2026
📉 Malia os esforzos, a presenza do galego continúa a topar dificultades nun entorno dixital dominado por algoritmos. 📈 Mais hai esperanza: o idioma xera comunidade e diferenza.
O son das ideas, activa entre 2020 e 2023, foi unha iniciativa de animación de Darío Lago centrada na física. Tamén nos primeiros anos desta década o galego estivo presente nos programas de divulgación científica emitidos desde a plataforma de directos Twitch Ecos de Xigantes, de Carmela Cela, Darío Lago e Diego Ferraz; Ciencia e tal, de Paula Otero e Iván Varela; e Balea Vermella, da psiquiatra Iria Veiga e o químico Javier Balea. Balea foi tamén o creador de Moléculas en Galego, «pequenas doses de química»; mentres que AstroXabi mantivo a súa canle sobre astronomía activa en Youtube entre 2021 e 2022.

informe completo en: consellodacultura.galNa actualidade, aínda que seguen activas propostas como os Xeoclips do profesor de Bioloxía e Xeoloxía Xacobo de Toro, ou a reprodución nas redes do proxecto Ceos Galegos de X. Dosi Veiga, coidamos que podemos afirmar, sen dúbida, que o ecosistema de divulgación científica en galego nas redes sociais é menor que hai só un lustro. Mentres seguen a gozar de boa saúde algunhas contas enfocadas no campo das ciencias sociais e as humanidades como as de Manuel Gago, o panorama das centradas nas ciencias experimentais e na tecnoloxía pode mesmo considerarse crítico.

informe completo en: consellodacultura.gal
100
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 03/06/2026
🔬 “O galego pode funcionar como un atractivo engadido que facilita a creación dunha comunidade de seguidores”. Isto é só unha das conclusións do novo informe do Consello da Cultura Galega: “A divulgación científica en galego nas redes sociais”. ➡️ Podes lelo en consellodacultura.gal/publicacion....
O Informe sobre a divulgación da ciencia en Galicia pretende, así, ofrecer un retrato do punto en que nos atopamos co foco posto nos contidos na lingua de noso.

O exemplo de Gciencia demostra a institucións e creadores/as de contidos por conta propia que o galego como lingua de divulgación científica funciona e non só non supón un atranco, senón que na nosa realidade mesmo pode ser un reclamo.

informe completo en: consellodacultura.galDentro desta lóxica das grandes audiencias, cómpre reflexionar, unha vez máis, sobre a necesidade dunha estratexia decidida para que desde o galego accedamos a públicos e contidos internacionais instalados na lusofonía. Sería interesante ademais animar as e os divulgadores galegos con maior proxección castelanfalantes a iren introducindo o idioma de Galicia en parte das súas iniciativas, alén daquelas que partillan con axentes autonómicos.

informe completo en: consellodacultura.gal
131
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 25/05/2026
Que outros proxectos frikis en galego nos recomendas? Déixaos nos comentarios e feliz día do Orgullo Friki!
010
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 25/05/2026
🐉 Liga Galega Pokemon Combates con equipos de até un máximo de 6 pokémon, pertencentes á primeira xeración (os 151 pokémon orixinais). Argallada por Manuel “Léxuam” González e Paco Cela da Corte do Director, e organizado polo Obradoiro Dixital Galego. youtube.com/playlist?lis...
youtube.com
Liga Pokémon 2024-2025 - YouTube
Velaquí todas as xornadas da Liga Galega Pokémon 2024-2025
100
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 25/05/2026
🎙️ Antía Castro Actriz de dobraxe e cantante que fai traducións de fragmentos e cancións de series e filmes ao galego. De debuxos animados a musicais e clásicos cinematográficos como Hannah Montana, Frozen, Wednesday, Scooby-Doo ou Coraline. www.tiktok.com/@antiacastro...
tiktok.com
Antía Castro's Creator Profile
100
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 25/05/2026
📚 Lilium Manga, anime, banda deseñada, videoxogos, libros... En vídeo-ensaios, recensións sen spóilers ou vídeos curtos. Este proxecto ten un ollar lusófono, tentando dar visibilidade en Galiza a proxectos de países de fala portuguesa ou comparacións de dobraxes. youtube.com/@liliume
youtube.com
Lilium
Lilium é um canal de YouTube em galego sobre videojogos, anime, mangá, séries, livros e demais. Aqui tento tratar os temas tanto desde umha perspectiva mais avançada para quem quixer ver reviews comen...
110
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 25/05/2026
🎞️ KinocubeCinema A canle audiovisual da bitácora Kinocube de reflexión sobre cinema. Arquetipos cinematográficos, grandes cineastas e recomendacións de filmes! Esta canle forma parte dun proxecto sen ánimo de lucro que ten como obxectivo a divulgación de coñecemento. youtube.com/@kinocubecin...
youtube.com
KinocubeCinema
Kinocube Cinema é a canle audiovisual da bitácora Kinocube de reflexión sobre cinema. Arquetipos cinematográficos, grandes cineastas e recomendacións de filmes! Esta canle forma parte dun proxecto s...
100
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 25/05/2026
👾 Recuncho Gamer Pódcast, vídeos e directos mesturando cultura, humor e comunidade para que o mundo gamer tamén teña o seu recuncho. Centos de críticas, análises e gameplays de videoxogos de todas as épocas. Se buscas risas, opinións sen filtros e moito retro, este é o teu sitio recunchogamer.gal
recunchogamer.gal
Vive os videoxogos en galego! | Recuncho Gamer
Podcast, vídeos e directos que mesturan cultura, humor e comunidade para que o mundo gamer tamén teña o seu recuncho... en Recuncho Gamer.
100
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 25/05/2026
Feliz día do Orgullo Friki, en galego! 🤓 Videoxogos, cine, manga, dobraxes e Pokémon. No noso idioma tamén podes ter orgullo de ser friki con… Abrimos fío 👇
110
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 22/05/2026
Youtubeiras+ é unha iniciativa levada a cabo por máis dunha ducia de organismos públicos: os concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo, a Deputación da Coruña e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
000
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 22/05/2026
Así soaría un algoritmo galego alborotado 💃 Esta peza de Russ foi composta para a IX gala do noso certame, con fragmentos de persoas que foran finalistas. Hai algunhas frases xa ben icónicas no medio 🤭 Recoñeces alguén? Déixao nos comentarios! 💬
221
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 17/05/2026
Tes algunha recomendación máis? Déixanola en comentarios 🫣
000
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 17/05/2026
👉 “Colchas de voces”, videopódcast da Real Academia Galega arredor da figura de Begoña Caamaño youtube.com/playlist?lis...
youtube.com
Colchas de voces. O videopódcast da RAG das Letras Galegas de Begoña Caamaño - YouTube
E se a historia non era como nola contaron? 'Colchas de voces' é un videopódcast da Real Academia Galega arredor da figura de Begoña Caamaño, a autora á que ...
110