Sign in

iiinova is part of the Atmosphere — an open, public network where you own your identity.

Youtubeiras+

@youtubeiras.gal
279 followers 147 following 336 posts

📲 Iniciativa para a promoción do talento en galego nas redes ✨ 10ª edición 🔗 youtubeiras.gal

PostsRepliesMedia
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 16/10/2026
Unha poeta, un músico, unha creadora, unha comunicadora e unhe guionista chegan a un bar e... Non é unha brincadeira, é o noso xurado desta edición! 😝 Están desexosas de ver os vosos proxectos, inscribídeos xa en youtubeiras.gal para que o prazo non acabe! ⏰
041 4
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 14/10/2026
A gatubeira vai estar triste se non te inscribes 😿 Se creas contido en calquera rede, en calquera formato, en galego: a gatubeira ten 7.500 € para ti! Só tes que inscribir o teu perfil en 👉 youtubeiras.gal E podes propor o teu vídeo favorito para o premio do público na mesma ligazón!
Meme dos simpson. Homer está na fábrica cun cartaz que di “Aínda non te inscribiches en Youtubeiras+?”. Outro cartaz di “faino por ela” e ten moitas fotos da gatubeira, o gato de píxels de Youtubeiras+.
061 6
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 06/10/2026
Nas redes en galego existe moita creación! Conseguiremos superar eses 126 proxectos? 💥 Para axudarnos, inscríbete en youtubeiras.gal. Lembra que entran a concurso… todas as redes sociais (tamén bluesky!) E podes propor un vídeo doutra persoa para o premio do público!
031 3
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 02/10/2026
Creas en galego, en calquera rede social? Temos 7.500 € e 3 formacións gratuítas para ti 💖 Inscríbete xa para que non pase o prazo! 😽 ✨ youtubeiras.gal 1️⃣ Narrativa audiovisual con @prado_rua 2️⃣ Estratexia con @konachadas 3️⃣ Redes en galego (para as aulas e máis alá) con @neeumatiko
041 4
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 30/09/2026
🎙️ Para quen di que non hai pódcasts en galego, hoxe traemos 10 recomendacions polo Día Internacional do Pódcast! E nós queremos dar 1.000 € ao mellor pódcast! Para gañalos, só tes que inscribir o teu proxecto no noso concurso e conquistar o xurado 😌 Faino xa en 👉 youtubeiras.gal
010 1
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 29/09/2026
asdfghjklrrrRrrrRrrrRRR 🐾 Perdón! A gatubeira ficou dormida no teclado 😔 O que quería dicirvos é que ten 7.500 €. Quere repartilos entre persoas creadoras en galego, mais para iso precisa que inscribas o teu proxecto antes do 15 de novembro! 🐱 Faino en youtubeiras.gal
Ola! Son a GATUBEIRA.
Desliza para coñecer a nova mascota de Toutubeiras+!Nome: Gatubeira

Tipo: Gatiña ASCII de interior, só saio se hai cobertura.

Cor: Azul ligzón

Idade: Teño 7 vidas e 0 paciencia cos comentarios que din que o galego “non serve”.

Favoritas:

Comida: ratos
Xoguete: cables enguedellados
Número: 01101 101 01101001 01100001 01110101 01110101Un desexo
Celebrar os 10 anos de YouTubeiras+ rodeada de novas e vellas persoas creadoras, con moito talento en galego!
Incribete xa en YouTubeiras.gal
Cumpre o desexo da Gatubeira e leva 7.500 € en premios!
10 anos en rede
040 4
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 28/09/2026
Quen merece un premio honorífico pola súa traxectoria? 👀 O proxecto vencedor podería ser algún destes ou outro. Déixanos un comentario coa túa proposta 💬
152 5
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 23/09/2026
Unha vez reunidas todas as candidaturas, crearemos un formulario de votación que estará aberto do 23 de novembro ao 4 de decembro 🫣
Paso 3: selecciona os vídeos. Insire 1 ou 2 ligazóns de vídeos do Youtube en galego, de proxectos nunca galardoados nesta categoría, de despois do 16/11/2025Paso 4: revisa o correo. Ao longo da semana recibirás a confirmación da proposta ou exclusión e motivos da mesmaPaso 5: espera para votar. Con todas as candidaturas crearase unha votación,  en  youtubeiras.gal do 23 de novembro ao 4 de decembro de 2026.Comodín! Tes preguntas? Escríbenos a premios@youtubeiras.gal e tentaremos resolver as túas dúbidas
010 1
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 23/09/2026
Tes un vídeo do Youtube en galego favorito? Podes propolo ao premio do público até o 15 de novembro 💖 Garda este fío para saberes como facelo, ou faino xa para non esquecelo!
Como propor un vídeo para o premio do público paso a paso en Youtubeiras+Paso 1: entra no formulario. A través de Youtubeiras.galPaso 2: cubre os teus datos. As preguntas con asterisco son obrigatorias
110 1
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 21/09/2026
Garda este fío para que sexa máis fácil, e faino xa para non esquecelo!
Paso 4: define o teu proxecto. Descríbeo en menos de 400 caracteres e envía unha foto (se queres)Paso 5: revisa o correo. Ao longo da semana recibirás a confirmación ou instrucións para corrixires as incidenciasComodín! Tes preguntas? Escríbenos a Premios @ Youtubeiras.gal e tentaremos resolver as túas dúbidas
010 1
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 21/09/2026
Queremos premiarte! 🏅 Se creas contido nas redes sociais en galego, inscríbete en youtubeiras.gal antes do 15 de novembro Neste fío explicámosche como facelo 👀
Como inscribirse paso a paso en Youtubeiras+Paso 1: entra no formulario a través de youtubeiras.galPaso 2: cubre os teus datos. As preguntas con asterisco son obrigatorias e, se es menor de idade, debes enviar autorizaciónPaso 3: selecciona 3 exemplos. Insire 3 publicacións para que o xurado lles preste máis atención
121 2
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 18/09/2026
Comeza a 10ª edición de Youtubeiras+ baixo o lema 10 anos en rede ✨ Despois de dez anos a apoiar a creación de contidos en galego, esta nova edición reivindica as persoas pioneiras na Internet en galego á par que celebra os novos perfís. Por máis anos que festexar! 🖥️🎨 Un deseño da Illa Bufarda
Cartaz da 10ª edición de Youtubeiras+, co lema "10 anos en rede" preséntanse os premios de 2026. O prazo vai do 17 de setembro ao 15 de novembro e xa podes inscribirte en youtubeiras.gal . A estética é rosa, azul e amarela, con monigotes que imitan o ASCII. De fondo, un código binario sutil que repite 10 10 10. Aparecen os logos das entidades que organizan o certame: concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago, deputación da Coruña, USC, UDC e UVigo.
010 1
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 17/09/2026
Inauguramos a décima edición de Youtubeiras+✨ 📝 As inscricións no certame fican abertas até o 15 de novembro, vai ao noso web para consultar toda a info. 🔗 youtubeiras.gal 🤭 Quen debería levar ese premio honorífico?
043 4
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 16/09/2026
Creas contidos en calquera rede social en galego? Queremos premiar os teus proxectos! 🫵 Youtubeiras+ fai 10 anos con 7+1 categorías. Inscríbete do 17 de setembro ao 15 de novembro en 👉 youtubeiras.gal Alí podes consultar as bases e moito máis 💖
020 2
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 14/09/2026
Sabías que Youtubeiras+ xa leva dez anos en rede? 🎂 Se creas en galego, este é o teu lugar. A partir do 17 de setembro, este é o teu momento. Presta atención! 👀
10 anos en redemonigotes tipo ascii, un cun bolo de aniversario e outro salta a unha piscina
inscríbete do 17 de setembro ao 15 de novembro
041 4
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 12/09/2026
Queres descubrir o potencial das redes sociais en galego? Neeumatiko axúdate a descubrir o potencial das redes sociais e o ecosistema dixital en galego como recurso educativo 🕵️‍♂️ 🗓️  Será en liña o mércores 21 de outubro ás 19h 👉 Inscríbete xa en youtubeiras.gal/formacion
Conecta en galego: diversidade, talento e redes sociais

con Nee Barros

Coñece o potencial das redes sociais e o ecosistema dixital en galego como recurso educativo.

Data: 21 de outubro de 2026 ás 19 h
032 3
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 10/09/2026
Queres sentar ou repensar as bases da túa comunicación en redes e facela sostible no tempo? Konachadas comparte contigo os seus truquis para comunicar nas redes sociais de xeito máis estratéxico 🤳 🗓️  Será en liña o mércores 14 de outubro ás 19h 👉 Inscríbete xa en youtubeiras.gal/formacion
Crear contido con estratexia: das ideas ás redes sociais

con Nuria Grandío

Formación para sentar ou repensar as bases da nosa comunicación en redes e facela sostible no tempo.

Data: 14 de outubro de 2026 ás 19 h
020 2
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 08/09/2026
Queres comezar a facer vídeos nas redes sociais pero non sabes como darlle forma ao que queres contar? Prado Rúa comparte contigo os seus xeitos de tecer narrativa para vídeos de formato curto! 📹 🗓️  Será en liña o mércores 7 de outubro ás 19 h 👉 Inscríbete xa en youtubeiras.gal/formacion
Como ser unha “turras” sen parecelo

con María Rúa

Consellos para tecer unha narrativa audiovisual axeitada para as túas redes sociais.

Data: 7 de outubro de 2026 ás 19 h
032 3
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 17/08/2026
Xa resta ben pouco… ⏰
031 3
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 12/08/2026
Oxalá unha eclipse así todos os días! E unhas redes en galego con todo o amor que merecen 💖
071 7
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 04/08/2026
Coa referencia da reportaxe de elDiario.es, quixemos levar a cabo unha investigación para comprobar se as persoas influenciadoras en galego tamén tiñan grandes fortunas ocultas. O que descubrimos sorprenderache! 😱🤯
050 5
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 28/07/2026
A nosa proposta de deseños para os novos billetes de euro: iconas das redes sociais en galego! 💶 Esperamos que o Banco Central Europeo os valore... Ou deberiamos crear un país propio para utilizalos como moeda? 🤔
061 6
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 21/07/2026
Imos ter que apostar polo poliamor nestas redes sociais en galego 💖
040 4
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 14/07/2026
Non importa o tristes que esteamos, que abrimos o móbil e aparecen ✨ elas ✨. A rede en galego é ben linda! E iso que aquí faltan moitas caras 🫣
030 3
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 08/07/2026
Relatos eróticos, novas, libros electrónicos e máis en galego na Internet dos 90! Pensamos que a rede en galego é moi nova, mais ten xa 30 anos. En Youtubeiras+ queremos coñecer a súa historia, axúdasnos? Para saber máis sobre Vieiros, hai información no xornal @praza.gal e na Galipedia.
041 4
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 26/06/2026
🏳️‍🌈🏳️‍⚧️ O Orgullo LGBTIQA+, tamén en galego, tamén nas redes! Para reivindicalo, traemos 6 recomendacións:
130 3
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 17/06/2026
🩰 Teñen moito ritmo as nosas persoas premiadas! Haxa ou non haxa vídeos, nas redes sociais calquera cousa é posíbel (tamén en galego). Sobre todo coas fotos de La Diapo 🥸
010 1
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 12/06/2026
000 0
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 12/06/2026
Medio cheo ou medio baleiro? As respostas recollidas nesta publicación son ficticias e calquera semellanza coa realidade é pura coincidencia 🫣 Esta tendencia do vaso aprendémola de Prado Rua 💖 E ti, como o ves?
121 2
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 03/06/2026
Youtubeiras+, mencionada no informe, é unha iniciativa de máis dunha ducia de organismos públicos: os concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo, a Deputación da Coruña e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
Youtubeiras+ (Youtubeir@s ata 2024), a día de hoxe o programa de referencia de apoio a novos/as creadores/as de contido. Posto en marcha en 2015 polos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (Alingua), a Deputación da Coruña e as universidades para promover e visibilizar o uso do galego nas redes sociais baseadas no audiovisual, premia canles autoproducidas nas redes sociais con galardóns que oscilan entre os 1000 e os 1200 euros e coa súa gala anual contribúe á súa visibilización e a crear comunidade de creadores/as.

informe completo en: consellodacultura.gal
000 0
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 03/06/2026
📉 Malia os esforzos, a presenza do galego continúa a topar dificultades nun entorno dixital dominado por algoritmos. 📈 Mais hai esperanza: o idioma xera comunidade e diferenza.
O son das ideas, activa entre 2020 e 2023, foi unha iniciativa de animación de Darío Lago centrada na física. Tamén nos primeiros anos desta década o galego estivo presente nos programas de divulgación científica emitidos desde a plataforma de directos Twitch Ecos de Xigantes, de Carmela Cela, Darío Lago e Diego Ferraz; Ciencia e tal, de Paula Otero e Iván Varela; e Balea Vermella, da psiquiatra Iria Veiga e o químico Javier Balea. Balea foi tamén o creador de Moléculas en Galego, «pequenas doses de química»; mentres que AstroXabi mantivo a súa canle sobre astronomía activa en Youtube entre 2021 e 2022.

informe completo en: consellodacultura.galNa actualidade, aínda que seguen activas propostas como os Xeoclips do profesor de Bioloxía e Xeoloxía Xacobo de Toro, ou a reprodución nas redes do proxecto Ceos Galegos de X. Dosi Veiga, coidamos que podemos afirmar, sen dúbida, que o ecosistema de divulgación científica en galego nas redes sociais é menor que hai só un lustro. Mentres seguen a gozar de boa saúde algunhas contas enfocadas no campo das ciencias sociais e as humanidades como as de Manuel Gago, o panorama das centradas nas ciencias experimentais e na tecnoloxía pode mesmo considerarse crítico.

informe completo en: consellodacultura.gal
100 1
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 03/06/2026
🔬 “O galego pode funcionar como un atractivo engadido que facilita a creación dunha comunidade de seguidores”. Isto é só unha das conclusións do novo informe do Consello da Cultura Galega: “A divulgación científica en galego nas redes sociais”. ➡️ Podes lelo en consellodacultura.gal/publicacion....
O Informe sobre a divulgación da ciencia en Galicia pretende, así, ofrecer un retrato do punto en que nos atopamos co foco posto nos contidos na lingua de noso.

O exemplo de Gciencia demostra a institucións e creadores/as de contidos por conta propia que o galego como lingua de divulgación científica funciona e non só non supón un atranco, senón que na nosa realidade mesmo pode ser un reclamo.

informe completo en: consellodacultura.galDentro desta lóxica das grandes audiencias, cómpre reflexionar, unha vez máis, sobre a necesidade dunha estratexia decidida para que desde o galego accedamos a públicos e contidos internacionais instalados na lusofonía. Sería interesante ademais animar as e os divulgadores galegos con maior proxección castelanfalantes a iren introducindo o idioma de Galicia en parte das súas iniciativas, alén daquelas que partillan con axentes autonómicos.

informe completo en: consellodacultura.gal
131 3
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 22/05/2026
Así soaría un algoritmo galego alborotado 💃 Esta peza de Russ foi composta para a IX gala do noso certame, con fragmentos de persoas que foran finalistas. Hai algunhas frases xa ben icónicas no medio 🤭 Recoñeces alguén? Déixao nos comentarios! 💬
221 2
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 17/05/2026
Queres coñecer a Begoña Caamaño a través das redes sociais? Youtubeiras+ traemos algunhas recomendacións:
Celebrando o día da
INTERNET
e das
LETRAS GALEGAS
con...
descubre a
Begoña Camaño
nas redes!
160 6
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 08/05/2026
Con cal destes grupos de persoas finalistas no noso certame sentarías? Só podes escoller unha mesa!
En que mesa sentarías?

Con cal destes grupos de persoas finalistas no noso certame sentarías?

A primeira, con Leti A do Chinto, Diego Aux e Miguel B Lesta

A segunda con Prendidísima e Antontísimo 

A terceira con David Ramos e Rogelio Santos Queiruga

A cuarta con Miradenovo e Galiactiva

A quinta con ChutenMeme e todo o seu séquito de escoltas
111 1
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 28/04/2026
Plans diabólicos, partidos a vida ou morte, maratóns, grupos musicais… as persoas creadoras responden 🥸
110 1
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 15/04/2026
O Carballo Interplay comeza e está cheo de persoas finalistas e gañadoras dos Youtubeiras+! Nós aproveitamos para convidarvos a ir ✌️ O programa completo está en: www.carballointerplay.com
Quen estará no Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, na súa 13 edición, da nosa familia Youtubeiras+? Desliza para sabelo! Aparecen moitos gatiñosO xoves 16 ás 11:00 prado rúa e konachadas falarán de “Como sobrevivir en galego nas redes sociais?”Tamén o xoves 16, ás 18:30, todomal.va presentará a revista Clara Corbelhe 5No venres 17 ás 16:00, terá lugar o pitching do Premio á Creación Dixital Galega do CIP
040 4
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 09/04/2026
Por quen votarías para a Xunta? 🗳️ Nos temos xa unha lista de persoas creadoras de contido presidentas! Nomeadas pola propia comunidade:
120 2
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 31/03/2026
Con quen sobrevivirías unha semana nos Ancares? Só podes responder con xente creadora de contido! 🏔️
111 1
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 26/03/2026
Que lle dirías ti ao algoritmo? Déixao nos comentarios! 🫵
E TI?
QUE LLE DIRÍAS AO ALGORITMO SE O TIVESES DIANTE?
Déixao nos comentarios!
110 1
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 26/03/2026
Que sexa como a xente e que trate a tod@s igual.
FÓRA DE MAPAQue se porte moito mellor co galego, que o precisa! Que non faga sombra ao noso contido!
XURXO VARELA
110 1
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 26/03/2026
Que che fixen eu, ghelipollas?
RODRI MÍGUEZ
&
O BÚNKER
DEBUXOSComunicaríalle a súa execución pública por diversos delitos, entre eles o máis importante, meterme
tremebundo shadowban.
CHUTENMEME
110 1
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 26/03/2026
Que problema tes con que fagamos contido en galego? 🤣
PATRI OTERO3 palabras:
O GALEGO EXISTE.
KONACHADAS
122 2
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 26/03/2026
Que lle dirías ao algoritmo se o tiveses diante? Preguntamos a súa opinión aos proxectos gañadores e algúns mesmo coincidiron nas respostas. Téndelas neste fío para rexoubardes 👀
QUE LLE DIRÍAS AO ALGORITMO SE O TIVESES DIANTE?

es gañadories responden
132 3
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 18/03/2026
Unha polémica coa do Chinto? Como?? 🥲 Esta é a segunda parte do vídeo en que fixemos xogar ao noso xurado. Non nos responsabilizamos das inimizades e amores que traia! E ti con quen casarías, irías de viaxe, tomaríaslle unha e terías unha polémica? 😈
020 2
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 10/03/2026
Casar, tomarlle unha, viaxar ou ter unha polémica… que escolleu o noso xurado? 😈
010 1
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 27/02/2026
E ti a quen lle darías un Youtubeiras+?
E ti a quen lle darías un premio Youtubeiras+? Déixao nos comentarios!
100 1
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 27/02/2026
A quen lle darían @rodrimiguez.bsky.social, Patri Otero e o Búnker debuxos un Youtubeiras+?
A quen lle daría Rodri Míguez un premio Youtubeiras+? A todas esas persoas que no seu día a día traballan por influenciar con cabeza, ética e compromiso a xente máis nova, loitando por achegar espazos de representación, visibilidade e prestixio á nosa lingua e á nosa cultura.A quen lle daría Patri Otero un premio Youtubeiras+? A todas as persoas que día a día continúan a empregar o galego e a defendelo a pesar de todos os prexuízos e trabas que sofre a nosa lingua. Grazas a elas aínda temos unha lingua viva e con futuro 💙

E o Búnker debuxos? Ao público que contra vento e marea segue apoiando o contido en galego nas redes. Todos merecen un premio.
100 1
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 27/02/2026
A quen lle darían @forademapa.bsky.social e Xurxo Varela un Youtubeiras+?
A quen lle darían Fóra de Mapa pódcast un premio Youtubeiras+? Aos de Non vale furar, que están a facer un contido sobre fútbol, de calquera categoría, espectacular.A quen lle daría Xurxo Varela un premio Youtubeiras+? Gústanme moitas e moitos creadores de contido en galego, pero ultimamente sigo moito a Miguel García (@mgmiguelgarcia) e encántame. Tamén me gustan @ant0ntisim0, @luatrillooreiro e @maricarnota… E se o seu alumnado fose xurado de Youtubeiras+, quen cre que premiarían? "Son tantos e tantas que non sabería dicir, gústanlle contidos moi distintos a cada un!"
100 1
Youtubeiras+ @youtubeiras.gal · 27/02/2026
A quen lle darían Konachadas e @chuten.bsky.social un Youtubeiras+?
A quen lle daría Konachadas un premio Youtubeiras+? A Iris Gestoso! O meu espazo seguro nas redes sociais. Unha tía chulísima que sigo dende sempre, que é inspiración e que é das persoas máis divertidas das redes todasA quen lle daría Chutenmeme un premio Youtubeiras+? A Lilium, por claro favoritismo e porque por un sorriso seu mataría
110 1