codigocero.com
A AELG pon o foco nunha conferencia nos retos actuais da literatura en materia de IA
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) vai organizar esta semana, o venres 7 de febreiro, unha xornada de debate arredor da creación literaria e as novas ferramentas intelixentes, abordando os principais retos aos que se enfronta a literatura neste eido, por exemplo a presenza cada vez maior de intelixencias creadoras que teñen a capacidade de escribir por nós, ou de copiar e pegar o que escriben outros.