Sign in

Universidade da Coruña

@udc.gal
1.3K followers 116 following 2K posts

En constante movemento

PostsRepliesMedia
Universidade da Coruña @udc.gal · 10h
📢 A UDC vén de aprobar no Consello de Goberno celebrado esta mañá a convocatoria de 67 prazas de Persoal Docente e Investigador para reforzar o seu cadro de persoal. Así mesmo, tamén se aprobou o nomeamento de Rafael Martín Acero como profesor emérito da Universidade. 🔗+info: bit.ly/CGob09
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 10h
A OCV recibiu esta mañá a Dilma Cruz, produtora campesiña hondureña e integrante da Asociación de Productores Experimentadores de Moropocay. A súa visita enmárcase no proxecto "Mulleres Bravas de Honduras e Galicia", promovido por Amigas da Terra, Enxeñería Sen Fronteiras e Cooperación Galega.
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 10h
🎓A Residencia Universitaria Elvira Bao deu a benvida ao novo alumnado residente! 🏠A xornada celebrouse onte na sala de ocio da residencia, nun encontro que contou coa presenza da vicerreitora de Estudantes e Empregabilidade, Alsira Salgado.
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 12h
📅 O 2 de outubro, a Reitoría da UDC acolle a II Xornada Galega PRL "Universidade e empresa ante os retos preventivos". Un encontro entre as tres universidades do SUG, empresas e administracións para abordar os retos actuais da prevención de riscos laborais. 🔗Inscríbete aquí: bit.ly/XPRUDC
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 13h
🏆 A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC convoca os premios aos mellores TFM en criterios ASG e propósito corporativo e aos mellores TFG de temática galega. 📅Tes de prazo ata o 4/10 para TFG e ata o 31/12/2026 para TFM. Consulta as bases e participa! 🔗Máis información: bit.ly/PrCVE26
000
Reposted by Universidade da Coruña
CITIC Research UDC @citicresearch.bsky.social · 29/09/2026
📣 Os vindeiros 15 e 16 de outubro, o #CITIC e a Facultade de Informática da @udc.gal acollerán a edición IX do Congreso XoveTIC, dirixido a persoal investigador das #TIC 📝 Inscríbete! O prazo de remata mañá día 30 👇 Asistentes: f.mtr.cool/mq8hk39pjk Relatores: f.mtr.cool/03ddze4ysw
033
Universidade da Coruña @udc.gal · 16h
🔍 Ademais, o Grupo de Cidadanía Dixital está a desenvolver un proxecto de investigación sobre a podcastesfera feminista financiado polo @instmujeres.bsky.social e queren coñecer intereses, motivacións, percepcións…. 🔗 Participa aquí:
bit.ly
Fill | ¿QUÉ PÓDCAST FEMINISTAS ESCUCHAS?
¿Tienes 5 minutos? Cuéntanos qué escuchas, por qué y qué opinas sobre los pódcast feministas. Registro comité de ética 2026-021
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 16h
🎙️ Sabías que hoxe, 30 de setembro é o Día Internacional do Podcast? Na UDC contamos con varias iniciativas, como Onda Ciencia”, da Unidade de Divulgación Científica e Cultural, “O Descodificador”, do @citicresearch.bsky.social, ou “Pedagoxías do Incómodo”, do Ecigal.
120
Universidade da Coruña @udc.gal · 29/09/2026
🌍 O @citicresearch.bsky.social avanza en Praga no proxecto europeo EDIGIT, inspirado na experiencia de Talentos Inclusivos. Un encontro que permitiu avanzar na plataforma formativa e preparar novas accións de capacitación para impulsar unha educación STEM máis inclusiva.  🔗https://bit.ly/EDGt26
000
Reposted by Universidade da Coruña
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 29/09/2026
#CIFaoDía (2/2) A intervención está impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial, promovida pola UDC xunto co Concello de Ferrol, e conta co apoio económico da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude @udc.gal
001
Reposted by Universidade da Coruña
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 29/09/2026
#CIFaoDía (1/2) O Castro de Esmelle acolle do 28/SETEMBRO ao 9/OUTUBRO unha quinta intervención arqueolóxica, a segunda no que vai de ano. Os traballos darán continuidade á campaña realizada durante o mes de xullo e centraranse no estudo dun edificio localizado na zona de acceso ao castro @udc.gal
101
Universidade da Coruña @udc.gal · 29/09/2026
🚀A Oficina de Proxectos Internacionais vén de acadar unha das axudas da convocatoria GPE2026 para a preparación e xestión de proxectos europeos e atracción de talento internacional, unha convocatoria moi competitiva (só 14 universidades están entre as entidades seleccionadas). 🔗https://bit.ly/UDCOPI
001
Universidade da Coruña @udc.gal · 29/09/2026
🦖🔬 Mañá comeza a III Semana da Paleontoloxía da UDC! 📅Do 30 de setembro ao 6 de outubro, conferencias, paleocharlas, cine e obradoiros achegarán a disciplina a todas as idades en distintos espazos da Coruña. 🔗Máis info: bit.ly/IIISemPal
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 29/09/2026
🔬 A Facultade de Ciencias da UDC continúa esta semana co XXIII Ciclo "Ciencia é Cultura". O 2/10 ás 12:10 h, Luis Hombreiro Noriega, comisario da Policía Nacional e doutor en Bioloxía falará sobre contaminación residual na práctica forense e o "background" xenético.  🔗+info: bit.ly/CCeCult
010
Universidade da Coruña @udc.gal · 29/09/2026
🤖O 2/10 a Casa do Estudantado acollerá a partir das 10:00 h a xornada "Intelixencia Artificial, nesgos de xénero e oportunidades para a igualdade". Unha oportunidade para analizar os nesgos, a saúde mental e aplicacións da IA desde unha perspectiva de igualdade. 📍Casa do Estudantado 🕛10:00-14:30 h
031
Universidade da Coruña @udc.gal · 28/09/2026
UDC e a AESIA avanzan en novos proxectos para impulsar unha IA segura, responsable e ao servizo da sociedade. O reitor da UDC e o director xeral da AESIA mantiveron un encontro xunto con representantes de ambas as institucións no que abordaron iniciativas conxuntas. 🔗+info: bit.ly/AESIA26
023
Universidade da Coruña @udc.gal · 28/09/2026
🎉Así de ben o pasamos o venres na G-NIGHT! 🤗Grazas a todas as persoas que participastes nas nosas visitas guiadas e obradoiros e ás que vos achegáchedes a compartir unha tarde de ciencia para toda a familia! Ata a próxima!🩷 #GNight2026 #GNight #UDC #DivulgaciónCientífica #InvestigaciónUDC
020
Reposted by Universidade da Coruña
Universidade Sénior - UDC @udc-senior.bsky.social · 28/09/2026
A Universidade Sénior da UDC abre inscrición na 4ª ed do Programa de Democratización do Coñecemento en #Carballo, con financiación da Xunta de Galicia, e colaboración do Concello de Carballo Inscrición: 29 de setembro a 8 de outubro, na web universidadesenior.org/carballo/, e presencial no Concello
011
Universidade da Coruña @udc.gal · 28/09/2026
🌍O @cicaudc.bsky.social impulsa a colaboración internacional coa incorporación da investigadora sudafricana Kate da Silva. 🏅Galardoada no #SACCMA2025, realizará unha estadía no grupo Advanced Biofab, ampliando a súa formación e reforzando a cooperación científica. 🔗+info: bit.ly/KdSCICA
011
Universidade da Coruña @udc.gal · 28/09/2026
A UDC suma dúas novas spin-off para trasladar á sociedade o coñecemento xerado na súa investigación. 🚀 ✅ Real Force Lab, dedicada á análise do rendemento humano. ✅ RE-IUS Circular Law, especializada en economía circular e dereito ambiental. 🔗https://bit.ly/4ynmdvY #UDC #RumboEBC #OTC
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 26/09/2026
🌍 Hoxe celebramos o #DíaEuropeoDasLinguas desde a UDC e como parte de EMERGE, unha alianza na que a diversidade lingüística forma parte do que somos. Nove universidades, linguas e territorios diversos que aprenden e colaboran xuntos. #EMERGEAlliance #UDC
020
Universidade da Coruña @udc.gal · 25/09/2026
Catro boas prácticas docentes da UDC, recoñecidas no portal "Xénero e Diversidade no Ensino" da Universidade Libre de Berlín. As experiencias abranguen as redes de coidados e desigualdades, a perspectiva de xénero no ensino ou os discursos misóginos nas redes. 🔗
bit.ly
Buenas Prácticas
Aquí se presenta una selección de buenas prácticas en docencia, a partir de una convocatoria realizada en 2025, entre docentes de instituciones de educación superior de España y América Latina.
010
Universidade da Coruña @udc.gal · 25/09/2026
🏗️ Comeza o II Ciclo de Conferencias «I+D+i en Edificación» da EUATAC. O 29 de setembro, Daniel Hermosilla falará sobre innovación na prefabricación de formigón e o seu papel na eficiencia, calidade e sustentabilidade da construción. Inscrición gratuíta. 🔗Máis info: bit.ly/ConfEdif
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 25/09/2026
🌧️Un estudo liderado desde o @cicaudc.bsky.social reconstrúe 11.000 anos de cambios nas chuvias do oeste da Península Ibérica. Os resultados revelan o papel clave do Atlántico Norte e axudan a comprender a variabilidade das precipitacións. 🔗Máis info: bit.ly/EstCICA
010
Universidade da Coruña @udc.gal · 25/09/2026
🔬A II Escola de Doutoramento en Fotocatálise da UDC reuniu no Pazo de Mariñán especialistas e alumnado de doutoramento para analizar avances, desafíos e aplicacións desta disciplina clave na procura de solucións sostibles para retos ambientais e enerxéticos. 🔗+info: bit.ly/FTCTLS
011
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
🤝 O reitor da UDC, Ricardo Cao, mantivo unha reunión no Reitorado coa portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón, para abordar algúns dos principais retos da universidade. 💬 Financiamento, aloxamento do estudantado e investigación de calidade ao servizo da sociedade. #UDC #UniversidadePública
021
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
🌿🧤 O venres 2 de outubro, a UDC súmase á Limpeza Simultánea do Proxecto Ríos no río Lagar, ao seu paso polo Campus de Elviña, en horario de 11:00 a 13:00 h. 📍Punto de encontro: entrada principal da Facultade de Economía e Empresa. Anímate e participa! ✍🏽Inscríbete aquí: bit.ly/MXRíos
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
📚 Volve o Club de Lectura da Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación! 📅Unha vez ao mes, os mércores ás 17:00 h, reunirémonos para comentar lecturas, intercambiar ideas e desfrutar da lectura en boa compañía. Anímate e inscríbete!  🔗https://bit.ly/ClectOut
012
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
⏳ Mañá, 25 de setembro, a ciencia sae á rúa coa G-Night! ⚗️ Máis de 40 actividades gratuítas na Coruña e Ferrol: obradoiros, experimentos e moita divulgación para todos os públicos. 🧠✨ Bótalle un ollo ao programa aquí 👇 gnight.gal #GNight2026 #GNight #UDC #DivulgaciónCientífica
010
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
Cerca de 200 persoas reuníronse no Paraninfo da UDC na xornada Sostener para avanzar, organizada por @plenainclusion.bsky.social e @fademga.bsky.social. Un espazo para compartir coñecemento e avanzar a organizacións máis sostibles e capaces de afrontar os cambios sen perder de vista a súa misión.
021
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
📢Xa está aberto o prazo de solicitude para participar na VII edición de Talentos Inclusivos, o programa educativo do @citicresearch.bsky.social que combina tecnoloxía, innovación e inclusión. 📅O prazo de solicitude está aberto durante 15 días naturais desde o 22/09. 🔗https://bit.ly/ApTIncl
010
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
🌙🦇 O 14/10 a asociación UDC Big Bang organiza na Facultade de Ciencias unha actividade para achegarnos ao fascinante mundo dos morcegos. 🔎Se o tempo o permite, sairase polos arredores para escoitar e tentar ver morcegos durante a súa actividade nocturna.  👉 Actividade con inscrición previa.
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
🎉 O investigador do @cicaudc.bsky.social Jesús Mosquera Mosquera acaba de obter unha das prestixiosas Bolsas Leonardo 2026 da Fundación BBVA co seu NANO-4P. 🔬 Un novo recoñecemento á investigación de excelencia da #UDC. 🔗https://bit.ly/BLJeMos #InvestigaciónUDC #BolsaLeonardo #Nanotecnoloxía
041
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
🏆 A catedrática da UDC Patricia Faraldo Cabana recibe o Premio Francisco Tomás y Valiente 2026 pola súa monografía "La privación del derecho de sufragio pasivo por condena penal", que aborda a relación entre a condena penal e o dereito a ser elixido. Parabéns!👏🏽👏🏽👏🏽 🔗Máis info: bit.ly/PrPtrF
010
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
🏆 A UDC, Premio Embaixador Honorífico MICE 2026. Recibiu o galardón na Noite de Embaixadores, un encontro organizado por A Coruña Convention Bureau en recoñecemento ao seu papel como motor científico, académico e cultural e pola súa contribución á proxección internacional da cidade.
010
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
👩‍🏫A investigadora do @citicresearch.bsky.social e profesora da UDC Verónica Bolón participou na xornada IA360, na que se presentou o novo Plan IA360 do Goberno de España para un despregamento responsable da intelixencia artificial.  🔗Máis info: bit.ly/VBIA360
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 23/09/2026
Ferrol: gnight.gal/cidades/ferrol
010
Universidade da Coruña @udc.gal · 23/09/2026
⏳Conta atrás para a G-Night!  ⚗️O 25 de setembro, máis de 40 actividades gratuítas na Coruña e Ferrol: visitas, obradoiros, experimentos e divulgación para todos os públicos baixo o lema "Conciencias creativas".Deixámosche o programa! A Coruña: gnight.gal/cidades/a-coruna
113
Universidade da Coruña @udc.gal · 23/09/2026
Deixámosche o programa! A Coruña: gnight.gal/cidades/a-coruna Ferrol: gnight.gal/cidades/ferrol
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 23/09/2026
⏳Conta atrás para a G-Night!  ⚗️O 25 de setembro, máis de 40 actividades gratuítas na Coruña e Ferrol: visitas, obradoiros, experimentos e divulgación para todos os públicos baixo o lema "Conciencias creativas".
100
Universidade da Coruña @udc.gal · 23/09/2026
🎓Arranca o Máster Erasmus Mundus RESCO! ♻️A primeira promoción reuniuse en Budapest coa comunidade académica do programa, iniciando así unha experiencia internacional para formarse no deseño de infraestruturas sostibles para un futuro máis verde. 🔗Máis info: bit.ly/IncRESCO
001
Universidade da Coruña @udc.gal · 22/09/2026
🎥 Queres crear contido en galego? @youtubeiras.gal trae 3 formacións en liña para aprender a comunicar nas redes con María Rúa, Nuria Grandío e Nee Barros. 📅 7, 14 e 21 de outubro, ás 19:00 h. Descubre trucos, estratexias e referentes. 🔗Inscríbete aquí: youtubeiras.gal/formacion
022
Universidade da Coruña @udc.gal · 22/09/2026
🧠A UDC ofrece unha nova formación gratuíta de 18 horas en modalidade de teleformación, dirixida a alumnado, PDI e PTXAS, sopre apoio no fogar de persoas con dano cerebral adquirido. 🗓️1-30/10 🧑🏽‍🦱30 prazas ✍🏽 Inscrición de balde 📲 Escanea o código QR ou inscríbete aquí: bit.ly/ApoioDCA
021
Universidade da Coruña @udc.gal · 21/09/2026
🧬A UDC será punto de encontro internacional para a prevención de pandemias do 1 ao 3 de outubro, na xuntanza anual do proxecto ZOE, que estuda as zoonoses desde o enfoque #OneHealth. O equipo da UDC analiza o factor humano para evitar que a degradación ambiental favoreza o contaxio ás persoas.
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 21/09/2026
🏠 HABITARES III chega á Facultade de Socioloxía da UDC! Un ciclo para reflexionar sobre coidados, ruralidade, envellecemento e economía desde unha perspectiva social. 📅 23/9, 30/9, 14/10 e 30/10, en formato Presencial e en liña.  Agardámoste!
011
Reposted by Universidade da Coruña
Universidade Sénior - UDC @udc-senior.bsky.social · 21/09/2026
170 maiores de 50 anos, de 11 concellos da comarca, participarán na 8ª ed. do Programa Democratización do Coñecemento da Universidade Sénior da UDC @udc.gal que arranca mañá, e conta coa financiación da Xunta de Galicia e colaboración do Concello de Betanzos,. universidadesenior.org/2026/09/21/1...
universidadesenior.org
170 participantes na nova edición da Universidade Sénior da UDC en Betanzos, que arranca o 22 de setembro
A Universidade Sénior, o programa universitario para maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, porá en marcha o vindeiro 22 de setembro a 8ª edición do Programa de Formación Universitaria Espec…
011
Universidade da Coruña @udc.gal · 21/09/2026
Sonia Contera, catedrática de Biofísica na Universidade de Oxford, impartirá o 24/09 unha conferencia na Facultade de Ciencias ás 12:10 h dentro do ciclo "Ciencia é Cultura", facendo referencia ao seu libro "Seis problemas que a ciencia non pode resolver". 🔗https://bit.ly/CCeCult Agardámoste!
011
Reposted by Universidade da Coruña
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 21/09/2026
#CIFaoDía (1/2) A vicerreitora do #CampusFerrol, Igualdade e RS, Ana Ares, e o director do Programa Afrontemos, Valentín Escudero, recibiron, o 18/SETEMBRO, no Campus Industrial de Ferrol, aos representantes dos servizos de atención psicolóxica da USC e da UVigo @udc.gal @usc.gal @uvigo.bsky.social
121
Universidade da Coruña @udc.gal · 21/09/2026
📢Xa está aberto o prazo de inscrición da X Edición de Youtubeiras! ✨Baixo o lema "Dez anos en rede", preténdese celebrar o talento das persoas creadoras de contido nas redes e recoñecer aos pioneiros no uso do galego en Internet. Inscríbete até ás 23.59 horas do 15/11 aquí👉🏽 bit.ly/Incr26yt
010
Universidade da Coruña @udc.gal · 18/09/2026
✨Os equipos CARRETERAS, Los 4 Elementos e Nexus IngenIA gañan o I maratón "Impulsa CITEEC", maratón de innovación e transferencia  organizado polo centro de investigación da UDC orientado a dar solución a necesidades reais da sociedade e do tecido produtivo. 🔗Máis info: bit.ly/IImplsC
000