Sign in

Luís Pérez Barral

@sinhogz.bsky.social
305 followers 93 following 109 posts

Falangueiro, optimista e bo rapaz. Alcalde de Ribeira 23/25

PostsRepliesMedia
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 02/01/2026
As cousas cambian pero o meu sitio é este. Sempre con vós, sempre cara adiante. Neste 2026 sorride Ribeira ¡imos brillar! 😊✨
050
Reposted by Luís Pérez Barral
Ana Pontón @anaponton.gal · 09/10/2025
Luís Pérez (@sinhogz.bsky.social) volverá ser o gran alcalde que Ribeira merece. Poderán quitarnos o goberno cunha moción de censura vergoñenta, pero non a razón, nin a vontade de facer de Ribeira un lugar mellor para a maioría.
0184
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 26/07/2025
🎨 Presentamos o Festival Salmoira cunha homenaxe a #Castelao no 75º aniversario do seu pasamento, con música das pandereteiras e murais na rúa. A arte para o pobo, lembrando a Castelao con vida e cultura. Seguimos facendo país dende #Ribeira.
040
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 12/07/2025
Celebramos o Día da Patria Galega en #Ribeira co orgullo dun goberno transformador. Os #ConcellosBNG constrúen vilas máis verdes, accesibles e para as persoas. Veñen 2 anos ilusionantes con proxectos para seguir cambiando a nosa cidade e mellorando a vida da xente! Grazas 🩵
050
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 10/07/2025
No seu día moitos concellos traballábamos sen ningunha axuda e soportábamos críticas e burlas do Partido Popular. Agora parece que non esaxerábamos e que había un risco ambiental certo ao que houbo que facerlle fronte. www.nosdiario.gal/articulo/pol...
nosdiario.gal
A Xunta recoñece o dano dos pellets e pide unha indemnización
O Goberno galego enunciará nos tribunais o impacto ambiental das verteduras de microplásticos.
051
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 05/07/2025
O Festival Salmoira embelece #Ribeira 🎨 A través da arte embelecemos as rúas e tamén poñemos en valor a historia, as tradicións e a identidade de Ribeira, promovendo unha nova forma de conexión entre a cultura e a veciñanza.
020
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 21/06/2025
Se vos gusta a cultura e o patrimonio marítimo, entre o 17 e o 20 de xullo #Ribeira acollerá o XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galiza. www.nosdiario.gal/articulo/cul...
nosdiario.gal
Ribeira prepara xa o XVIII Encontro de Embarcacións Tradicionais
O evento pon en valor o patrimonio marítimo galego.
020
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 15/06/2025
Día da bici en #Ribeira 🚲
010
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 08/06/2025
#Ribeira vibrou este sábado co concerto da Orquestra Sinfónica de Galiza obarbanza.gal/2025/06/o-au...
050
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 07/06/2025
Parabéns a Irene Lourido que gaña o X Concurso de Novela Curta Cidade de #Ribeira. ✍️ Irene estréase como escritora e faino pola porta grande tendo este premio co que pretendemos respaldar o sistema literario galego e poñer en valor a lingua galega.
020
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 03/06/2025
75 aniversario do Cole O Grupo Miles de crianzas pasaron por este centro onde tanto aprenderon. Seguiremos traballando para mellorar instalacións, apoiar proxectos e garantir un ensino de calidade porque a escola pública é esencial para a igualdade de oportunidades. Parabéns!
010
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 02/06/2025
Esta finde pasada foi desas bonitas que pasan entre a xente en diferente eventos. Aniversario da Orquestra Sons, Copa Sálvora, Mostra de Teatro Infantil e Taekwondo.
030
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 28/05/2025
Hoxe cúmprense 2 anos dun día inesquecible. Dende aquel 28 de maio, #Ribeira entrou nun tempo novo e ilusionante. Grazas por crer, traballar e acompañar. Seguimos dando o mellor de nós para construír unha Ribeira en grande.
040
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 23/05/2025
🩵 O RC Celta sabe perfectamente o que é a afouteza. Dende #Ribeira mandámoslle todo o noso apoio para acadar ese reto de volver a Europa e facer do soño, realidade.
041
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 22/05/2025
🎨 “Festival Salmoira" de embelecemento urbano Contento de termos posto en marcha este festival que dinamiza e revitaliza espazos degradados do municipio. Embelecemos as rúas e poñemos en valor a historia, as tradicións e a identidade de #Ribeira. www.lavozdegalicia.es/noticia/barb...
lavozdegalicia.es
Ribeira estrena un mural con el que se saca a la luz la historia oculta de la vida de Santa Uxía
Esta obra de Novenoel está en el barrio de Banda ao Río y forma parte del festival Salmoira de Ribeira
020
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 22/05/2025
Pola paz e contra o xenocidio. Solidariedade con Palestina 🇵🇸🕊️ obarbanza.gal/2025/05/ribe...
obarbanza.gal
Ribeira acollerá unha vixilia de 24 horas en apoio ao pobo palestino
Esta mañá presentouse no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira a vixilia solidaria de 24 horas convocada polo colectivo Somos Refuxio do Barbanza, en apoio ao pobo palestino e en denuncia do xenocidio que so...
010
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 17/05/2025
A lingua é a maior obra colectiva do pobo galego. Orgullosos do noso. Hai futuro para o galego. En galego hoxe e tódolos días porque sen galego non somos nós.
1163
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 16/05/2025
#Ribeira rende homenaxe a unhas mulleres que foron e son parte fundamental da nosa identidade mariñeira, as redeiras. obarbanza.gal/2025/05/as-r...
030
Reposted by Luís Pérez Barral
Nós Diario @nosdiario.bsky.social · 14/05/2025
👵 A Xunta privatiza por oito millóns de euros a xestión da residencia doada por Amancio Ortega na Coruña malia anunciala como pública
nosdiario.gal
A Xunta privatiza por oito millóns de euros a xestión da residencia doada por Amancio Ortega na Coruña malia anunciala como pública
14 empresas compiten no proceso de licitación.
0616
Reposted by Luís Pérez Barral
BNG - Bloque Nacionalista Galego @obloque.gal · 13/05/2025
Recibimos con profundo pesar a noticia do pasamento de Pepe Mujica, un referente internacional pola dignidade das persoas e dos pobos. Tamén un amigo de Galiza e do nacionalismo galego. Lembrarémolo sempre como o que foi, un dos bos e xenerosos da humanidade. Que a terra lle sexa leve.
26818
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 13/05/2025
#Ribeira convértese nun concello pioneiro no país ao crear unha Mesa Local da Infancia e Adolescencia na participarán profesionais de diferentes ámbitos e na que se proporán medidas para este sector da poboación. obarbanza.gal/2025/05/ribe...
obarbanza.gal
Ribeira, pioneira na creación da primeira Mesa Local da Infancia e Adolescencia
Este 12 de maio presentouse en Ribeira unha iniciativa pioneira a nivel municipal en materia de protección da nenez e a mocidade: a Mesa Local da Infancia de Adolescencia. Participaron na presentación...
040
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 11/05/2025
Reafirmando o compromiso coa lingua galega nun acto convocado por @queremosgalego.gal. Todo o meu apoio para seguir traballando na plena normalización da lingua propia de Galiza. #queremosgalego
010
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 07/05/2025
Ribeira 🌅
160
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 07/05/2025
Acto en #Ribeira contra Altri e a mina de Touro: @obloque.gal alerta do impacto ambiental, do consumo masivo de auga do río Ulla e dos riscos para a Ría de Arousa. Seguimos traballando para defender o mar e a terra. Vida si, #AltriNon
021
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 04/05/2025
Festexar en familia, con quen queremos. Feliz domingo! 🥰🤗
030
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 02/05/2025
Presentación do libro “Liberdade para o galego” en #Ribeira organizado pol asociación Altofalante. Marcos Maceira, presidente de @amesa.gal, debulla a situación da lingua galega e anima a utilizar a lingua propia do país en todo e para todo.
060
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 01/05/2025
1º de Maio en #Ribeira: Galiza con traballo e con dereitos Xornada de loita da clase traballadora. Reivindicamos emprego digno, dereitos laborais e sociais, paz e soberanía.
020
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 01/05/2025
www.lavozdegalicia.es/noticia/opin...
lavozdegalicia.es
O grande apagón
Que un sistema eléctrico como o ibérico vaia a cero non quere dicir necesariamente que todo se fixese mal
010
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 01/05/2025
Que bonito… contaminar con estilo, que non se diga!
020
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 27/04/2025
🥇 Hoxe recibimos en #Ribeira ás campioas galegas de remo. Para anuncialo, e demostrarlles o noso cariño, fixemos unha caravana ata Aguiño. Chegaban dende Cantabria de participar na proba estatal onde deixaron o pavillón alto e representáronnos dignamente. Un orgullo. Parabéns!
020
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 26/04/2025
A Copa Galega de Fútbol Gaélico xógase en Ribeira ⚽️ 🥅
040
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 24/04/2025
A Xunta pretende fomentar o consumo de peixe fresco mediante un bono que pode soar moi bonito pero de nada vale se non se aplican medidas importantes como o saneamento e a recuperación das rías así como a investigación do descenso da produción.
041
Reposted by Luís Pérez Barral
Nós Diario @nosdiario.bsky.social · 21/04/2025
✝️O xesuíta Jorge Mario Bergoglio, doce anos dun papado reformista www.nosdiario.gal/articulo/int...
nosdiario.gal
O xesuíta Jorge Mario Bergoglio, doce anos dun papado reformista
135 cardeais determinarán quen será o novo líder do Vaticano nun conclave que se prevé que comece entre 15 e 20 días após o óbito.
001
Reposted by Luís Pérez Barral
Nós Diario @nosdiario.bsky.social · 21/04/2025
A Xunta volta rexeitar, nunha reunión de tres minutos co Goberno estatal, a condonación de 4.000 millóns da débeda a Galiza www.nosdiario.gal/articulo/eco...
nosdiario.gal
A Xunta volta rexeitar, nunha reunión de tres minutos co Goberno estatal, a condonación de 4.000 millóns da débeda a Galiza
Facenda reitera ao Goberno estatal a súa postura ante a quita da débeda nunha reunión técnica.
046
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 14/04/2025
Corrubedo estrea pavimentación na rúa do colexio. En #Corrubedo levamos investidos 412.000 euros a melloras nos servizos básicos, como o saneamento, seguridade viaria e a accesibilidade, así como as infraestruturas deportivas. obarbanza.gal/2025/04/ribe...
031
Reposted by Luís Pérez Barral
Ana Pontón @anaponton.gal · 12/04/2025
O Panteón de Galegas e Galegos Ilustres é un símbolo de Galiza. Por iso é tan importante a constitución da fundación que o xestionará como espazo civil e emblema da nosa identidade como Pobo.   Hoxe é un día para sentir orgullo de País.
0279
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 12/04/2025
«Atadoras», a mostra que visibiliza en #Ribeira o traballo das redeiras www.lavozdegalicia.es/noticia/barb...
021
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 10/04/2025
Revisando os traballos de pavimentación de Oleiros. Nesta parroquia de #Ribeira imos investir 470.000 euros en mellorar e ampliar as infraestructuras básicas. www.lavozdegalicia.es/noticia/barb...
000
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 02/04/2025
O Concello de #Ribeira pavimenta a rúa Francisco Lorenzo Mariño en #Aguiño. Nesta parroquia en dous anos temos investido ou estamos a piques de adxudicar proxectos por valor de 2 millóns de euros. www.ribeira.gal/noticias/-/a...
020
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 27/03/2025
#Ribeira sae á rúa en defensa da Sanidade pública. Veciñanza e sanitari@s concentrámonos en defensa da sanidade pública. Denunciouse a falta de persoal médico, as demoras en recibir atención e a precariedade na que os profesionais da saúde desenvolven o seu traballo.
032
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 27/03/2025
O Concello de #Ribeira prevé facerse con inmobles sen uso para destinalos ao alugueiro. galego.lavozdegalicia.es/noticia/barb...
galego.lavozdegalicia.es
El Concello de Ribeira estudia hacerse con pisos sin uso para destinarlos a alquiler
Pérez Barral mantuvo un encuentro con la conselleira de Vivenda e Planificación Económica
030
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 23/03/2025
VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira
050
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 22/03/2025
Marea de dignidade! O pobo galego en pé para protexer o seu futuro fronte a un goberno que lle dá as costas a este País. Hoxe ateigamos A Pobra cunha mensaxe moi clara: non imos permitir que destrúan a nosa terra. Polo medio natural, pola auga, pola ría: Altri non, Galiza si! #AltriNon
0229
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 21/03/2025
🌟 @obloque.gal reivindica en #Ribeira o legado de Castelao como símbolo do nacionalismo galego obarbanza.gal/2025/03/o-bn...
030
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 19/03/2025
Bando municipal #Ribeira Defendamos o noso mar, o noso rural e o noso futuro. É o momento de unir forzas por un modelo económico sostible, que protexa os nosos recursos e potencie sectores inovadores e respectuosos co medio natural. ℹ️ ribeira.gal
0135
Reposted by Luís Pérez Barral
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 18/03/2025
nosdiario.gal
"Galiza estase xogando o seu futuro": os alcaldes da mancomunidade do Barbanza-Arousa unen forzas contra Altri
O proxecto da pasteira lusa na Ulloa, aseguran, "pon en risco a sostibilidade do río Ulla, da ría de Arousa e das familias que viven na súa contorna".
052
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 17/03/2025
🚾 Ribeira estrea 2 aseos públicos autolimpiables para mellorar os servizos á veciñanza. Situámolos en puntos estratéxicos da localidade que rexistran moita afluencia como é o parque das Avesadas ou o paseo marítimo de Banda ao Río - O Touro. www.lavozdegalicia.es/noticia/barb...
070
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 14/03/2025
Altri é prexudicial para o rural e para o mar. Ese proxecto pon en risco miles de empregos no sector do mar e da industria conserveira. Por se fose pouco tamén vai afectar negativamente a auga do río Ulla da que bebemos máis de 127.000 habitantes. Queremos vida, #AltriNon
0188
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 12/03/2025
Porto de #Ribeira
061
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 09/03/2025
Esta tarde acompañamos ás persoas maiores de #Ribeira nun encontro de onde desfrutamos de boas historias, música e tradición. 😊
051