Sign in

Luís Pérez Barral

@sinhogz.bsky.social
305 followers 93 following 109 posts

Falangueiro, optimista e bo rapaz. Alcalde de Ribeira 23/25

PostsRepliesMedia
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 02/01/2026
As cousas cambian pero o meu sitio é este. Sempre con vós, sempre cara adiante. Neste 2026 sorride Ribeira ¡imos brillar! 😊✨
050
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 26/07/2025
🎨 Presentamos o Festival Salmoira cunha homenaxe a #Castelao no 75º aniversario do seu pasamento, con música das pandereteiras e murais na rúa. A arte para o pobo, lembrando a Castelao con vida e cultura. Seguimos facendo país dende #Ribeira.
040
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 12/07/2025
Celebramos o Día da Patria Galega en #Ribeira co orgullo dun goberno transformador. Os #ConcellosBNG constrúen vilas máis verdes, accesibles e para as persoas. Veñen 2 anos ilusionantes con proxectos para seguir cambiando a nosa cidade e mellorando a vida da xente! Grazas 🩵
050
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 05/07/2025
O Festival Salmoira embelece #Ribeira 🎨 A través da arte embelecemos as rúas e tamén poñemos en valor a historia, as tradicións e a identidade de Ribeira, promovendo unha nova forma de conexión entre a cultura e a veciñanza.
020
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 15/06/2025
Día da bici en #Ribeira 🚲
010
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 08/06/2025
#Ribeira vibrou este sábado co concerto da Orquestra Sinfónica de Galiza obarbanza.gal/2025/06/o-au...
050
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 07/06/2025
Parabéns a Irene Lourido que gaña o X Concurso de Novela Curta Cidade de #Ribeira. ✍️ Irene estréase como escritora e faino pola porta grande tendo este premio co que pretendemos respaldar o sistema literario galego e poñer en valor a lingua galega.
020
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 03/06/2025
75 aniversario do Cole O Grupo Miles de crianzas pasaron por este centro onde tanto aprenderon. Seguiremos traballando para mellorar instalacións, apoiar proxectos e garantir un ensino de calidade porque a escola pública é esencial para a igualdade de oportunidades. Parabéns!
010
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 02/06/2025
Esta finde pasada foi desas bonitas que pasan entre a xente en diferente eventos. Aniversario da Orquestra Sons, Copa Sálvora, Mostra de Teatro Infantil e Taekwondo.
030
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 28/05/2025
Hoxe cúmprense 2 anos dun día inesquecible. Dende aquel 28 de maio, #Ribeira entrou nun tempo novo e ilusionante. Grazas por crer, traballar e acompañar. Seguimos dando o mellor de nós para construír unha Ribeira en grande.
040
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 23/05/2025
🩵 O RC Celta sabe perfectamente o que é a afouteza. Dende #Ribeira mandámoslle todo o noso apoio para acadar ese reto de volver a Europa e facer do soño, realidade.
041
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 17/05/2025
A lingua é a maior obra colectiva do pobo galego. Orgullosos do noso. Hai futuro para o galego. En galego hoxe e tódolos días porque sen galego non somos nós.
1163
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 16/05/2025
#Ribeira rende homenaxe a unhas mulleres que foron e son parte fundamental da nosa identidade mariñeira, as redeiras. obarbanza.gal/2025/05/as-r...
030
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 11/05/2025
Reafirmando o compromiso coa lingua galega nun acto convocado por @queremosgalego.gal. Todo o meu apoio para seguir traballando na plena normalización da lingua propia de Galiza. #queremosgalego
010
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 07/05/2025
Ribeira 🌅
160
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 07/05/2025
Acto en #Ribeira contra Altri e a mina de Touro: @obloque.gal alerta do impacto ambiental, do consumo masivo de auga do río Ulla e dos riscos para a Ría de Arousa. Seguimos traballando para defender o mar e a terra. Vida si, #AltriNon
021
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 04/05/2025
Festexar en familia, con quen queremos. Feliz domingo! 🥰🤗
030
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 02/05/2025
Presentación do libro “Liberdade para o galego” en #Ribeira organizado pol asociación Altofalante. Marcos Maceira, presidente de @amesa.gal, debulla a situación da lingua galega e anima a utilizar a lingua propia do país en todo e para todo.
060
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 01/05/2025
1º de Maio en #Ribeira: Galiza con traballo e con dereitos Xornada de loita da clase traballadora. Reivindicamos emprego digno, dereitos laborais e sociais, paz e soberanía.
020
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 27/04/2025
🥇 Hoxe recibimos en #Ribeira ás campioas galegas de remo. Para anuncialo, e demostrarlles o noso cariño, fixemos unha caravana ata Aguiño. Chegaban dende Cantabria de participar na proba estatal onde deixaron o pavillón alto e representáronnos dignamente. Un orgullo. Parabéns!
020
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 26/04/2025
A Copa Galega de Fútbol Gaélico xógase en Ribeira ⚽️ 🥅
040
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 14/04/2025
Corrubedo estrea pavimentación na rúa do colexio. En #Corrubedo levamos investidos 412.000 euros a melloras nos servizos básicos, como o saneamento, seguridade viaria e a accesibilidade, así como as infraestruturas deportivas. obarbanza.gal/2025/04/ribe...
031
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 12/04/2025
«Atadoras», a mostra que visibiliza en #Ribeira o traballo das redeiras www.lavozdegalicia.es/noticia/barb...
021
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 10/04/2025
Revisando os traballos de pavimentación de Oleiros. Nesta parroquia de #Ribeira imos investir 470.000 euros en mellorar e ampliar as infraestructuras básicas. www.lavozdegalicia.es/noticia/barb...
000
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 02/04/2025
O Concello de #Ribeira pavimenta a rúa Francisco Lorenzo Mariño en #Aguiño. Nesta parroquia en dous anos temos investido ou estamos a piques de adxudicar proxectos por valor de 2 millóns de euros. www.ribeira.gal/noticias/-/a...
020
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 27/03/2025
#Ribeira sae á rúa en defensa da Sanidade pública. Veciñanza e sanitari@s concentrámonos en defensa da sanidade pública. Denunciouse a falta de persoal médico, as demoras en recibir atención e a precariedade na que os profesionais da saúde desenvolven o seu traballo.
032
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 23/03/2025
VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira
050
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 22/03/2025
Marea de dignidade! O pobo galego en pé para protexer o seu futuro fronte a un goberno que lle dá as costas a este País. Hoxe ateigamos A Pobra cunha mensaxe moi clara: non imos permitir que destrúan a nosa terra. Polo medio natural, pola auga, pola ría: Altri non, Galiza si! #AltriNon
0229
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 21/03/2025
🌟 @obloque.gal reivindica en #Ribeira o legado de Castelao como símbolo do nacionalismo galego obarbanza.gal/2025/03/o-bn...
030
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 19/03/2025
Bando municipal #Ribeira Defendamos o noso mar, o noso rural e o noso futuro. É o momento de unir forzas por un modelo económico sostible, que protexa os nosos recursos e potencie sectores inovadores e respectuosos co medio natural. ℹ️ ribeira.gal
0135
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 17/03/2025
🚾 Ribeira estrea 2 aseos públicos autolimpiables para mellorar os servizos á veciñanza. Situámolos en puntos estratéxicos da localidade que rexistran moita afluencia como é o parque das Avesadas ou o paseo marítimo de Banda ao Río - O Touro. www.lavozdegalicia.es/noticia/barb...
070
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 14/03/2025
Altri é prexudicial para o rural e para o mar. Ese proxecto pon en risco miles de empregos no sector do mar e da industria conserveira. Por se fose pouco tamén vai afectar negativamente a auga do río Ulla da que bebemos máis de 127.000 habitantes. Queremos vida, #AltriNon
0188
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 12/03/2025
Porto de #Ribeira
061
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 09/03/2025
Esta tarde acompañamos ás persoas maiores de #Ribeira nun encontro de onde desfrutamos de boas historias, música e tradición. 😊
051
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 07/03/2025
Grandísima Ana! Moitos parabéns!! 🥇 Ribeira está orgullosa de ti 👏🙂
091
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 06/03/2025
Comeza a transformación da estrada de #Palmeira Esta actuación encaixa no modelo de cidade que impulsamos dende #Ribeira: recuperar espazos públicos, garantir a seguridade viaria, construír lugares accesibles e gañar zonas verdes para a veciñanza. www.ribeira.gal/noticias/-/a...
010
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 01/03/2025
Desfrutade do entroido! 🥳
030
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 28/02/2025
#Aguiño xa ten médic@s 👏😊 A veciñanza de Aguiño demostrou que a unión fai a forza. Durante 5 meses reclamaron a cobertura das dúas profesionais médicas. Exemplo de compromiso e dignidade para defender un servizo tan esencial como a Sanidade. Sempre con vós. Sodes un orgullo!
041
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 27/02/2025
🚗 A AP-9 debe ser galega e gratuíta Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira asinamos unha solicitude conxunta para que o ministerio de Transportes avance na consecución da gratuidade da AP-9. Rematar coa esa estafa legalizada das peaxes da AP9 é posible e viable.
040
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 23/02/2025
23 de febreiro, Día de Rosalía
040
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 22/02/2025
Somos un municipio cheo de xente extraordinaria. #Ribeira 🥰
111
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 19/02/2025
Hoxe plantamos a figueira de Rosalía en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro como acto simbólico co que #Ribeira pretende visibilizar o seu compromiso con Rosalía e coa lingua galega. 🌿 obarbanza.gal/2025/02/o-co...
040
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 16/02/2025
#Aguiño fai historia mobilizándose pola Sanidade pública. Un pobo mariñeiro que sabe do esforzo e do sacrificio, hoxe alzou a voz para defender a sanidade pública. Xente que non cala ante as inxustizas porque a saúde non é un privilexio, é un dereito.
0102
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 14/02/2025
Aguiño quere médic@s 👩🏻‍⚕️ Un venres máis estivemos a carón dos veciños e veciñas de Aguiño que seguen a reclamar médic@s no seu centro de saúde. A sanidade pública é un dereito fundamental e non imos permitir que nolo degraden.
040
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 11/02/2025
𝗢𝗿𝗴𝘂𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗮 𝗻𝗼𝘀𝗮 𝘅𝗲𝗻𝘁𝗲 Velaí a determinación e a esperanza dun pobo que non se rende. Non imos calar mentres nos deixan sen médic@s. Hoxe fomos 100 pero detrás de nós estaba todo Ribeira, todo Aguiño, todo o corazón dun concello que loita polo que é xusto.
061
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 10/02/2025
🎖️ A Xunta recoñece ao Concello de Ribeira o seu compromiso co medio natural e a loita contra o cambio climático Concedeuse a “Bandeira Verde”, un recoñecemento ao esforzo colectivo da veciñanza e do compromiso do Concello por construír un futuro máis sostible. www.ribeira.gal/es/noticias/...
020
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 09/02/2025
Recuperando a memoria do ribeirense Julio Silva 🤍 A CRMHB publica os diarios que escribiu antes de ser asasinado pola ditadura. Recuperar a súa memoria ten implicacións no presente e no futuro porque unha sociedade que esquece é unha sociedade vulnerable que pode repetir erros
040
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 08/02/2025
“807/36 Memorias gravadas” Vivimos momentos de cambios onde os discursos de odio e intolerancia gañan forza. A arte de Xan Leira mantén viva a memoria d@s represaliadas pola ditadura e constitúe unha ferramenta para construír un presente xusto e un futuro mellor.
010
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 08/02/2025
Xornada sobre lingua galega No Encontro Nacional de Lingua do @obloque.gal falamos de medidas para impulsar o galego e acadar un acordo social que garanta a súa vitalidade. Somos maioría de galeg@s que sentimos orgullo da nosa lingua.
030
Luís Pérez Barral @sinhogz.bsky.social · 06/02/2025
Dende @obloque.gal demandamos á Xunta cubrir de inmediato as prazas médicas en #Ribeira e #Aguiño. 👩🏻‍⚕️En Ribeira faltan 5 profesionais por cubrir e en Aguiño as 2 que ten o centro de saúde. A veciñanza segue manifestándose e imos estar ao seu lado. 📹 youtu.be/XARDxodC-cc?...
051