instagram.com
doa_oa on Instagram: "Unhas imaxes do proceso mural para Mulleres extramuros 23, en Vide (As Neves) . As 📷 marabilla feitas por @malraio_audiovisual. . …"
Unhas imaxes do proceso mural para Mulleres extramuros 23, en Vide (As Neves) . As 📷 marabilla feitas por @malraio_audiovisual. . Este Reforestando é un paseo poético entre o Llantén , a Manzanilla, a Cola de cabalo, o Sabugueiro, a Arnica falsa, a Valeriana, a Herba luisa e o Fiuncho. .A idea desenrolada para a intervención enmarcada dentro do proxecto Mulleres extramuros en Vide, nas Neves, iníciase a través dunha investigación sobre a Flora silvestre que crece na zona a través de varias conversas con algunhas veciñas de diferentes idades da parroquia. Nesas conversas sairon moitas plantas que sempre creceron silvestres nos campos e tamén algunha cultivada con especial arraigo. Inspirada nalgunhas desas plantas, creei unha composición botánica querepresenta unha parte desa diversidade vexetal silvestre que forma parte da paisaxe silvestre dese lugar, da vida das persoas e a súa relación coa natureza silvestre, coas plantas. Un retrato de ese coñecemento que pouco a pouco se vai perdendo, mais que ainda está na memória dalgunhas persoas , como parte da diversidade tanto medioambiental como cultural dun territorio. Tamén fala da relación entre as persoas e o seu entorno, e da paisaxe vexetal cambiante, como desaparecen algunhas plantas e chegan outras novas. Dalgún xeito mais simple a imaxe tamén nos leva a pensar nun paseo polos camiños de Vide, coma tamén a beleza natural e silvestre que nos rodea, da que podemos ainda desfrutar dun xeito tan sencillo e que non consume ningún recurso, algo moi importante na época que estamos vivindo na que comenzamos a ver as consecuencias do consumo insostible..Proxecto Mulleres Extramuros, na primavera-outono de 2023 da @deputacionpontevedra e @paulacabaleiroc. , moi agradecida de formar parte e compartir espazo temporal de creación con @lucialoren_arte , @cestolanacachola , @carrotcarola , @carmenogueira , @javierfernandezperezdelis , @nurivilla @exfico , e @anasolerbaena_art , coma con todas as colaboradoras de Vide 🤍..🔹.#pinturamineral #pinturasilicato #botanicalmural #mulleresextramuros