cuacfm.org
CUAC presenta o libro ‘Que bonitas son as ondas radiofónicas: 30 anos de CUAC FM’
CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, presenta 'Que bonitas son as ondas radiofónicas: 30 anos de CUAC FM', un libro colectivo que reconstrúe a súa historia a través das voces que, desde 1996, fixeron posible este proxecto cidadán único na cidade. Trátase dunha obra coral que recolle emoción, memoria e compromiso arredor de case tres décadas de radio libre e comunitaria.