Sign in

Odafé

@odafe.gal
82 followers 158 following 820 posts

Arrombador de bits e acumulador irredento de coñecemento inútil. Roñón experto. Repítome en @danfenz.dev

PostsRepliesMedia
Odafé @odafe.gal · 9h
Un día es xove e feliz, e ao día seguinte entran a traballar na túa empresa chavales feitos e dereitos, co seu correspondente título universitario, que naceron cando ti xa estabas traballando nela.
010
Odafé @odafe.gal · 10h
Vamos que xa o tocamos coas puntas dos dedos!
000
Odafé @odafe.gal · 04/10/2026
O truco das motos de gran cilindrada é que fan tanto ruído e son tan incómodas, que cando chegas a un sitio fanche pensar que fixeches algo heroico do que estar orgulloso, cando en realidade só te transportaches de A a B.
000
Odafé @odafe.gal · 03/10/2026
Chamarlle "híbridos autorrecargábeis" aos coches híbridos é un dos insultos á intelixencia humana máis ofensivos que pariu o mundo do márketing en varios anos.
130
Odafé @odafe.gal · 02/10/2026
Se o traballo da nai require máis de tres frases para ser descrito, e ningunha delas contén a palabra "bro" nin pode substituírse enteiramente por emojis, paréceme dentro do habitual que non fosen capaces de procesalo.
030
Odafé @odafe.gal · 02/10/2026
En toda comunidade de veciños existe un Junts. Esa persoa á que lle importa todo unha merda, pero que lle súper-flipa que falen dela.
140
Odafé @odafe.gal · 01/10/2026
- "Pero profe, para que nos vai servir de maiores todo este rollo complicado de gramática, e todas esas historias raras de que se a prosa narrativa por aquí, ou a prosa expositiva por acolá?". - "Para programar computadoras".
010
Odafé @odafe.gal · 01/10/2026
A utilidade dos LLMs depende de elaborar instruccións e explicacións claras e completas. Isto é, de comunicar de xeito efectivo. E están adoptándose nun tempo en que os adultos non saben escribir nada máis complexo que un wasap con emoji, e os xoves teñen mareos se ven máis de 10 palabras xuntas.
140
Odafé @odafe.gal · 29/09/2026
Novo uso de ferramentas IA no traballo que me ofende: Estar convocado a unha reunión periódica con máis xente. Non dignarse a ir practicamente nunca, pero sen avisar nin rechazar convite. E no canto diso, mandar unha IA a facer un resumo do que se fala e envialo tras cada reunión. Por se acaso.
010
Odafé @odafe.gal · 28/09/2026
Vou repostearme a min mesmo en plan divo, porque sigo pensando que teño razón e o tema está de actualidade 😀
000
Odafé @odafe.gal · 28/09/2026
O despregamento de fibra óptica residencial no rural e o semi-rural galego é o fillo tróspido colectivo das obras públicas, a artesanía, o feísmo, a descentralización salvaxe, e a intercesión da Nosa Señora dos Milagres.
010
Odafé @odafe.gal · 25/09/2026
Os Xpeng G6 regálanos cos paquetes de galletas? No que vai de día xa vin catro, e estiven pouco pola rúa…
000
Odafé @odafe.gal · 25/09/2026
No entanto, hai que darlles a razón en que a perda de control sobre a dirección incrementa o perigo de accidente.
110
Odafé @odafe.gal · 25/09/2026
Se me desen un euro por cada vez que escribo un "under certain conditions" ou un "in certain scenarios" na descripción dun bug, Elon Musk sería o meu mordomo. #volkswagen
110
Odafé @odafe.gal · 24/09/2026
- "De todas as barbaridades que dixemos e fixemos, imos ceder só na de 'dous ao caldeiro'. Hai acordo?" - "Tremendo. Éxito enorme que salvará á lingua galega. Onde hai que asinar?" ☹️
000
Odafé @odafe.gal · 24/09/2026
Pero que merda é esta? Tanto ruído para intercambiar de lingua dúas asignaturas? Miren, vaian á porra. Os uns e os outros. www.lavozdegalicia.es/noticia/gali...
lavozdegalicia.es
PP e PSdeG pactan que as materias científicas poidan impartirse en galego sen alterar o equilibrio do 50 % de asignaturas en castelán
Os dous grupos acordan cambios na lei para poñer freo á involución do galego. Ana Pontón asegura que servirá para enterrar o idioma
110
Odafé @odafe.gal · 22/09/2026
Moi interesante esta intervención de Steve Eisman (en quen se baseou o "Mark Baum" de "The Big Short") sobre a situación actual do mercado da Intelixencia Artificial. Di todas as cousas que deberían dicirse moito máis nos medios: www.youtube.com/watch?v=4qV5...
youtube.com
'Big Short' investor Steve Eisman on AI: The companies are trying to manufacture a crisis
YouTube video by CNBC Television
000
Odafé @odafe.gal · 20/09/2026
E a Ximo Navarro non o expulsaran no Dépor - Cartagena de hai dous anos, precisamente por ir alto a un balón, darlle ao balón, pero despois darlle no peito a un xogador do Cartagena? Debe estar flipando.
020
Odafé @odafe.gal · 20/09/2026
Co que pagamos polos abonos, o Dépor ben podía ter un francotirador para as pombas que cagan os asentos.
021
Odafé @odafe.gal · 19/09/2026
Se xogamos a isto, xogamos todos. E entón eu comezo a usar o Park Assist para aparcar e despois arguméntolle á Policía Local que o que aparcou en carga e descarga foi o coche.
020
Odafé @odafe.gal · 19/09/2026
A modo de autolesión, esta mañá estiven lendo os comentarios dunha noticia de La Voz sobre coches eléctricos. Esta tarde fun encher un bidón de gasolina para o tractor. Mentres pagaba, reafirmeime na conclusión de que hai moita xente neste país que, de ter só unha neurona menos, cagaríanse enriba.
040
Odafé @odafe.gal · 19/09/2026
Sempre estiven en contra da mala interpretación da (incompleta) frase "o cliente sempre ten a razón"… pero de aí a ese "o cliente vai comprar o que eu lle diga" que se aplica en moitos comercios, hai demasiado trecho.
000
Odafé @odafe.gal · 19/09/2026
Se vou á túa tenda preguntando por un produto concreto dunha marca concreta, e tes algo parecido doutra marca, ofrécemo como alternativa. Pero se insisto que non quero esa marca, non me discutas, e baixo ningún concepto pronuncies "todas as marcas son iguais" porque non volverei á túa tenda. Básico.
100
Reposted by Odafé
Xosé Luís Regueira @xregueira.bsky.social · 19/09/2026
Ni piensa ni conspira: por qué hablar de la IA como si fuera humana beneficia a las tecnológicas www.publico.es/ciencias/tec...
publico.es
Ni piensa ni conspira: por qué hablar de la IA como si fuera humana beneficia a las tecnológicas
En un encuentro con expertos al que ha acudido 'Público', los científicos han advertido de que la manera en la que hablamos de estas herramientas pueden determinar la responsabilidad que asumen las...
023
Odafé @odafe.gal · 18/09/2026
Vedes como non necesitamos Skynet para liala parda?
011
Odafé @odafe.gal · 16/09/2026
Non home, pero por favor. Por favor, por favor.
140
Odafé @odafe.gal · 16/09/2026
Esta cor gris pálida asquerosa púxoa de moda Audi, e chamouna "Nardo Gray", aquí coñecida como "Gris Nardo". Resulta que o nome era por un circuito na cidade italiana de Nardò… pero creo que non pensaron no confuso que sería o nome para os falantes doutras linguas románicas.
120
Odafé @odafe.gal · 15/09/2026
Si bueno, pintar a Caixa de Mortos de amarelo era unha oda ao sarcasmo, pero polo menos gozábalo até chegar á primeira curva.
130
Odafé @odafe.gal · 15/09/2026
Eu non tería nada contra un gris metalizado, ou un plata. Non son vistosos nin alegres, pero polo menos son cores. Isto outro é a ausencia de cor. PVC. Plastilina mesturada. Desaturación total. Cor "este planeta non ten nada que ofrecerme a nivel visual".
120
Odafé @odafe.gal · 15/09/2026
Cada día vexo máis coches así pola rúa, e sigo sen entender o razoamento. - Imos configurar o teu novo BMW tope de gama. De que cor o queres? - Da cor dos canos de PVC das baixantes de auga. - Boa elección. - E que sexa totalmente invisíbel nos días de chuvia. - Temos a cor exacta. Son mil euros.
180
Odafé @odafe.gal · 14/09/2026
Eu: Fago pedido. Nota: "Entregar calquera día menos martes pola mañá". Correos Express: "O teu pedido será entregado o martes pola mañá". Eu: 😓. Pois a ver, deriva a un punto de entrega, e así recólloo pola tarde. Correos Express: "O teu pedido será entregado o MÉRCORES no punto de entrega". 😠
040
Odafé @odafe.gal · 13/09/2026
Bueno, iso, e que o modelo de negocio de Anthropic está a día de hoxe a anos luz do de OpenAI.
000
Odafé @odafe.gal · 13/09/2026
OpenAI non sairá a bolsa este ano ante o feito de que Anthropic si pretende facelo, antes das mid-terms, e sería unha estratexia suicida montar unha festa de IPO nivel SpaceX só 15 días despois doutra exactamente no teu mesmo sector. E xa de paso, usas a Anthropic para ver se pintan ouros ou bastos.
111
Odafé @odafe.gal · 13/09/2026
Se vos preocupa a seguridade do voso software, pensade que é a única industria que avalia "seguridade" por absolutos en vez de probabilidades. Se no automóvil fixesen o mesmo, un coche non podería venderse se un día alguén tivese demostrado que se lle pode romper un cristal. Dende fóra. Cun tanque.
020
Odafé @odafe.gal · 13/09/2026
Veña, alegría, a decir tonterías en medios de máxima difusión. "Estamos creando entes que son más inteligentes que nosotros". Pois xa non sei. Igual máis que algúns si.
130
Odafé @odafe.gal · 12/09/2026
De modo que o perigo non é Skynet. O perigo é o malnacido ao que votas por rabia. Ou o CEO ao que non se lle esixen responsabilidades. Ou o terrorista. Ou o radical deshumanizado. Ou o dictador, si, incluso o dictador "útil". Os perigos son OS HUMANOS DE SEMPRE, que agora teñen xoguete novo.
010
Odafé @odafe.gal · 12/09/2026
Para os humanos, a intelixencia artificial é como o sal no xantar: bótalle un pouco e todo sabe máis, todo mellora; bótalle demasiado e adeus comida. O importante é que sexamos capaces de manter o control, de buscar o punto xusto. Como ocorreu con internet, levará un tempo. E haberá crises.
100
Odafé @odafe.gal · 12/09/2026
Por iso, ao mesmo tempo que debemos imaxinarnos á IA facilitando grandes avances científicos, tamén debemos imaxinar armas de combate máis devastadoras, armas biolóxicas máis perigosas, ciberataques máis mortíferos, estafas máis efectivas. As miserias humanas, potenciadas.
100
Odafé @odafe.gal · 12/09/2026
Así, cada "revolución" que nos ofrece novos e emocionantes avances, trae consigo novos e máis avanzados perigos. Eu vivín a aparición de internet na sociedade civil, e causou exactamente o mesmo: enormes novas vantaxes, xunto a enormes novos perigos. E trouxo un mundo totalmente novo.
100
Odafé @odafe.gal · 12/09/2026
E aí está, precisamente, o potencial problema: en que os seres humanos temos a manía de poñernos inmediatamente a bater na cabeza dos demais humanos con toda "ferramenta poderosa" nova que atopamos, dende o inicio dos tempos. Maldito monolito.
100
Odafé @odafe.gal · 12/09/2026
A intelixencia artificial é unha ferramenta poderosa, un potenciador humano: permítenos facer moito máis rápido (non necesariamente mellor) moitas cousas que xa facíamos. E iso é un notición. Ben usada, permitirá enormes avances en tecnoloxía, ciencia, medicina… as posibilidades son magníficas.
100
Odafé @odafe.gal · 12/09/2026
Isto non vai pasar. Ou mellor: previsibelmente non vai pasar, como mínimo, no próximo século ou par de séculos. Pensar en Skynet hoxe é como pensar en colonias humanas noutra galaxia ao día seguinte de pisar a lúa por primeira vez. Non, a día de hoxe o problema da IA non é a propia IA: Somos nós.
100
Odafé @odafe.gal · 12/09/2026
O que máis rabia me dá do "problema da IA" é que a maioría de medios están enfocándoo fatal, non explicando nada, e deixando que a imaxinación corra libre. E así temos un montón de xente convencida de que un día Siri cobrará vida, farase chamar "Skynet", e comezará a fabricar Arnolds de amianto.
140
Odafé @odafe.gal · 12/09/2026
E falando de xoguetes para o cadro eléctrico, o Shelly Pro EM 50 é fabuloso para medir o consumo eléctrico doméstico dende o cadro (cunha pinza amperimétrica), conectado por ethernet ou wifi.
Shelly Pro EM 50Shelly Pro EM 50
000
Odafé @odafe.gal · 12/09/2026
Interesantísimo o xoguete que me acaba de chegar, dun fabricante austríaco que non coñecía. Switch de 7 portos Gigabit Ethernet en formato de cadro eléctrico doméstico (1 porto exterior, 6 interiores). Necesita fonte de alimentación DC dentro do cadro tamén, pero chégalle con algo minúsculo de 24V.
RESI-SW-7GRESI-SW-7G
142
Odafé @odafe.gal · 10/09/2026
A adopción da automatización / IA na atención ao cliente das empresas españolas que venden online fixo que no último ano a miña actitude pasase de "non compres en Amazon o que poidas comprar nunha tenda online española" a "nin se che pase pola cabeza comprar online fóra de Amazon". É o que hai.
010
Odafé @odafe.gal · 09/09/2026
O ex-CEO de Toyota non cría na viabilidade dos coches eléctricos e fixo afastarse á empresa dese camiño, facendo ademais declaracións moi fortes. Xogarono todo á baza dos híbridos. Custoulles moitos anos de atraso; aínda veñen de sacar o primeiro modelo eléctrico comercialmente viábel (C-HR+).
020
Odafé @odafe.gal · 09/09/2026
Toyota xa presentou a Hilux eléctrica, pero a versión que van comercializar agora só carga con 715kg (remolca 1.600). E ten unha autonomía mooooi curtiña (250km). Non está a recibir boas críticas, pero é que Toyota está a chegar moi tarde (e medio-mal) a isto. www.toyota.es/coches/comin...
toyota.es
Nuevo Hilux, ahora la icónica pick-up eléctrica | Toyota
Robusto a la vez que eficiente, con tracción total y con una potente propulsión 100% eléctrica, el nuevo Hilux BEV ofrece más, aunque parezca imposible.
110
Odafé @odafe.gal · 09/09/2026
Sempre pensei que hai que ser dunha pasta especial para levar unha cousa destas encima. Xa teño suficiente tensión co "unboxing" das analíticas como para permitir que a IA dun reloxo vaia cantándome todos os meus defectos a diario.
000
Odafé @odafe.gal · 09/09/2026
Marabilla. Agora podo levar algo posto que non soamente critique continuamente a miña (mala) alimentación, o meu (pouco) exercicio, o meu (escaso) descanso e o meu (probabelmente) inadecuado ritmo cardíaco, senón que ademais poderá chamarme "vello decrépito", e argumentalo con datos. Déame tres.
100