Sign in

Odafé

@odafe.gal
82 followers 158 following 821 posts

Arrombador de bits e acumulador irredento de coñecemento inútil. Roñón experto. Repítome en @danfenz.dev

PostsRepliesMedia
Odafé @odafe.gal · 25/09/2026
Se me desen un euro por cada vez que escribo un "under certain conditions" ou un "in certain scenarios" na descripción dun bug, Elon Musk sería o meu mordomo. #volkswagen
110
Odafé @odafe.gal · 16/09/2026
Non home, pero por favor. Por favor, por favor.
140
Odafé @odafe.gal · 15/09/2026
Cada día vexo máis coches así pola rúa, e sigo sen entender o razoamento. - Imos configurar o teu novo BMW tope de gama. De que cor o queres? - Da cor dos canos de PVC das baixantes de auga. - Boa elección. - E que sexa totalmente invisíbel nos días de chuvia. - Temos a cor exacta. Son mil euros.
180
Odafé @odafe.gal · 12/09/2026
E falando de xoguetes para o cadro eléctrico, o Shelly Pro EM 50 é fabuloso para medir o consumo eléctrico doméstico dende o cadro (cunha pinza amperimétrica), conectado por ethernet ou wifi.
Shelly Pro EM 50Shelly Pro EM 50
000
Odafé @odafe.gal · 12/09/2026
Interesantísimo o xoguete que me acaba de chegar, dun fabricante austríaco que non coñecía. Switch de 7 portos Gigabit Ethernet en formato de cadro eléctrico doméstico (1 porto exterior, 6 interiores). Necesita fonte de alimentación DC dentro do cadro tamén, pero chégalle con algo minúsculo de 24V.
RESI-SW-7GRESI-SW-7G
142
Odafé @odafe.gal · 26/08/2026
Como odio ter que facer isto, cada vez máis frecuentemente, en emails a servizos técnicos e de atención ao cliente.
020
Odafé @odafe.gal · 05/08/2026
Supoño que a "Dunkirk" non a chamaron "Al Agua Patos" de casualidade…
010
Odafé @odafe.gal · 03/07/2026
Aínda se só fose iso… Nin cinco minutos pasaron revisando o que lles cuspiu o tradutor automático 😔
110
Odafé @odafe.gal · 31/05/2026
Ale, vamos darlle un pouco de alegría á horta 🌶️
000
Odafé @odafe.gal · 25/05/2026
Estou francamente moi confuso. Pero moito. Hai un bo cacho deste texto que podería estar perfectamente en publicacións técnicas actuais. Salvando a verborrea dogmática e legalista (que é abundante), isto é un texto de reflexión lexitimamente interesante.
211
Odafé @odafe.gal · 21/05/2026
Ains 🙄. De verdade que máis á mantenta non podían facelo.
010
Odafé @odafe.gal · 20/04/2026
Mira Telegram, estás de broma non?
000
Odafé @odafe.gal · 09/04/2026
De entre as marcas de Volkswagen, nunca fun un fan dos grises cromados e os ángulos de Cupra… pero aquí claramente teñen un cabalo gañador. Van vendelo como churros. E fabricado en España.
Cupra Raval
000
Odafé @odafe.gal · 05/04/2026
O meu (moi fugaz) paso polo meu concesionario local de Renault foi tal que: - Ola, viña ver un Mégane, non tedes un? - O Mégane xa non existe. - Como? - Non, xa non existe. - Pero como que non? - Non, é que agora é un coche eléctrico e tal. - POIS ESE É O QUE QUERO VER! Sorpresa: non comprei.
"Tamén o reducido entusiasmo das grandes marcas tradicionais e das súas redes de concesionarios en promocionar os vehículos eléctricos."
110
Odafé @odafe.gal · 01/04/2026
Non foi sen tempo eh!
100
Odafé @odafe.gal · 27/03/2026
Creador? de Xbox One? Unha cousiña, Cadena SER: igual deixarlle a unha IA a responsabilidade de corrixir textos é unha idea reguleira tirando a mala. Pero vós veredes.
110
Odafé @odafe.gal · 12/03/2026
Ollo coas baldosas das rúas, non se vos rompa unha, que polo que parece hai unha Coruña para a que xa non hai pezas de reposto…
010
Odafé @odafe.gal · 21/02/2026
Os meus rexistros preferidos de toda a base de datos da DGT. Os tres de 2015. Ese "CACA" é unha mala gravación de "C4CA" (C4 CACTUS), pero bueno… tres veces! Que cada un saque as súas conclusións sobre o estado de ánimo do declarante e a mensaxe que podería querer deixar sobre eses motores 😂
000
Odafé @odafe.gal · 17/02/2026
Mención especial para o fenómeno/a que decidise chamarlle a un modelo de KIA "CEE'D", así, con apóstrofo e todo. Aos comerciais quedáronlles uns rexistros en tráfico preciosos:
100
Odafé @odafe.gal · 04/02/2026
Hai uns días saíron as cifras de vendas de coches en Europa para 2025, e acordeime moito de toda esa xente que pasa o día berrando que xa só se venden coches chinos, e que os europeos non saben fabricar coches, e que están a pechar todos os concesionarios de marcas europeas. Pois… pois non sei, eh.
Gráfica amosando as cifras de vendas de coches en Europa en 2025, extraídas de https://www.acea.auto/files/Press_release_car_registrations_December_2025.pdf
030
Odafé @odafe.gal · 09/01/2026
Facendo probas en produción, e ademais un venres? Tsk, tsk, tsk.
000
Odafé @odafe.gal · 21/12/2025
Fondos de pantalla de eido e horta (III)
Cabaza ProvenzalCabaza CacahueteCabaza Jack Be Little
000
Odafé @odafe.gal · 21/12/2025
Fondos de pantalla de eido e horta (II)
CastañasCastañas
100
Odafé @odafe.gal · 17/12/2025
Isto si que non o vin vir.
Baliza V16 produto oficial Real Madrid.
000
Odafé @odafe.gal · 09/11/2025
Nas fotos do marketing de coches, que se ensina? O exterior e o posto de conducción. Que parte deles non se ensina, non se dan datos sobre ela, e é sempre a menos coidada do coche e a feita cos peores materiais? Os asentos de atrás. Que parte é a máis importante para as familias numerosas. Exacto.
100
Odafé @odafe.gal · 03/11/2025
E falando de libros e despois do fío de audiolibros do outro día, agora vai un de libros dixitais e de como abandonei hai algúns anos a plataforma Kindle e estou encantado de telo feito:
131
Odafé @odafe.gal · 02/11/2025
Os primeiros parágrafos da páxina da wikipedia sobre a Batalla de San Mamede en galego, portugués e castelán son máis que suficientes para exemplificar o desastre no que está inmerso o estudo dos séculos XI e XII (en realidade VIII a XII) no noroeste peninsular.
120
Odafé @odafe.gal · 05/10/2025
Urxe lexislar estas cousas. Pedir un préstamo ten que volver ser complicado, precisar trámites, requirir algo máis que un par de clics. Os produtos de débeda son moi necesarios para a sociedade, pero hai tempo que cruzamos a liña do ético e está a facérselle dano a moita xente.
010
Odafé @odafe.gal · 24/09/2025
Fondos de pantalla de eido e horta (I)
100
Odafé @odafe.gal · 16/09/2025
Estamos absolutamente tolos. Ou somos idiotas. Ou o máis probábel, ambas cousas.
020
Odafé @odafe.gal · 12/09/2025
Coincidencias confusas.
Anthropic logoABANCA logo
000
Odafé @odafe.gal · 26/08/2025
E ten interese ver como evolucionaron os documentais de ciencia: Entre 1973 e 1980 publicouse a terna máxica de series que ficarían para a historia, obras maestras nas que se mediría todo o demais: 1. "The Ascent of Man" (Jacob Bronowski) 2. "Connections" (James Burke) 3. "Cosmos" (Carl Sagan)
Jacob Bronowski en "The Ascent of Man" (Screenshot, lowres)James Burke en "Connections" (Screenshot, lowres)Carl Sagan en "Cosmos" (Screenshot, lowres)
100
Odafé @odafe.gal · 26/08/2025
David Attemborough e sobre todo Carl Sagan son para min os xigantes históricos. A día de hoxe, creo que Brian Cox é a referencia: case calquera cousa que publica a BBC con el é de altísima calidade. En España, creo, o nivel máis alto marcouno Félix Rodríguez de la Fuente. Nada dende entón.
Carl Sagan (NASA, public domain)David Attenborough (John Cairns, CCA4.0)
Brian Cox (Paul Clarke, CCA3.0)
110
Odafé @odafe.gal · 26/08/2025
Son friki dos documentais de ciencia. E ademais friki de posuílos, en físico, ou sexa, en DVD/BluRay. Cada persoa ten as súas taras, esa é unhas das miñas. Pese a ser enxeñeiro e de ciencias puras, creo que a eles lles debo unha parte significativa do (pouco) que sei sobre física ou cosmoloxía.
100
Odafé @odafe.gal · 15/08/2025
Entre o cambio climático e, este ano, o efecto acrecentado da vaga de calor, cada ano hai menos insectos polinizadores e desaprovéitanse máis flores femininas, sen polinizar, nas miñas plantas de cabaza. E a produción é grande este ano, mais a verdade que podía ser moito maior 😔
Cabaza provenzal, flor feminina malograda.Cabaza provenzal, flor feminina malograda.Cabaza cacahuete, flor feminina malograda.Cabaza cacahuete, flor feminina malograda.
000
Odafé @odafe.gal · 14/08/2025
Lisboa, século XV.
000
Odafé @odafe.gal · 09/08/2025
Recomendacións de lectura lixeira para cativos. Incluso aínda que o da lingua diga "para xente madura". E ao fío disto, fáltanos en galego unha serie de libros de historia novelada coa capacidade de enganchar ao lector xuvenil. Nin sequera ten que ser historia de Galicia, tan só historia en galego.
100
Odafé @odafe.gal · 03/08/2025
E ademais, o fundador de Kurzgesagt Philipp Dettmer é autor dun marabilloso libro "ao estilo Kurzgesagt" que condensa a brutal complexidade do sistema inmunitario a xeito de facer os seus principais mecanismos accesíbeis ao público. Unha viaxe alucinante polas incríbeis máquinas naturais que somos.
"Immune - A Journey into the Mysterious System that keeps you Alive" de Philipp Dettmer.
000
Odafé @odafe.gal · 02/08/2025
As cabazas sonche unhas plantas ben feitiñas. Crecen moi lentamente, pero a cambio tes alimento de calidade que se conserva moitos meses, e decoración estacional para o outono 🙂
020
Odafé @odafe.gal · 01/08/2025
Reunión de marketing: - Como poderiamos facer para cobrar un montón indecente de diñeiro polas pas de xogar á pelotiña na praia? - Xa sei! Por que non o chamamos “beach tennis"? - Oh que idea tan boa!
000
Odafé @odafe.gal · 31/07/2025
Lecturas interesantes de verán.
000
Odafé @odafe.gal · 29/07/2025
A ficción científica é un dos meus xéneros literarios favoritos pero nunca lera a serie da "Fundación" de Isaac Asimov. Acabo de ler a triloxía ("Fundación", "Fundación e Imperio", "Segunda Fundación") e as secuelas ("Límites da Fundación", "Fundación e Terra") e a sensación que me deixan é… rara.
100
Odafé @odafe.gal · 20/07/2025
Dóenme os ollos.
020
Odafé @odafe.gal · 17/05/2025
Feliz Día das Letras Galegas.
010
Odafé @odafe.gal · 12/05/2025
As regras de acentuación serán anárquicas, pero é de xustiza recoñecerlle ao portugués que ten unha boa morea de detalles marabillosos…
000
Odafé @odafe.gal · 06/04/2025
Do que non nos imos desfacer nunca é de cousas como esta, que só teñen como base a negativa de darlle a certas linguas a posibilidade de estabelecer un estándar que lles garanta o futuro. Dicir "almóndiga" en castelán está mal, iso é de gañáns. Ah, mais "o galego auténtico é o da aldea".
Pregunta: "Pode iso contribuír a desterrar a crenza de que o galego normativo é artificial?"
100
Odafé @odafe.gal · 06/04/2025
A Gramática! Sáltanseme as bágoas. Proporcionalmente a Sagrada Familia é unha reformiña ao lado da gramática da RAG. Era para 2013, pero que son 13 anos de retraso. Mimadriña que cousa marabillosa pode ser ter unha lingua oficial con gramática oficial e todo. www.lavozdegalicia.es/noticia/cult...
A entrega da gramática está comprometida para este ano (2025) e en 2026 pode estar en publicación ou publicada.
100
Odafé @odafe.gal · 29/03/2025
Pois xa é mala sorte.
020
Odafé @odafe.gal · 16/02/2025
Temo que a miña edición de "El Puente de Alcántara" pode non ser das mellores…
Fragmento de "El Puente de Alcántara"Pizza y Génova
000
Odafé @odafe.gal · 14/02/2025
Son subscritor dambos xornais e entendo que as subscricións son obviamente esenciais. Mais creo que a estratexia de cara aos non-subscritores debería ser a de atraelos comercialmente. Reducirlles a usabilidade deste xeito só pode provocar que descarten estes medios e acudan ás RRSS. Isto é un erro.
Portada de La Voz de GaliciaPortada de El País
000