Sign in

Odafé

@odafe.gal
82 followers 158 following 820 posts

Arrombador de bits e acumulador irredento de coñecemento inútil. Roñón experto. Repítome en @danfenz.dev

PostsRepliesMedia
Odafé @odafe.gal · 4h
Un día es xove e feliz, e ao día seguinte entran a traballar na túa empresa chavales feitos e dereitos, co seu correspondente título universitario, que naceron cando ti xa estabas traballando nela.
010
Odafé @odafe.gal · 5h
Vamos que xa o tocamos coas puntas dos dedos!
000
Odafé @odafe.gal · 04/10/2026
O truco das motos de gran cilindrada é que fan tanto ruído e son tan incómodas, que cando chegas a un sitio fanche pensar que fixeches algo heroico do que estar orgulloso, cando en realidade só te transportaches de A a B.
000
Odafé @odafe.gal · 03/10/2026
Chamarlle "híbridos autorrecargábeis" aos coches híbridos é un dos insultos á intelixencia humana máis ofensivos que pariu o mundo do márketing en varios anos.
130
Odafé @odafe.gal · 02/10/2026
En toda comunidade de veciños existe un Junts. Esa persoa á que lle importa todo unha merda, pero que lle súper-flipa que falen dela.
140
Odafé @odafe.gal · 01/10/2026
A utilidade dos LLMs depende de elaborar instruccións e explicacións claras e completas. Isto é, de comunicar de xeito efectivo. E están adoptándose nun tempo en que os adultos non saben escribir nada máis complexo que un wasap con emoji, e os xoves teñen mareos se ven máis de 10 palabras xuntas.
140
Odafé @odafe.gal · 29/09/2026
Novo uso de ferramentas IA no traballo que me ofende: Estar convocado a unha reunión periódica con máis xente. Non dignarse a ir practicamente nunca, pero sen avisar nin rechazar convite. E no canto diso, mandar unha IA a facer un resumo do que se fala e envialo tras cada reunión. Por se acaso.
010
Odafé @odafe.gal · 28/09/2026
Vou repostearme a min mesmo en plan divo, porque sigo pensando que teño razón e o tema está de actualidade 😀
000
Odafé @odafe.gal · 28/09/2026
O despregamento de fibra óptica residencial no rural e o semi-rural galego é o fillo tróspido colectivo das obras públicas, a artesanía, o feísmo, a descentralización salvaxe, e a intercesión da Nosa Señora dos Milagres.
010
Odafé @odafe.gal · 25/09/2026
Os Xpeng G6 regálanos cos paquetes de galletas? No que vai de día xa vin catro, e estiven pouco pola rúa…
000
Odafé @odafe.gal · 25/09/2026
Se me desen un euro por cada vez que escribo un "under certain conditions" ou un "in certain scenarios" na descripción dun bug, Elon Musk sería o meu mordomo. #volkswagen
110
Odafé @odafe.gal · 24/09/2026
Pero que merda é esta? Tanto ruído para intercambiar de lingua dúas asignaturas? Miren, vaian á porra. Os uns e os outros. www.lavozdegalicia.es/noticia/gali...
lavozdegalicia.es
PP e PSdeG pactan que as materias científicas poidan impartirse en galego sen alterar o equilibrio do 50 % de asignaturas en castelán
Os dous grupos acordan cambios na lei para poñer freo á involución do galego. Ana Pontón asegura que servirá para enterrar o idioma
110
Odafé @odafe.gal · 22/09/2026
Moi interesante esta intervención de Steve Eisman (en quen se baseou o "Mark Baum" de "The Big Short") sobre a situación actual do mercado da Intelixencia Artificial. Di todas as cousas que deberían dicirse moito máis nos medios: www.youtube.com/watch?v=4qV5...
youtube.com
'Big Short' investor Steve Eisman on AI: The companies are trying to manufacture a crisis
YouTube video by CNBC Television
000
Odafé @odafe.gal · 20/09/2026
E a Ximo Navarro non o expulsaran no Dépor - Cartagena de hai dous anos, precisamente por ir alto a un balón, darlle ao balón, pero despois darlle no peito a un xogador do Cartagena? Debe estar flipando.
020
Odafé @odafe.gal · 20/09/2026
Co que pagamos polos abonos, o Dépor ben podía ter un francotirador para as pombas que cagan os asentos.
021
Odafé @odafe.gal · 19/09/2026
Se xogamos a isto, xogamos todos. E entón eu comezo a usar o Park Assist para aparcar e despois arguméntolle á Policía Local que o que aparcou en carga e descarga foi o coche.
020
Odafé @odafe.gal · 19/09/2026
A modo de autolesión, esta mañá estiven lendo os comentarios dunha noticia de La Voz sobre coches eléctricos. Esta tarde fun encher un bidón de gasolina para o tractor. Mentres pagaba, reafirmeime na conclusión de que hai moita xente neste país que, de ter só unha neurona menos, cagaríanse enriba.
040
Odafé @odafe.gal · 19/09/2026
Se vou á túa tenda preguntando por un produto concreto dunha marca concreta, e tes algo parecido doutra marca, ofrécemo como alternativa. Pero se insisto que non quero esa marca, non me discutas, e baixo ningún concepto pronuncies "todas as marcas son iguais" porque non volverei á túa tenda. Básico.
100
Reposted by Odafé
Xosé Luís Regueira @xregueira.bsky.social · 19/09/2026
Ni piensa ni conspira: por qué hablar de la IA como si fuera humana beneficia a las tecnológicas www.publico.es/ciencias/tec...
publico.es
Ni piensa ni conspira: por qué hablar de la IA como si fuera humana beneficia a las tecnológicas
En un encuentro con expertos al que ha acudido 'Público', los científicos han advertido de que la manera en la que hablamos de estas herramientas pueden determinar la responsabilidad que asumen las...
023
Odafé @odafe.gal · 18/09/2026
Vedes como non necesitamos Skynet para liala parda?
011
Odafé @odafe.gal · 16/09/2026
Non home, pero por favor. Por favor, por favor.
140
Odafé @odafe.gal · 15/09/2026
Cada día vexo máis coches así pola rúa, e sigo sen entender o razoamento. - Imos configurar o teu novo BMW tope de gama. De que cor o queres? - Da cor dos canos de PVC das baixantes de auga. - Boa elección. - E que sexa totalmente invisíbel nos días de chuvia. - Temos a cor exacta. Son mil euros.
180
Odafé @odafe.gal · 14/09/2026
Eu: Fago pedido. Nota: "Entregar calquera día menos martes pola mañá". Correos Express: "O teu pedido será entregado o martes pola mañá". Eu: 😓. Pois a ver, deriva a un punto de entrega, e así recólloo pola tarde. Correos Express: "O teu pedido será entregado o MÉRCORES no punto de entrega". 😠
040
Odafé @odafe.gal · 13/09/2026
OpenAI non sairá a bolsa este ano ante o feito de que Anthropic si pretende facelo, antes das mid-terms, e sería unha estratexia suicida montar unha festa de IPO nivel SpaceX só 15 días despois doutra exactamente no teu mesmo sector. E xa de paso, usas a Anthropic para ver se pintan ouros ou bastos.
111
Odafé @odafe.gal · 13/09/2026
Se vos preocupa a seguridade do voso software, pensade que é a única industria que avalia "seguridade" por absolutos en vez de probabilidades. Se no automóvil fixesen o mesmo, un coche non podería venderse se un día alguén tivese demostrado que se lle pode romper un cristal. Dende fóra. Cun tanque.
020
Odafé @odafe.gal · 13/09/2026
Veña, alegría, a decir tonterías en medios de máxima difusión. "Estamos creando entes que son más inteligentes que nosotros". Pois xa non sei. Igual máis que algúns si.
130
Odafé @odafe.gal · 12/09/2026
O que máis rabia me dá do "problema da IA" é que a maioría de medios están enfocándoo fatal, non explicando nada, e deixando que a imaxinación corra libre. E así temos un montón de xente convencida de que un día Siri cobrará vida, farase chamar "Skynet", e comezará a fabricar Arnolds de amianto.
140
Odafé @odafe.gal · 12/09/2026
Interesantísimo o xoguete que me acaba de chegar, dun fabricante austríaco que non coñecía. Switch de 7 portos Gigabit Ethernet en formato de cadro eléctrico doméstico (1 porto exterior, 6 interiores). Necesita fonte de alimentación DC dentro do cadro tamén, pero chégalle con algo minúsculo de 24V.
RESI-SW-7GRESI-SW-7G
142
Odafé @odafe.gal · 10/09/2026
A adopción da automatización / IA na atención ao cliente das empresas españolas que venden online fixo que no último ano a miña actitude pasase de "non compres en Amazon o que poidas comprar nunha tenda online española" a "nin se che pase pola cabeza comprar online fóra de Amazon". É o que hai.
010
Odafé @odafe.gal · 09/09/2026
Marabilla. Agora podo levar algo posto que non soamente critique continuamente a miña (mala) alimentación, o meu (pouco) exercicio, o meu (escaso) descanso e o meu (probabelmente) inadecuado ritmo cardíaco, senón que ademais poderá chamarme "vello decrépito", e argumentalo con datos. Déame tres.
100
Reposted by Odafé
Katie Mack @astrokatie.com · 09/09/2026
AI companies: This technology we’re developing is dangerous and might destroy humanity and we don’t know how to stop it Other people: So we should strictly regulate it, create legislative guard rails, and monitor its development? AI companies: lol no the opposite of all that & give us more money
512310633
Odafé @odafe.gal · 09/09/2026
Mimadriña a IPO de Anthropic en outubro. Isto xa son $20 máis por acción. www.lavozdegalicia.es/noticia/soci...
lavozdegalicia.es
Dimite un ingeniero de Anthropic por la falta de responsabilidad en la IA: «Podrá matarnos a todos al final de la década»
Jacob Coxon considera que tanto Anthropic como OpenAI «están jugando con nuestras vidas», ya que «no hay otra actividad humana que suponga este nivel de amenaza»
001
Odafé @odafe.gal · 09/09/2026
En fin, a polo tetris da rutina.
static.klipy.com
Space Bob Tetris Gameplay
ALT: Space Bob Tetris Gameplay
031
Odafé @odafe.gal · 08/09/2026
Que os rapaces teñen dificultades con textos de máis de 400 palabras 😂 Onde están ese rapaces, en que planeta? Os meus parabéns para eles. Eu, a base de observación, tería posto ese límite nunhas 50, sendo xeneroso. E xa me gustaría estar de broma.
001
Odafé @odafe.gal · 07/09/2026
Esta é nova: - "Ola, teño un envío para a dirección tal" - "Correcto" - "Pásame por wasap unha localización da dirección" - "Sae en Google Maps" - "Pero por se acaso" - "Por se acaso que? Sae en Google Maps" - "Bueno vale" 🤷
000
Odafé @odafe.gal · 05/09/2026
Zaka dá para capítulo de La Nave del Misterio 🤷
010
Odafé @odafe.gal · 05/09/2026
Se fas cine ou televisión de xénero histórico pero cres que podes cambiar a historia para que sexa máis espectacular, pois… non fagas historia. Se te aproveitas do tirón que lle dá ás túas películas estar relacionadas cun feito histórico, sé consecuente e non enganes á xente.
110
Odafé @odafe.gal · 03/09/2026
A transición aos vehículos eléctricos. Chupito. Der Hund hat meine Hausaufgaben gefressen.
000
Odafé @odafe.gal · 02/09/2026
@lauramcastro.eurosky.social Vicerreitora? Parabéns! www.elidealgallego.com/a-coruna/202...
elidealgallego.com
Laura Castro, vicerreitora da UDC | “Hai que tender esa ponte entre a Aesia e a Universidade da Coruña”
A docente da Universidade afronta con ilusión e “moita prudencia” o seu cargo no equipo de goberno da entidade como responsable da nova Vicerreitoría de Estratexia Dixital e Intelixencia Artificial
151
Odafé @odafe.gal · 02/09/2026
Resúltame moi curiosa a xente de atención ao público que inician a interacción en castelán e, cando lles falas ti en galego, seguen falándoche en castelán pero meténdolle diminutivos "-iño" a todos os substantivos.
030
Odafé @odafe.gal · 01/09/2026
Hai poucas cousas tan tradicionais na gastronomía galega como queixarse continuamente do exceso de sal e de picante na comida, pero despois poñer os callos como se os cociñasen en Bangalore, e os pementos de Padrón como se os cultivasen dentro do Mar Morto.
370
Odafé @odafe.gal · 31/08/2026
A razón da caída dos "creadores de contido" non é un cambio nos gustos da xente; é só que no mundo non hai suficientes conspiracións para tanto conspiranoico. Así que claro, comezas a tope destapando as interioridades do cártel mundial do petróleo… e un ano despois estás comparando marcas de atún.
000
Odafé @odafe.gal · 30/08/2026
Se o planeta queda sen petróleo non vos preocupedes. O café dos ambigús de Riazor pode usarse perfectamente como substituto do gasóleo calefacción.
000
Odafé @odafe.gal · 29/08/2026
Encantadísimo de que haxa paz no Dépor por fin. Para a próxima vez a ver se lembro non ler, non escoitar, e non intentar entender nada, que non me fai ben.
010
Odafé @odafe.gal · 29/08/2026
Xa abro o debate eu: A Coruña é a urbe coa organización máis ridícula de España. Sobran tres concellos. Ou catro. O espello onde mirarse é Vigo. E sei que nunca pasará, polas mesmas razóns que nunca teremos un único aeroporto en Lavacolla cunha liña de tren de alta velocidade chegando a el.
080
Odafé @odafe.gal · 28/08/2026
Os meus fillos acaban de explicarme o que é unha "batalla de aura", e de súpeto entendo moitísimas cousas sobre esta década.
110
Odafé @odafe.gal · 28/08/2026
Case todo artigo sobre coches eléctricos en medios xeralistas está feito por alguén con nula experiencia, e pode resumirse como: "As lámpadas eléctricas son unha alternativa interesante ás candeas, pero claro, é que perdes a comodidade de apagalas soprando" www.lavozdegalicia.es/noticia/moto...
lavozdegalicia.es
Crónica de un viaje eléctrico
Recorremos 1.500 kilómetros con un Audi Q6 Sportback e-tron para constatar una realidad: el coche cien por cien eléctrico ya esta listo; ahora falta mejorar la infraestructura de recarga
131
Odafé @odafe.gal · 27/08/2026
Sería moito máis fácil identificar os scams e os intentos de phishing se a xente non se comunicase por escrito de maneira tan absolutamente catastrofica que fose case imposíbel distinguir as súas mensaxes dun gato atizándolle a un teclado.
010
Odafé @odafe.gal · 26/08/2026
Como odio ter que facer isto, cada vez máis frecuentemente, en emails a servizos técnicos e de atención ao cliente.
020
Odafé @odafe.gal · 26/08/2026
Dos creadores de "Toda opinión é respectábel", chega agora o novo éxito "Non hai opcións boas ou malas para financiar a compra dun coche, son só posibilidades distintas". Claro que si, ánimo.
000