Sign in

maxestoso

@maxestoso.bsky.social
178 followers 206 following 375 posts

Birder | Microcaderno de campo

PostsRepliesMedia
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 2h
As catorras arxentinas ocupadas en tarefas de mantemento e reforzo dos niños.
030 3
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 11/10/2026
Si, dos de Barbate
010 1
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 11/10/2026
E hoxe saudamos na Ramallosa ao ibis eremita LCO, que vén pasar o inverno a Galiza por terceiro ano consecutivo.
1100 10
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 11/10/2026
Peláxica onte no Chasula: o Sula leucogaster que vimos o 20 de xuño segue por aquí e xa van case catro meses! E sempre acompañado dun mascato: parece o principio dunha grande amizade.
1150 15
Reposted by maxestoso
Eneko Arrondo @bioeaf.bsky.social · 07/10/2026
He escrito una cosica a cuenta de la actualidad inmobiliaria y mis queridos buitres. Se agradece la difusion ecomandanga.wordpress.com/2026/10/07/n...
ecomandanga.wordpress.com
No insultéis a los buitres
Por Eneko Arrondo. En el mundo existen 23 especies de buitres divididas en dos grupos alejados evolutivamente. Por un lado, tenemos a los cóndores, jotes y zopilotes americanos, que son comúnmente …
45538 55
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 05/10/2026
Dende o polo oposto, este ibis mouro apareceunos onte no esteiro do Miño
040 4
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 05/10/2026
Ainda podemos seguir vendo paso postnupcial
180 8
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 01/10/2026
No comment.
1111 11
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 27/09/2026
O domingo, saída no Chasula. Destacado: 35 sabines, 4 paíños de Wilson e 105 europeos, 102 pardelas cincentas atlánticas, 10 escuras, 28 baleares, 59 furabuchos, 11 carráns cristados e 4 comúns, 1 skua, gaivotas arxéntea e cana… e o atobá pardo que xa leva máis de tres meses connosco!
050 5
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 27/09/2026
Tringa flavipes, Tringa glareola e Calidris melanotos vistos esta fin de semana. Debería haber tamén un Tringa solitaria, pero tivemos que abandonar a súa busca porque “os donos do monte” andaban pegando tiros a pouco máis de 100 metros de onde estabamos.
171 7
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 20/09/2026
Ao contrario que o pilro semipalmado, as píllaras rubias que aparecen todos os anos na Groba, deixaron que as fotografásemos a pracer. Uns bichos marabillosos.
1111 11
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 20/09/2026
Este ano está sendo estupendo para aves neárticas. Esta fin de semana puidemos ver o pilro semipalmado (Calidris pusilla) que descubriron hai uns días no Grove. É o primeiro que vemos en Galiza desde 2015! Moi lonxe para unha boa foto, pero espléndidas vistas co telescopio.
191 9
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 14/09/2026
Aquí son relativamente recorrentes nestas datas
010 1
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 14/09/2026
Die amerikanischen Freunde, que diría Wim Wenders. Tres especies neárticas xuntas esta fin de semana: Calidris melanotos, Calidris subruficollis e Tringa flavipes. Mágoa dunha luz podre para fotografía, pero que nos quiten o observado.
Tringa flavipes, bilurico patiamarelo pequeno.Dous Calidris subruficollis, pilros canela.
170 7
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 11/09/2026
*velos fedellar
010 1
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 11/09/2026
Iso si, parar paran pouco. Pero fedellar polos fiúnchos é unha marabilla 😍
210 2
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 11/09/2026
Os musicais son unha dura competencia
110 1
Reposted by maxestoso
ADEGA @adegagz.bsky.social · 10/09/2026
⚠️Ons non é illa para especies en perigo! Na recente intervención de “acondicionamento” da Xunta na Illa de Ons, a roza das marxes dos camiños arrasou varios exemplares da xesta de Ons, especie en perigo de extinción🚨 👇
151 5
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 08/09/2026
Que decepción! 🤣
110 1
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 08/09/2026
O flamengo?
111 1
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 07/09/2026
A migración ía onte a todo gas no esteiro do Miño: picafollas musicais, papamoscas negros e cincentos, chascos do norte, lavandeiras amarelas, papuxas comúns, picas das árbores, cegoñas… Un día de movemento espectacular.
050 5
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 06/09/2026
Espectacular peláxica onte no Chasula: 850 P. puffinus, 46 P. mauretanicus, 15 A. grisea, 12 A. gravis, 41 C. borealis, 1 C. diomedea, 60 H. pelagicus, 5 O. oceanicus, 25 X. sabini, 3 S. skua, 2 S. parasiticus, 1 S. pomarinus, 1 P. fulicarius e 1 S. leucogaster como máis destacado.
060 6
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 03/09/2026
Tempus fugit!
110 1
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 03/09/2026
Parabéns!
100 1
Reposted by maxestoso
GCiencia @gciencia.bsky.social · 03/09/2026
Contabilízanse 93 parellas reprodutoras de píllara das dunas en 25 praias, a cifra máis alta rexistrada dende o 2014 dunha especie catalogada como vulnerable.
gciencia.com
A poboación de píllara das dunas mostra unha tendencia positiva e acada a cifra máis alta dende 2014
A Consellería de Medio Ambiente contabiliza 93 parellas reprodutoras da especie vulnerable en 25 praias galegas
092 9
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 26/08/2026
A 3AA2 vímola en xaneiro en Viana do Castelo e o sábado pasado atopámola nunha praia da Guarda. Non pasa tan a miúdo!
0110 11
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 23/08/2026
Geotrupes mutator, creo
120 2
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 22/08/2026
Hoxe estaba lonxe, pero xa temos aguia peixeira no esteiro do Miño
0110 11
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 19/08/2026
Este mes comeza o espectáculo da migración postnupcial e recibimos as primeiras limícolas viaxeiras, que se deteñen no litoral para descansar e alimentarse.
090 9
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 18/08/2026
A escribenta hortelá (Emberiza hortulana) benefíciase a curto prazo dos incendios forestais: o lume crea hábitats abertos que lle serven para aniñar e buscar alimento.
050 5
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 13/08/2026
Houbo. Resumindo, había varias rapinas cazando que se retiraron coa escuridade e pasada a totalidade volveron ao seu. Un rousinol e unha avenoiteira comezaron a cantar brevemente e calaron axiña. Tamén insectos. Paseriformes que non se manifestaran comezaron o seu ‘dawn chorus’ ao volver a luz…
020 2
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 13/08/2026
Non é por dar envexa, pero o mellor xeito de vivir unha eclipse total foi en soidade (compartida), lonxe da feira en que se transformou todo e coa natureza como única testemuña. Ver o sol ocultarse, contemplar a coreografía da luz e sentir o silencio absoluto foi toda unha experiencia.
1150 15
Reposted by maxestoso
AHE Galicia @ahegalicia.eurosky.social · 11/08/2026
Candidatos a premio monger, quero dicir Darwin do ano. www.vigoe.es/comarcas/una...
vigoe.es
Una acampada ilegal reduce a cenizas una isla protegida en las Rías Baixas - VigoÉ
El Seprona imputa un delito de incendio por imprudencia grave a los implicados tras calcinar los 4.000 metros cuadrados de las Islas Alvedosas con una hoguera
032 3
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 09/08/2026
Si, as cegoñas xa están chegando ao norte do país, e moitas delas xa quedan a pasar o inverno aquí
000 0
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 08/08/2026
😵‍💫
100 1
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 08/08/2026
O dos flamengos en Galiza vai a toda velocidade, dentro de poucos anos serán unha especie común por aquí. É estupendo velos, pero non deixa de ser un mal síntoma.
1131 13
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 02/08/2026
Calzadas e miñatos queimados no Baixo Miño
090 9
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 30/07/2026
Moi ben o desta noite
060 6
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 29/07/2026
Podarcis siculus, non @ahegalicia.eurosky.social?
020 2
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 28/07/2026
A carón de Povisa
110 1
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 28/07/2026
Sei, sei, pero é a primeira vez que as vexo nunha contorna completamente urbana
111 1
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 28/07/2026
Se hai quince anos me dicides que ía ter unha osga de veciña en Vigo recomendaríavos estudo e relax, pero aqui estamos amigas.
4252 25
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 25/07/2026
Día da Patria e de libeliñas: Chalcolestes viridis, Crocothemis erythraea, Orthetrum coerulescens e Calopteryx haemorrhoidalis.
070 7
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 20/07/2026
Un xuvenil de ferreiriño real aínda coas boqueiras amarelas bastante marcadas. Estamos en época de ver pequerrechos por todas as partes.
080 8
Reposted by maxestoso
Asociación Galicia Ambiental @galiciaambiental.bsky.social · 20/07/2026
Unha auténtica vergoña que alguén terá que investigar máis a fondo e descubrir cales son os intereses cruzados nesta operación, que tivo uns resultados desastrosos desde un punto de vista medioambiental nalgúns lugares como Cabeza de Manzaneda 🔗 www.farodevigo.es/galicia/2026...
farodevigo.es
La venta de madera quemada movió hasta 41 millones tras los incendios de 2025
Entre las subastas de la Xunta de los montes de gestión pública y los aprovechamientos de los propietarios privados se explotaron 2 millones de metros cúbicos
162 6
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 18/07/2026
Saída peláxica polo mar de Arousa: 7 skuas, 28 pardelas cincentas atlánticas, as primeiras paredlas encapuchadas (2) e escuras (6), 17 pardelas baleares, 1 mediterranea (yelkouan), 2 paíños de Wilson e 1 europeo. Tamén van chegando as gaivotas escuras. Ademais, un rorcual alibranco e uns 20 arroases
0141 14
Reposted by maxestoso
Steppe Birds MOVE @steppebirdsmove.bsky.social · 17/07/2026
With the Montagu's in the field! 🦅 The north-west of the Iberian Peninsula hosts a distinct population of melanic Montagu’s harriers reaching proportions of 45% in Galicia. Why is this colour morph so common here? #LIFESOSPygargus #LIFEProgramme #RedeNatura2000 #Circuspygargus #tartaranhãocaçador
071 7
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 13/07/2026
Cinco días no esteiro do Texo deron para moito, malia a calor que papamos. De volta na casa!
070 7
Reposted by maxestoso
Asociación Galicia Ambiental @galiciaambiental.bsky.social · 13/07/2026
🆕🗞️ Incrementa a preocupación en Galicia pola redución dos medios aéreos de extinción de incendios Galicia afronta o período de maior risco de incendios forestais cunha preocupante diminución dos medios aéreos dispoñibles para combatelos. 🔗 galiciaambiental.org/gal/actualid... #GaliciaAmbiental
galiciaambiental.org
Incrementa a preocupación en Galicia pola redución dos medios aéreos de extinción de incendios
022 2
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 12/07/2026
Dúas exóticas presentes en Portugal. O bispo de coroa amarela (Euplectes afer) introduciuse a finais dos 80 e dende entón a poboación non deixa de medrar. O mainá cristado (Acridotheres cristatellus) apareceu nos anos 90 e xa está moi estendido pola Gran Lisboa, especialmente pola marxe sur do Texo.
060 6