maxestoso @maxestoso.bsky.social · 27/09/2026Tringa flavipes, Tringa glareola e Calidris melanotos vistos esta fin de semana. Debería haber tamén un Tringa solitaria, pero tivemos que abandonar a súa busca porque “os donos do monte” andaban pegando tiros a pouco máis de 100 metros de onde estabamos. 171
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 20/09/2026Este ano está sendo estupendo para aves neárticas. Esta fin de semana puidemos ver o pilro semipalmado (Calidris pusilla) que descubriron hai uns días no Grove. É o primeiro que vemos en Galiza desde 2015! Moi lonxe para unha boa foto, pero espléndidas vistas co telescopio. 191
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 14/09/2026Die amerikanischen Freunde, que diría Wim Wenders. Tres especies neárticas xuntas esta fin de semana: Calidris melanotos, Calidris subruficollis e Tringa flavipes. Mágoa dunha luz podre para fotografía, pero que nos quiten o observado. 170
Reposted by maxestosoADEGA @adegagz.bsky.social · 10/09/2026⚠️Ons non é illa para especies en perigo! Na recente intervención de “acondicionamento” da Xunta na Illa de Ons, a roza das marxes dos camiños arrasou varios exemplares da xesta de Ons, especie en perigo de extinción🚨 👇 151
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 07/09/2026A migración ía onte a todo gas no esteiro do Miño: picafollas musicais, papamoscas negros e cincentos, chascos do norte, lavandeiras amarelas, papuxas comúns, picas das árbores, cegoñas… Un día de movemento espectacular. 050
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 06/09/2026Espectacular peláxica onte no Chasula: 850 P. puffinus, 46 P. mauretanicus, 15 A. grisea, 12 A. gravis, 41 C. borealis, 1 C. diomedea, 60 H. pelagicus, 5 O. oceanicus, 25 X. sabini, 3 S. skua, 2 S. parasiticus, 1 S. pomarinus, 1 P. fulicarius e 1 S. leucogaster como máis destacado. 060
Reposted by maxestosoGCiencia @gciencia.bsky.social · 03/09/2026Contabilízanse 93 parellas reprodutoras de píllara das dunas en 25 praias, a cifra máis alta rexistrada dende o 2014 dunha especie catalogada como vulnerable.gciencia.comA poboación de píllara das dunas mostra unha tendencia positiva e acada a cifra máis alta dende 2014A Consellería de Medio Ambiente contabiliza 93 parellas reprodutoras da especie vulnerable en 25 praias galegas 092
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 26/08/2026A 3AA2 vímola en xaneiro en Viana do Castelo e o sábado pasado atopámola nunha praia da Guarda. Non pasa tan a miúdo! 0110
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 22/08/2026Hoxe estaba lonxe, pero xa temos aguia peixeira no esteiro do Miño 0110
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 19/08/2026Este mes comeza o espectáculo da migración postnupcial e recibimos as primeiras limícolas viaxeiras, que se deteñen no litoral para descansar e alimentarse. 090
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 18/08/2026A escribenta hortelá (Emberiza hortulana) benefíciase a curto prazo dos incendios forestais: o lume crea hábitats abertos que lle serven para aniñar e buscar alimento. 050
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 13/08/2026Non é por dar envexa, pero o mellor xeito de vivir unha eclipse total foi en soidade (compartida), lonxe da feira en que se transformou todo e coa natureza como única testemuña. Ver o sol ocultarse, contemplar a coreografía da luz e sentir o silencio absoluto foi toda unha experiencia. 1150
Reposted by maxestosoAHE Galicia @ahegalicia.eurosky.social · 11/08/2026Candidatos a premio monger, quero dicir Darwin do ano. www.vigoe.es/comarcas/una...vigoe.esUna acampada ilegal reduce a cenizas una isla protegida en las Rías Baixas - VigoÉEl Seprona imputa un delito de incendio por imprudencia grave a los implicados tras calcinar los 4.000 metros cuadrados de las Islas Alvedosas con una hoguera 032
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 08/08/2026O dos flamengos en Galiza vai a toda velocidade, dentro de poucos anos serán unha especie común por aquí. É estupendo velos, pero non deixa de ser un mal síntoma. 1131
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 28/07/2026Se hai quince anos me dicides que ía ter unha osga de veciña en Vigo recomendaríavos estudo e relax, pero aqui estamos amigas. 4252
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 25/07/2026Día da Patria e de libeliñas: Chalcolestes viridis, Crocothemis erythraea, Orthetrum coerulescens e Calopteryx haemorrhoidalis. 070
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 20/07/2026Un xuvenil de ferreiriño real aínda coas boqueiras amarelas bastante marcadas. Estamos en época de ver pequerrechos por todas as partes. 080
Reposted by maxestosoAsociación Galicia Ambiental @galiciaambiental.bsky.social · 20/07/2026Unha auténtica vergoña que alguén terá que investigar máis a fondo e descubrir cales son os intereses cruzados nesta operación, que tivo uns resultados desastrosos desde un punto de vista medioambiental nalgúns lugares como Cabeza de Manzaneda 🔗 www.farodevigo.es/galicia/2026...farodevigo.esLa venta de madera quemada movió hasta 41 millones tras los incendios de 2025Entre las subastas de la Xunta de los montes de gestión pública y los aprovechamientos de los propietarios privados se explotaron 2 millones de metros cúbicos 162
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 18/07/2026Saída peláxica polo mar de Arousa: 7 skuas, 28 pardelas cincentas atlánticas, as primeiras paredlas encapuchadas (2) e escuras (6), 17 pardelas baleares, 1 mediterranea (yelkouan), 2 paíños de Wilson e 1 europeo. Tamén van chegando as gaivotas escuras. Ademais, un rorcual alibranco e uns 20 arroases 0141
Reposted by maxestosoSteppe Birds MOVE @steppebirdsmove.bsky.social · 17/07/2026With the Montagu's in the field! 🦅 The north-west of the Iberian Peninsula hosts a distinct population of melanic Montagu’s harriers reaching proportions of 45% in Galicia. Why is this colour morph so common here? #LIFESOSPygargus #LIFEProgramme #RedeNatura2000 #Circuspygargus #tartaranhãocaçador 071
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 13/07/2026Cinco días no esteiro do Texo deron para moito, malia a calor que papamos. De volta na casa! 070
Reposted by maxestosoAsociación Galicia Ambiental @galiciaambiental.bsky.social · 13/07/2026🆕🗞️ Incrementa a preocupación en Galicia pola redución dos medios aéreos de extinción de incendios Galicia afronta o período de maior risco de incendios forestais cunha preocupante diminución dos medios aéreos dispoñibles para combatelos. 🔗 galiciaambiental.org/gal/actualid... #GaliciaAmbientalgaliciaambiental.orgIncrementa a preocupación en Galicia pola redución dos medios aéreos de extinción de incendios 022
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 12/07/2026Dúas exóticas presentes en Portugal. O bispo de coroa amarela (Euplectes afer) introduciuse a finais dos 80 e dende entón a poboación non deixa de medrar. O mainá cristado (Acridotheres cristatellus) apareceu nos anos 90 e xa está moi estendido pola Gran Lisboa, especialmente pola marxe sur do Texo. 060
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 11/07/2026O ibis sagrado (Threskiornis aethiopicus) é unha especie africana considerada exótica invasora en Europa. Estableceu poboacións salvaxes a partir de animais fuxidos de parques zoolóxicos. As principais colonias reprodutoras están en Francia e o norte de Italia. Este paseaba onte polo esteiro do Texo 060
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 09/07/2026Polo esteiro do Texo, un dos lugares máis incríbeis de Europa para ver aves. 070
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 30/06/2026O eritrismo é unha rara mutación xenética que provoca un exceso de pigmentación vermella ou laranxa nun animal. Tende a ser unha desvantaxe, xa que elimina a capacidade de camuflarse. Este vai amañando polo Baixo Miño. 061
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 28/06/2026A transición da primavera ao verán: remata o canto e o celo, momento álxido de presenza de pitos, primeiros movementos posnupciais, picos de voo das bolboretas… Observar todo isto dende o Baixo Miño serve de bálsamo contra “todo o demais”. 071
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 20/06/2026Hoxe fixemos unha peláxica no Chasula e, amigas, non se ve un atobá pardo (Sula leucogaster) na boca da ría de Arousa todos os días. A maioría de citas desta ave tropical na península ibérica concéntrase en Galiza, mais segue a ser unha cobizada rareza. 1173
Reposted by maxestosoNós Diario @nosdiario.bsky.social · 16/06/2026🐺 O TSXG leva ao Tribunal Constitucional a rebaixa da protección do lobonosdiario.galO TSXG leva ao Tribunal Constitucional a rebaixa da protección do loboA Sala do Contencioso-Administrativo advirte da posíbel utilización dunha norma de rango legal para evitar os trámites e mais os informes técnicos e cie... 052
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 15/06/2026Unha moratoria vixente en 2021-2024 permitiu os primeiros sinais de recuperación da poboación de rula na ruta migratoria occidental, pero a reapertura da caza pode poñer de novo en perigo a especie. Parece que en Galiza se manterá a veda este ano, pero precísase seguir coa moratoria a nivel europeo. 070
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 14/06/2026Ao rabirrubio de testa branca parece irlle bastante ben en Galiza, ao contrario que noutras latitudes. Onte puidemos ver varios polo país do Bibei, con cegoñas xa rematando de criar, as “novas” andoriñas das pontes e outras moitas especies que resistían os 38 graos e as tormentas. 0120
Reposted by maxestosoADEGA @adegagz.bsky.social · 10/06/2026⚠️🚧Maquinaria pesada arrasa unha zona dunar en Aguiño en plena cría da píllara das dunas🐦⬛ Esta nova agresión aos hábitats costeiros pon a proba a xestión do litoral por parte da Xunta durante a tempada de verán. 🧵👇 124
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 08/06/2026A Euphydryas aurinia é unha bolboreta protexida a nivel europeo (está incluída no Anexo II da Directiva Hábitats da Unión Europea), aínda que as poboacións galegas parecen gozar de boa saúde. 050
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 06/06/2026Pero para redondear a xornada, soubemos que por Cospeito andaba unha parella de falcón vespertino (Falco vespertinus), así que a tarde pasámola na súa compañía. Non se lle pode pedir máis ao día. (2/2) 0182
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 06/06/2026Hai unha semana, Ana Rivas e Saúl Román deron en Foz coa primeira garza dos arrecifes (Egretta gularis) que se cita en Galiza. Hoxe, @vanesatalanta.bsky.social e máis eu pasamos un bo anaco desfrutando dela. Vira algunhas na India pero hai trinta anos, así que pode valer como (re)bimbo. (1/2) 1235
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 04/06/2026Se cadra hai que velo en directo, pero hai poucas cousas ao tempo tan elegantes e cómicas como unha garzota pescando. 050
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 03/06/2026Sempre hai algunha sorpresa. Hai un días sorprendimos desde cabo Silleiro un grupo de doce carráns cristados en migración activa cara ao norte. A maior parte dos seus conxéneres xa están criando alí. 020
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 30/05/2026Xa tiñamos ganas de ver os picanzos vermellos, pero o resto do día tampouco estivo nada mal. 0120
Reposted by maxestosoBirdGuides @birdguides.bsky.social · 29/05/2026AviList has published the latest taxonomic proposals for consideration, with a number of splits proposed for Western Palearctic birds, including two new robin species: bit.lyWestern Palearctic set to gain two new robin speciesTaxonomic changes for 2026 proposed by AviList include the splitting of Tenerife and Gran Canaria Robins from European Robin, as well as other significant updates. 161
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 24/05/2026Desde hai catro anos visítanos cada primavera esta gaivota alegre (Leucophaeus atricilla), unha especie americana bastante rara por aquí pero que parece sentirse a gusto nas Cíes. En compañía de @vanesatalanta.bsky.social pasamos unhas horas estupendas observándoa. 0122
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 17/05/2026Hoxe puidemos atopar dúas garzas que vemos pouco por Galiza, a amarela e a denoiteira. As citas son cada vez máis numerosas: a ver que nos depara o futuro. 1111
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 09/05/2026Malia que hoxe o diluvio caeu en Galiza a prazos, logramos rematar o #GlobalBigDay cunhas meritorias 92 especies e, sobre todo, divertímonos moito. O ano que vén, máis! 020
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 09/05/2026O día do #GlobalBigDay veu pasado por auga pero polo de agora non hai moita queixa. Desfrutando das diferentes paisaxes! 040
Reposted by maxestosoBirdLife International @birdlifeglobal.bsky.social · 08/05/20261️⃣0️⃣0️⃣ 🥳✨ Today we celebrate the 100th birthday of Sir David Attenborough 🎉, a voice that has inspired generations to look closer, care deeper and act boldly for the natural world. Happy birthday Sir David! 🎂 04315
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 06/05/2026Ornitomancias é unha intelixente e conmovedora obra de Xoán-Xil López que fala da desaparición do mazarico de bico fino (Numenius tenuirostris) como símbolo da decadencia do mundo natural. Pódese ver na súa exposición na Capela da Universidade de Santiago, pero só até mañá. Bulide! 030
maxestoso @maxestoso.bsky.social · 03/05/2026Estase reportando un influx de Vanessa cardui desde varios puntos da península e tamén dende o Reino Unido. En Galiza tamén tivemos máis avistamentos dos habituais estes días, ás veces en números récord. 060