ADEGA @adegagz.bsky.social · 02/10/2026‼️🔥A Alianza Rural, da que ADEGA fai parte, insta a mudar o Plano Forestal para acadar unha lei eficaz contra os incendios 👉Tamén alertamos de que o Anteproxecto de Lei non pode continuar a súa tramitación mentres non se someta a consulta pública do conxunto da cidadanía adega.gal/novas.php?id... 020
ADEGA @adegagz.bsky.social · 02/10/2026#RadioCerna | O Proxecto Ríos de ADEGA impulsa máis de 75 limpezas simultáneas de ríos ao longo de toda a xeografía galega💧🩵 ℹ️Todas as novas ambientais da semana, en Radio Cerna, que conta co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña. #RadioCerna #ecoloxismogalego #medioambiente 010
ADEGA @adegagz.bsky.social · 01/10/2026💚Ven descubrir os valores naturais e culturais que atesoura o barrio mariñeiro das Xubias, na Coruña! 🐚Coñeceremos as ameazas e valores naturais da ría do Burgo, da man da mariscadora e poeta Teresa Ramiro e o biólogo mariño e membro de ADEGA Xandro García. Anótate! i.gal/roteiro-as-xubias-outubro 011
ADEGA @adegagz.bsky.social · 30/09/2026🏖Imos á praia... para contribuír a protexela: velaquí unha nova xornada de voluntariado para a eliminación de flora exótica invasora en Muros!🐚🌿 📆 Sábado, 10 de outubro 🕒 10,30h 📍Praia de San Francisco, zona natural protexida. 👉 i.gal/eei_san_francisco Financiada polo Concello de Muros 011
ADEGA @adegagz.bsky.social · 30/09/2026📣Unha ducia de entidades esiximos á Xunta información sobre a represa de Cabanelas💧 🗨️Solicitamos unha reunión coa dirección de Augas de Galiza e coa conselleira de Medio Ambiente, así como o acceso ao expediente da obra e á concesión de auga para a Illa da Toxa. Info: adega.gal/novas.php?id... 032
ADEGA @adegagz.bsky.social · 29/09/2026📣Últimas horas para poder facer achegas á campaña #RíoRatoSenCemento! Con fondos recadados poderemos defender xudicialmente as nacentes do río Rato, ameazadas polo proxecto de ampliación do polígono do Ceao. adega.gal/rioratosencemento 🗨️Fala Daniel L. Vispo, membro da directiva de ADEGA. 000
ADEGA @adegagz.bsky.social · 29/09/2026Atención! Xa podes consultar todas as limpezas de ríos que terán lugar de xeito simultáneo ao longo de Galiza esta fin de semana: proxectorios.org/participante... Escolle a máis próxima a ti e móllate polos ríos! 💚💙 #ProxectoRíos #LimpezaSimultáneadeRíos #Móllatepolosríos 021
ADEGA @adegagz.bsky.social · 28/09/2026🎶Este sábado estivemos de foliada en defensa do río Rato, en Lugo! ❌Non queremos que as súas nacentes sexan cementadas para ampliar o polígono industrial do Ceao. Queremos ríos libres de formigón e vivos! Así o loitaremos nos tribunais ata o final✊🏽 184
ADEGA @adegagz.bsky.social · 28/09/2026🐟⚠️ADEGA reclama á Xunta que faga efectiva a protección do salmón no Observatorio Galego de Biodiversidade Toda a info: adega.gal/novas.php?id... Comparte! . . Última imaxe: David Álvarez. #salmónatlántico #salmóngalego #medioambiente #ecoloxismogalego 061
ADEGA @adegagz.bsky.social · 27/09/2026O pasado domingo camiñamos ao carón do río Eifonso, en Bembrive, descubrimos todos os seus tesouros naturais e fixemos identificación de especies!🦋 Hoxe, este espazo está ameazado polo proxecto da A-52, un vial innecesario que alterará toda esta paisaxe... Bembrive di non á A-52!✊🏽 📸Julieta Tejeda. 010
ADEGA @adegagz.bsky.social · 25/09/2026XV Limpeza Simultánea de Praias🌊 📅 18 de outubro 📍Galiza Únete á marea! Toda a info: adega.gal/axenda.php?i... #LimpezaSimultáneadePraias #lixomariño #contaminaciónmariña 000
ADEGA @adegagz.bsky.social · 24/09/2026🐟⚠️Nove entidades ecoloxistas urximos á Xunta catalogar o salmón atlántico como “En perigo de extinción” tras o ditame do Comité Científico estatal. A desaparición desta especie, hoxe en serio risco, sería unha enorme perda ecolóxica e patrimonial para Galiza Toda a info: adega.gal/novas.php?id... 042
ADEGA @adegagz.bsky.social · 23/09/2026🚌 Desde ADEGA-A Coruña demandamos melloras no transporte de pasaxeiros nas comarcas da Coruña e de Ferrol, ante o aumento da demanda e os problemas de falta de prazas, atrasos e masificación que se están a repetir neste inicio de curso. 💚Unha mobilidade sostible é tamén cuestión de saúde pública! 131
ADEGA @adegagz.bsky.social · 23/09/2026⛵️ ADEGA Vigo-O Morrazo organiza unha ruta en barco para o avistamento de aves mariñas. 🗓 Domingo, 18 de outubro 📍 Punto de encontro: ás 9h no peirao de Portocultura (Vigo). 💶 100€ para persoas socias de ADEGA e 130€ para non socias. 📝 Inscricións e máis info: i.gal/ruta_barco 022
ADEGA @adegagz.bsky.social · 22/09/2026💚Melania Cruz por un #RíoRatoSenCemento! 📣As nacentes deste río da cidade de Lugo están ameazadas por un proxecto urbanístico para ampliar o polígono industrial do Ceao. Non podemos permitir que cementen as fontes do Rato e toda a sús biodiversidade DOA para evitalo👉🏼 adega.gal/rioratosencemento 020
ADEGA @adegagz.bsky.social · 22/09/2026😊A semana pasada estivemos co alumando do CPI Dr Suárez de Friol visitando a parcela Rego de Salgueiro, custodiada por ADEGA. 🌱Durante a visita, o alumando puido aprender a identificar diferentes tipos de especies invasoras. 100
ADEGA @adegagz.bsky.social · 22/09/2026ADEGA no Congreso Agrovalor 2026📣 🌳Hoxe, o vogal de agrogandeiría industrial de ADEGA, Daniel L. Vispo, participará no Agrovalor 2026 para falar sobre as plantas de biometano e a problemática dos nitratos. 📍Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Lugo. agrores-agromanure.com/agrovalor-20... 010
ADEGA @adegagz.bsky.social · 21/09/2026📣Desde ADEGA-Lugo e ADEGA-Compostela participamos hoxe na presentación pública da Coordinadora Galega para a Defensa do Modelo Territorial de Galiza. 👉🏼Trátase dunha nova fronte común de plataformas veciñais preocupadas polo impacto dos 14 Proxectos de Interese Autonómico (PIA) sobre o territorio. 131
ADEGA @adegagz.bsky.social · 21/09/2026🦤Ven coñecer o litoral e descubrir as Salinas do Ulló, en Vilaboa: un espazo onde a historia da explotación da sal se mestura coa natureza da enseada de San Simón. 🌊Percorre as marismas e déixate sorprender por un humidal de gran valor ecolóxico, refuxio de aves! Inscríbete: i.gal/roteiro_salinas 110
ADEGA @adegagz.bsky.social · 21/09/2026Únete á Limpeza Simultánea de Ríos que se celebrará en toda Galiza o vindeiro 4 de outubro!💧💚 Toda a info: www.adega.gal/axenda.php?i... 045
ADEGA @adegagz.bsky.social · 20/09/2026Se adiviñas o nome da campaña á que fai referencia, escríbenolo en comentarios😊 012
ADEGA @adegagz.bsky.social · 20/09/2026📣Desde ADEGA, como parte da plataforma Galiza pola Paz, facemos un chamado á mobilización o vindeiro domingo, 4 de outubro, en apoio ao pobo de Palestina. 📍Ás 12:00h desde a Alameda de Compostela. RESISTENCIA, LIBERDADE E PAZ 🇵🇸 #freepalesti̇ne #palestinavencerá #palestinalibre 062
ADEGA @adegagz.bsky.social · 18/09/2026🌳💧Imaxinas que cementan as nacentes do río da túa cidade para ampliar un polígono industrial sen xustificación? Doa para que isto non suceda en Lugo👉🏼 adega.gal/rioratosencemento Un último empurrón!💪🏽 #RíoRatoSenCemento 099
ADEGA @adegagz.bsky.social · 18/09/2026Daniel L. Vispo, membro da directiva de ADEGA: "O proxecto de ampliación do polígono do Ceao sobre as nacentes do Rato é un desastre urbanístico para Lugo" 📹Entrevista completa: youtu.be/p4WsD1siDjw?... 🙏🏼Axúdanos a frear nos tribunais este proxecto: adega.gal/rioratosence...youtu.beRío Rato sen cemento | Ampliación do Ceao: carencias urbanísticas e alternativasYouTube video by ADEGA Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza 022
ADEGA @adegagz.bsky.social · 17/09/2026🌊Unha mañá para coñecer o noso litoral A pasada fin de semana voltamos á enseada de San Simón para achegarnos ao marisqueo a pé e descubrir todo o que agocha o noso litoral🐚 111
ADEGA @adegagz.bsky.social · 16/09/2026Foliada solidaria #RíoRatoSenCemento!🎶🩵 📅 Sábado, 26 de setembro 📍 Lugar de Reque, Lugo 🕐 13:00 h – actuación de Son de Lugh, e deseguido, foliada aberta! 🧺 Trae a túa pandeireta e a túa merenda para xantarmos xuntes e reivindicar un río Rato libre de cemento! 👉🏼 adega.gal/rioratosencemento 131
ADEGA @adegagz.bsky.social · 15/09/2026Luís Tosar medrou ao carón do río Rato, en Lugo. Hoxe, achéganos este vídeo para sumar esforzos na defensa xurídica das súas nacentes fronte á urbanización. ⏳ Restan só 15 días de campaña e precisamos reunir os últimos 3.750€. 🙏🏼 O río Rato precísate agora. Doa aquí: adega.gal/rioratosencemento 0117
ADEGA @adegagz.bsky.social · 14/09/2026ADEGA reclama unha avaliación ambiental ordinaria para as baterías Belesar I e II ante a acumulación de proxectos enerxéticos na Ribeira Sacra📍⚠ 💧Os riscos de contaminación e incendio nos contedores de baterías deben ser analizados en profundidade! 📣Toda a info, aquí: adega.gal/novas.php?id... 011
ADEGA @adegagz.bsky.social · 13/09/2026A saúde do Umia é a nosa saúde. Represa fóra!✊🏼 Hoxe mobilizámonos en Ribadumia contra a desfeita provocada pola represa de Cabanelas, que bloquea o paso da fauna, altera o ecosistema e prima o interese privado sobre os usos sociais do río 💧🐟 Por un río Umia vivo e sen barreiras!✊🏼 092
ADEGA @adegagz.bsky.social · 13/09/2026📸Velaquí unhas imaxes da conferencia da pasada fin de semana sobre o campamento romano do Vedro da Fame en Riotorto, unha peza fundamental para entender a conquista romana do noroeste ibérico. 👉A cargo de Andrés Menéndez Blanco. Moitas grazas a todas as persoas que vos achegastes! 100
ADEGA @adegagz.bsky.social · 12/09/2026Se aínda non viches a exposición de ADEGA "50 anos coidando a Terra", estás a tempo!😊 👉🏼Ata o vindeiro martes, 15 de setembro, a nosa mostra está emprazada nos Xardíns do Concello de Moaña. Animámoste a que a visites e viaxes a través dela pola historia recente do movemento ecoloxista galego🌳 021
ADEGA @adegagz.bsky.social · 12/09/2026Este sábado convidámoste a coñecer a contorna do primeiro tramo do río Rato, ameazado pola ampliación do polígono do Ceao. 📍Parque de Paradai de abaixo, Lugo 📅Sábado, 19 de setembro 🕓16:00h 👉Anótate: adegalugo@adega.gal | 982 240 299 | 613 123 111 💚Colabora: adega.gal/rioratosencemento 032
ADEGA @adegagz.bsky.social · 11/09/2026💧Varios colectivos convocamos unha mobilización este domingo en Ribadumia para denunciar os impactos ambientais da ampliación da represa de Cabanelas, que daría servizo, entre outros, aos hoteis e campo de golf da Toxa. 155
ADEGA @adegagz.bsky.social · 11/09/2026✊Conseguimos paralizar as obras de ampliación dunha granxa en Castroverde que estaban afectando unha zona húmida! 💧Esiximos agora a restauración do espazo, onde se atopan as nacentes dun regato que desemboca no río Tórdea. 👀Seguiremos vixiantes. adega.gal/novas.php?id... 033
ADEGA @adegagz.bsky.social · 10/09/2026🗑️O lixo en Galiza, 30 anos despois do derrube de Bens O 10 de setembro de 1996, o derrube do vertedoiro de Bens provocou unha catástrofe ambiental e unha gran mobilización na Coruña. Hoxe, 30 anos despois, Galiza segue sen resolver o problema da xestión dos residuos. É hora de cambiar de rumbo🌱adega.galADEGA. O lixo en Galiza, 30 anos despois do derrube de Bens 022
ADEGA @adegagz.bsky.social · 10/09/2026📣 CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DO UMIA FRONTE Á DESFEITA NA REPRESA DE CABANELAS! 📍Praia fluvial de Cabanelas, Ribadumia 📆 Domingo 13 🕛 Ás 12:00 h 💧A saúde do Umia é a túa saúde. A vida do río non pode poñerse en risco por intereses privados. Maniféstate✊ 044
ADEGA @adegagz.bsky.social · 10/09/2026⚠️Ons non é illa para especies en perigo! Na recente intervención de “acondicionamento” da Xunta na Illa de Ons, a roza das marxes dos camiños arrasou varios exemplares da xesta de Ons, especie en perigo de extinción🚨 👇 151
ADEGA @adegagz.bsky.social · 09/09/2026Volve a vida!🌱 A pasada semana visitamos os espazos queimados de Valdeorras nos que durante a primavera pasada fixeramos unha plantación de autóctonas. Levamos unha grata alegría: a pesar dun verán tan duro, as árbores atópanse vizosas e contribúen a restaurar o monte ferido polos lumes do 2025!💚 160
ADEGA @adegagz.bsky.social · 08/09/2026Lugo atópase diante dunha decisión que marcará o seu futuro: apostar por máis formigón ou preservar un espazo natural estratéxico que permitiría completar un gran cinto verde ao seu redor. ❌Non á cementación da cabeceira do río Rato para ampliar o polígono do Ceao. DOA: adega.gal/rioratosencemento 084
ADEGA @adegagz.bsky.social · 07/09/2026🚧ADEGA-Lugo reafirma o seu compromiso histórico coa defensa do territorio fronte á especulación urbanística de Barreiros 👉Defendemos o cumprimento da normativa e unha planificación urbanística responsable que evite a degradación do medio e da paisaxe. Toda a info: adega.gal/novas.php?id... 020
ADEGA @adegagz.bsky.social · 04/09/2026Ciclo de charlas • Compostaxe nas hortas urbanas 🌱🪱🥬 📍Compostela 🗓️15 setembro ao 7 outubro Sabes como transformar os restos orgánicos en compost útil para a túa horta? Participa nestas actividades abertas á cidadanía para aprendelo todo sobre compostaxe urbana! @concellosantiago.bsky.social 011
ADEGA @adegagz.bsky.social · 04/09/2026O 50 aniversario de ADEGA chega a Caminha, en Portugal! Cruzamos o Miño da man da Associação de Defesa do Património para achegar ata Caminha a exposición "50 anos coidando a Terra" e o documental "A Terra por Gañar", que repasan a historia do ecoloxismo galego nas últimas 5 décadas. Agardámoste! 040
ADEGA @adegagz.bsky.social · 03/09/2026📢 Esta fin de semana estaremos no Encontro Burla Verde cun postiño informativo. Achégate e búscanos!🤗 023
ADEGA @adegagz.bsky.social · 03/09/2026🔴Outro parque eólico paralizado polo TSXG tramita a súa utilidade pública Primeiro foi Xesteirón e agora Rodicio II. A empresa ENGIE insiste en continuar coa tramitación dos seus parques paralizados. Esiximos á Xunta que denegue todas as solicitudes de utilidade pública de eólicos xudicializados. 142
ADEGA @adegagz.bsky.social · 03/09/2026🌊RUTA DE MARISQUEO EN REDONDELA🐚 Ven coñecer o mundo do marisqueo a pé e descubrir, da man das mariscadoras de Cesantes, o seu traballo e os seus saberes, o valor destes espazos e a importancia de conservalos. 📅 Sábado, 12 de setembro 📍 Redondela ⏰ 9:45 h 🎟️ Inscricións: i.gal/rutamarisqueo2 100
ADEGA @adegagz.bsky.social · 02/09/2026🚨 EN PLENA ALERTA POR SECA, DESTRÚEN UNHA ZONA HÚMIDA EN CASTROVERDE ADEGA denuncia ante o Concello de Castroverde, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o SEPRONA o recheo con terras e estullos da zona húmida "Fontes de Vilar por parte dunha explotación gandeira. ℹ️ adega.gal/novas.php?id... 064
ADEGA @adegagz.bsky.social · 28/08/2026📣A canteira da Trinidade: un exemplo de inacción administrativa difícil de xustificar ✍️Podes ler o artigo completo de Mariña Patrimonio na Revista Cerna: f.mtr.cool/102k9bot1x . . . O Proxecto Cerna conta co apoio de Cultura da Deputación da Coruña 020
ADEGA @adegagz.bsky.social · 27/08/2026🦇Que sabemos dos seres máis misteriosos da noite? O venres, 4 de setembro, a bióloga Zeltia López falaranos dos morcegos🦇: das principais especies en Galiza e da importancia de investigar e protexer os seus hábitats. 📍 CS A Nubeira, Vigo 🕖 19:00–20:00 h Achégate e descubre o seu fascinante mundo! 023
ADEGA @adegagz.bsky.social · 27/08/2026Obras en Ons: A Xunta converte o Parque Nacional nun resort turístico. Como veñen de denunciar tres asociacións locais, as polémicas obras non foron sometidas a consulta pública nin avaliación de impacto... www.adega.gal/novas.php?id=1841&sec… Fotos: As. Liboreiro de Bueu 074
ADEGA @adegagz.bsky.social · 26/08/2026💧Os ríos non se cementan! En Lugo, unha promotora pretende urbanizar as nacentes do río Rato co visto e prace das administracións. 💚Infórmate e doa para frear nos tribunais este atentado ecolóxico: adega.gal/rioratosencemento #RíoRatoSenCemento 0147