Sign in

Lourixe

@lourixe.bsky.social
224 followers 97 following 377 posts

Exiliada da Chaira

PostsRepliesMedia
Lourixe @lourixe.bsky.social · 30/01/2026
Correo dunha axencia totalmente descoñecida. Opcións: a) digo que non estou dispoñible (mentira pero seguro que cae algo nesa data) b) dou a miña tarifa (que seguro é cara para eles) c) non respondo Calquera dos 3 casos: sei perfectamente quen acabará collendo o servizo e por que.
030
Lourixe @lourixe.bsky.social · 08/01/2026
A miña tixola de 22 cm é perfecta para o fogón mediano, pero recentemente pegábaselle a comida. Púxena unhas semanas na pila de cousas para levar á aldea, e acolloouse toda. O día de Reis resgateina para facer filloas e NON SE PEGOU NINGUNHA. Parece que quere seguir vivindo na Coruña... 😈
060
Lourixe @lourixe.bsky.social · 27/10/2025
@silcerino.bsky.social Ven forte cheiro de lume da rúa Tornos da Coruña. Hai varios coches de policía e acaba de chegar un camión dos bombeiros.
000
Lourixe @lourixe.bsky.social · 23/07/2025
Profesionalmente non me pasou nunca: traballo case sempre con grupos estranxeiros e respectuosos. Pasoume como turista co meu home e amigos cataláns, de termos reservado especificamente a visita en catalán dun monumento, e que se incorporase ao grupo algún idiota pedindo as explicacións en castelán.
040
Lourixe @lourixe.bsky.social · 14/07/2025
Son eu, ou os clickbaits de El País cada vez se parecen máis aos de El Español ou Quincemil??? #xornalismoRIP
070
Lourixe @lourixe.bsky.social · 11/07/2025
#Románico no val do #Tórdea (O Corgo): a #andaina de mañá. Con premio gastronómico cortesía de Jamones González.
000
Lourixe @lourixe.bsky.social · 07/07/2025
Vémonos este sábado no Corgo! #QueNonChova!
110
Lourixe @lourixe.bsky.social · 25/06/2025
Xa comezou a romaría dos resurreccionistas en Viveiro 😅
Ponte da Misericordia chea de xente camiñando cara o Resurrection Fest
020
Lourixe @lourixe.bsky.social · 25/06/2025
Que ben se está no noso benquerido refuxio climático 😍
010
Reposted by Lourixe
Berta Dávila @bertadavila.bsky.social · 25/06/2025
Mañá viaxo a Italia para participar no festival do "Premio Ostana - Scritture in Lingua Madre". Arredor diso escribin para Il Manifesto sobre as tensións entre a identidade lingüistica, a memoria política e as posibilidades da ficción na escrita literaria contemporánea nunha lingua minorizada. ✨
1276
Lourixe @lourixe.bsky.social · 25/06/2025
Coñezo unha rapaza nesa situación en Mallorca: 5 adultos que non son familia, compartindo un apartamento de 2 dormitorios que custa ao mes 2600€+ gastos
010
Lourixe @lourixe.bsky.social · 24/06/2025
Herba de San Xoán (hipérico) na muralla romana de Lugo. Ten propiedades antisépticas e cicatrizantes, e mesmo se usa como antidepresivo, pero pode interferir no uso doutros medicamentos (como anticoagulantes e anticonceptivos).
150
Lourixe @lourixe.bsky.social · 24/06/2025
Sorte tiveches. No meu caso foi do revés: tiña que pillar un BusALugo™ e estaba a EA Coruña tomada por adolescentes borrachos e a nacional tentando poñer orde. Ao final puiden saír, con 15 mins de atraso. #busalugo
110
Lourixe @lourixe.bsky.social · 24/06/2025
Madrugar para ir currar e atopar os restos da mellor parrilla do mundo... 😅 #reciclaxe #lumenovo #sanxoan
0102
Lourixe @lourixe.bsky.social · 23/06/2025
O billete Coruña-Santiago custa 7,35€ en traxecto simple e 6,10€ en ida e volta. Co bono de 10 viaxes sairía cada traxecto en 2,70€.
000
Lourixe @lourixe.bsky.social · 19/06/2025
Pasábame todos os veráns por culpa das climatizacións. Son guía de turismo e preciso da voz para traballar! Agora sempre levo un pano para a gorxa e este esprai no bolso, que me recomendara un compañeiro e é man de santo para as cordas vogais.
120
Lourixe @lourixe.bsky.social · 19/06/2025
A raíña felina desta casa ten varios alcumes. Un deles é "a arqueóloga". Polo balbordo que chega do areeiro, debeu de chegar aos estratos do Paleolítico inferior...
100
Reposted by Lourixe
CISPAC @cispac.bsky.social · 19/06/2025
🎥 PROXECCIÓN | @grupohistagra-usc.bsky.social organiza, en colaboración co CISPAC, a proxección de “Segadores da Órrea en terras de Castela. Unha historia de heroes”, 📅 24 de xuño, 11h 📍Seminario 103, CISPAC cispac.gal/posts-actual...
cispac.gal
Proxección do documental "Segadores da Órrea en terras de Castela. Unha historia de heroes" (2025) - CISPAC
O Grupo de Investigación HISTAGRA organiza, en colaboración co CISPAC, a proxección de "Segadores da Órrea en terras de Castela. Unha historia de heroes".
021
Lourixe @lourixe.bsky.social · 18/06/2025
Por fin ás 14:45 h apareceu un bus. O teléfono de Arriva, coma sempre, inoperativo.
010
Lourixe @lourixe.bsky.social · 18/06/2025
Quedaría o condutor, e por iso non aparece?
020
Lourixe @lourixe.bsky.social · 18/06/2025
O meu bus a Lugo de hoxe non aparece! Somos unha pila de xente agardando na EA Coruña polo bus de Arriva que tería que ter saído ás 14:30 h...
220
Lourixe @lourixe.bsky.social · 18/06/2025
Na Coruña vai tanta calor, que a miña gata APARTOU DO SOL! Normalmente ten o seu espazo acolchoado para botar sesta na miña mesa de estudo fronte á fiestra, pero mudouse para a mesa contigua, detrás da maquina de coser...
040
Lourixe @lourixe.bsky.social · 17/06/2025
Cantos puntos de galeguidade/lucensismo gañei hoxe por andar todo o día cargando 1,5kg de chourizos do bolso? Pilleinos pola mañá no mercado de abastos de Lugo para levarllos á miña irmá (que mos encargara) a Compostela.
260
Lourixe @lourixe.bsky.social · 17/06/2025
Eu só coas raíñas do crime xa encho un post: A. Christie, Ruth Rendell, Mary Higgins Clark, Patricia Cornwell, Patricia Highsmith, Camilla Läckberg, Donna Leon, Fred Vargas...
010
Lourixe @lourixe.bsky.social · 17/06/2025
O que me contaron a min é que os colonos viñan da montaña, afeitos a pouco gando e pouca terra que se traballaba en intensivo, e custoulles moito a adaptación a explotacións en extensivo.
120
Lourixe @lourixe.bsky.social · 16/06/2025
O das citas de xine son un auténtico cachondeo. Meses de espera para que che dean cita, e habitualmente chaman de repente ás 21 h para citarte ao día seguinte. Son autónoma e coido dun familiar con Alzhéimer, como pretenden que me organice?
110
Lourixe @lourixe.bsky.social · 16/06/2025
Eu optei pola academia privada, xa que na Coruña non imparten o meu nivel. Examínome en xullo do HSK4. Estou disfrutando moitísimo da aprendizaxe do chinés.
010
Lourixe @lourixe.bsky.social · 15/06/2025
Fixen "arròs negre" e estáseme ocorrendo a malísima maldá de gardar uns grauciños para sementalos na cas da miña irmá e que pense que lle volveron os ratos... (tranquilos que resistirei a tentación)
220
Reposted by Lourixe
Mariña Couceiro @mcouceiro.bsky.social · 15/06/2025
"En su negativa a asumir la maternidad como destino irrenunciable resuena un eco generacional: el de quienes se niegan a traer vida a un planeta en llamas, el de quienes entienden que amar también es elegir no perpetuar." www.eldiario.es/nidos/mujere...
eldiario.es
"Las mujeres sin hijos no somos seres incompletos": ¿hasta cuándo vamos a pedir explicaciones a las que no quieren ser madres?
"Si no quieres tener hijos, la gente siente pena por ti, como si fueras una perra fría, sin corazón, incapaz de amar. Tengo 31 años y todavía no sé si quiero tener hijos", decía Miley Cyrus en una ent...
041
Lourixe @lourixe.bsky.social · 14/06/2025
Na Coruña levan un tempo no Rego de Auga, e póñense na rúa a berrar chamando pola xente como se fose unha feira!!!
020
Lourixe @lourixe.bsky.social · 14/06/2025
En 1990 que foi cando acabei o COU, saquei máis nota en selectividade que os que tiveran matrícula no bacharelato: eles ían a carreiras sen nota de corte e rascaron os 🍳🍳 e eu precisaba notas altas para entrar en enxeñaría. O dire estaba indignado con eles 🤷
100
Lourixe @lourixe.bsky.social · 14/06/2025
Carreira brillante que tivo que abandonar para adicarse aos coidados da súa nai anciá... Teríalle pasado de ser home?
000
Reposted by Lourixe
Suso Touriño @xbouzon.bsky.social · 12/06/2025
Pois eso
021
Lourixe @lourixe.bsky.social · 12/06/2025
Son o 21 de xuño e 4 de xuLLo, pena que non poida ir.
120
Reposted by Lourixe
Concello da Coruña @concellodacoruna.bsky.social · 11/06/2025
🚍 Continúan os Encontros de barrio do proceso participativo para o deseño da nova rede de autobuses da Coruña 🗓️ Este xoves no centro cívico de Elviña a partir das 18.30 horas ℹ️ Toda a información en coruna.gal/participabus
001
Reposted by Lourixe
Alessiogarcai @alessiogarcai.bsky.social · 10/06/2025
Así esperta A Coruña hoxe.
411462
Lourixe @lourixe.bsky.social · 10/06/2025
Menos mal que hai medios de comunicación que coñecen ben as prioridades dos seus lectores habituais...
031
Lourixe @lourixe.bsky.social · 09/06/2025
E xa volvín "pecar" na Libraría Valín de Lugo... 😭 Para quen non a coñeza, debe de ser unha das mellores librarías de segunda man do país, especializada en temática galega. Está cerca da estación de autobuses, fronte á capela de San Roque. Paga a pena ir en bus a Lugo... 😅
0184
Lourixe @lourixe.bsky.social · 07/06/2025
A cadea xaponesa de TV NHK estaba esta mañá filmando unha reportaxe na Coruña.
150
Lourixe @lourixe.bsky.social · 06/06/2025
Outro exemplo: nas probas de habilitación para guías de turismo, cando eu me acreditei, os exames de idiomas facíanos profes da USC. Cando estiven no tribunal no 2019 descubrín que as probas de idiomas externalizáranse cunha academia privada, da que algúns dos que se examinaban foran alumnos.
032
Lourixe @lourixe.bsky.social · 06/06/2025
Sendo a taxista oficial dos meus tíos avellentados (para transportalos desde a Coruña a funerais diversos na aldea), marcoume unha conversa/disputa, na que trataban de establecer onde estivera o muíño X polo que sempre pasaban camiñando desde a casa ata a vila. Canta morriña nos argumentos!
010
Reposted by Lourixe
Roga Colectiva @rogacolectiva.bsky.social · 03/06/2025
Cómo foi a migración do campo ás cidades na Galiza?Tes algunha historia relacionada con esta cuestión? Animámosvos a asistir e participar nunha conversa a través das xeracións onde todo o mundo ten cabida para falar de cómo foi o éxodo rural na Galiza. Non o perdades!
Publicación do evento, na que se poden ver sobre un fondo en tons verdes escuros, un recorte dunha fotografía de Seone do Courel, unha vista das casa de pedra da vila sobre as montañas lucenses. 
O texto informa sobre os detalles do evento:
“Éxodo rural na Galiza, unha conversa interxeracional.
Datas:
Biblioteca Pública Miguel Garcés (A Coruña), sábado 3 de xuño ás 11:00h.
Biblioteca Pública Ánxel Casal (Santiago de Compostela), venres 13 de xuño ás 18:00h”
Debaixo do texto están os logotipos de Roga Colectiva e da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
066
Lourixe @lourixe.bsky.social · 06/06/2025
Totalmente. Moito se nota en Lugo os anos nos que o Rosario é festivo na Coruña!
020
Lourixe @lourixe.bsky.social · 04/06/2025
Dime o frikilólogo do meu maromo que Saa non é xermánico senon celta (ven de "sala", que quere dicir anta ou dolmen).
000
Lourixe @lourixe.bsky.social · 04/06/2025
É alucinante ver desde os Rosales como asoman estes macrobarcos por riba dos edificios do centro da Coruña. Con todo, os cruceiros de auténtico luxo son os de 200-300 pasaxeiros.
100
Reposted by Lourixe
Concello da Coruña @concellodacoruna.bsky.social · 04/06/2025
🚍 Continúan os Encontros de barrio do proceso participativo para o deseño da nova rede de autobuses da Coruña 🗓️ Este xoves no centro cívico do Fórum Metropolitano a partir das 19.00 horas ℹ️ Toda a información en coruna.gal/participabus
001
Reposted by Lourixe
Hannibal Lecter 🦋 @hannibal.bsky.social · 04/06/2025
Si el PP implementara estas medidas, el mismo PP dejaría de existir.
49354135
Lourixe @lourixe.bsky.social · 31/05/2025
Que capicúa xeitoso tiña hoxe o contakilometros do coche 😍
030
Lourixe @lourixe.bsky.social · 29/05/2025
Nos USA, ter acceso a alimentación sá e tempo para o exercicio físico é un luxo ao alcance de poucos. Hoxe, na Coruña, facíase evidente ao ver de que barco viñan os turistas.
120
Lourixe @lourixe.bsky.social · 29/05/2025
Hoxe fixeron escala dous cruceiros norteamericanos na Coruña, e vou facer un comentario extremadamente clasista: pódense distinguir os pasaxeiros do Silver Spirit dos do Independence or the Seas, só polo contorno abdominal.
140