Sign in

Lourixe

@lourixe.bsky.social
224 followers 97 following 377 posts

Exiliada da Chaira

PostsRepliesMedia
Lourixe @lourixe.bsky.social · 30/01/2026
Correo dunha axencia totalmente descoñecida. Opcións: a) digo que non estou dispoñible (mentira pero seguro que cae algo nesa data) b) dou a miña tarifa (que seguro é cara para eles) c) non respondo Calquera dos 3 casos: sei perfectamente quen acabará collendo o servizo e por que.
030
Lourixe @lourixe.bsky.social · 14/07/2025
Son eu, ou os clickbaits de El País cada vez se parecen máis aos de El Español ou Quincemil??? #xornalismoRIP
070
Lourixe @lourixe.bsky.social · 11/07/2025
#Románico no val do #Tórdea (O Corgo): a #andaina de mañá. Con premio gastronómico cortesía de Jamones González.
000
Lourixe @lourixe.bsky.social · 07/07/2025
Vémonos este sábado no Corgo! #QueNonChova!
110
Lourixe @lourixe.bsky.social · 25/06/2025
Xa comezou a romaría dos resurreccionistas en Viveiro 😅
Ponte da Misericordia chea de xente camiñando cara o Resurrection Fest
020
Lourixe @lourixe.bsky.social · 25/06/2025
Que ben se está no noso benquerido refuxio climático 😍
010
Lourixe @lourixe.bsky.social · 24/06/2025
Herba de San Xoán (hipérico) na muralla romana de Lugo. Ten propiedades antisépticas e cicatrizantes, e mesmo se usa como antidepresivo, pero pode interferir no uso doutros medicamentos (como anticoagulantes e anticonceptivos).
150
Lourixe @lourixe.bsky.social · 24/06/2025
Madrugar para ir currar e atopar os restos da mellor parrilla do mundo... 😅 #reciclaxe #lumenovo #sanxoan
0102
Lourixe @lourixe.bsky.social · 19/06/2025
Pasábame todos os veráns por culpa das climatizacións. Son guía de turismo e preciso da voz para traballar! Agora sempre levo un pano para a gorxa e este esprai no bolso, que me recomendara un compañeiro e é man de santo para as cordas vogais.
120
Lourixe @lourixe.bsky.social · 18/06/2025
Na Coruña vai tanta calor, que a miña gata APARTOU DO SOL! Normalmente ten o seu espazo acolchoado para botar sesta na miña mesa de estudo fronte á fiestra, pero mudouse para a mesa contigua, detrás da maquina de coser...
040
Lourixe @lourixe.bsky.social · 15/06/2025
Fixen "arròs negre" e estáseme ocorrendo a malísima maldá de gardar uns grauciños para sementalos na cas da miña irmá e que pense que lle volveron os ratos... (tranquilos que resistirei a tentación)
220
Lourixe @lourixe.bsky.social · 10/06/2025
Menos mal que hai medios de comunicación que coñecen ben as prioridades dos seus lectores habituais...
031
Lourixe @lourixe.bsky.social · 07/06/2025
A cadea xaponesa de TV NHK estaba esta mañá filmando unha reportaxe na Coruña.
150
Lourixe @lourixe.bsky.social · 31/05/2025
Que capicúa xeitoso tiña hoxe o contakilometros do coche 😍
030
Lourixe @lourixe.bsky.social · 28/05/2025
Disque aínda queda algunha praza libre para a andaina deste sábado 31 de maio en Monterroso, e vai facer moi bo día! Iso si, estes días están ensilando pola zona a todo meter, non prometo que non comecen a enxurrar os prados antes das chuvias da semana que ven... #andaina #ruta #monterroso
112
Lourixe @lourixe.bsky.social · 27/05/2025
Desta volta, preparando a próxima andaina por Monterroso, no canto do coche de Google Earth estivéronme seguindo estas belezas...
Grupo de vacas rubias baixando dunha carballeira.
090
Lourixe @lourixe.bsky.social · 20/05/2025
Estes foron por traballo, non vaiades pensar! 🤣
Tickets de bus Arriva entre A Coruña e Lugo
060
Lourixe @lourixe.bsky.social · 20/05/2025
Todo comezou co confesionario de @ayqueverguenza.bsky.social e os cometarios a unha resposta de @amedoenoxo.bsky.social que levaron a medir a intensidade dunha necesidade emocional ou sexual en unidades de "buses a Lugo".
060
Lourixe @lourixe.bsky.social · 16/05/2025
Convocatorias de emprego para informador/a turístico/a na Coruña e Santiago, a quen poida interesar:
031
Lourixe @lourixe.bsky.social · 09/05/2025
Hoxe estiven preparando unha ruta polos camiños máis rurais do concello de Friol, e atopeime en varias ocasións coa cámara de Google Street View... Así non hai quen se atreva a mexar de campo! 😅
040
Lourixe @lourixe.bsky.social · 08/05/2025
A "mouclade" é un prato de mexillóns con curry, típico da vila francesa de La Rochelle onde teño familia. É costume servilo con guarnición de arroz branco. #gastronomía #papatoria
3110
Lourixe @lourixe.bsky.social · 08/05/2025
Cando o #tradutor automático usa de língua ponte o inglés e confunde rapeseed (semente de grelo/canola/colza: Brassica napus) cun crime noxento...
010
Lourixe @lourixe.bsky.social · 07/05/2025
Eu o outro día pola Coruña tamén outro con boina e paraugas ao lombo. Non puiden evitar apurar para achegarme e comprobar que efectivamente, o paraugas era de Abanca.
040
Lourixe @lourixe.bsky.social · 06/05/2025
Vide descubrir arquitectura románica e paisaxes agrarias no alto #Ulla, o sábado 31 de maio! #andaina #románico #monterroso #lugo
041
Lourixe @lourixe.bsky.social · 04/05/2025
Volvemos estar sin luz en varios edificios da av. Fisterra, desta vez porque se empotrou no portal un coche, danando as conexións eléctricas. Despois de 11 h de traballo, puta gracia me vai facer volver subir 6 pisos andando e cear latas de conserva... 😭 (foto dunha veciña que non ten conta aquí).
162
Lourixe @lourixe.bsky.social · 02/05/2025
A Cornualles tamén chegan os #fodechinchos...
280
Lourixe @lourixe.bsky.social · 30/04/2025
En Betanzos hai nova cartelería por todo o centro. Esta non é das oficiais.
061
Lourixe @lourixe.bsky.social · 30/04/2025
Estes dous veteranos andaban perdidos dando voltas polas estradiñas de Bergondo esta mañá.
040
Lourixe @lourixe.bsky.social · 29/04/2025
Ter vivido na aldea axúdache a estar preparada... Acaba de volver o subministro ao piso da Coruña, despois de case 13 horas sen luz. Agora toca comprobar o contido do conxelador...
130
Lourixe @lourixe.bsky.social · 23/04/2025
Hoxe recomendei este libro!
110
Lourixe @lourixe.bsky.social · 23/04/2025
Xa antes de saír da cama, polo cheiro adiviñei que na sala abriran as flores de cera. Madriña Finita, desde hai 5 anos que te fuches, aínda sinto o teu cariño a través das túas plantas.
1100
Lourixe @lourixe.bsky.social · 22/04/2025
Para cando puiden sacar a foto xa marchara o Balmoral. Con todo, houbo moito menos caos do que temía. Mesmo na Porta Real.
000
Lourixe @lourixe.bsky.social · 20/04/2025
O art. 9 do Decreto 73/2015 regula a profesión dos guías de turismo en Galicia: di que pode exercer aquí quen teña traballado noutra CCAA. Hai quen sen non cumpre os requisitos para ser guía de Galicia, e saca por internet o carnet de Aragón sen ter pisado nunca esa Comunidade Autónoma. #intrusismo
010
Lourixe @lourixe.bsky.social · 15/04/2025
As excepcionalidades. Canarias e... #Lugo ! Que llo digan a Abraham Cupeiro...
030
Lourixe @lourixe.bsky.social · 15/04/2025
Hoxe cadroume no Porto de Santa Cruz (Oleiros) con marea baixa e un momentiño solleiro entre caldeiradas de auga e sarabea...
041
Lourixe @lourixe.bsky.social · 09/04/2025
Facendo limpeza nunha nave, ían guindar este libro ao lixo, porque por fóra estaba cheo de roña... 😓
Contraportada do libro "Synopsis histórica" por don Juan de Ferreras, edición de 1702.
050
Lourixe @lourixe.bsky.social · 07/04/2025
Outra pista da antiga presenza de casas do remo na Coruña: vede na contorna da subdelegación do Goberno o tamaño das fincas entre a rúa Real e a av. Montoto (lembrade que esta é a beiramar antes de que se fixesen os recheos, coma no Berbés en Vigo). Casas do Remo na Coruña (8 e fin?)
040
Lourixe @lourixe.bsky.social · 07/04/2025
Na propia rúa Real, un dos exemplos máis evidentes é o antigo local da farmacia Villar Casas do Remo na Coruña (7)
140
Lourixe @lourixe.bsky.social · 07/04/2025
A rúa "San Andrés" está chea de edificios modernistas ou contemporáneos que substitúen casas mariñeiras, e estoume limitando a edificios con menos de 4 m de fachada cun aliñamento vertical dun só van en cada andar. Casas do Remo na Coruña (6)
140
Lourixe @lourixe.bsky.social · 07/04/2025
Estoutros exemplos están nas rúas Franxa, Florida e do Anxo no barrio da Pescaría da Coruña (ou zona de viños para quen se oriente mellor deste xeito). Teño entendido que hai máis exemplos polo Orzán pero non me deu tempo de os ir buscar. Casas do Remo na Coruña (5)
140
Lourixe @lourixe.bsky.social · 07/04/2025
En moitos casos os novos propietarios tiraban 2 casas contiguas para teren máis espazo. Pero quedaron outras casas que só medraron en altura. Este exemplo está na rúa Tabernas. (O edificio está habitado pero ten problemas de humidades). Casas do Remo na Coruña (4)
120
Lourixe @lourixe.bsky.social · 06/04/2025
Traballando duramente #DomingoDeFeira
Pratos de polbo baleiros
1110
Lourixe @lourixe.bsky.social · 01/04/2025
Este venres 4 e sábado 5, xornadas arqueolóxicas en Lugo. Pódese asistir presencialmente ou en liña. comunidadermpl.gal/presentacion... #arqueoloxía #lugo #redemuseistica
040
Lourixe @lourixe.bsky.social · 31/03/2025
Escritura creativa: poñerlle nome a produtos foráneos que non sabemos pronunciar ben...
121
Lourixe @lourixe.bsky.social · 26/03/2025
Hoxe estiven preparando rutas por varios lugares dos concellos de #Castroverde e #OCorgo. Fixo un día bárbaro! A ver se volve estar solleiro cando me toque ir con xente...
0101
Lourixe @lourixe.bsky.social · 23/03/2025
Outra cousa chula de onte foi que publicaron a miña opinión sobre os freetours. As mafias da mendicidade soían ser ilegais, agora son grandes plataformas de comercialización de servizos turísticos con moito márketing.
0142
Lourixe @lourixe.bsky.social · 21/03/2025
Mañá vou a isto, a ver se non chove de máis... 😅
120
Lourixe @lourixe.bsky.social · 16/03/2025
Disque non para de chover e hai millóns de españois desesperados... #Gandarío #Bergondo
Praia de Gandarío esta tarde (16 de marzo de 2025)
150
Lourixe @lourixe.bsky.social · 12/03/2025
Herdanzas ancestrais. A regla de arriba foi do meu avó materno, que era agrimensor: medía e valoraba fincas rústicas e a súa produtividade. A de abaixo foi do meu pai, xornalista. Cando comezou no oficio non había ordenadores e usaba unha máquina de escribir con copias de papel carbón.
3150
Lourixe @lourixe.bsky.social · 06/03/2025
Hai dous anos que a miña sobriña ten móbil. É a primeira vez que me responde ao instante. #cocido #papatoria
170