Sign in

Ismael Ramos

@ismaelramosc.bsky.social
588 followers 212 following 83 posts

escribo | A parte fácil (Xerais) | opino en @eldiariogalicia.bsky.social linktr.ee/ismaelramos

PostsRepliesMedia
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 10/09/2026
durante o pasado maio, escribín cinco poemas sobre A superficie (ese milagre duradeiro). agora, en forma de plaquette artesanal, serven para celebrar unha década de colaboración entre Chan da Pólvora e papeles mínimos. 💌 papelesminimos.com/products/a-s...
030 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 29/08/2026
a xente de Efecto Doppler convidoume a ler dous poemas de Lixeiro e falar sobre eles. elixín "Tres guineas" e "O futuro". aquí, a miña discusión con Virginia Woolf, o barco a Vigo, as iconas relixiosas, a lectura e a incerteza. a partir do minuto 32:40. www.rtve.es/play/audios/...
021 0
Reposted by Ismael Ramos
Xerais @xerais.bsky.social · 24/08/2026
Estas son algunhas das impresións dos lectorxs de "A parte fácil". Ademais, o relato «A lebre», incluído nesta obra, foi distinguido co prestixioso Premio O. Henry 2026, convertendo a Ismael Ramos no primeiro autor do Estado español en recibir este recoñecemento. @ismaelramosc.bsky.social
051 0
Reposted by Ismael Ramos
Xesús M. Mosquera Carregal @xesusmmc.bsky.social · 26/07/2026
A lingua dos convencidos, por @ismaelramosc.bsky.social 👌 www.eldiario.es/galicia/blog...
eldiario.es
OPINIÓN | A lingua dos convencidos. Por Ismael Ramos
A 16 anos da aprobación do Decreto para o Plurilingüismo, foi sempre descarado e vergoñento o desleixo por parte dos responsables da Xunta ante a situación de emerxencia lingüística que se deducía dos...
031 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 26/07/2026
o balbordo arredor do novo Plan de Normalización da Lingua, non deixa ver unha pregunta máis incómoda que apenas nos facemos: e se o maior problema do galego fose que xa só falamos del entre nós? a lingua dos convencidos é outro éxito da Xunta. www.eldiario.es/galicia/blog...
eldiario.es
OPINIÓN | A lingua dos convencidos. Por Ismael Ramos
A 16 anos da aprobación do Decreto para o Plurilingüismo, foi sempre descarado e vergoñento o desleixo por parte dos responsables da Xunta ante a situación de emerxencia lingüística que se deducía dos...
040 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 22/07/2026
no último número da @luzes.gal acaban de publicar esta longa conversa con Yolanda Virseda. grazas a toda a equipa polo tempo e o interese! 🌞 revistaluzes.com/2026/06/isma...
062 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 12/07/2026
no cabodano de Fernández Paz, rescato este artigo. que necesaria e escasa a dignidade. que illa esta, cada día máis chea de camaleóns. www.eldiario.es/galicia/blog...
eldiario.es
OPINIÓN | Como se debuxa a dignidade? Por Ismael Ramos.
Hai na cultura galega demasiadas figuras na misa e repicando? Supoño que iso non é nada en comparación coas técnicas de disociación de Valentín García, que leva doce anos afirmando que o galego vai be...
050 0
Reposted by Ismael Ramos
Xerais @xerais.bsky.social · 08/07/2026
O verán é un momento perfecto para recuperar todas esas lecturas que foron quedando na lista de pendentes. Recomendámosvos 5 libros que cremos que son perfectos para ler no verán.📚 @ismaelramosc.bsky.social Josiño Araújo, Rosa Aneiros, Xesús Fraga, Xerardo Quintiá, @xaquinnunez.bsky.social
022 0
Reposted by Ismael Ramos
lupe Bao Reixa #AltriNon @lupebao.bsky.social · 05/07/2026
Cumprindo como lei* co verán que propón o Ismael: persianas baixadas, libros e pelis. Non tenho de que sacar fotos que vos valgan. *Agás compromisos familiares ineludibles.
011 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 05/07/2026
vivimos obsesionadxs coa idea de facer cousas interesantes e quizais o problema é que acabamos medindo tamén así o valor das nosas vidas: da produtividade, a sermos produtos. un artigo sobre os algoritmos e as tardes de verán que non necesitan demostrar nada. www.eldiario.es/galicia/blog...
eldiario.es
OPINIÓN | As mellores tardes. Por Ismael Ramos.
Ao longo de todo o ano, pero especialmente no verán, as redes sociais das que formamos parte e que nutrimos de contido invisibilizan o aburrimento, a rutina e calquera tarefa que non se atope entre as...
095 0
Reposted by Ismael Ramos
Librería Casa Tomada @enlacasatomada.bsky.social · 26/06/2026
Esta tarde a las 19h tenemos encuentro literario de afinidades electivas: "Así que pasen veinte años" con @ismaelramosc.bsky.social y Silvia Hidalgo. Dos escritores irrepetibles, dos generaciones distintas y dos perspectivas dialogando sobre el papel de la soledad en sus obras. ¡No podéis faltar!
164 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 14/06/2026
“Se eu o subo a Instagram xa forma parte do mercado? Se ela peregrina xa é turista?” hai unha paz que nin os discursos políticos nin as institucións conseguen explicar. sobre autobuses, relixión, Peter Handke e a procura de sentido nun tempo de baleiros. www.eldiario.es/galicia/blog...
eldiario.es
OPINIÓN | O inexplicable. Por Ismael Ramos.
Horrorízame ver a León XIV convidado a converter o Parlamento no seu púlpito e condenar o dereito ao aborto e a eutanasia dende o mesmo espazo onde a cidadanía os conquistamos con esforzo
000 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 04/06/2026
4ª edición! ✨ esta lebre xa leva un mes correndo sen descanso polas librarías galegas na súa 4ª edición e con solemne faixa negra para celebrar o Premio O. Henry. grazas lectorxs e librarías por manterdes con vida estes contos tres anos despois.
010 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 24/05/2026
vivimos nun xogo de serpes e escaleiras: precariedade, culpa e medo a caer enfermos. o imperio da produtividade. hai tempo que ninguén sobe xa no ascensor social sen mirar constatemente cara abaixo. hoxe, en @eldiariogalicia.bsky.social. www.eldiario.es/galicia/blog...
eldiario.es
OPINIÓN | Serpes e escaleiras. Por Ismael Ramos.
Non coñecín aínda un só compañeiro nos meus anos na empresa privada, pero tampouco agora na función pública, que se considere traballador e non sinta que falla cando enferma. Hai nese xesto unha culpa...
063 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 12/05/2026
amigxs! este sábado, ás 20:30h, terei a sorte de estar conversando con Olalla Tuñas no edificio do Casino de Noia para celebrarmos xuntxs o Premio O. Henry. oxalá poidades acompañarnos e compartir tanta alegría, tanto agradecemento 🐇
060 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 03/05/2026
aprendemos a ser pobres en silencio: a renunciar, a non pedir, a non nomealo. nun país onde a pobreza segue aí, pero se oculta mellor ca nunca, quen decide que non se vexa? hoxe escribo en @eldiariogalicia.bsky.social sobre vergonza, clase e invisibilidade. www.eldiario.es/galicia/blog...
eldiario.es
OPINIÓN | Un país sen pobres. Por Ismael Ramos
O sistema educativo e a sociedade en xeral seguen tratando a diferenza de clase e a escaseza de recursos case coma un fallo na Matrix e non coma unha consecuencia directa do sistema
031 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 01/05/2026
hoxe celebro o 1 de maio desde a portada do Faro da Cultura do Faro de Vigo con esta lectura xenerosa de Iago Fernández sobre “A lebre”. ✒️ www.farodevigo.es/faro-cultura...
070 0
Reposted by Ismael Ramos
Míriam Louzao @miriamlouzao.bsky.social · 23/04/2026
No #DíadoLibro eu quero recomendarvos “A parte fácil” de @ismaelramosc.bsky.social É un orgullo ver que os nosos escritores e escritoras poden chegar onde queiran escribindo na nosa lingua…porque a literatura é unha das formas máis fermosas de situar unha cultura no mundo. Lede moito e en galego!
031 0
Reposted by Ismael Ramos
Xerais @xerais.bsky.social · 20/04/2026
Hoxe recompilamos algúns deses títulos que marcaron un fito na nosa literatura💫 Cales destes libros xa lestes? 👀👇 @ismaelramosc.bsky.social, @manuelrivas.bsky.social, Agustín Fernández Paz, Xabier P.DoCampo, @lediciacostas.bsky.social, Yolanda Castaño e Chus Pato.
153 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 20/04/2026
moitísimas grazas, Xurxo!
100 0
Reposted by Ismael Ramos
Xurxo Mariño @xurxomar.bsky.social · 20/04/2026
Marabilla de relato; marabilla de libro.
172 0
Reposted by Ismael Ramos
Xerais @xerais.bsky.social · 20/04/2026
«Cheira a aceite, a especias e a algo máis forte ao fondo. Algo salvaxe que podería ser o medo da lebre ou a súa sorpresa». @ismaelramosc.bsky.social
042 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 19/04/2026
hoxe, ademais da alegría de conseguir unha páxina completa en galego nun xornal que aparece integramente escrito en castelán, conversei con Alba Prada para El Correo Gallego: “Penso que nunca é bo que a lexitimación veña unicamente de fóra”. www.elcorreogallego.es/sociedad/202...
elcorreogallego.es
Un galego fai historia no premio O. Henry: «Pensei que era unha broma»
O escritor de Mazaricos Ismael Ramos é o primeiro español en recibir este galardón literario que distinguiu aos clásicos da literatura americana
0172 0
Reposted by Ismael Ramos
Xerais @xerais.bsky.social · 19/04/2026
O conto “A lebre”, incluído no libro A parte fácil, de @ismaelramosc.bsky.social, vén de recibir o Premio O. Henry 2026, un dos galardóns máis importantes do mundo no relato breve. O autor é o primeiro escritor do Estado español en acadar este recoñecemento.
064 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 18/04/2026
hoxe amenzo coa sorte de ver publicada esta longa conversa con Manuel Xestoso para o @nosdiario.bsky.social. falamos sobre a clase social como o verdadeiro pecado orixinal, sobre o territorio ferido e, por suposto, sobre o Renault 19 de meu pai. www.nosdiario.gal/articulo/cul...
nosdiario.gal
Ismael Ramos: "A pobreza e as diferenzas de clase son algo que está moi dentro de nós e que resulta moi difícil de cambiar"
Cun dos contos do seu libro A parte fácil (Xerais) Ismael Ramos convértese no primeiro autor do Estado en recibir o galardón considerado o máis importante do...
052 0
Reposted by Ismael Ramos
Xerais @xerais.bsky.social · 18/04/2026
«Un nunca se afai á visión dun encoro, nunca é capaz de imaxinar o seu fondo». “A lebre” incluído no libro "A parte fácil" de @ismaelramosc.bsky.social. Premio O. Henry 2026.
073 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 17/04/2026
que ilusión me fai que esnafre se siga usando! 😂😂😂
021 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 17/04/2026
hoxe converso con Ana Abelenda para o Fugas de La Voz de Galicia. poucas veces sentín que unha entrevista contase tan ben quen son e de que tobeira saiu esta lebre. www.lavozdegalicia.es/noticia/fuga...
lavozdegalicia.es
Ismael Ramos, premio O. Henry: «De Faulkner a Mazaricos hai unha carreira de lebre»
Premio Nacional polo poemario «Lixeiro», o escritor galego vén de entrar no selecto club dos grandes autores de lingua inglesa. O orgullo tranquilo cruza o Atlántico
0101 0
Reposted by Ismael Ramos
Xerais @xerais.bsky.social · 16/04/2026
«Ata ese momento Raúl só podía recordar a súa irmá sendo máis grande ca el, pero a partir de agora só poderá pensar nela estando máis cansa, alí tirada». "A lebre" incluído no libro "A parte fácil" Premio O. Henry de relato breve 2026. @ismaelramosc.bsky.social
082 0
Reposted by Ismael Ramos
Danny Barreto @danburrito.bsky.social · 15/04/2026
Galician writer @ismaelramosc.bsky.social awarded the O’Henry award for “The Hare” (trans. Jacob Rogers)! Moitos parabéns, Ismael. Alédome de que o público que le en inglés poderá coñecer a túa escrita e que se visibilice a literature galega por estes lares! lithub.com/announcing-t...
lithub.com
Announcing the Winners of the 2026 O. Henry Prize for Short Fiction
Tommy Orange was awarded a much-deserved MacArthur Genius Grant this fall for breaking from the tradition of reservation-based Native American literature to write new, illuminative, and realistic N…
192 0
Reposted by Ismael Ramos
NUMAX @numax.org · 15/04/2026
📕 Estes encontros complétase con EXTRA, un contido audiovisual ao xeito dos bonus das edicións de filmes. María Sánchez, Antón Blanco, @neeumatiko.bsky.social e @ismaelramosc.bsky.social explicarán as imaxes que se filtraron nos seus imaxinarios literarios ao escribir narrativa, poesía ou ensaio.
042 0
Reposted by Ismael Ramos
conquinceletras.bsky.social @conquinceletras.bsky.social · 15/04/2026
www.eldiario.es/galicia/gall... Daniel Salgado: "El gallego Ismael Ramos obtiene el O. Henry, uno de los más prestigiosos premios de relato de Estados Unidos" @ismaelramosc.bsky.social se hace con el galardón, fundado en 1919, por el cuento 'A lebre', escrito originalmente en gallego.
eldiario.es
El gallego Ismael Ramos obtiene el O. Henry, uno de los más prestigiosos premios de relato de Estados Unidos
El escritor, colaborador de elDiario.es, se hace con el galardón, fundado en 1919, por el cuento 'A lebre', escrito originalmente en gallego, y se convierte en el primer autor estatal en lograrlo
092 0
Reposted by Ismael Ramos
Xerais @xerais.bsky.social · 14/04/2026
Parabéns @ismaelramosc.bsky.social! www.xerais.gal/noticia/isma...
xerais.gal
Ismael Ramos, Premio O. Henry 2026
Ismael Ramos, Premio O Henry
072 0
Reposted by Ismael Ramos
Xabi Queiruga @xabiqueiruga.eurosky.social · 14/04/2026
haberá que facer relectura de 'A lebre', relato de @ismaelramosc.bsky.social que vén de gañar o premio O. Henry. Parabéns!
082 0
Reposted by Ismael Ramos
Iñigo Aduriz @inigoaduriz.bsky.social · 14/04/2026
El gallego @ismaelramosc.bsky.social obtiene uno de los más prestigiosos premios de relatos de Estados Unidos. Zorionak!!! www.eldiario.es/galicia/gall...
eldiario.es
El gallego Ismael Ramos obtiene uno de los más prestigiosos premios de relatos de Estados Unidos
El escritor, colaborador de elDiario.es, obtiene el galardón O. Henry, fundado en 1919, por el cuento 'A lebre', escrito originalmente en gallego, y se convierte en el primer autor estatal en lograrlo
2102 0
Reposted by Ismael Ramos
las afueras @lasafueras.bsky.social · 14/04/2026
📚 Histórico: Ismael Ramos gana el Premio O. Henry, uno de los más importantes del mundo para relatos.🏆✨ Es el primer autor del Estado en lograrlo con “A lebre” (“The Hare”, trad. Jacob Rogers). Un hito para la literatura gallega. lithub.com/announcing-t... Parabéns, @ismaelramosc.bsky.social
2318 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 12/04/2026
como afectan a crise da vivenda e a diferenza de clases a un grupo de amigos? ata onde chega a conciencia da clase propietaria? pódense axitar chaves en alto nas manifestacións e saber que na familia existen un ou dous pisos baleiros? que ética persoal soluciona isto? www.eldiario.es/galicia/blog...
eldiario.es
OPINIÓN | Quen pode soñar tranquilo cunha casa? Por Ismael Ramos.
Pódese ser rendeiro de maneira ética? Pódense, poño por exemplo, axitar chaves en alto nas manifestacións pola vivenda e saber que na familia existen un ou dous pisos baleiros e unha casa que esmorece...
020 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 29/03/2026
sempre que digo que “non me apetece facer nada”, en realidade o que quero dicir é que me apetecería non ter nada que facer para poder decidir por min mesmo. procrastinar é un síntoma máis de que non somos donos do noso tempo.
072 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 01/03/2026
Galicia é Camiño, litoral, calidade. e é precariedade, abandono, eucaliptos, terra queimada, eólicos, casas baleiras, soidade. vertebrar un país non é debuxar unha liña azul nun mapa. hoxe falo da política turística da Xunta en @eldiariogalicia.bsky.social. www.eldiario.es/galicia/blog...
eldiario.es
OPINIÓN | Galicia é Camiño, litoral, calidade, eucaliptos, terra queimada. Por Ismael Ramos.
Non deixa de arrepiarme que Galicia sexa "calidade". Que cada vez que Galicia é calidade, non deixe de ser conflito, desigualdade, precariedade, abandono, eucaliptos, terra queimada, parque eólico, fa...
031 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 08/02/2026
o filme “360 curvas” lembra con épica un fito da loita popular —as “movidas” da Fonsagrada nos 90— e tráeo ao presente como exemplo da vontade de permanecer no rural con dignidade. pero que lugar ocupan as mulleres no relato? mans invisibles e renuncias silenciosas. www.eldiario.es/galicia/blog...
eldiario.es
OPINIÓN | Acudídeme, veciñxs. Por Ismael Ramos
No documental '360 curvas', Ariadna Silva Fernández e Alejandro Gándara traen ao presente a memoria das protestas populares acontecidas na Fonsagrada durante os anos 90 contra o desleixo das administr...
050 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 31/01/2026
“y mientras un hombre tenga voz / será capaz de recuperar la musica” este é o libro máis importante que vou ler este 2026 que acaba de comezar. MacNeice escribiuno a finais de 1938, pero falar sobre nós, hoxe, agora, aquí. é a voz do anxo da historia.
030 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 20/01/2026
no novo número da revista Limoeiro Real, “A parte fácil”, con tradución ao portugués do Daniel Ferreira e ilustración da Inês Viegas Oliveira 💌
050 0
Reposted by Ismael Ramos
Martiño Noriega @martinhonoriega.bsky.social · 18/01/2026
Así é e aquí estamos...
011 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 18/01/2026
vivimos saturados de ruído, rodeados de monstros mediáticos e anestesiados pola indignación constante. e, aínda así, entre tanto caos hai unha pregunta que insiste: que depende de nós en Groenlandia, Venezuela, Palestina? hoxe, en @eldiariogalicia.bsky.social. www.eldiario.es/galicia/blog...
eldiario.es
OPINIÓN | O que depende de nós. Por Ismael Ramos.
No tren, penso en Donald Trump coma unha sorte de icona dos abusos. Un santo monstruoso. Aparecen el e Julio Iglesias. E Ayuso defendendo a Julio Iglesias. E Ana Obregón. Aparecen todos xuntos na miña...
091 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 06/01/2026
moitas grazas, María! efectivamente o “Autorretrato con lanterna chinesa” Schiele non me podería facer máis ilusión ♥️
010 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 06/01/2026
moitísimas grazas, María! as alegrías sempre medran se se comparten!
010 0
Reposted by Ismael Ramos
A Seisdedos #AltriNon @maseisdedos.bsky.social · 06/01/2026
Um presente para a outra margem...
051 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 06/01/2026
o novo ano trouxo canda si o Ligeiro, que chegará a finais de mes ás librarías do outro lado do Miño🇵🇹 infinito obrigado ao Daniel Ferreira pola tradución e a amizade sostida a través dos anos; e á Officium Lectionis pola xenerosidade de darlle un corpo novo. officiumlectionis.pt/produto/isma...
2180 0
Reposted by Ismael Ramos
Martiño Noriega @martinhonoriega.bsky.social · 28/12/2025
Para ler hoxe, este poema en prosa do @ismaelramosc.bsky.social 👇🏼🧊🔥
022 0
Ismael Ramos @ismaelramosc.bsky.social · 28/12/2025
“Postal con neve e un home só” é máis que unha foto de Nadal: é un espello e unha pregunta, son os nosos vínculos dispersos e ese silencioso cuestionamento do que significa pertencer. Unha advertencia. pechando o ano en @eldiariogalicia.bsky.social. www.eldiario.es/galicia/blog...
eldiario.es
OPINIÓN | Postal con neve e un home só. Por Ismael Ramos.
Ao principio, crin que se trataba dunha perfecta postal de Nadal e coloqueina na parede a carón do escritorio. Aí a neve, o sol de inverno, o camiño que se abre. Un tarda un tempo en reparar no silenc...
194 0