codigocero.com
O CESGA acollerá unha fabrica europea de IA
O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) vén de ser seleccionado para acoller unha das seis novas fábricas europeas de intelixencia artificial, que se centrará no ámbito da saúde e contará cun investimento de 82 millóns de euros. Así o notificou a Empresa Común de Computación de Altas Prestacións Europea (EuroHPC JU), unha iniciativa conxunta da Unión Europea, varios Estados membros e socios privados, ante a que a Xunta de Galicia e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) presentaran en xuño a candidatura galega para dispoñer dunha infraestrutura desta natureza.