Sign in

Paulo Glez Ogando

@compaseregra.bsky.social
145 followers 59 following 138 posts

paulo.gal Autor de 'Bocados Matemáticos' (Ed. Xerais) e 'Matemáticas y Deporte' (Los Libros de la Catarata).

PostsRepliesMedia
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 14h
10/20 — EFECTO DE TROXLER ➕ Fixa a mirada na cruz negra durante uns 20 segundos, sen mover os ollos. As manchas rosadas poden esvaecerse ata case desaparecer. Un pequeno movemento da mirada fará que regresen. A visión tamén se adapta ao que non cambia 👁️ #IlusiónsÓpticas #Divulgación
000
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 14/10/2026
9/20 — ROTATING SNAKES 🐍 Os discos parecen xirar, pero a imaxe é completamente estática. O movemento aparente é máis intenso na visión periférica. Fixa a mirada no centro dun disco: ese case se detén mentres os demais continúan xirando 👁️ #IlusiónsÓpticas #Divulgación
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 13/10/2026
8/20 — CROMOSTEREOPSE 🔴🔵 Que cor parece estar máis preto: a vermella ou a azul? A maioría das persoas ve o vermello diante, outras perciben o contrario e algunhas non notan profundidade. Os nosos ollos non refractan todas as cores igual 👁️ #IlusiónsÓpticas #Divulgación
110
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 12/10/2026
7/20 — CUBO DE NECKER 🧊 Que cara do cubo está diante? O debuxo admite dúas interpretacións tridimensionais e a percepción salta espontaneamente dunha á outra. Podemos escoller entre ambas, pero non velas simultaneamente. Intenta manter só unha 👁️ #IlusiónsÓpticas #Divulgación
110
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 11/10/2026
6/20 — TRIÁNGULO DE KANIZSA 🔺 Ves un triángulo branco? Os seus lados non están debuxados e o interior ten a mesma cor ca o fondo. O cerebro completa os contornos ausentes e constrúe unha figura que non existe na imaxe. A mente tamén debuxa 👁️ #IlusiónsÓpticas #Divulgación
110
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 08/10/2026
5/20 — ILUSIÓN DE MUNKER 💀💀 As dúas caveiras parecen ter cores diferentes, pero conteñen exactamente o mesmo ton de vermello. As franxas que as atravesan modifican a cor que percibimos. O contexto manda máis do que pensamos 👁️ #IlusiónsÓpticas #Divulgación
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 07/10/2026
4/20 — ANEIS CONCÉNTRICOS 〰️ Parecen ondulados e irregulares, verdade? Pois os dous aneis son circunferencias perfectas e concéntricas. Os pequenos contrastes dos seus contornos enganan a percepción da curvatura. Non sempre vemos a xeometría que existe. 👁️ #IlusiónsÓpticas #Divulgación
110
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 06/10/2026
3/20 — MIND YOUR STEP ⚠️ Atréveste a cruzar esta praza? Non existe ningún precipicio: é unha fotografía colocada sobre o pavimento e deformada para parecer tridimensional dende un punto concreto. Unha anamorfose a grande escala 👁️ #IlusiónsÓpticas #Divulgación
110
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 05/10/2026
2/20 — OS EMBAIXADORES 💀 Que fai esa estraña mancha aos pés dos personaxes? Hans Holbein ocultou unha caveira deformada no cadro. Só aparece ao observala lateralmente: unha mensaxe sobre a fugacidade da vida. Conseguiches vela? 👁️ #IlusiónsÓpticas #Divulgación
110
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 04/10/2026
1/20 — JUMPING DOLPHIN 🐬 Parece que este golfiño está a saltar fóra do papel, pero toda a escena é plana. O segredo está na anamorfose: unha imaxe deformada que só cobra sentido desde o punto de vista axeitado. Que ve o teu cerebro? 👁️ #IlusiónsÓpticas #Divulgación
120
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 04/10/2026
👁️ Podemos confiar sempre no que vemos? Abro un fío con 20 ilusións ópticas que poñerán a proba a túa percepción. Haberá movementos que non existen, cores que enganan e obxectos imposibles. Unha ilusión en cada publicación, unha ilusión cada día. Comezamos! 🧵 #IlusiónsÓpticas #Divulgación
152
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 01/10/2026
20/20 — A TROMPETA DE TORRICELLI Unha trompeta infinitamente longa. O seu volume é finito: π unidades cúbicas. Pero a súa superficie é infinita⁉️ Poderiamos enchela de pintura, pero non teriamos pintura suficiente para pintala? 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
000
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 30/09/2026
19/20 — UN PARADOXO NO QUIJOTE Nunha ponte, quen diga a verdade pode pasar e quen minta será aforcado. Un viaxeiro declara: «Veño para morrer nesta forca». Se o aforcan, dicía a verdade. Se o deixan pasar, mentía⁉️ Que deben facer os xuíces? 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 29/09/2026
18/20 — OS NÚMEROS INTERESANTES Supoñamos que existen números aburridos. Entón debe haber un número aburrido máis pequeno ca todos os demais. Pero iso xa o converte nun número especial e, polo tanto, interesante⁉️ Conclusión: non existen números aburridos? 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 28/09/2026
17/20 — O PARADOXO DO TRUELO Tres tiradores enfróntanse. Un deles é claramente o peor. Que debería facer cando lle toca disparar? Sorprendentemente, a súa mellor opción pode ser fallar deliberadamente⁉️ Ás veces, non acertar é a estratexia gañadora. 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 27/09/2026
16/20 — O DÍA DA SEMANA INESPERADO Anúnciase un exercicio sorpresa para algún día da semana. Razoando cara atrás, parece posible demostrar que non pode celebrarse ningún día⁉️ Pero celébrase... e colle a todo o mundo por sorpresa. 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
101
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 24/09/2026
15/20 — O PARADOXO DO CORVO «Todos os corvos son negros» equivale loxicamente a «todo o que non é negro non é un corvo». Entón, observar unha vaca lila confirma que todos os corvos son negros⁉️ Formalmente pode axudar. Pero moi, moi pouco. 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 23/09/2026
14/20 — O CADRADO DESAPARECIDO As mesmas catro pezas. Dúas disposicións aparentemente iguais. Nunha delas aparece, de súpeto, un cadrado baleiro⁉️ Non desapareceu área: o noso ollo aceptou como recta unha liña que non o era. 👇
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 22/09/2026
13/20 — O PARADOXO DE SIMPSON Un xogador obtén mellor porcentaxe ca outro na primeira metade. Tamén na segunda. Pero no total do partido... resulta peor⁉️ Ao combinar os datos, unha tendencia pode inverterse por completo. 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 21/09/2026
12/20 — O PARADOXO DE SAN PETERSBURGO Un xogo ofrece un premio esperado infinito. Compensaría pagar calquera cantidade por participar... Pero case ninguén entregaría todos os seus aforros⁉️ Canto vale realmente unha oportunidade? 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 20/09/2026
11/20 — O PARADOXO DE PROTÁGORAS Un alumno promete pagar as clases cando gañe o seu primeiro xuízo. O profesor denúnciao por non pagar. Gañe quen gañe o proceso, os dous poden argumentar que a sentenza lles dá a razón⁉️ Debe pagar o alumno? 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 17/09/2026
10/20 — O PARADOXO DE LITTLEWOOD Introducimos bólas nunha caixa e retiramos algunhas, repetindo o proceso infinitamente. En cada instante hai máis bólas ca antes. Porén, ao rematar... a caixa pode quedar baleira⁉️ O infinito volve alterar as regras. 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
101
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 16/09/2026
9/20 — O PARADOXO DE GRELLING E NELSON Unha palabra é «heterolóxica» cando non se describe a si mesma. Pero... a palabra «heterolóxica» descríbese a si mesma⁉️ Respondas o que respondas, acabarás afirmando o contrario. 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 15/09/2026
8/20 — O PARADOXO DE GALILEO Os cadrados perfectos son só unha parte dos números naturais: 1, 4, 9, 16... Porén, podemos emparellar cada natural cun cadrado sen que sobre ningún⁉️ Pode unha parte ter o mesmo tamaño ca o todo? No infinito, si. 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 14/09/2026
7/20 — O PARADOXO DE ELLSBERG Preferimos un risco coñecido antes ca unha incerteza, mesmo cando as nosas eleccións acaban contradicíndose⁉️ Non valoramos igual «non sei que ocorrerá» e «nin sequera sei con que probabilidade». 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
120
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 13/09/2026
6/20 — O PARADOXO DE CONDORCET A maioría prefire A antes ca B. Tamén B antes ca C. Pero esa mesma maioría prefire C antes ca A⁉️ As persoas poden ter preferencias coherentes e producir, colectivamente, un ciclo imposible. 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
111
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 10/09/2026
5/20 — O PARADOXO DE BERTRAND Escollemos unha corda ao azar nunha circunferencia. Cal é a probabilidade de que sexa máis longa ca o lado dun triángulo inscrito? Pode ser 1/4, 1/3 ou 1/2⁉️ Tres respostas correctas para unha mesma pregunta? 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
000
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 09/09/2026
4/20 — O PARADOXO DE ALLAIS Que prefires: premio seguro ou lotería cun premio maior? A nosa resposta cambia dun xeito difícil de conciliar coa teoría matemática da decisión⁉️ Ás veces, unha certeza pesa máis ca todos os cálculos👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 08/09/2026
3/20 — O FENÓMENO WILL ROGERS Unha persoa cambia dun grupo a outro. Sorprendentemente, a media dos dous grupos aumenta. Ninguén mellorou e, con todo, melloraron as dúas estatísticas⁉️ A clave está en quen se move. 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 07/09/2026
2/20 — A FALACIA DA ACUSACIÓN Unha proba aparece no 2 % das persoas inocentes. Se a atopan nun sospeitoso, significa que hai un 98 % de posibilidades de que sexa culpable⁉️ Non. Confundir probabilidades pode enviar unha persoa inocente ao cárcere. 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
120
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 06/09/2026
1/20 - O CONXUNTO DE CANTOR Eliminamos un terzo dun segmento. Despois outro terzo. E outro. E outro... até retirar practicamente todo. Ao final queda un conxunto de lonxitude cero, pero con infinitos puntos. Como é posible⁉️ #matemáticas #divulgación #paradoxos
110
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 06/09/2026
🧵As matemáticas están cheas de resultados correctos que parecen imposibles. Durante os próximos días compartirei 20 paneis sobre paradoxos, falacias e fenómenos que desafían a intuición⁉️ Un paradoxo en cada publicación. Comezamos? 👇🧵 #matemáticas #divulgación #paradoxos
112
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 04/09/2026
📐 Novo reto no blog! Chega o terceiro problema de homotecias: unha nova construción xeométrica resolta mediante unha idea elegante baseada nas transformacións xeométricas. Lédeo en 👉 paulo.gal/un-terceiro-... #blog #xeometría #matematicas
000
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 30/08/2026
Unha boa forma de acabar agosto 😃 coa colección de problemas que traen Juan Matías Sepulcre e Juan Manuel Conde. 📐📊✏️🟥🔵🔻 #matemáticas
000
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 23/08/2026
Que chulada esta edición de Frankenstein, de @airaeditorial.bsky.social, con fermosas ilustracións de @miguelrobledo.bsky.social e traducido por Samuel Solleiro. #lecturas #clasicos
000
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 21/08/2026
📐📏 Novo reto xeométrico no blog! Un segundo problema de homotecias no que unha transformación xeométrica permite resolver unha construción dun xeito elegante e sorprendente. Lédeo en 👉 paulo.gal/un-segundo-p... #blog #matemáticas #xeometría
010
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 09/08/2026
📐 Un novo reto xeométrico no blog! Un problema de homotecias que amosa como unha boa idea pode simplificar unha construción aparentemente complexa. Lédeo en 👉 paulo.gal/un-problema-... #blog #matematicas #xeometría #homotecias
010
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 15/07/2026
Xa podedes descargar unha colección de 19 paneis divulgativos sobre paradoxos, listos para imprimir en DIN A3. En galego! Podedes difundir... Están en 👉 paulo.gal/paneis-divul... #paradoxos #matematicas #divulgacion
054
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 13/06/2026
🗺️⚡ Nova publicación no blog. O algoritmo de Dijkstra permite atopar os camiños máis curtos nunha rede e está detrás de moitos sistemas de navegación actuais. Lédeo en 👉 paulo.gal/o-algoritmo-... #blog #algoritmos #teoríadegrafos
010
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 16/05/2026
🧠👥 Nova publicación no blog O paradoxo da amizade afirma que, de media, as túas amizades teñen máis amizades ca ti. Como pode ser posible?: a explicación está na teoría de grafos. Lédeo en 👉 paulo.gal/o-paradoxo-d... #blog #matemáticas #grafos
000
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 17/04/2026
📊⚽ Nova publicación no blog. O ritmo dun partido condiciona as estatísticas: máis posesións non sempre significa mellor rendemento. Lédeo en 👉 paulo.gal/o-ritmo-dos-... #blog #estatística #deporte #bocadosmatematicos
010
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 21/03/2026
📚🧠 Nova publicación no blog. No Quixote, realidade e ficción confúndense ata crear verdadeiros paradoxos. Unha lectura diferente dun clásico. Lédeo en 👉 paulo.gal/un-paradoxo-... #blog #paradoxos #literatura
001
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 27/02/2026
Gamma 16 ➡️ en 'Matelecturas' comento 'Errores didácticos en matemáticas' de Tomás Ortega del Rincón. 🔎🧠💡Libro recomendable para docentes de matemáticas en secundaria, reflexión sobre como expresamos teoremas e problemas, termos a usar etc. 👉Podedes lelo aquí 🔗 agapema.org/wp-content/u...
030
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 21/02/2026
🧠🐦‍⬛ Nova publicación no blog. Pode unha mazá verde confirmar que todos os corvos son negros? O paradoxo do corvo cuestiona como entendemos a confirmación científica. Lédeo en 👉 paulo.gal/o-paradoxo-d... #blog #lóxica #paradoxos
010
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 25/01/2026
⚽📈 Nova publicación no blog. Penaltis, presión e números: unha análise estatística das quendas que deciden partidos e títulos. Lédeo en 👉 paulo.gal/as-quendas-d... #blog #estatística #fútbol
012
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 23/01/2026
Eu fixen este hai uns anos; queda moi ben na parede do meu salón.
110
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 28/12/2025
Outro ano que remata, imos ir pechando a análise das lecturas deste 2025. #lecturas #estatística #libros
001
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 26/12/2025
📅🧠 Nova publicación no meu blog. Un anuncio oficial, unha dedución impecable… e un paradoxo inesperado. O problema do día da semana inesperado segue dando que pensar. Lédeo en 👉 paulo.gal/paradoxo-dia... #blog #lóxica #paradoxos
012
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 29/11/2025
📐🌀 Nova publicación no blog: Os números de Gregory. Como un problema con pendentes e tanxentes leva ás series de potencias que anticiparon as de Taylor, e mesmo a aproximar π. Lédeo en 👉 paulo.gal/os-numeros-d... #blog #matemáticas #historiadaciencia #trigonometria
001
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 08/11/2025
Sorpresas que leva un😲 Estás un sábado pola tarde, relaxado na casa, lendo un libro 📖 tranquilamente, dun autor inglés ... E aparece @ilarrosa.bsky.social ! 😱😱
010