Sign in

Paulo Glez Ogando

@compaseregra.bsky.social
143 followers 59 following 132 posts

paulo.gal Autor de 'Bocados Matemáticos' (Ed. Xerais) e 'Matemáticas y Deporte' (Los Libros de la Catarata).

PostsRepliesMedia
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 12h
4/20 — ANEIS CONCÉNTRICOS 〰️ Parecen ondulados e irregulares, verdade? Pois os dous aneis son circunferencias perfectas e concéntricas. Os pequenos contrastes dos seus contornos enganan a percepción da curvatura. Non sempre vemos a xeometría que existe. 👁️ #IlusiónsÓpticas #Divulgación
010
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 06/10/2026
3/20 — MIND YOUR STEP ⚠️ Atréveste a cruzar esta praza? Non existe ningún precipicio: é unha fotografía colocada sobre o pavimento e deformada para parecer tridimensional dende un punto concreto. Unha anamorfose a grande escala 👁️ #IlusiónsÓpticas #Divulgación
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 05/10/2026
2/20 — OS EMBAIXADORES 💀 Que fai esa estraña mancha aos pés dos personaxes? Hans Holbein ocultou unha caveira deformada no cadro. Só aparece ao observala lateralmente: unha mensaxe sobre a fugacidade da vida. Conseguiches vela? 👁️ #IlusiónsÓpticas #Divulgación
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 04/10/2026
1/20 — JUMPING DOLPHIN 🐬 Parece que este golfiño está a saltar fóra do papel, pero toda a escena é plana. O segredo está na anamorfose: unha imaxe deformada que só cobra sentido desde o punto de vista axeitado. Que ve o teu cerebro? 👁️ #IlusiónsÓpticas #Divulgación
120
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 04/10/2026
👁️ Podemos confiar sempre no que vemos? Abro un fío con 20 ilusións ópticas que poñerán a proba a túa percepción. Haberá movementos que non existen, cores que enganan e obxectos imposibles. Unha ilusión en cada publicación, unha ilusión cada día. Comezamos! 🧵 #IlusiónsÓpticas #Divulgación
141
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 03/10/2026
Aún quedan ejemplares, así que nadie tiene excusa para hacerse con él 😊
000
Reposted by Paulo Glez Ogando
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 02/10/2026
FIN DA XEIRA🧵 Até aquí os 20 paradoxos. Cal foi o máis sorprendente? Cal se bota de menos? Podedes descargar gratuitamente todos os paneis nun único PDF: 👉 paulo.gal/wp-content/u... #matemáticas #divulgación #paradoxos
paulo.gal
001
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 02/10/2026
FIN DA XEIRA🧵 Até aquí os 20 paradoxos. Cal foi o máis sorprendente? Cal se bota de menos? Podedes descargar gratuitamente todos os paneis nun único PDF: 👉 paulo.gal/wp-content/u... #matemáticas #divulgación #paradoxos
paulo.gal
001
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 01/10/2026
20/20 — A TROMPETA DE TORRICELLI Unha trompeta infinitamente longa. O seu volume é finito: π unidades cúbicas. Pero a súa superficie é infinita⁉️ Poderiamos enchela de pintura, pero non teriamos pintura suficiente para pintala? 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
000
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 30/09/2026
19/20 — UN PARADOXO NO QUIJOTE Nunha ponte, quen diga a verdade pode pasar e quen minta será aforcado. Un viaxeiro declara: «Veño para morrer nesta forca». Se o aforcan, dicía a verdade. Se o deixan pasar, mentía⁉️ Que deben facer os xuíces? 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 29/09/2026
18/20 — OS NÚMEROS INTERESANTES Supoñamos que existen números aburridos. Entón debe haber un número aburrido máis pequeno ca todos os demais. Pero iso xa o converte nun número especial e, polo tanto, interesante⁉️ Conclusión: non existen números aburridos? 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 28/09/2026
17/20 — O PARADOXO DO TRUELO Tres tiradores enfróntanse. Un deles é claramente o peor. Que debería facer cando lle toca disparar? Sorprendentemente, a súa mellor opción pode ser fallar deliberadamente⁉️ Ás veces, non acertar é a estratexia gañadora. 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 27/09/2026
16/20 — O DÍA DA SEMANA INESPERADO Anúnciase un exercicio sorpresa para algún día da semana. Razoando cara atrás, parece posible demostrar que non pode celebrarse ningún día⁉️ Pero celébrase... e colle a todo o mundo por sorpresa. 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
101
Reposted by Paulo Glez Ogando
Marilar Aleixandre @marilaraleixandre.bsky.social · 25/09/2026
Declárome en rebeldía contra o decreto. Dei clase de ciencias en galego cando estaba prohibido. Conselleiro: non hai “equilibrio” posible entre unha lingua en risco como o galego e outra da fortaleza do español. É inaceptable que para dar ciencias en galego as sociais se dean en castelán.
22511
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 24/09/2026
15/20 — O PARADOXO DO CORVO «Todos os corvos son negros» equivale loxicamente a «todo o que non é negro non é un corvo». Entón, observar unha vaca lila confirma que todos os corvos son negros⁉️ Formalmente pode axudar. Pero moi, moi pouco. 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 24/09/2026
A de Clubs de Lectura e a do Plambe son entre semana e, segundo a convocatoria, son OBRIGATORIAS. Unha perda de tempo total, xa que son puro marketing e nada aprendes. O ano pasado, unha hora enteira coas asesoras ensinando a nova web, lapela por lapela; como se eu non soubese facer clic e ler...
030
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 23/09/2026
14/20 — O CADRADO DESAPARECIDO As mesmas catro pezas. Dúas disposicións aparentemente iguais. Nunha delas aparece, de súpeto, un cadrado baleiro⁉️ Non desapareceu área: o noso ollo aceptou como recta unha liña que non o era. 👇
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 23/09/2026
Poucas veces se ven tales números... e cantas mulleres había, e cantos homes?
110
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 22/09/2026
13/20 — O PARADOXO DE SIMPSON Un xogador obtén mellor porcentaxe ca outro na primeira metade. Tamén na segunda. Pero no total do partido... resulta peor⁉️ Ao combinar os datos, unha tendencia pode inverterse por completo. 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 21/09/2026
12/20 — O PARADOXO DE SAN PETERSBURGO Un xogo ofrece un premio esperado infinito. Compensaría pagar calquera cantidade por participar... Pero case ninguén entregaría todos os seus aforros⁉️ Canto vale realmente unha oportunidade? 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 20/09/2026
11/20 — O PARADOXO DE PROTÁGORAS Un alumno promete pagar as clases cando gañe o seu primeiro xuízo. O profesor denúnciao por non pagar. Gañe quen gañe o proceso, os dous poden argumentar que a sentenza lles dá a razón⁉️ Debe pagar o alumno? 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 17/09/2026
10/20 — O PARADOXO DE LITTLEWOOD Introducimos bólas nunha caixa e retiramos algunhas, repetindo o proceso infinitamente. En cada instante hai máis bólas ca antes. Porén, ao rematar... a caixa pode quedar baleira⁉️ O infinito volve alterar as regras. 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
101
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 16/09/2026
9/20 — O PARADOXO DE GRELLING E NELSON Unha palabra é «heterolóxica» cando non se describe a si mesma. Pero... a palabra «heterolóxica» descríbese a si mesma⁉️ Respondas o que respondas, acabarás afirmando o contrario. 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 15/09/2026
8/20 — O PARADOXO DE GALILEO Os cadrados perfectos son só unha parte dos números naturais: 1, 4, 9, 16... Porén, podemos emparellar cada natural cun cadrado sen que sobre ningún⁉️ Pode unha parte ter o mesmo tamaño ca o todo? No infinito, si. 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 14/09/2026
7/20 — O PARADOXO DE ELLSBERG Preferimos un risco coñecido antes ca unha incerteza, mesmo cando as nosas eleccións acaban contradicíndose⁉️ Non valoramos igual «non sei que ocorrerá» e «nin sequera sei con que probabilidade». 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
120
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 13/09/2026
6/20 — O PARADOXO DE CONDORCET A maioría prefire A antes ca B. Tamén B antes ca C. Pero esa mesma maioría prefire C antes ca A⁉️ As persoas poden ter preferencias coherentes e producir, colectivamente, un ciclo imposible. 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
111
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 10/09/2026
5/20 — O PARADOXO DE BERTRAND Escollemos unha corda ao azar nunha circunferencia. Cal é a probabilidade de que sexa máis longa ca o lado dun triángulo inscrito? Pode ser 1/4, 1/3 ou 1/2⁉️ Tres respostas correctas para unha mesma pregunta? 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
000
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 09/09/2026
4/20 — O PARADOXO DE ALLAIS Que prefires: premio seguro ou lotería cun premio maior? A nosa resposta cambia dun xeito difícil de conciliar coa teoría matemática da decisión⁉️ Ás veces, unha certeza pesa máis ca todos os cálculos👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 08/09/2026
3/20 — O FENÓMENO WILL ROGERS Unha persoa cambia dun grupo a outro. Sorprendentemente, a media dos dous grupos aumenta. Ninguén mellorou e, con todo, melloraron as dúas estatísticas⁉️ A clave está en quen se move. 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
100
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 07/09/2026
2/20 — A FALACIA DA ACUSACIÓN Unha proba aparece no 2 % das persoas inocentes. Se a atopan nun sospeitoso, significa que hai un 98 % de posibilidades de que sexa culpable⁉️ Non. Confundir probabilidades pode enviar unha persoa inocente ao cárcere. 👇 #matemáticas #divulgación #paradoxos
120
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 06/09/2026
1/20 - O CONXUNTO DE CANTOR Eliminamos un terzo dun segmento. Despois outro terzo. E outro. E outro... até retirar practicamente todo. Ao final queda un conxunto de lonxitude cero, pero con infinitos puntos. Como é posible⁉️ #matemáticas #divulgación #paradoxos
110
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 06/09/2026
🧵As matemáticas están cheas de resultados correctos que parecen imposibles. Durante os próximos días compartirei 20 paneis sobre paradoxos, falacias e fenómenos que desafían a intuición⁉️ Un paradoxo en cada publicación. Comezamos? 👇🧵 #matemáticas #divulgación #paradoxos
112
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 04/09/2026
📐 Novo reto no blog! Chega o terceiro problema de homotecias: unha nova construción xeométrica resolta mediante unha idea elegante baseada nas transformacións xeométricas. Lédeo en 👉 paulo.gal/un-terceiro-... #blog #xeometría #matematicas
000
Reposted by Paulo Glez Ogando
C6H4(CH3)(NO2) @nitrotolueno.bsky.social · 04/09/2026
Mujeres jóvenes, hombres con experiencia: el sesgo de edad en Internet mujeresconciencia.com/2026/09/02/s...
mujeresconciencia.com
Mujeres jóvenes, hombres con experiencia: el sesgo de edad en Internet - Mujeres con ciencia
Sesgo de edad en Internet. Edadismo de género. Refuerzo de estereotipos. Sesgos. Inteligencia artificial. Invisibilidad de mujeres mayores.
031
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 02/09/2026
Calcular la longitud de una costa o una nube: un estudio de Unizar desarrolla una nueva forma de medir figuras complejas www.eldiario.es/1_cda2ee?utm...
eldiario.es
Calcular la longitud de una costa o una nube: un estudio de Unizar desarrolla una nueva forma de medir figuras complejas
La investigadora del I3A Elvira Mayordomo participa en un trabajo premiado en París que desarrolla una herramienta basada en teoría de la información y mejora resultados sobre problemas abiertos de la...
000
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 30/08/2026
Unha boa forma de acabar agosto 😃 coa colección de problemas que traen Juan Matías Sepulcre e Juan Manuel Conde. 📐📊✏️🟥🔵🔻 #matemáticas
000
Reposted by Paulo Glez Ogando
GCiencia @gciencia.bsky.social · 24/08/2026
Dous investigadores acaban de construír as primeiras ‘xeometrías de Einstein’ non homoxéneas sobre un dos espazos máis fundamentais das matemáticas.
gciencia.com
Matemáticos de Santiago e Lausana resolven un problema de xeometría aberto dende hai 60 anos
Dous investigadores constrúen as primeiras ‘xeometrías de Einstein’ non homoxéneas sobre un dos espazos máis fundamentais das matemáticas
0177
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 23/08/2026
Que chulada esta edición de Frankenstein, de @airaeditorial.bsky.social, con fermosas ilustracións de @miguelrobledo.bsky.social e traducido por Samuel Solleiro. #lecturas #clasicos
000
Reposted by Paulo Glez Ogando
Los Libros de la Catarata @cataratalibros.bsky.social · 22/08/2026
'Narcogallegos. Tras los pasos de Sito Miñanco', de Víctor Méndez Sanguos. El libro blanco del narcotráfico. buff.ly/b7PTNbO
011
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 21/08/2026
📐📏 Novo reto xeométrico no blog! Un segundo problema de homotecias no que unha transformación xeométrica permite resolver unha construción dun xeito elegante e sorprendente. Lédeo en 👉 paulo.gal/un-segundo-p... #blog #matemáticas #xeometría
010
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 09/08/2026
📐 Un novo reto xeométrico no blog! Un problema de homotecias que amosa como unha boa idea pode simplificar unha construción aparentemente complexa. Lédeo en 👉 paulo.gal/un-problema-... #blog #matematicas #xeometría #homotecias
010
Reposted by Paulo Glez Ogando
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 15/07/2026
Xa podedes descargar unha colección de 19 paneis divulgativos sobre paradoxos, listos para imprimir en DIN A3. En galego! Podedes difundir... Están en 👉 paulo.gal/paneis-divul... #paradoxos #matematicas #divulgacion
054
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 15/07/2026
Xa podedes descargar unha colección de 19 paneis divulgativos sobre paradoxos, listos para imprimir en DIN A3. En galego! Podedes difundir... Están en 👉 paulo.gal/paneis-divul... #paradoxos #matematicas #divulgacion
054
Reposted by Paulo Glez Ogando
Cibrán @cartaxeometrica.bsky.social · 28/06/2026
Lendo o libro "Beutiful Mathematics" de Martin Erickson reparei nunha fórmula que relaciona π coa sucesión de Fibonacci. Iso fíxome lembrar algo que tiña a medio escribir desde hai tempo... velaí matemáticas bonitas retallosdematematicas.blogspot.com/2026/06/a-fo...
retallosdematematicas.blogspot.com
A fórmula de Lehmer
De revisarmos as etiquetas das entradas deste blogue, comprobariamos que hai moitas con referencias ao número aúreo ou á sucesión de Fibonac...
012
Reposted by Paulo Glez Ogando
Los Libros de la Catarata @cataratalibros.bsky.social · 24/06/2026
La relación del deporte con las matemáticas como herramienta educativa para la enseñanza de estas últimas en el aula: 'Matemáticas y deporte', de Paulo González Ogando @compaseregra.bsky.social. #ColecciónMiradasMatemáticas en coedición con @fespm.bsky.social buff.ly/4hraq7q
033
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 13/06/2026
🗺️⚡ Nova publicación no blog. O algoritmo de Dijkstra permite atopar os camiños máis curtos nunha rede e está detrás de moitos sistemas de navegación actuais. Lédeo en 👉 paulo.gal/o-algoritmo-... #blog #algoritmos #teoríadegrafos
010
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 09/06/2026
Igual xa coñecedes os vídeos sobre matemáticas que está a sacar Pablo Reboleiro Rama... pero se aínda non botastes un ollo, bulide, que están moi ben!! www.youtube.com/@pr2asmatesm...
youtube.com
pr2 (mates molan) galego
044
Reposted by Paulo Glez Ogando
jjcanido @jjcanido.bsky.social · 24/05/2026
Ah, que non compartira a entrada de Ogan da semana pasada paulo.gal/o-paradoxo-d...
paulo.gal
O paradoxo da amizade
O paradoxo da amizade di que as túas amizades teñen, en media, máis amizades que as que tes ti.
031
Reposted by Paulo Glez Ogando
Los Libros de la Catarata @cataratalibros.bsky.social · 18/05/2026
La relación del deporte con las matemáticas como herramienta educativa para la enseñanza de estas últimas en el aula: 'Matemáticas y deporte', de Paulo González Ogando @compaseregra.bsky.social. #ColecciónMiradasMatemáticas en coedición con @fespm.bsky.social buff.ly/4hraq7q
012
Paulo Glez Ogando @compaseregra.bsky.social · 16/05/2026
🧠👥 Nova publicación no blog O paradoxo da amizade afirma que, de media, as túas amizades teñen máis amizades ca ti. Como pode ser posible?: a explicación está na teoría de grafos. Lédeo en 👉 paulo.gal/o-paradoxo-d... #blog #matemáticas #grafos
000