Sign in

Catro Ventos Editora

@catroventos.gal
74 followers 97 following 69 posts

Libros que respiran liberdade, coidado e lingua Libros sen présa Libros que duran

PostsRepliesMedia
Reposted by Catro Ventos Editora
Praza Pública @praza.gal · 31/08/2026
📚☀️ Unha ducia de libros para despedir o verán @xerais.bsky.social @galaxiaeditorial.bsky.social @catroventos.gal @alvarellos.bsky.social @sushibooks.bsky.social @fabulatorio.bsky.social
praza.gal
Unha ducia de libros para despedir o verán de 2026 - Praza Pública
A chuvia nos está a acompañar nestes derradeiros días de agosto, por se alguén precisa de escusas para buscar novas lecturas. As feiras do libro van rematando e aínda queda tempo de verán, a pesar de ...
0159
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 14/08/2026
O libro fala “do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. 19 voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de sexo, de soidade, de saúde mental e física, de desexo e de mirada.”
000
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 14/08/2026
Dos quilos de miradas, insultos, desprezo. De non entrar no patrón nin nas camisetas mesmo dos teus grupos feministas. Do dereito a ser desexada e desexar. Disto e máis fala Andrea Nunes Brións en “Razóns de peso”. 👉 Podes conseguilo en catroventos.gal/produto/razo... ou librarías.
“Mírasme,  
porque me expando,  
porque camiño segura.

Pero non é fácil  
é porque me digo  
«levanta a cabeza, anda,  
que non se che noten os quilos  
de miradas»

e dígome  
«levanta a cabeza, anda,  
que non se che noten os quilos  
de insultos que levas enriba».”“Déixame que che bique na suavidade das túas lorzas,  
nas pregaduras,  
nas estrías,  
nos camiños que se expanden  
polos sucos da túa carne.

Nos quilos de beleza que levas enriba  
nos quilos de serenidade construídos  
nos quilos de amor que tes dentro  
nos quilos de aprendizaxe e colectividade  
nos quilos de transfeminismo  
nos quilos de vontade e desexo  
e quilos e máis quilos e máis quilos de  
serenidade,  
amizade e amor  
esmagando ao teu paso  
todo o feo  
o inxusto  
o violento.”
100
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 13/08/2026
O libro fala “do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. 19 voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de sexo, de soidade, de saúde mental e física, de desexo e de mirada.”
000
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 13/08/2026
As opresións que frean a escrita. A creación doutros espazos, a representación de subir a un escenario. A música de Sacha na horta e o gozo colectivo. Disto e máis fala Andrea Rico Adega en “Razóns de peso”. 👉 Podes conseguilo en catroventos.gal/produto/razo... ou librarías.
“Nalgún momento o feito de ver o meu corpo chantado nun palco, movéndose libre e gozando profundamente, chamou a atención doutras, fixo tamén gozar. Unha muller gorda expóndose ante outras choutando, suando, contorsionándose, derreténdose e, ademais, desinhibida e feliz. Que cousa! Que movida! Que raro, que tola, que noxo, que flipada, que atrevida, que valente!““Subir a un palco, mostrarse publicamente, partillar quen es. Ocupar espazos, (ex)pór o corpo, deixarse ver. Accións máis ou menos cotiás que, ao tempo, posibilitan ter referentes e ampliar os marcos das representacións sociais que nos apoian na construción de imaxinarios e realidades alternativas, máis xustas e desexábeis. Tamén o é transgredir a norma e se, como neste caso, é dende o pracer, precisamos facelo aínda máis e con maior convicción do que nos achega e achega ao mundo.“
100
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 12/08/2026
O libro fala “do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. 19 voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de sexo, de soidade, de saúde mental e física, de desexo e de mirada.”
000
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 12/08/2026
A delgadeza dos 2000 e as dietas da infancia. A moda, política, que exclúe o que sae da norma. A imposición de ser valente. A representación e a resistencia. Disto e máis fala Vanessa Glemsel en “Razóns de peso”. 👉 Podes conseguilo en catroventos.gal/produto/razo... ou librarías.
“Sempre adorei as baleas e odiei as matemáticas, quizais porque elas marcaron a cifra na que deixei de ser persoa. Entón tocoume entender un mundo medido en estreiteces, un sistema de cintas métricas e calorías que converteu o meu corpo nun campo de batalla sen fin. Un cúmulo de sistemas e células cheo de patoloxías con nomes recargados, un estado imperfecto do ser. No fondo, todo aquilo só quería dicir «adelgaza, puta vaca! Así non te queremos, así non nos serves».““A moda, entón, móstrase como un campo de batalla onde a identidade está profundamente marcada pola pertenza a un determinado estrato económico e social. Ata nisto a moda é política porque, máis alá de ser unha simple cuestión estética, é unha declaración sobre quen é digne de ser incluíde e de ser representade. Deste xeito, as corporalidades non normalizadas fican alleas ao mundo ordinario e limitadas baixo etiquetas como talles especiais, plus size, curvy, petit...”
100
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 10/08/2026
O libro fala “do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. 19 voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de sexo, de soidade, de saúde mental e física, de desexo e de mirada.”
000
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 10/08/2026
A lembranza do trauma nun corpo ferido. A enfermidade para a cal non hai protocolo. O corpo que se expande e a traizón de vivir contra unha mesma. O problema na mirada. Disto e máis fala Alba Cobo en “Razóns de peso”. 👉 Podes conseguilo en catroventos.gal/produto/razo.... ou librarías.
Aviso de contido: referencias a abusos sexuais

“O meu corpo non era só gordo, non era só xulgado ou ridiculizado. Era un corpo ferido. Un corpo que fora violado, traizoado, marcado sen consentimento. E, de súpeto, todo cambiou. Xa non era só que non me gustase; era que me daba noxo. Mirarme ao espello era como observar unha ruína, un lugar devastado. Sentíame habitante dun corpo alleo, dunha carne que non era miña, que non recoñecía.““Ningunha debería ter que elixir entre a súa saúde mental ou estar gorda. Ningunha debería odiar o seu corpo por sobrevivir. Ningunha debería pasar a súa vida intentando adaptarse a un sistema que a nega. E porque, ao final, sempre o soubemos, aínda que nolo quixeran ocultar: o segredo era estar xuntas.“
100
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 07/08/2026
O libro fala “do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. 19 voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de sexo, de soidade, de saúde mental e física, de desexo e de mirada.”
000
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 07/08/2026
A gordofobia, o racismo e a bifobia conectadas no sistema colonial. A litóclase como laceración ancestral. O amor condicional e a culpa, a familia, Atl. Disto e máis fala Aranxa Vicens en “Razóns de peso”. 👉 Podes conseguilo en catroventos.gal/produto/razo... ou librarías.
“É comprensible que Citlali namorara de calquera que lle prestase atención. Toda a súa vida lle ensinaran que non era suficiente, nin para ela, nin para a súa familia, nin para es súes amigues; anticipaba que as súas parellas non serían unha excepción. O único que tiña seguro é que era gorda, e por selo non merecía, non facía, non quería, non decidía, nin moito menos tiña expectativas, asumiu vehementemente que es demais sempre farían o que quixesen con ela. Verbo mata carita, pero non corpo.“"—Oxalá puideses verte cos ollos cos que te vexo —dixo Deva, mentres vía a Citlali apertarse a barriga diante do espello.

O reflexo era confuso, tiña cabeza de porco, pernas de elefante, e en vez de brazos unhas ás de bolboreta monarca abríanse e pechábanse de forma coqueta. Sabía ben que era dismorfia, pero en realidade se sentía un alebrije; non só era gorda, tamén castaña, tamén tiña trazos físicos que a facían sentir entre as gordas, a máis gorda.“
100
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 06/08/2026
O libro fala “do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. 19 voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de sexo, de soidade, de saúde mental e física, de desexo e de mirada.”
000
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 06/08/2026
As mulleres que "se abandonan" en loita constante, e a presión estética. O corpo como decisión persoal e política. Influencers, operacións, O Principiño, os escotes... Disto e máis fala María Von Touceda en “Razóns de peso” 👉 Podes conseguilo en catroventos.gal/produto/razo... ou librarías
“Se para ser muller teño que poñer unhas pestanas que non son as miñas, unhas uñas que tampouco me pertencen, uns dentes que dan grima do artificiais que son, operar os beizos, o nariz… Mudar todas as faccións da cara que herdaches e facer do rostro e do corpo algo totalmente diferente ao que vén dado… Non sei, realmente encóntraste no espello sendo quen non es?”“Vivimos nun mundo onde pasan tantas cousas horrorosas que se a única meta que tes é estar delgada isto fai de ti unha persoa totalmente disociada da realidade. Anda que non hai cousas verdadeiramente importantes para preocuparse que non sexan as túas propias chichas.

A min preocúpame non chegar a mediados de mes —porque a finais xa sería un soño— que a miña familia estea ben, que non nos coma o fascismo, que alguén free o Trump, que cesen os feminicidios, que legalicen as drogas, que triunfen a beleza e o talento…”
100
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 05/08/2026
O libro fala “do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. 19 voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de sexo, de soidade, de saúde mental e física, de desexo e de mirada.”
000
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 05/08/2026
As vidas paralelas de Ventura e Patrocinio, dúas colegas gordas antes que calquera cousa. O tamaño que fala por elus, o corpo clickbait. A disidencia conxunta e os xiros normativos. Disto e máis fala Lucía Aldao en “Razóns de peso” 👉 Podes conseguilo en catroventos.gal/produto/razo... ou librarías
“Ventura e Patrocinio eran coleguísimas, e o que tiñan de colegas tíñano tamén de gordas. Gorde ou gordo, nun dos casos, e gorda no outro, para ser exactas. Por xunto dicíanse gordas. Gordas no DNI, gordas 24/7, gordas de moitos X antes do L, gordas quixesen ou non, gordas antes que calquera outra cousa, porque calquera outra cousa estaba superada, ou aceptada, ou evolucionada, ou pasada por riba alegremente nas súas vidiñas, cheas dos atrancos típicos de calquera vida  —quizais algún máis— agás o tema de seren xente gorda. E non ía a peli sobre traumas, vergoñas, culpas ou complexos, que va, xa non.”“Incluso estando a ben cos seus corpos, camiñando polas rúas sen matar a ninguén, o seu tamaño falaba por elus todo o tempo, e vese que dicía cousas terribles sobre a súa capacidade de control, sobre a súa hixiene, sobre a súa pretensión de beleza, sobre a súa fame, saúde, inquedanzas, dereitos... todo. Un corpo gordo é un clickbait, xera unha necesidade a saciar: a de ser cruel.”
100
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 04/08/2026
O libro fala “do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. 19 voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de sexo, de soidade, de saúde mental e física, de desexo e de mirada.”
000
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 04/08/2026
A infancia entre nenas e nenos, coa asociación forzosa do adelgazamento co amor. O equilibrismo de xénero e a necesidade de mudar o corpo. As preguntas e a comunidade trans. Disto e máis fala Andre Bosque en “Razóns de peso”. 👉 Podes conseguilo en catroventos.gal/produto/razo... ou librarías.
"Aparecen a palabra e a comunidade trans. Máis alivio, máis permiso, máis alegría. Descubro a posibilidade real de facer desaparecer os meus peitos, cultivando a miña voz profunda, a barba desexada e, finalmente, acceder a ser visto como un neno. Remuíño.
Encheme de esperanza, dúbidas e recordos.
E certo que esta vez está nas miñas mans? Se cambio, poderei realmente sentirme parte, ou será a mesma sensación de ser unhe impostore que sentín cando estaba delgade?"
"O meu corpo gordo dime que cambiar nunca foi sinónimo de paz, descanso ou verdadeiro sentimento de valía.""Canto cambiou a miña vida experimentar, tan cedo e tan agudo, que é imposible sentirme viste se teño que cambiar para que me vexan. Que é imposible pertencer se teño que deixar fóra a metade de min. É imposible sentirme fermose despois de ter que disimularme. Sentirme amade despois de necesitar odiarme.
Querides neni e adolescente que viven dentro de min, estamos aprendendo a devolverlle o malestar a quen nos incomoda.
O noso peito ten aire."
110
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 03/08/2026
O libro fala “do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. 19 voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de sexo, de soidade, de saúde mental e física, de desexo e de mirada.”
000
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 03/08/2026
O desexo polos corpos monstruosos. A recuperación da fodincha gustosa nunha sauna sex positive, bollera, bibollera, trans, intersex e de persoas non binarias. Disto e mais fala Mercè Nebot Ventura en “Razóns de peso”. 👉 Podes conseguilo en catroventos.gal/produto/razo... ou librarías.
“Foi lambendo outro corpo  
a rugosidade da enorme cicatriz  
enriba da teta  
ese outro cu enorme  
aquela mamila tamaño Chupa Chups

será desexo?  
será desexo por eses corpos monstruosos?  
lambería as túas estrías  
pero sempre fun da moral absurda de non foder coas amigas”“Ser gorda como unha bendición para ver a vida desde a barreira e enriquecerme con iso e non como unha debilidade, como estaba afeita na adolescencia. A comunidade levoume a gozar da miña experiencia, do fracaso do meu corpo xorde a necesidade de reflexionar sobre o mesmo, as súas vivencias, as súas derrotas e os camiños ao pracer.”
110
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 01/08/2026
O libro fala “do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. 19 voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de sexo, de soidade, de saúde mental e física, de desexo e de mirada.”
010
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 01/08/2026
O ex que te deixa por gorda. A nai e a avoa que ensinan a odiar, porque a elas tamén llelo ensinaron. Betty a gorda. O amor entre iguais que ensina amor propio. Disto e mais fala Angelly (Angy) Ferreiro Silva en “Razóns de peso”. 👉 Podes conseguilo en catroventos.gal/produto/razo... ou librarías.
“Disciplineime no odio,  
tal e como me ensinastes.  
Cada día, dieta tras dieta,  
esforzábame por desaparecer.

Mamá, avoa,  
descúlpome por seguir ese legado.  
Por crer que o voso amor tamén era castigo,  
que para pertencer había que doer.

Pero tamén me desculpo comigo,  
por cada vez que me pedín perdón  
e non mo concedín.““Mírome en ti, na túa barriga que se move cando ris,  
nos teus brazos fortes que non temen mostrar debilidade.

E, nese reflexo,  
empezo a soltar a dureza coa que me tratei tantos anos.  
Empezo a ser máis tenra, como o son contigo.  
Porque se podo amar cada parte de ti,  
entón podo aprender a amar cada parte de min.”
111
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 31/07/2026
O libro fala “do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. 19 voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de sexo, de soidade, de saúde mental e física, de desexo e de mirada.”
000
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 31/07/2026
Os TCAs en corpos gordos. A celebración da perda de peso, a aceptación social da enfermidade por un ideal estético. Outros xeitos de achegarse á saúde alén dun número. Disto e mais fálanos Adriana Guede en “Razóns de peso”. 👉 Podes conseguilo en catroventos.gal/produto/razo... ou nas librarías
“Na miña cabeza, un corpo gordo e un trastorno da conduta alimentaria  —TCA— eran conceptos mutuamente excluíntes. A idea de que unha persoa obesa puidese ter bulimia parecía ridícula. Esa crenza, tan profundamente arraigada na miña mentalidade, fixo que aceptar o diagnóstico e iniciar un tratamento me levara máis dunha década. Aínda hoxe sinto que estou a medio camiño.”“Os corpos gordos son sistematicamente excluídos das narrativas dos TCA. Nunha cultura obsesionada coa delgadeza, as condutas asociadas aos trastornos, como o xaxún ou os vómitos, non só son toleradas en corpos gordos, senón celebradas como esforzos cara a un ideal estético. Isto non só perpetúa a enfermidade; ocúltaa.”

“Como imos recoñecer os síntomas, se son estes os que nos teñen que levar a ese inequívoco lugar ideal, o famoso talle 38? Como sermos capaces de identificar unha relación violenta coa comida se precisamente é esa relación a que nos fará chegar á aceptación e ao amor des demais?”
100
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 29/07/2026
Se queres ler mais sobre gordofobia e activismo gordo, elas tamén coordinaron a antoloxía “Razóns de peso”, con 19 voces diversas. Podes conseguila no web da Catro Ventos editora ou nas librarías 💖 catroventos.gal/produto/razo...
catroventos.gal
Catro Ventos Editora | Razóns de peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas
Libro coordinado por Andrea Nunes Brións e Leticia Castro Torres, que nos fala de peso, non do que se mide nas básculas, senón do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e ...
000
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 29/07/2026
En xuño, a revista viguesa A Movida centrouse na comunidade queer. “A gordura é cuir” foi o título co cal Andrea Nunes e Leticia Citoula escribiron un artigo para a súa sección A Tribuna 🌈 👉 Podes lelo completo en amovida.gal/revista-de-x...
A representación cuir na cultura galega segue presa dunha norma silenciosa:
a da delgadeza.Nos espazos disidentes repítense os mesmos corpos: delgados e normativos. Mais os corpos gordos rachamos algo máis fondo: o propio binarismo de xénero.Porque o desexo se constrúe desde unha idea moi concreta de corpo. A heterosexualidade é delgada. A monogamia é delgada e moitas formas de disidencia tamén.
110
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 20/07/2026
Este sábado 25X estaremos nas Xornadas Socialistas pola Autodeterminación da CMS 🕑 14:00 - 20:00 📍 Parque de Belvís, Compostela 🎟️ Entrada de balde Vinde saudar! Levaremos a nosa antoloxía “Razóns de peso” e algúns libros doutras editoras amigas ✨
25 de xullo, xornadas socialistas no parque de Belvís en Compostela. Catro Ventos estará na feira do libro entre as 14:00 e as 20:00, entrada de balde. Tamén haberá exposicións, foliada, concertos, xantar, charla e DJs
020
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 13/07/2026
O libro fala do “peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. 19 voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de sexo, de soidade, de saúde mental e física, de desexo e de mirada.”
000
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 13/07/2026
Dietas disparadoras de TCAs para nenas felices. A celebración da perda de peso, mesmo cando é unha materialización da dor. A re-aprendizaxe do amor polo corpo propio. Disto e máis fala Vanesa de Sousa en “Razóns de peso”. 👉 Telo en ebook e físico en catroventos.gal/produto/razo... e nas librarías
“Creo lembrar que a miña primeira dieta foi aos nove anos. Quedoume gravada a frase que me dixo un endócrino «Vanesa, a única comida que non engorda é a que deixas no prato». Un disparador dun trastorno de conduta alimentaria marabilloso. Dende ese momento, e durante moito tempo, crin, merquei, consumín e avalei sen dúbida a cultura da dieta, de adelgazar a base de forza de vontade, de restrinxir, de estreitar o meu corpo, a miña mente.”“Cando baixaba de peso observaba como o mundo mudaba en relación a min, reforzando, sen saber a orixe da miña delgadeza, o ben e guapa que estaba, o aspecto saudable que tiña, e preguntando cal era a fórmula máxica.

Esa suposta maxia implica renunciar a ceas e comidas familiares ou con amizades, á cervexa despois do traballo e a saír, para así estar na casa e pesar cada alimento que entra no teu corpo. Renuncia, en definitiva, a ser un ser social, a pesar de precisarmos das demais persoas para vivir, para sermos felices, para validarnos, para reforzar o noso xeito de estar no mundo con respecto aos outros.”
100
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 09/07/2026
Buscamos o teu livro! Queres publicá-lo connosco? 🫣
Queremos a tua obra inêdita em língua galega em qualquer das suas opçons ortográficasBuscamos obras de criaçom, nom de ensaio: romances, contos, poesia, banda desenhada ou outros estilos que nem imaginemosEnvia-nos sinopse, currículo e obra a propostas@catroventos.gal antes do 31 de julho
023
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 09/07/2026
Buscamos o teu libro! Queres publicalo connosco? 🫣
Queremos a túa obra inédita en lingua galega, en calquera das súas opcións ortográficasBuscamos obras de creación, non de ensaio: novelas, contos, poesía, banda deseñada ou outros estilos que nin imaxinemosEnvíanos sinopse, currículo e obra a propostas@catroventos.gal antes do 31 de xullo
122
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 06/07/2026
O libro fala do “peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. 19 voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de sexo, de soidade, de saúde mental e física, de desexo e de mirada.”
Fragmentos de cancións da Triloxía da graxa

de Areta Bolado e Ailén Kendelman na antoloxía “Razóns de peso”
000
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 06/07/2026
👉 Xa podes conseguir “Razóns de peso” tanto en ebook como formato físico a través de www.CatroVentos.Gal, ou na túa libraría máis próxima.
100
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 06/07/2026
Areta Bolado e Ailén Kendelman veñen facernos bailar coa súa Triloxía da graxa, parte do primeiro libro en galego de activismo gordo: “Razóns de peso” 🪩✨
100
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 06/07/2026
🎧 Sube o volume para escoitar as cancións do verán, onde Itziar Castro, @bobpop.bsky.social, Chelo do Rejo… SI caben! (continúa nas respostas 🧵)
120
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 05/07/2026
grazas por facervos eco!! 💖🫂🌈
000
Reposted by Catro Ventos Editora
O Salto Galiza @osaltogz.bsky.social · 05/07/2026
📖Dezanove razóns de peso para ler un libro colectivo contra a gordofobia Por @javierhrguez.bsky.social  osalto.gal/culturas/vinte-razons-pe…
2116
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 02/07/2026
Vémonos este domingo 5 de xullo, ás 12:00, na Feira do libro de Vigo! 💖 As coordinadoras, Andrea Nunes e Leticia Citoula, estarán asinando o libro “Razóns de peso” na caseta da libraría Lila de Lilith.
Cartaz da sinatura de Razóns de peso na feira do libro de vigo. Vai ser o domingo 5 de xullo ás 12:00 na caseta da libraría Lila de Lilith, a número 1. Estarán as coordinadoras: Andrea Nunes e Leticia Citoula.
000
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 16/06/2026
O libro fala “do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. 19 voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de sexo, de soidade, de saúde mental e física, de desexo e de mirada.”
010
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 16/06/2026
O corpo gordo como invisíbel, mais ocupando moito espazo. O bikini como resistencia. O desexo como suxeito. A autoestima coa vulnerabilidade e o ativismo. Disto e máis fálanos Violeta Maroto en “Razóns de peso”. 👉 Xa podes conseguilo como ebook e físico en www.CatroVentos.Gal, ou nas librarías
"A miña identidade constrúese máis como gorde que como muller, xa que o corpo gordo non recibe os mesmos ditados de xénero. Unha persoa gorda non cadra no parámetro da feminidade, polo menos non da imperante. Queda fóra do desexo, fóra da ollada masculina ao deixar de ser obxecto. Os corpos gordos, ao non encaixar, non se rexen polo ditado do que socialmente significa ser muller.""Fun a amiga da guapa. Fun e son moitas veces a gorda da festa. Non fun consciente do meu propio pracer e capacidade de decidir até que comprendin que non se trataba de subir a trens alleos, senón de mudar quen nos mira. Decidín desbotar a ollada masculina do desexo, e buscalo internamente. Este proceso foi unha criba de como quería relacionarme. Con todo, ás veces sinto que quero renunciar do desexo, porque todo está atravesado pola normatividade, pero, si, hai un lugar para os corpos gordos."
101
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 12/06/2026
Os textos do libro “Razóns de peso” son de 19 autorías diferentes. Foron escritos de xeito independente, sen guía. Aínda así, hai moitos fíos e palabras que os conectan 🕵️ O e-book está disponíbel en: catroventos.gal/produto/razo...
000
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 10/06/2026
🗯️ “Todos os corpos son dignos de ser vividos plenamente” 🌈 E o activismo gordo merece chegar á radio, aos libros e a todos os recunchos. Este é un fragmento da entrevista a Leticia Citoula e Andrea Nunes no Diario Cultural da Radio Galega.
040
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 05/06/2026
O libro fala “do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. 19 voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de sexo, de soidade, de saúde mental e física, de desexo e de mirada.”
000
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 05/06/2026
👉 Xa podes conseguilo tanto en ebook como formato físico a través de catroventos.gal/produto/razo..., ou na túa libraría máis próxima
catroventos.gal
Catro Ventos Editora | Razóns de peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas
Libro coordinado por Andrea Nunes Brións e Leticia Castro Torres, que nos fala de peso, non do que se mide nas básculas, senón do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e ...
100
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 05/06/2026
O IMC como sentenza arbitraria para a maternidade e o Ozempic como pretendido milagre. As fotos onde apareces tapada, metendo barriga. Mais tamén os festivais gordos e o transfeminismo. ✨ Disto e máis fala Leticia Citoula en “Razóns de peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas”
O feito de ser gorde ten que ser un proceso transitorio, algo que se debe modificar con urxencia e ao prezo que for. Porque que importa a nosa saúde, que importan os motivos. Sexa porque estás cunha angustia terrible para pagar o alugueiro, que non para de subir, ou recibindo tratamento oncolóxico ou facendo dó pola morte dunha amiga ou familiar, sexa polo que sexa, o único que importa é que esteas delgada.Existe unha infinidade de estruturas públicas e privadas nas cales a cruzada contra a persoas gordas é declarada: a federación mundial da obesidade, a alianza de cidades contra a obesidade, o Plan de Obesidade Zero “en Galiza, e moitas máis. Non hai, pola contra, unha mirada ampla e integral na saúde da sociedade. Sen ir máis lonxe, no noso país son exemplos: o desmantelamento do sector primario e sostible, a precarización dos menús dos comedores escolares, a ausencia de espazos verdes e saudables, a privatización do sistema galego de saúde, por non nomear o abandono de especialidades tan fundamentais como a saúde mental.

Cita de Leticia Citoula en Razóns de peso
100
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 02/06/2026
Este vídeo foi gravado na presentación da Lila de Lilith, en Compostela. Elas formaron parte do micromecenado que permitiu esta publicación 💖
010
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 02/06/2026
👉 “Razóns de peso” xa está dispoñíbel nas librarías e en catroventos.gal/produto/razo... Unha obra coral que mestura poesía, narrativa, ensaio, fotografía, collage e música para denunciar violencias, desbordar normas e construír comunidade desde a incomodidade compartida.
catroventos.gal
Catro Ventos Editora | Razóns de peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas
Libro coordinado por Andrea Nunes Brións e Leticia Castro Torres, que nos fala de peso, non do que se mide nas básculas, senón do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e ...
110
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 02/06/2026
Para denunciar a gordofobia e para buscar outras formas de habitar o corpo alén dela, Andrea Nunes e Leticia Citoula reúnen 19 autorías diversas no libro “Razóns de peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas”. É a primeira antoloxía de activismo gordo en galego.
110
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 02/06/2026
🥵 Desexaches un corpo gordo algunha vez? Se non o fixeches, pode que che sexa útil aprender sobre a gordofobia. Porque o desexo tamén é político.
141
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 29/05/2026
Hai uns días, Andrea Nunes deu esta entrevista en El Correo Gallego e presentamos “Razóns de peso” na libraría Lila de Lilith! 🌈 Queremos unirnos na reivindicación da representación digna e do desexo. Tamén felicitala por ese premio Follas Novas 💖 www.elcorreogallego.es/santiago/202...
elcorreogallego.es
Andrea Nunes Brións: «A gordofobia é unha cuestión política e social»
Andrea Nunes Brións presenta na Lila ‘Razón de peso’, a poucos días de publicar ‘Begoñísima’ e de recoller o Premio Follas Novas por ‘Mapa da estría’
010
Catro Ventos Editora @catroventos.gal · 26/05/2026
Razóns de peso é un libro que fala “do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. Dezanove voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar.”
030