nosdiario.gal
Fátima Pego, artista: "A música en galego pode 'reenganchar' á mocidade"
Fátima Pego (Brión, 1986) é reporteira en programas como Hora Galega (TVG), artista e creadora de contido en galego. Foi desde os 18 anos cantante de verbenas, mais este ano puxo fin á súa longa traxectoria coa orquestra Panorama. Agora a súa carreira musical segue en solitario, con proxectos a futuro xa en proceso.