Sign in

iiinova is part of the Atmosphere — an open, public network where you own your identity.

Rosa Crujeiras

@rosacrujeiras.gal
271 followers 247 following 294 posts

Reitora da Universidade de Santiago de Compostela e catedrática de Estatística e Investigación Operativa.

PostsRepliesMedia
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 19/10/2026
Foi un pracer recibir e conversar con Ciro Murayama, representante en España da UNAM, sobre as oportunidades de colaboración entre as nosas institucións.
110 1
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 06/10/2026
Unha boa oportunidade para achegar os nosos libros, compartir coñecemento e celebrar a cultura galega. Ediccións USC tamén está na SELIC!
082 8
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 06/10/2026
Unha obra que retrata a vida cotiá dos estudantes e experiencias que seguen sendo universais: chegar a unha nova cidade nova, facer amizades, descubrir, aprender e comezar un futuro. “La Casa de la Troya” xa forma parte da memoria sentimental de Compostela e tamén da memoria da nosa Universidade.
010 1
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 24/09/2026
Parabéns a Carlos Toural pola súa toma de posesión como decano da Facultade de Ciencias da Comunicación. Grazas a Ana Isabel Rodríguez polo seu compromiso e dedicación. Comeza unha nova etapa para seguir coidando, transformando e facendo medrar a FaCom.
010 1
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 17/09/2026
Hoxe miro atrás, á nosa historia, para tomar perspectiva, comprender o presente e seguir construíndo o futuro. Comeza un novo curso. Seguimos facendo historia.
010 1
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 17/09/2026
As primeiras veces importan. Porque nos lembran que o posible acontece. Un momento especial para a institución: en máis de cinco séculos de historia, é a primeira vez que unha muller pronuncia aquí as palabras de apertura dun curso.
120 2
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 17/09/2026
Hoxe acompañei a Josefa Salgado Carballo na súa toma de posesión como nova decana da Facultade de Física. 🔬 Unha nova etapa para seguir facendo medrar a Facultade, atraer talento feminino e impulsar a ciencia. Parabéns e moitos éxitos, Josefa!
000 0
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 12/09/2026
As universidades somos lugares de formación cidadá e de defensa dos valores democráticos. Por iso, a memoria democrática forma parte da nosa propia misión institucional.
110 1
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 11/09/2026
Preparadas para a apertura do curso académico 2026/2027 🎓
000 0
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 10/09/2026
Parabéns a Carlos Amiama pola súa toma de posesión como director da EPSE. Deséxolle moitos éxitos nesta nova etapa, chea de retos e oportunidades para seguir fortalecendo a escola e o Campus Terra. Grazas tamén a Rosa Romero polo seu traballo.
000 0
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 09/09/2026
Seguiremos traballando para facer realidade a reforma integral do Colexio Maior Sanclemente. É fundamental o compromiso de todas as institucións para incrementar o investimento en infraestruturas e garantir a protección e conservación do noso patrimonio.
110 1
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 09/09/2026
A USC e Lactalis impulsamos unha Cátedra para acelerar a innovación e a transformación do sector gandeiro galego.
000 0
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 07/09/2026
ESTAMOS DE VOLTA
041 4
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 06/09/2026
Estiven a vivir en Aveiro unha edición moi especial: 118 estudantes investigando e aprendendo, combinando ciencia, arte, tecnoloxía e acción climática 🌍 O máis bonito? Ver como antigos participantes regresan agora como formadores e comprobar que aquela aprendizaxe segue medrando.
120 2
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 30/07/2026
Coñecer de primeira man experiencias como a de FINSA permítenos reforzar a colaboración entre a universidade e o tecido empresarial para impulsar a innovación, a transferencia de coñecemento e a sustentabilidade.
100 1
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 26/06/2026
Foi un pracer inmenso coincidir con Carmen García e Ricardo Cao na Coruña, no marco da Conferencia de Reitores do Suroeste Europeo. Máis alá das axendas e das formalidades, hoxe sentín o pulso forte dunha Galicia universitaria que quere ser protagonista no panorama europeo.
130 3
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 02/06/2026
Hoxe, milleiros de estudantes galegos e galegas comezan a PAU, unha proba que supón moito máis que un exame: é o inicio do camiño cara aos seus soños académicos e profesionais. #UniversidadeUSC #AUSCnótase
100 1
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 30/05/2026
Quero parabenizar ao compañeiro Ramón Villares, como a Hugo Vázquez e Ignacio Balboa, polo recoñecemento de seren fillos adoptivos do Concello de Teo. Tamén unha merecida Mención de Honra ao Colectivo A Rula, polo seu labor na defensa da arte rupestre.
010 1
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 29/05/2026
Tiven o privilexio de compartir tarde e reflexións con tres mulleres que, desde distintos eidos, están a construír realmente camiños cara á igualdade.
100 1
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 27/05/2026
Parabéns a Dolores Vilavedra pola súa elección como nova presidenta do @consellocultura.bsky.social. Asume esta responsabilidade tras unha ampla traxectoria, relevando a Rosario Álvarez, a quen cómpre agradecer o seu compromiso e o traballo desenvolvido ao longo destes anos á fronte do CCG.
141 4
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 12/05/2026
O 12 de maio celebramos o Día Internacional da Muller nas Matemáticas, en homenaxe ao nacemento de Maryam Mirzakhani, a única muller galardoada coa Medalla Fields, o máximo recoñecemento nas matemáticas.
221 2
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 03/05/2026
Despedimos con fondo pesar a Fernando Cabeza. O seu labor incansable no estudo e divulgación da toponimia galega deixa unha pegada inmensa na cultura do país. O meu máis sentido pésame á súa familia, amizades e a todas as persoas que compartiron con el camiño e afectos. 📷 Real Academia Galega
020 2
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 08/04/2026
No Salón Nobre do Colexio de Fonseca terá lugar o acto da miña toma de posesión como Reitora da Universidade de Santiago de Compostela, acompañada do meu equipo de goberno. O evento celebrarase o día 10 de abril de 2026 ás 11:30h. 🔗 www.youtube.com/live/KfxZD1AB1jg
081 8
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 27/03/2026
Na Asemblea Xeral da CRUE, traballando xunto a grandes referentes do sistema universitario. Acompáñanme na foto Antonio López (USC), Amparo Navarro (Universidade de Alicante) e Carmen Vargas (Universidade de Sevilla). O futuro da educación constrúese en equipo.
010 1
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 26/03/2026
Sen planificación, non hai futuro. Saber en que áreas necesitamos persoal, onde é clave formar máis e como reter talento nun contexto no que o mercado laboral compite coa carreira académica. Na USC o reto é claro: máis planificación e máis oportunidades para a carreira investigadora.
000 0
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 25/03/2026
Participar na mesa redonda do 8M ‘Mulleres rompendo o teito de cristal’: pasar do simbolismo á acción, afianzar estruturas para ocupar espazos de responsabilidade sendo moitas e diversas, e combater as novas formas de machismo. Grazas á organización e a todas as persoas que acudiron.
000 0
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 23/03/2026
Estas son as prioridades da nova reitora da USC. Rosa Crujeiras, primeira reitora en 531 anos, xa ten a súa folla de ruta: “Un proxecto de comunidade, de unidade e de consenso” 🔗 www.europapress.es/galego/notic...
120 2
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 20/03/2026
Hai que garantir que o galego poida empregarse na docencia e na investigación 👅🩵 Rescatamos este vídeo que fixemos para o Servizo de Normalización Lingüística da USC.
000 0
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 18/03/2026
Volvendo ás clases por uns días.
020 2
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 16/03/2026
Ser a primeira reitora da USC implica algo máis que ocupar un cargo: implica abrir camiño para que moitas outras cheguen despois. A universidade que queremos constrúese con igualdade, coñecemento e compromiso.
041 4
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 15/03/2026
Batimos récord de participación! O estudantado demostrou nestas eleccións o comprometido que está coa súa universidade e co futuro do público. Traballarei para que sintades que contamos con vós e para que sexades parte do futuro da USC.
011 1
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 14/03/2026
O 14 de marzo celebramos o Día Internacional das Matemáticas, promovido pola UNESCO. O lema de 2026, “Matemáticas e esperanza”, lembra que as matemáticas axudan a comprender mellor o mundo e a buscar solucións para un futuro máis xusto. A data coincide co día do Número π (3,14).
020 2
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 13/03/2026
Moitísimas grazas a todas as persoas que vos achegastes este mércores pola facultade de Matemáticas para celebrar comigo o resultado das eleccións. Grazas por todas as sorpresas e a esperanza que tíñades posta nese día.
041 4
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 13/03/2026
Reunirme coa comunidade universitaria nestas semanas foi moi enriquecedor. Escoitar as súas propostas é clave para comezar esta nova etapa. Como dixen nas xuntanzas, volver visitar os centros será unha prioridade para seguir escoitando e traballando xuntas e xuntos.
063 6
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 12/03/2026
Sinto unha emoción difícil de explicar. Síntome inmensamente feliz e agradecida por todo o apoio e o cariño recibidos. #EuConRosa
051 5
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 11/03/2026
Grazas de corazón á toda a comunidade da Universidade de Santiago de Compostela pola confianza. Asumo a reitoría con responsabilidade, ilusión e o compromiso de traballar por unha universidade pública aberta, rigorosa e ao servizo da sociedade.
162 6
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 11/03/2026
Acompáñame no seguimento dos resultados electorais desta segunda e última volta. ⏰ A partir das 18:00H 📌 Sala de Xuntas (Facultade de Matemáticas) #ElecciónsUSC
020 2
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 10/03/2026
Hoxe participei no taller “Xogando coa probabilidade” dentro do programa “Unha Enxeñeira ou Científica en cada Cole”, impulsado pola USC e o Concello de Santiago de Compostela, no CEIP Pío XII.
140 4
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 09/03/2026
Quero expresar o meu máis sincero agradecemento a todas as persoas que vos achegastes, que enviastes mensaxes de ánimo, confianza e palabras xenerosas ao longo de toda esta campaña electoral. Cada conversa, cada xesto e cada mostra de complicidade foron fundamentais e profundamente emocionantes.
130 3
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 09/03/2026
🗳 VOTA ROSA CRUJEIRAS Queremos unha universidade pública, forte e comprometida coa sociedade. Unha universidade que defenda a igualdade, a xustiza, o feminismo, a liberdade e a dignidade.
140 4
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 09/03/2026
Seguen chegando fotos de apoio co #EuConRosa  Grazas! Agora fagámolo posible, votando o 11 de marzo #VotaRosa    #ElecciónsUSC
031 3
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 09/03/2026
Non responder ás provocacións dirixidas cara a min ou cara ao meu equipo non é un signo de debilidade, nin de inseguridade, nin de falta de liderado. Ao contrario: é o resultado dunha convicción profunda de que non todo vale. #ElecciónsUSC #EuConRosa #VotaRosa
041 4
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 09/03/2026
Todos os apoios son necesarios para cambiar a nosa universidade. Este mércores fagamos posible ese cambio #VotaRosa #ElecciónsUSC #EuConRosa
020 2
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 09/03/2026
Estivemos mantendo xuntanza que non son as últimas dunha campaña, senón que son as primeiras dunha nova etapa na USC. #ElecciónsUSC #EuConRosa #VotaRosa
031 3
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 09/03/2026
Finalizamos todas as visitas a centros que estaban programas nesta segunda volta. Comenteino en cada xuntanza que tivemos que estas visitas non serán as últimas se saio reitoria. Asegúrovos que pasado o mércores, voltarei por cada centro para seguir traballando. #ElecciónsUSC #EuConRosa #VotaRosa
021 2
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 09/03/2026
A nosa Universidade esconde tesouros como a Biblioteca de América. Un patrimonio que debemos aproveitar e compartir co mundo. #ElecciónsUSC #EuConRosa #VotaRosa
031 3
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 09/03/2026
Grazas de todo corazón a todas as persoas que participastes activamente nesta campaña apoiando a miña candidatura para ser a próxima reitora. Levo comigo os sorrisos, as conversas e os bos momentos que compartimos ao longo destas semanas. Imos a por todas! #VotaRosa #ElecciónsUSC #EuConRosa
020 2
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 09/03/2026
Quero unha universidade que escoite, que implique e que conte con toda a comunidade universitaria. Cremos nun goberno participativo e aberto.   Se ti tamén, pídoche o teu voto para seguir construíndoo xuntas e xuntos #VotaRosa 🗳️
021 2
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 08/03/2026
No Día Internacional da Muller, 8 de marzo, saímos ás rúas para defender algo esencial: a igualdade real. Manifestarse este día é lembrar que aínda existen desigualdades, violencia e discriminación que deben desaparecer.
020 2
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 08/03/2026
Facernos a vida máis fácil. Iso é o que debe facer a Universidade polas persoas que traballan nela. #ElecciónsUSC #EuConRosa #VotaRosa
020 2