Sign in

Rosa Crujeiras

@rosacrujeiras.gal
264 followers 247 following 290 posts

Reitora da Universidade de Santiago de Compostela e catedrática de Estatística e Investigación Operativa.

PostsRepliesMedia
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 24/09/2026
Parabéns a Carlos Toural pola súa toma de posesión como decano da Facultade de Ciencias da Comunicación. Grazas a Ana Isabel Rodríguez polo seu compromiso e dedicación. Comeza unha nova etapa para seguir coidando, transformando e facendo medrar a FaCom.
000
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 17/09/2026
As primeiras veces importan. Porque nos lembran que o posible acontece. Un momento especial para a institución: en máis de cinco séculos de historia, é a primeira vez que unha muller pronuncia aquí as palabras de apertura dun curso.
120
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 17/09/2026
Hoxe acompañei a Josefa Salgado Carballo na súa toma de posesión como nova decana da Facultade de Física. 🔬 Unha nova etapa para seguir facendo medrar a Facultade, atraer talento feminino e impulsar a ciencia. Parabéns e moitos éxitos, Josefa!
000
Reposted by Rosa Crujeiras
Universidade de Santiago de Compostela @usc.gal · 16/09/2026
👨‍🏫 Antón Santamarina recolleu este mércores o IX Premio Luís Porteiro Garea. A USC concedeulle o galardón por ser “unha das figuras máis destacadas da lingüística galega”. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/novas/anton-s…
001
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 12/09/2026
As universidades somos lugares de formación cidadá e de defensa dos valores democráticos. Por iso, a memoria democrática forma parte da nosa propia misión institucional.
110
Reposted by Rosa Crujeiras
Universidade de Santiago de Compostela @usc.gal · 11/09/2026
👩‍🎓 @rosacrujeiras.gal: “Esta é unha etapa para reivindicar o espazo, o tempo e a voz da nosa Universidade”. A reitora da USC presidiu o acto académico da solemne apertura do curso 2026-2027.  🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/novas/rosa-cr…
011
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 11/09/2026
Preparadas para a apertura do curso académico 2026/2027 🎓
000
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 10/09/2026
Parabéns a Carlos Amiama pola súa toma de posesión como director da EPSE. Deséxolle moitos éxitos nesta nova etapa, chea de retos e oportunidades para seguir fortalecendo a escola e o Campus Terra. Grazas tamén a Rosa Romero polo seu traballo.
000
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 09/09/2026
Seguiremos traballando para facer realidade a reforma integral do Colexio Maior Sanclemente. É fundamental o compromiso de todas as institucións para incrementar o investimento en infraestruturas e garantir a protección e conservación do noso patrimonio.
110
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 09/09/2026
A USC e Lactalis impulsamos unha Cátedra para acelerar a innovación e a transformación do sector gandeiro galego.
000
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 07/09/2026
ESTAMOS DE VOLTA
041
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 06/09/2026
Estiven a vivir en Aveiro unha edición moi especial: 118 estudantes investigando e aprendendo, combinando ciencia, arte, tecnoloxía e acción climática 🌍 O máis bonito? Ver como antigos participantes regresan agora como formadores e comprobar que aquela aprendizaxe segue medrando.
120
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 25/08/2026
Alégrame moitísimo deste resultado e sobre todo, o gran traballo realizado polos compañeiros do @citmaga.bsky.social. É un orgullo para a nosa Universidade ter unha investigación de vangarda que contribúe a ampliar os límites do coñecemento. Parabéns por este gran logro, Alberto e Gonzalo.
031
Reposted by Rosa Crujeiras
Universidade de Santiago de Compostela @usc.gal · 24/08/2026
Non é só comezar unha carreira. É atopar o teu lugar. A USC está máis que lista para recibirte:  📚 Calidade académica. 🤝 Unha comunidade que te acolle dende o minuto un.  🏙️ Campus únicos cheos de vida universitaria. Prepárate para a mellor experiencia da túa vida.
011
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 31/07/2026
Parabéns a Carmen Alvarez-Lorenzo e Angel Carracedo polo merecido recoñecemento cos Premios Nacionais de Investigación 2026. Un orgullo para a Universidade de Santiago de Compostela e unha mostra da excelencia científica que se desenvolve na nosa universidade.
152
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 30/07/2026
Coñecer de primeira man experiencias como a de FINSA permítenos reforzar a colaboración entre a universidade e o tecido empresarial para impulsar a innovación, a transferencia de coñecemento e a sustentabilidade.
100
Reposted by Rosa Crujeiras
Universidade de Santiago de Compostela @usc.gal · 05/06/2026
Porque a casa non é sempre o lugar onde naces; ás veces, é o lugar onde medras, onde atopas a túa voz e onde decides quen queres ser. E iso... vaia se se nota. A USC...nótase. 🤙 Agardámoste! #Universidade #UniversidadeUSC #AUSCNÓTASE
075
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 26/06/2026
Foi un pracer inmenso coincidir con Carmen García e Ricardo Cao na Coruña, no marco da Conferencia de Reitores do Suroeste Europeo. Máis alá das axendas e das formalidades, hoxe sentín o pulso forte dunha Galicia universitaria que quere ser protagonista no panorama europeo.
130
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 02/06/2026
Hoxe, milleiros de estudantes galegos e galegas comezan a PAU, unha proba que supón moito máis que un exame: é o inicio do camiño cara aos seus soños académicos e profesionais. #UniversidadeUSC #AUSCnótase
100
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 30/05/2026
Quero parabenizar ao compañeiro Ramón Villares, como a Hugo Vázquez e Ignacio Balboa, polo recoñecemento de seren fillos adoptivos do Concello de Teo. Tamén unha merecida Mención de Honra ao Colectivo A Rula, polo seu labor na defensa da arte rupestre.
010
Reposted by Rosa Crujeiras
Universidade de Santiago de Compostela @usc.gal · 28/05/2026
🍃 A reitora @rosacrujeiras.gal inaugurou o Foro Territorio Rural Resiliente, “un espazo de encontro, reflexión e proposta que nace coa vontade de pensar Galicia desde o territorio”, afirmou. O foro conta coa participación do @laborateusc.bsky.social 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
011
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 29/05/2026
Tiven o privilexio de compartir tarde e reflexións con tres mulleres que, desde distintos eidos, están a construír realmente camiños cara á igualdade.
100
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 27/05/2026
Parabéns a Dolores Vilavedra pola súa elección como nova presidenta do @consellocultura.bsky.social. Asume esta responsabilidade tras unha ampla traxectoria, relevando a Rosario Álvarez, a quen cómpre agradecer o seu compromiso e o traballo desenvolvido ao longo destes anos á fronte do CCG.
141
Reposted by Rosa Crujeiras
Universidade de Santiago de Compostela @usc.gal · 27/05/2026
🤝 A reitora @rosacrujeiras.gal e a alcaldesa do @concellosantiago.bsky.social @goretesrei.bsky.social mantiveron a súa primeira reunión de traballo. Canda os seus equipos, abordaron as cuestións que ambas as institucións teñen en común. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
021
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 12/05/2026
O 12 de maio celebramos o Día Internacional da Muller nas Matemáticas, en homenaxe ao nacemento de Maryam Mirzakhani, a única muller galardoada coa Medalla Fields, o máximo recoñecemento nas matemáticas.
221
Reposted by Rosa Crujeiras
CiQUS @ciqus.bsky.social · 07/05/2026
🏅 ¡El CiQUS obtiene el sello de 𝗨𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱 𝗱𝗲 𝗘𝘅𝗰𝗲𝗹𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗠𝗮𝗿í𝗮 𝗱𝗲 𝗠𝗮𝗲𝘇𝘁𝘂! La resolución provisional, publicada hoy por el Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, incorpora al #CiQUS a la red estatal de unidades y centros de excelencia científica. #FondosEuropeos #RedeCIGUS
1114
Reposted by Rosa Crujeiras
Universidade de Santiago de Compostela @usc.gal · 28/04/2026
🔝 O Pazo de Montenegro recupera “a súa función como lugar vivo, útil e plenamente integrado na vida da cidade” Volve ser sede das vicerreitorías de Coordinación do Campus de Lugo e de Cultura, Lingua e Patrimonio, tal e como explicou a reitora @rosacrujeiras.gal 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
041
Reposted by Rosa Crujeiras
Universidade de Santiago de Compostela @usc.gal · 06/05/2026
🤝 A reitora @rosacrujeiras.gal afianza a cooperación institucional da @usc.gal Este mércores mantivo unha xuntanza co delegado do Goberno en Galicia e coa alcaldesa do @concellosantiago.bsky.social 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
011
Reposted by Rosa Crujeiras
Concello de Santiago @concellosantiago.bsky.social · 06/05/2026
O Pazo de Raxoi recibiu hoxe a visita da nova reitora da @usc.gal @rosacrujeiras.gal . A alcaldesa @goretesrei.bsky.social salienta como a colaboración Universidade-Concello continúa ante os retos e oportunidades compartidas. +info: i.gal/ywh0c
043
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 08/05/2026
O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) acaba de ser distinguido como Unidade de Excelencia María de Maeztu polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
usc.gal
O CiQUS obtén o selo de Unidade de Excelencia María de Maeztu | Universidade de Santiago de Compostela
O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materialis Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acaba de ser distinguido como Unidade de Excelencia María de Ma...
110
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 03/05/2026
Despedimos con fondo pesar a Fernando Cabeza. O seu labor incansable no estudo e divulgación da toponimia galega deixa unha pegada inmensa na cultura do país. O meu máis sentido pésame á súa familia, amizades e a todas as persoas que compartiron con el camiño e afectos. 📷 Real Academia Galega
020
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 24/04/2026
Moitas grazas, María do Carme García-Negro, polo artigo. Unha análise brillante e necesaria sobre o uso dese termo no ámbito institucional, que convida á reflexión democrática.
elcorreogallego.es
Lealdade
O pasado día 10 celebrouse en Fonseca o acto solemne da toma de posesión da Reitora da USC, Dra. Rosa Cruxeiras. Tanto o discurso de despedida do Dr. López Díaz como o de presentación da Dra. Cruxeiras bordaron con brillantez o acto académico que nesta ocasión ha ser un, en seis anos. A modo de peche do acto falou
000
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 17/04/2026
Acabo de ler o artigo "Ilusión na Universidade" e non podo evitar escribir unhas liñas para agradecerlle ao profesor Carlos Pajares.
elcorreogallego.es
Ilusión en la Universidad
El proceso de elección de nueva rectora y la propia elección de la profesora Rosa Crijeiras ha atraído la atención de la sociedad gallega, atención aumentada al ser la primera mujer que accedía al pue...
100
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 14/04/2026
Rosa Crujeiras xa é a primeira reitora da historia da USC en cinco séculos | Un artigo de @enfoquesgal.bsky.social
enfoques.gal
Rosa Crujeiras xa é a primeira reitora da historia da USC en cinco séculos
Tomou posesión nun acto no que asumiu a "responsabilidade histórica" de consolidar "unha institución verdadeiramente igualitaria"
131
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 14/04/2026
O primeiro día oficial da reitora Rosas Crujeiras: «Veño a traballar, aínda que agora dende outra posición» | Unha entrevista para La Voz de Galicia.
galego.lavozdegalicia.es
El primer día oficial de la rectora Rosa Crujeiras: «Veño a traballar, aínda que agora dende outra posición»
La catedrática impartió su penúltima clase de máster y lideró varias reuniones en su debut al frente del pazo de San Xerome
021
Reposted by Rosa Crujeiras
Concello de Santiago @concellosantiago.bsky.social · 10/04/2026
🏛️A alcaldesa de Santiago @goretesrei.bsky.social asiste á toma de posesión de @rosacrujeiras.gal e destaca que a súa elección como reitora da @usc.gal é un “paso de xigante” 👉Tamén asistiron @mariarozas.bsky.social e @miriamlouzao.bsky.social e outros representantes da Corporación 🔗 i.gal/1Ty2w
042
Reposted by Rosa Crujeiras
Universidade de Santiago de Compostela @usc.gal · 10/04/2026
📢 A profesora @rosacrujeiras.gal, primeira reitora da @usc.gal: “Faremos do coñecemento a nosa vangarda, a nosa bandeira e o noso dereito”. O reitor saínte, Antonio López, asegurou que marcha “coa satisfacción do deber cumprido e unha infinita gratitude”. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
174
Reposted by Rosa Crujeiras
Olimpia @olimpialopezro.bsky.social · 10/04/2026
Hoxe é un día moi especial, @rosacrujeiras.gal toma posesión como reitora da Universidade de Santiago de Compostela, a primeira despois de máis de 500 anos. Con ela avanzamos, ha de contar co pulo de todas nós. Moita forza e o ánimo!!!
111
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 08/04/2026
No Salón Nobre do Colexio de Fonseca terá lugar o acto da miña toma de posesión como Reitora da Universidade de Santiago de Compostela, acompañada do meu equipo de goberno. O evento celebrarase o día 10 de abril de 2026 ás 11:30h. 🔗 www.youtube.com/live/KfxZD1AB1jg
081
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 06/04/2026
Rosa Crujeiras, reitora da Universidade de Santiago: "O desenvolvemento de Galicia non se entende sen a USC" | Un artigo de Ana Ramos para Quincemil.
elespanol.com
Rosa Crujeiras, reitora da Universidade de Santiago: "O desenvolvemento de Galicia non se entende sen a USC"
A problemática da vivenda, a descentralización do grado de Medicina, potenciar o Campus de Lugo, "simplificar" a burocracia... Rosa Crujeiras fala con 'Quincemil' sobre os retos e liñas de traballo ao...
010
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 29/03/2026
A universidade tardou séculos en recoñecer algo tan simple: que tamén pode haber unha ‘reitora’. ✍️ Unha entrevista para @publico.pt.
publico.pt
Reitora: o género que a universidade demorou séculos a reconhecer
Governadas só por homens desde a Idade Média, as universidades mais antigas da Europa começam a render-se à modernidade. A Universidade de Santiago de Compostela juntou-se agora a esta mudança.
040
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 27/03/2026
Na Asemblea Xeral da CRUE, traballando xunto a grandes referentes do sistema universitario. Acompáñanme na foto Antonio López (USC), Amparo Navarro (Universidade de Alicante) e Carmen Vargas (Universidade de Sevilla). O futuro da educación constrúese en equipo.
010
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 26/03/2026
Sen planificación, non hai futuro. Saber en que áreas necesitamos persoal, onde é clave formar máis e como reter talento nun contexto no que o mercado laboral compite coa carreira académica. Na USC o reto é claro: máis planificación e máis oportunidades para a carreira investigadora.
000
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 25/03/2026
Participar na mesa redonda do 8M ‘Mulleres rompendo o teito de cristal’: pasar do simbolismo á acción, afianzar estruturas para ocupar espazos de responsabilidade sendo moitas e diversas, e combater as novas formas de machismo. Grazas á organización e a todas as persoas que acudiron.
000
Reposted by Rosa Crujeiras
Concello de Santiago @concellosantiago.bsky.social · 25/03/2026
🏫O acto celebrouse no IES Rosalía de Castro coa participación da directora do centro, Gemma Paredes, e a reitora electa da @usc.gal, @rosacrujeiras.gal
031
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 25/03/2026
Rosa Crujeiras, proclamada de maneira definitiva como reitora da Universidade de Santiago de Compostela | La Voz de Galicia.
lavozdegalicia.es
Rosa Crujeiras, proclamada de manera definitiva como rectora de la Universidade de Santiago
El acto de la toma de posesión está previsto para el próximo 10 de abril, a las 10.30 horas, en el Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
000
Reposted by Rosa Crujeiras
Universidade de Santiago de Compostela @usc.gal · 23/03/2026
📢 Publicada a proclamación definitiva da profesora @rosacrujeiras.gal como reitora electa da @usc.gal O acto de toma de posesión será o 📆10 de abril ⏰ ás 11.30 horas 📍no Salón Nobre do Colexio de Fonseca 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
061
Reposted by Rosa Crujeiras
Praza Pública @praza.gal · 24/03/2026
💬ENTREVISTA | @rosacrujeiras.gal xa foi proclamada oficialmente como reitora electa da @usc.gal. Tomará posesión o 10 de abril 🎓Conversamos con ela sobre os retos que afronta como primeira reitora da historia de Galicia 🔗 praza.gal/ciencia-e-te...
062
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 23/03/2026
Estas son as prioridades da nova reitora da USC. Rosa Crujeiras, primeira reitora en 531 anos, xa ten a súa folla de ruta: “Un proxecto de comunidade, de unidade e de consenso” 🔗 www.europapress.es/galego/notic...
120
Rosa Crujeiras @rosacrujeiras.gal · 23/03/2026
«Non sei a cantos reitores preguntaron polas súas circunstancias familiares. No meu caso foi unha constante» | Unha entrevista de Marcos Pérez para @praza.gal.
praza.gal
"Non sei a cantos reitores preguntaron polas súas circunstancias familiares. No meu caso foi unha constante" - Praza Pública
A pasada semana Rosa Crujeiras (Ribeira, 1978) impúxose con claridade na segunda volta das eleccións ao reitorado da Universidade de Santiago. A catedrática de Estatística converteuse na primeira reit...
010