nosdiario.gal
Esteban Delaiglesia, fotógrafo: "As rodaxes son como unha orquestra sinfónica: se algo falla, o resultado non funciona"
Na mostra Ecosistema dunha rodaxe, o fotógrafo Esteban Delaiglesia (Santiago, 1970) recolle en 61 fotografías (realizadas na Galiza nos últimos seis anos en varias rodaxes cinematográficas) "as mans" de toda "a coral" que conforma o traballo cinematográfico. Comisariada por Monse Cea, a mostra é unha escolma de retratos, escenas de rodaxe, momentos de acción e imaxes espontáneas entre os membros dos elencos.