nosdiario.gal
Adrián Porima, cineasta: "O vínculo persoal e emocional coa historia é o que dá forza á curta 'Nas ondas do tempo'"
Adrián Porima (Marín, 1988) é o autor de _Nas ondas do tempo_ , unha curtametraxe recoñecida co Premio do Público na Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín (MAC Marín). Nesta peza audiovisual, Porima mestura ficción e realidade para contar a historia de Pepe, o seu avó, mariñeiro retirado que lembra as súas vivencias no mar nunha noite de tormenta.