Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 05/10/2026*descubrín para sorpresa de ninguén que cando escribo con calma e sen présa e nunha superficie axeitada a miña letra é despois moito máis lexible 🙃 000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 05/10/2026Teño por estrear uns cadernos ben bonitos do Museo del Prado. Dende que escribo os diarios a man non dou para cadernos e axiña non darei en espazo para gardalos e moitas veces non entendo o que escribín, pero que gusto que exista o obxecto, o papel que se engurra e ten borróns e manchas de café <3 100
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 04/10/2026cuando llueve en Madrid en Coruña a veces hace sol y la tumba del fascismo será en muchos lugares (estuve en la manifestación de Madrid por la vivienda y sentí y pensé cosas🦊) notasasperas.com/2026/10/04/c... 010
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 03/10/2026Ver as rúas ateigadas e berrar "aquí estamos as antifascistas" xunto a miles de persoas 🫂 060
Reposted by Laura M. MateoManuel Rivas @manuelrivas.bsky.social · 02/10/2026Xa van trece anos de xornalismo ceibe. Luzes non ten dono. O seu «capital» é a xente colaboradora, subscritora e lectora. É un logro da resistencia, do esforzo existencial e da xenerosidade. Este é un Mayday para poder seguir adiante en tempos de moita adversidade. luzes.gal/24/09/2026/s...luzes.galMAYDAY dende a Revista <i>Luzes</i>Este é un Mayday, unha chamada existencial, para pedir a vosa axuda solidaria que faga posíbel que continúe e anove… 1188
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 25/09/2026señora que vai andando á biblioteca municipal 😍 010
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 24/09/2026sobre recuperar la alegría después de un bajón (en formato epistolar) 😊 notasasperas.com/2026/09/24/r...notasasperas.comRecuperar la alegría después de un bajón (en formato epistolar)¡Hola amiga querida! ¿Cómo estás? Espero que mi carta te encuentre en buen momento, sentada en un sitio bonito, puede que con una taza de té o café en el regazo. Te cuento que vengo de pasar unos d… 021
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 21/09/2026Todo foi fermoso -o sol entrando devagar na ría, as bateas silandeiras e as gaivotas e as garzas, os corvos mariños sucando lixeiros a auga, descansando nas rochas illadas de sálvora- ata que comecei a vomitar pola borda. 000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 10/09/2026Nestes tempos que corren (dá igual cando leas isto) mola recibir na casa unha revista como @luzes.gal: para ler co café, para levala (ideal para totebags) e pasar páxinas cando te aburres (o novo-vello scroll está aquí!), para ter uns andeis ben bonitos, para ter unha lectura en galego a man... 😇❤️ 072
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 08/09/2026É igual non é só crear outros espazos, tamén aprender a relacionarnos doutras maneiras. Igual hai que pasar menos tempo en internet. Pasar días enteiros sen responder mensaxes, sen ter que reaccionar a nada, sen ler opinións... podería ser? 001
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 08/09/2026Imaxinar outras formas: seremos quen de crear espazos dixitais que non sexan copias ou operen segundo as mesmas lóxicas que as grandes plataformas? Imaxinade: unhas redes sen número de seguidores, sen contador de me gustas... 110
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 08/09/2026pensando que o uso que facemos ten que ver co autocontrol individual e non cun deseño moi traballado. Igual deberiamos estar anoxadas. Rachar coa indefensión. Imaxinar outras formas. 110
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 08/09/2026Igual deberiamos estar anoxadas coas tecnolóxicas que se lucran cunhas plataformas que drenan de nós datos, tempo e vida, xeran profundo malestar, son da ultradereita. Non poderemos esixir medidas namentres sigamos namoradas dalgún xeito desas plataformas, enganchadas, valorando pros e contras 110
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 05/09/2026lo que me obsesiona del silencio notasasperas.com/2026/09/05/l... 000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 02/09/2026sombras caendo o sol da tarde sobre a pedra da igrexa de san xiao de moraime sobre a pedra do cantil -o mar batendo devagar sobre o cantil- sombras 000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 26/08/2026ogallá unha corda feita en Lothlórien: sobre carrexar unha corda 😄🫠🪢 notasasperas.com/2026/08/26/o... 000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 23/08/2026a vida non ten sentido: colle iso que che fai sentir ben e desfruta :) www.youtube.com/watch?v=jZzD...youtube.comcolle iso que che fai sentir ben e desfrutaYouTube video by Laura M. Mateo 000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 17/08/2026unha compañeira en primaria despois de escribir eu unha frase nunha folla: "Non me creo que o escribiras ti" (porque a letra era bonita). Aínda me acordo si 🥲 110
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 13/08/2026como describir a luz cada vez máis parda do non-solpor, os insectos e paxaros despertando á non-noite, a lúa comendo de a poucos o sol e entón a totalidade: cans ladrando e nós ladrando... notasasperas.com/2026/08/13/a... 010
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 13/08/2026Cando onte escribín que un eclipse total de sol é "un fenómeno moi chulo de presenciar", non tiña nin maldita idea do ABSOLUTAMENTE INCRIBLE QUE ÍA SER. 😭 010
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 12/08/2026Cansamos porque vemos mil publicacións sobre o mesmo e os medios publican o mesmo e lemos moita parvada... e cheja un punto que xa non damos e odiamos a humanidade e... pero non deixedes que vos amarjen a vida nesta ocasión: un eclipse total de sol é un fenómeno moi chulo de presenciar 🙂 042
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 12/08/2026casi siempre que quiero aparecer en redes estoy ovulando notasasperas.com/2026/08/12/c...notasasperas.comcasi siempre que quiero aparecer en redes estoy ovulando«Y yo siempre intentando entender cosas que tienen que ver con el ser…/ Sigo el camino y con mi ego ya veré… cómo lo haré. Me voy… de aquí… me vooooooooy», cantamos junto a la Bandini d… 010
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 01/08/2026Un texto pequerrecho que nase entre momentos de abraio e pura ledicia diaria, malestar polo mundo que cheira a fume en demasiados sentidos, e a incomodidade de querer disir algho pero non atopar a maneira faselo 🌱🤗 (ghrasias por ler e por confiar 😜) notasasperas.com/2026/08/01/s...notasasperas.comNon sei o que quero disir (condusindo por estradas secundarias nos arredores do Día de Ghalisia)Non sei o que quero disir, ata que de súpeto, seino. Non sei se me dou explicado. Cando chegha a noite escoito o bater das ondas na praia. Un ghato aproveita a escuridade para se pasear, detense e… 000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 02/07/2026O de aprender algo é bastante tolo, quero dicir, ti case non percibes o avance mentres avanzas, porque estás a avanzar dende dentro, coma cando vas nun coche e non notas a velocidade porque te moves co coche, pero despois ves ata onde chegaches e vaia, avanzaches moito! É bonito :) 052
Reposted by Laura M. Mateoluc @luc84.bsky.social · 02/07/2026Molaba más cuando los carteles eran feos pero los hacíamos nosotrxs. 44418
Reposted by Laura M. MateoGalisha M. Blake @srtagalicia.eurosky.social · 30/06/2026Me quedo con esta frase de Simona Levi "La nube no existe. La nube es el ordenador de otra persona” (y esa otra persona suele ser Jeff Bezos). 311259
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 23/06/2026O vaivén do día á noite da noite ao día do verán ao inverno do inverno ao verán a posición do sol as aves migratorias o ir e vir das mareas da sombra da claridade a luz habita no mesmo seo cá escuridade / Feliz noite de San Xoán 🌊🔥 000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 18/06/2026Eu cumprín e puxen a xesta na porta da casa e aínda si maio case acaba comigo pero igual tería sido peor non poñela? 🌼 E así con todo xa case San Xoán, que pasa co paso do tempo? Non entendo nada. En fin, agardo que esteades todxs ben 😊 050
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 19/05/2026Falar galego, non vivir en Galicia, non só estar aquí non, digo o feito de falar galego de ser tocada percorrida conxugada aritculada nesta lingua está a modificar –coma a lenta erosión dos continentes– o núcleo mesmo do que son. (Un poemiña que escribín polo Día das Letras Galegas) 062
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 17/05/2026Moi feliz Día das Letras Galegas, que ledicia para min ser quen de lervos e falarvos nesta lingua 🌼✊ 040
Reposted by Laura M. MateoVal @valdelvalle.bsky.social · 17/05/2026Feliz #DíaDaLetrasGalegas. Este ano adicado a Begoña Caamaño, unha periodista, escritora, sindicalista e feminista galega. Entre as cousas mais salientables que fixo, traballou na Radio Galega, e denunciou a manipulación do propio medio con respecto ao tratamento do tema do Prestige. 132
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 05/05/2026Tamén está iso de: por un lado da casa é verán todo plácido e as flores florecen e polo outro coidado alerta vermella por choiva e refachos de vento de 100 km/h. 020
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 05/05/2026Que bonitos estes días coruñeses de: Miro pola fiestra: que mal día vai! Miro pola fiestra: que bo día vai! Miro pola fiestra: que mal día vai! Miro pola fiestra: que bo día vai! Miro pola fiestra: que mal día vai! Miro pola fiestra: que bo día vai! ... 120
Reposted by Laura M. Mateoa Sandra Rg @dietistarealista.bsky.social · 04/05/2026Sempre levo 🍊🍊 na 🎒 1121
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 31/03/2026Eu teño unha mestura de emoción pola luz, ansiedade e á noite sensación (que irá a peor) de "pero como é tan tarde e aínda non ceei!?" 010
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 31/03/2026Unha reflexión dende a Terra Media sobre as foliadas (e as escaladas) como terceiros espazos (ou segundos ou primeros?). notasasperas.com/2026/03/31/f...notasasperas.comFoliadas: terceiros (ou segundos ou primeiros) espazosRelendo o Señor dos Aneis fíxome na importancia que teñen as cantigas e poemas para os diferentes pobos da Terra Media. Ao longo de toda a obra son moitos os momentos nos que as diferentes personax… 010
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 23/03/2026Ledicia e restos de escoura (no blog: unha experiencia de achega á forxa da man de xentes que aman o que fan, e a importancia e sorte de amar o que se fai, entre outros pensamentos😊⚒️) notasasperas.com/2026/03/23/l... 000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 23/02/2026E o sol sobre a parede e sobre nós despois de tantos días e un morcego nun burato que sae e dá os bos días á noite que cae tamén sobre a parede e sobre nós e os nosos corpos cansos disólvense coma o bosque. 050
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 09/01/2026Publico dende o pc, decidín desinstalar todas as apps de redes sociais do móbil e usalas só dende o pc (encántanme as vibes pc). Abaixo o texto que publiquei na FNK Magazine recollendo parte das miñas reflexións sobre este tema. Espero que esteades todas ben nestes primeiros días do ano ❤️ 031
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 31/12/2025fin de año / fin de ano y tomo / e tomo todas las partes / todas as partes todo cuanto fue / todo canto foi todo cuanto es / todo canto é aquí / aquí y allí / e alí y aprendo a hablar / e aprendo a falar la lengua / a lingua de las piedras / das pedras 🌞 010
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 29/12/2025jajaja sii estamos! Pues ya compartimos cuando la acabemos! 🤗🤗 010