Sign in

Laura M. Mateo

@laurmateo.bsky.social
136 followers 125 following 361 posts

periodista / xornalista. de Madriz / na Galiza. Escribo. Tamén saio ao monte, escalo e fago poemiñas. Ah, e teño un blog 'coma os de antes': notasasperas.com 🌊 linktr.ee/laurmateo

PostsRepliesMedia
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 24/09/2026
sobre recuperar la alegría después de un bajón (en formato epistolar) 😊 notasasperas.com/2026/09/24/r...
notasasperas.com
Recuperar la alegría después de un bajón (en formato epistolar)
¡Hola amiga querida! ¿Cómo estás? Espero que mi carta te encuentre en buen momento, sentada en un sitio bonito, puede que con una taza de té o café en el regazo. Te cuento que vengo de pasar unos d…
021
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 21/09/2026
Todo foi fermoso -o sol entrando devagar na ría, as bateas silandeiras e as gaivotas e as garzas, os corvos mariños sucando lixeiros a auga, descansando nas rochas illadas de sálvora- ata que comecei a vomitar pola borda.
000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 10/09/2026
Nestes tempos que corren (dá igual cando leas isto) mola recibir na casa unha revista como @luzes.gal: para ler co café, para levala (ideal para totebags) e pasar páxinas cando te aburres (o novo-vello scroll está aquí!), para ter uns andeis ben bonitos, para ter unha lectura en galego a man... 😇❤️
062
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 08/09/2026
Igual deberiamos estar anoxadas coas tecnolóxicas que se lucran cunhas plataformas que drenan de nós datos, tempo e vida, xeran profundo malestar, son da ultradereita. Non poderemos esixir medidas namentres sigamos namoradas dalgún xeito desas plataformas, enganchadas, valorando pros e contras
110
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 05/09/2026
lo que me obsesiona del silencio notasasperas.com/2026/09/05/l...
000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 02/09/2026
sombras caendo o sol da tarde sobre a pedra da igrexa de san xiao de moraime sobre a pedra do cantil -o mar batendo devagar sobre o cantil- sombras
000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 26/08/2026
ogallá unha corda feita en Lothlórien: sobre carrexar unha corda 😄🫠🪢 notasasperas.com/2026/08/26/o...
000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 23/08/2026
a vida non ten sentido: colle iso que che fai sentir ben e desfruta :) www.youtube.com/watch?v=jZzD...
youtube.com
colle iso que che fai sentir ben e desfruta
YouTube video by Laura M. Mateo
000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 17/08/2026
cores🙂🌱❤️🦋🌼🐛
030
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 13/08/2026
como describir a luz cada vez máis parda do non-solpor, os insectos e paxaros despertando á non-noite, a lúa comendo de a poucos o sol e entón a totalidade: cans ladrando e nós ladrando... notasasperas.com/2026/08/13/a...
010
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 13/08/2026
🙋‍♀️🫂🌒
010
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 13/08/2026
Cando onte escribín que un eclipse total de sol é "un fenómeno moi chulo de presenciar", non tiña nin maldita idea do ABSOLUTAMENTE INCRIBLE QUE ÍA SER. 😭
010
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 12/08/2026
Cansamos porque vemos mil publicacións sobre o mesmo e os medios publican o mesmo e lemos moita parvada... e cheja un punto que xa non damos e odiamos a humanidade e... pero non deixedes que vos amarjen a vida nesta ocasión: un eclipse total de sol é un fenómeno moi chulo de presenciar 🙂
042
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 12/08/2026
casi siempre que quiero aparecer en redes estoy ovulando notasasperas.com/2026/08/12/c...
notasasperas.com
casi siempre que quiero aparecer en redes estoy ovulando
«Y yo siempre intentando entender cosas que tienen que ver con el ser…/ Sigo el camino y con mi ego ya veré… cómo lo haré. Me voy… de aquí… me vooooooooy», cantamos junto a la Bandini d…
010
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 01/08/2026
Un texto pequerrecho que nase entre momentos de abraio e pura ledicia diaria, malestar polo mundo que cheira a fume en demasiados sentidos, e a incomodidade de querer disir algho pero non atopar a maneira faselo 🌱🤗 (ghrasias por ler e por confiar 😜) notasasperas.com/2026/08/01/s...
notasasperas.com
Non sei o que quero disir (condusindo por estradas secundarias nos arredores do Día de Ghalisia)
Non sei o que quero disir, ata que de súpeto, seino. Non sei se me dou explicado.  Cando chegha a noite escoito o bater das ondas na praia. Un ghato aproveita a escuridade para se pasear, detense e…
000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 03/07/2026
Escalar en Galicia be like:
020
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 02/07/2026
O de aprender algo é bastante tolo, quero dicir, ti case non percibes o avance mentres avanzas, porque estás a avanzar dende dentro, coma cando vas nun coche e non notas a velocidade porque te moves co coche, pero despois ves ata onde chegaches e vaia, avanzaches moito! É bonito :)
052
Reposted by Laura M. Mateo
luc @luc84.bsky.social · 02/07/2026
Molaba más cuando los carteles eran feos pero los hacíamos nosotrxs.
44418
Reposted by Laura M. Mateo
Galicia K. Méndez @srtagalicia.eurosky.social · 30/06/2026
Me quedo con esta frase de Simona Levi "La nube no existe. La nube es el ordenador de otra persona” (y esa otra persona suele ser Jeff Bezos).
311259
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 23/06/2026
O vaivén do día á noite da noite ao día do verán ao inverno do inverno ao verán a posición do sol as aves migratorias o ir e vir das mareas da sombra da claridade a luz habita no mesmo seo cá escuridade / Feliz noite de San Xoán 🌊🔥
000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 18/06/2026
Eu cumprín e puxen a xesta na porta da casa e aínda si maio case acaba comigo pero igual tería sido peor non poñela? 🌼 E así con todo xa case San Xoán, que pasa co paso do tempo? Non entendo nada. En fin, agardo que esteades todxs ben 😊
050
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 19/05/2026
Falar galego, non vivir en Galicia, non só estar aquí non, digo o feito de falar galego de ser tocada percorrida conxugada aritculada nesta lingua está a modificar –coma a lenta erosión dos continentes– o núcleo mesmo do que son. (Un poemiña que escribín polo Día das Letras Galegas)
062
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 17/05/2026
Moi feliz Día das Letras Galegas, que ledicia para min ser quen de lervos e falarvos nesta lingua 🌼✊
040
Reposted by Laura M. Mateo
Val @valdelvalle.bsky.social · 17/05/2026
Feliz #DíaDaLetrasGalegas. Este ano adicado a Begoña Caamaño, unha periodista, escritora, sindicalista e feminista galega. Entre as cousas mais salientables que fixo, traballou na Radio Galega, e denunciou a manipulación do propio medio con respecto ao tratamento do tema do Prestige.
132
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 05/05/2026
Que bonitos estes días coruñeses de: Miro pola fiestra: que mal día vai! Miro pola fiestra: que bo día vai! Miro pola fiestra: que mal día vai! Miro pola fiestra: que bo día vai! Miro pola fiestra: que mal día vai! Miro pola fiestra: que bo día vai! ...
120
Reposted by Laura M. Mateo
a Sandra Rg @dietistarealista.bsky.social · 04/05/2026
Sempre levo 🍊🍊 na 🎒
1121
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 03/05/2026
Vinimos a pasarlo bien 🦊
unha vía de escalada xunto ao océanoun poema
030
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 31/03/2026
Unha reflexión dende a Terra Media sobre as foliadas (e as escaladas) como terceiros espazos (ou segundos ou primeros?). notasasperas.com/2026/03/31/f...
notasasperas.com
Foliadas: terceiros (ou segundos ou primeiros) espazos
Relendo o Señor dos Aneis fíxome na importancia que teñen as cantigas e poemas para os diferentes pobos da Terra Media. Ao longo de toda a obra son moitos os momentos nos que as diferentes personax…
010
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 23/03/2026
Ledicia e restos de escoura (no blog: unha experiencia de achega á forxa da man de xentes que aman o que fan, e a importancia e sorte de amar o que se fai, entre outros pensamentos😊⚒️) notasasperas.com/2026/03/23/l...
000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 23/02/2026
E o sol sobre a parede e sobre nós despois de tantos días e un morcego nun burato que sae e dá os bos días á noite que cae tamén sobre a parede e sobre nós e os nosos corpos cansos disólvense coma o bosque.
050
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 02/02/2026
🎭
000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 09/01/2026
Publico dende o pc, decidín desinstalar todas as apps de redes sociais do móbil e usalas só dende o pc (encántanme as vibes pc). Abaixo o texto que publiquei na FNK Magazine recollendo parte das miñas reflexións sobre este tema. Espero que esteades todas ben nestes primeiros días do ano ❤️
031
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 31/12/2025
fin de año / fin de ano y tomo / e tomo todas las partes / todas as partes todo cuanto fue / todo canto foi todo cuanto es / todo canto é aquí / aquí y allí / e alí y aprendo a hablar / e aprendo a falar la lengua / a lingua de las piedras / das pedras 🌞
follas de outonoeu escalandoeu enriba dunha pedra
010
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 29/12/2025
Días de toca-la pandeireta na cociña ♥️🙂 (avanzando de a poucos niso de tocar e cantar á vez🫠)
080
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 26/12/2025
Escoitei hai pouco unha reflexión sobre que xa non adoitamos coñecer a letra da xente porque non nos escribimos cartas, notas e así. E agora quero saber como escriben todas as persoas que teño próximas e pregúntome se coñecer a letra de alguén pode ser algo íntimo?
071
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 21/12/2025
O inverno, o mellor momento para gozar do ceo nocturno con moita roupa de abrigo e algunha bebida quentiña. Bo solsticio 🌝🌨️☕️🔥
020
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 11/12/2025
posdata do anterior post: aprendín a usar unha cociña de ferro, quenta-lo lombo nela e facer café de pota 😀✌🏼
150
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 11/12/2025
Eu non teño aldea pero teño amigas, e de verdade son malos tempos para a amizade? (spoiler: o problema é o capitalismo!) notasasperas.com/2025/12/05/e...
notasasperas.com
Eu non teño aldea, pero teño amigas, e de verdade son malos tempos para a amizade?
Chégame por varias vías un artigo de eldiario.es titulado “La cultura de quedar para ponerse al día con amigos”. Léoo e sinto un punto de desacougo. Repaso como son a día de hoxe as miñ…
020
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 11/12/2025
Eu non escoitara a Extremoduro de maneira profunda, coñecía algunhas cancións, claro, pero de maneira superficial. E xusto levo dous meses descubríndoo, escoitándoo en bucle e flipando forte, dicindo (cun chisco de vergoña pero con alegría) “estou na miña época Extremo!”. Jo 💔
130
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 04/12/2025
"...e ao final Mercedes díxome que agora entendía máis o meu traballo, e a forza que sacaba tiña que ver coa montaña que tiña enfronte. Nese momento tomei consciencia de como as paisaxes tamén constrúen os corpos". Janet Novás no último número da revista Luzes.
000
Reposted by Laura M. Mateo
Iván @ivanmendez.bsky.social · 03/12/2025
Cando chove e vai sol, el humo va para Ferrol
2254
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 23/11/2025
Vou comezar a dar as boas noites coma Galadriel <3
020
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 20/11/2025
Chegando por fin a ese momento no que son quen de bailar un punto (algúns deles só) gozando de verdade do movemento no canto de pensar só en non trabucarme cos pés🍃
000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 19/11/2025
Non vos pasa que acabades un libro que vos gustou moito e precisades deixalo uns días máis pola casa á vista antes de devolvelo ao andel? ❤️‍🩹
000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 19/11/2025
No blog: dous fragmentos do libro "A montaña viva", de Nan Shepherd; unha idea de Úrsula K. Le Guin; e un vídeo da escaladora Ashima Shiraishi (que me falaron de maneiras complementarias) 🤗 notasasperas.com/2025/11/19/v...
000
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 11/11/2025
Conocerse a una misma (en el Camino de Santiago), conversar en el cuerpo, y encontrar un lugar en el que “dejar fuera a la noche” (un textito en el blog♥️) notasasperas.com/2025/11/11/c...
120
Laura M. Mateo @laurmateo.bsky.social · 06/11/2025
Este videoensaio sobre a ansiedade do mundo actual e os males da hiperconexión, da hiperexposición e da vida rexida pola lóxica das redes sociais💎👌 www.youtube.com/watch?v=d2JH...
youtube.com
¿QUÉ le PASA a NUESTRA GENERACIÓN? | CÓMO SER FELIZ por Ofelia Fernández
YouTube video by Corta
000